Вы находитесь на странице: 1из 25

OS

IRMÁNS
GAMBINI

JOSE PRIETO
OS IRMÁNS GAMBINI

Os irmáns Gambini interpretan un ritmo machacón de guitarra e


pandereta. De súpeto faise un silencio. Os Gambini recitan.

Unha noite de domingo


Un cantor quixo cantar
Como non tiña canción
Non cantou ningún cantar.
Moita xente que o miraba
Moitos ollos que agardaban
Catro euros cada entrada
E o cantor que non cantaba.
A praza estaba en silencio
Medraba unha tensa calma
A calma perdeu a calma
Converteuse en marexada
O cantor que non cantaba
Ollaba de ollos abertos
Como berros e asubíos
Aumentaban decibelios
E como os máis decididos
A desfacer este "entuerto"
Comenzaban a pasar
Dende as palabras ós feitos.
Foi entón cando o cantor
Veu chegar unha botella
Que con precisión fatal
Foi baterlle na cabeza.
O cantor que non cantaba
Sangraba abundantemente
Voltou o silencio á praza
Que observaba o corpo inerte.
Un minuto de tensión
E o cantor tentou erguerse
O que consigueu por fin
Diante do aplauso da xente.
Agradeceu a ovación
Coa cabeza esnaquizada
E despóis volveu caer
E a xente sinteu mágoa
Marcharon pra as súas casas
Comentaban a desgracia
O cantor quedou no chan
O cantor que non cantaba
Cada día en cada praza
Repetíase a xogada
Un cantor que non cantaba
Sin cantar emocionaba.
Facía sentir sorpresa
Ira, ledicia e magoa
A cambio da súa sangue
Catro euros pola entrada.

Os Gambini prosiguen o ritmo machacón. Agora cantan.

Arte, arte, arte


Fago arte en cada parte
Arte, arte, arte
¿Qué carallo é o arte?
Pinto cores, pico pedras
Saco fotos, toco teclas
Grabo cortos, verto tinta
Miña nai me chama artista
Arte, arte, arte
Fago arte en cada parte
Arte, arte, arte
¿Qué carallo é o arte?
Surrealista ou dadaísta
Neoclásico ou abstracto
Cubista ou renacentista
Prerománico ou romántico
Mozart, Lennon, Raphael
De Niro, Martínez Soria
Altamira, Gugenhein
Rivas, Cela, Maradona
Arte, arte, arte
Fago arte en cada parte
Arte, arte, arte
¿Qué carallo é o arte?
Por moito que lle dou voltas
Non atopo a resposta
Pode ser calquera cousa
E a verdade non me importa
Pausa

Porque a nós o que nos gusta é... bailar.


Coreografía. Ó remate, os Gambini falan.

Marco- Sinto algo dentro de min que pugna por saír.


Paolo- Serán gases
Marco- Non sexas prosaico. É unha necesidade espiritual. Sinto a
necesidade de expresarme.
Paolo- Deberíamos presentarnos.
Marco- ¿Por qué? ¿Non nos coñecemos?
Paolo- Refírome a eles (Polo público)
Marco- ¡Ah, claro! Deixame a min. (Ó público) ¡Ola! Eu chámome
Marco e él chámase Paolo, ¿e vostedes?
Paolo- Señoras e señores, estamos encantados de compartir con
vostedes este tempo de solaz e esparcimento dentro dun marco
incomparable como é esta fermosa terra de Segovia. E si me permiten
procederei a presentarnos, él é Marco Gambini e eu son Paolo Gambini.
Marco- Cherto, cherto.
Paolo- Somos os irmáns Gambini
Marco- Cherto, cherto.
Paolo- Do Piamonte italiano.
Marco- E vero, e vero.
Paolo- E dende alí chegamos expresamente para... para... para...
Marco- Para expresarnos
Paolo- Chertamente. Para expresarnos. Porque alí non nos deixan.
Marco- A familia non nos deixa, os amigos non nos deixan, os veciños
non nos deixan, ninguén nos deixa expresarnos, e eu teño moita necesidade
e vou a expresarme xa...
Paolo- Agarda un momento. ¡Atención! Señoras e señores, Marco
Gambini vai expresarse.
Marco se concentra e procede a expresarse.

Marco- "¡Estoy hasta los cojones!"


Paolo- ¿De que? ¡Exprésate!
Marco- ¡De Superpiñeiro!
Paolo- ¿Por qué?
Marco- ¡Por Cretino!
Paolo- ¿Algo máis?
Marco- ¡Non!
Paolo- ¡Bravísimo! (Ó público) ¡O grande Marco Gambini! ¡O
expresador compulsivo!

Aplauden.

Paolo- Eu, si se me permite decilo, teño un cociente artístico de


setenta e cinco. Para que se fagan unha idea direilles que o cociente
artístico máximo é de cen si circulan por estradas secundarias e de cento
vinte en autovía, o que quere decir que teño un notable cociente artístico,
un aprobado dividendo, un sobresaínte divisor e un resto aceptable. Para
saber como calcular o cociente artístico collan papel e lápiz. Si entra
vostede nun museo "A" a unha velocidade de sesenta cuadros por hora e se
dirixe a unha ópera "B" que dura dúas horas e media a reloj parado e logo a
un concerto "C" de Amancio Prada, calcular o tempo que tardará en chegar
a unha sala "X" e atopar o punto "G".

Marco- ¡Paolo! ¡O grande Paolo Gambini! ¡O expresador científico!

Aplauso
Paolo- Gracie, gracie... Merci, merci. ¡Marco! A "Performance".
(Marco empeza a preparar a "Performance") Señoras e señores, todos
somos artistas, pero non nos chega con selo, queremos que os demais o
saiban. As academias están cheas, os castings están cheos, os cursiños de
cestería están cheos, as camas dos productores están cheas, todo o mundo
quere ser artista custe o que custe. Pero aínda quedan uns poucos tímidos
que se resisten a saír do anonimato e para eles creamos a asociación
"Artistas anónimos" e esta e unha mostra de cómo funciona. Bona sera.
Marco- Bona sera (Leva posto gorro de baño e gafas escuras)
Paolo- ¿Cal é o seu nome?
Marco- (Pensa) ... Si non lle importa prefiro usar seudónimo.
Paolo- Dacordo. Díganos o seudónimo.
Marco- Francisco de Goya
Paolo- Moi ben, Francisco...
Marco- De Goya. Francisco de Goya.
Paolo- Díganos, Francisco de Goya, ¿Qué actividade artística
practica?
Marco- Autorretrato
Paolo- Pintura
Marco- Autorretrato. Píntome a min mesmo... todo o día.
Paolo- ¿Todo o día?
Marco- Sí, verá... eu vístome así pola mañá, e o primeiro que fago é
(Vaise embadurnando con todo o que menciona) tomar unha ducha(Auga) ,
logo un café(Café), logo lavo os dentes(Pasta) e marcho a traballar. Polo
camiño atraveso polo parque, e no inverno hai lama(Barro). Traballo nun
matadeiro, e así paso toda a mañá(Sangue). Logo entro a comer nun
McDonalds(Ketchup e Mostaza) e ás veces de postre tomo fresas con
nata(Nata). Pola tarde quedo coa miña moza(Carmín), sentamos nun banco
a ollar os paxaros(Cagada) e despois imos ó cine(Palomitas), logo a
cenar(Ketchup e mostaza), e máis tarde... ben, máis tarde acompáñoa á
casa(Yogur) . Logo marcho para a miña, mírome no espello, quítome a
roupa e durmo.

Pausa

Paolo- ¿E cal é o problema?


Marco- Non me atrevo a saír do anonimato... nin siquiera a miña moza
sabe quen son. Quero deixar de ser un artista marxinal e convertirme nun
artista famoso. Os meus amigos están todos colocados na tele, pero eu non
me atrevo a dar a cara.
Paolo- É normale...
Marco- ¿Eh?
Paolo- (Tipo consultorio) Querido Francisco de Goya. O teu talento
artístico é indubidable, así como a nobleza da túa personalidade. O teu caso
é un de tantos e tantos miles de casos desesperados que chegan ata nós,
pero non desesperes, porque todo vai saír ben. Vexo nas túas cartas un
futuro cheo de éxitos tanto no terreo persoal como no profesional. Debes
esquecer os prexuicios, enfrentarte á vida con valor e quitarte dunha vez
esas putas gafas. A cor da túa aura e bermella e o teu número de sorte o
catro. (Mira a Marco) ¡As gafas!

Tras unha pausa, Marco quita as gafas.

Paolo- ¡Bravísimo! ¡Acaba de nacer un novo artista famoso! ¡Un


aplauso para Francisco de Goya!

Marco recibe o aplauso e retírase saudando.


Paolo- ¡Hai que expresarse! Non importa o xeito. Todos levamos
dentro un expresador que pugna por saír. ¡Deixemos que saia! ¡Abrámoslle
as portas! ¡Expresémonos! ¡Basta de reprimir a expresión! ¡Que brote! ¡Sí,
irmáns! ¡Que brote a expresión! ¡Sintamos todos como a expresión nace
dentro de nós! ¡Sintámolo irmáns! ¡Sintámolo! E sintamos como esa
expresión medra e medra e medra e medra e segue medrando. E sintamos
como busca un sitio por onde saír como se fora a lava dun volcán. E ese
volcán está a piques de estoupar porque xa ninguén pode paralo. Ninguén
pode parar que a expresión saia do noso interior. ¿Notades a forza do
volcán, irmáns? ¿Notádela? Pois deixádea sair ¡Que saia, irmáns, que saia!
Que a forza do volcán saia do noso interior. ¡Temos a forza, irmáns!
¡Temos a forza! ¡Berrade conmigo! ¡Aleluia! ¡Aleluia, irmáns, aleluia!
¡Temos a forza! ¡Berrade todos! ¡Eeeeoooo! ¡Aaaaaeeee! ¡Aleluia!

Volve Marco a escena no momento no que Paolo está conectando co


público. Sen previo aviso, Marco escupe lume pola boca.

Paolo- ¡Iso é, irmán, que o lume do volcán saia do noso interior!


¡Siiiii! ¡Temos o lume da expresión!

Marco cae ó chan.

Paolo- Somos barro. Somos barro que hai que modelar... para
construirnos. Para construirnos unha e outra vez ata chegar a ser nós
mesmos.

Soa música clásica e Marco, nun lado do escenario esculpe


imaxinariamente mentras Paolo, no outro lado vai collendo forma pouco a
pouco. Unha vez rematado o escultórico traballo o espectáculo continúa.
Marco- ¡Son eu! ¡Existo! E polo tanto, exprésome.
Paolo- ¡Exprésate!
Marco- ¡Exprésome!
Paolo- ¡Atencione! ¡O grande Marco Gambini vai expresarse
novamente!
Marco- “¡Estoy hasta las pelotas!”
Paolo- ¿De que?
Marco- Dos políticos
Paolo- ¿Por qué?
Marco- ¡Por gilipollas!
Paolo- ¡Bravo! ¡Marco! ¡O grande Marco Gambini! ¡O expresador
visceral!

Aplauden

Paolo- ¡As pedras falan!


Marco- Cherto
Paolo- Cherto. As pedras falan.
Marco- ¿E que din?
Paolo- ¿Qué?
Marco- ¿Qué din?
Paolo- ¿Qué din quen?
Marco- ¿Qué din as pedras?
Paolo- Depende
Marco- ¿De que depende?
Paolo- Do que digan
Marco- ¡Ah!
Paolo- ¡Mira! (Sinalando lonxe e arriba)
Marco- ¿Qué?
Paolo- As pedras da catedral de Santiago
Marco- ¿Qué din?
Paolo- Ola, somos a catedral de Santiago
Marco- ¡Oh!
Paolo- Estamos en Compostela, formamos bóvedas, pórticos e
pináculos.
Marco- ¡Oh!
Paolo- E renegamos
Marco- ¿De que?
Paolo- Dos caciques que nos mandaron construir, dos falsos
peregrinos, dos turistas, do botafumeiro, e sobre todo... do Xacobeo.
Marco- ¡Oh! ¡As pedras falan!
Paolo- ¡É vero! ¡É vero!
Marco- ¡Ooola!
Paolo- ¡Ola!
Marco- ¿Quen es?
Paolo- A muralla de Lugo, ¿e ti?
Marco- O acueducto de Burgos
Paolo- De Segovia
Marco- Non, non, de Burgos
Paolo- ¿De Burgos?
Marco- Sí, de Burgos, ¿pasa algo?
Paolo- ¿E que tal por Burgos?
Marco- Nada, por aquí, ¿e por ahí?
Paolo- Nada, aquí, amurallando Lugo, pero moi mal
Marco- ¿Moi mal?
Paolo- Moi mal
Marco- ¿Por qué?
Paolo- Porque eu amurallo, pero a xente entra polas portas que as
teñen sempre abertas, e síntome bastante inútil
Marco- Cambiaron os tempos
Paolo- Cambiarían
Marco- Eu antes levaba auga e agora sácanme fotos
Paolo- ¿Fotos?
Marco- E poucas, todo o mundo vai a Segovia
Paolo- Síntoo
Marco- Dame igual, eu son de pedra
Paolo- É o que nos salva
Marco- Ti es patrimonio da humanidad, ¿non?
Paolo- Sí, pero a min tanto me ten
Marco- Tes un título, e un título é un título
Paolo- Sí, pero ¿onde vou atopar traballo ós meus anos?
Marco- Nunca se sabe, sempre hai algunha cidade asediada
Paolo- Bah, hai veces que ata boto de menos ós romanos
Marco- Xa virán tempos mellores.
Paolo- ¿Ti cres?
Marco- Seguro, isto é cíclico, xa verás como volve o paleolítico
Paolo- Ai, o paleolítico, que recordos, cando todo dependía de nós.
Marcos- O dos materiais novos é nada máis que unha moda. Non
aguantarían unha glaciación.
Paolo- Iso é certo... ben , encantada
Marco- Igualmente
Paolo- ¡Polo paleolítico!
Marco- ¡Polo paleolítico!
Paolo- ¡As pedras falan!
Marco- ¡As pedras falan!
Paolo- ¡Exprésanse!
Marco- ¡Exprésanse!
Paolo- ¡Coma nós!
Marco- ¡Coma nós!
Paolo- ¡Sácame unha foto!
Marco- ¡Sácoche unha foto!
Paolo- ¡Sácame unha foto!
Marco- ¡Sácoche unha foto!
Paolo- ¡Presto!
Marco- ¡Presto!

Marco vai presto pola máquina de fotos mentres Paolo vai onde o público.
Volve Marco.

Marco- Aquí estou. ¡Paolo!

Non ve a Paolo, que está co público.

Marco- ¡Paolo!
Paolo- ¡Aquí! ¡Sácame unha foto!
Marco- ¿Onde!
Paolo- ¡Aquí! ¡Sácanos unha foto!
Marco- ¿A todos!
Paolo- Sí, a todos. Sácanos unha foto

Marco encuadra, pero posiblemente non lle caben todos.

Marco- Non caben todos


Paolo- ¿Cómo que non? ¡Sácanos unha foto!
Marco- Non caben. Teñen que xuntarse un pouco.
Paolo- ¿Xuntarse?
Marco- Xuntarse, sí, senón non caben.
Paolo- Está ben. ¡Signores e signorinas! ¡Fagan o favor de xuntarse!

Paolo e Marco tentan xuntar ó maior número de xente posible para sacar a
foto. Unha vez conseguido, Marco segue a encuadrar.

Marco- ¡Non me gusta!


Paolo- ¿Qué?
Marco- Que non me gusta
Paolo- ¿O que?
Marco- O encuadre. Sería mellor sacala dese lado
Paolo- Como queiras. ¡Signores e signorinas! ¡Cambiemos de lado!

Paolo e Marco “consiguen” cambiar ó publico de sitio e se pode ser que


ocupen o escenario mentres Marco queda fora del. De novo encadra.

Marco- E agora, exprésense. ¡Exprésense, per favore! ¡Exprésense!


Paolo- ¡Iso está feito! ¡Expresarémonos todos! ¡Eeeeooooo! ¡Todos!
¡Aaaaeeeeooo!
Marco- ¡Tutti preparados! ¡Une, dúe e... tres!

Marco saca a foto mentres todos se expresan.

Marco- ¡Gracie! ¡Gracie a tutti! ¡Per favore, ocupen os seus asentos!


Paolo- ¡Gracie, gracie, gracie!

Mentres todos ocupan os seus asentos, soa unha suave melodía e Paolo
permanece no escenario totalmente estático en posición de bebé, cun dedo
na boca. Unha vez todo o mundo novamente situado, Marco volve ó
escenario e fala.

Marco- As fotos atrapan segundos, deteñen instantes, conxelan


fragmentos, evocan recordos, expresan momentos. Mirar o álbum das túas
fotos é viaxar no tempo

Marco abre un imaxinario álbum. A cada folla que semelle pasar, Paolo
cambiará a súa postura.

Marco- O tempo da infancia inocente e feliz (Dedo na boca), o tempo


da educación(Dedo no nariz), o tempo da primeira comunión (mans xuntas
e xesto anxelical), o tempo da adolescencia (agarrando os huevos), o tempo
da xuventude (Cocido e botando os cornos) , o tempo do amor (con cara
alelada), o tempo do desamor (demacrado e desanimado), o tempo do
traballo (Con dor de espalda), o tempo da madurez (Rascando o cú), o
tempo da vellez (Encorvado e sen dentes) e o tempo da morte (morto cun
sorriso). Claro que esta última foto será máis difícil que a vexamos.
Paolo- Difícile, ma no imposible.
Marco- ¡Exacto! Porque non hai nada imposible
Paolo- ¡Nada, nada, nada!
Marco- ¡Todo é posible!
Paolo- ¡Tutti!
Marco- ¡Os soños poden facerse realidade!
Paolo- ¡O imaxinario pode converterse en real!
Marco- E se realidade non nos deixa, non importa...
Paolo- Farémolo na ficción.
Marco- Para iso temos o séptimo arte
Paolo- ¿Por qué séptimo?
Marco- ¿E por que non? ¿Qué importa o número?
Paolo- Cherto, o importante é soñar
Marco- Soñemos
Paolo- ¡Luces, cámaras... acción!

Marco marcha rápidamente a por dous sombreiros de vaqueiros mentres


Paolo presenta.

Paolo- (Ruxe coma o león da Fox) Gambini produccións presentan a


Marco Gambini e Paolo Gambini en... (Póñense os sombreiros) “O bo, o
feo e o malo”

Silencio. Decátanse de que so son dous.

Marco- Hai un problema


Paolo- Non pasa nada. (Ruxe) Gambini produccións presentan... “O
feo (sinalando a Marco) e o malo”
Marco- Non estou dacordo. Eu non quero ser o feo.
Paolo- Non o tomes a mal. Só é ficción
Marco- Sí, xa sei, pero eu non quero ser o feo
Paolo- ¿E quen queres ser?
Marco- O malo
Paolo- Diso nada. O malo quero ser eu
Marco- Pois eu tamén quero ser o malo
Paolo- ¿E o bo? ¿Non che gustaría ser o bo?
Marco- Non, non quero ser o bo, quero ser o malo
Paolo- Pois a ver que facemos... xa sei. (Ruxe de novo) Gambini
produccións presenta... “O malo e o malo”
Marchan cada un a un lado do escenario. Alí, ó mesmo tempo montan no
cabalo e cabalgan ata chegar á barra do saloon.

Marco- ¡Wüisky!
Paolo- ¡Wüisky!

Os dous a un tempo escupen no chan “Zuff”, beben “Glaglagla”, eruptan


“Oooj”, rascan os huevos “Ras, ras” e disparan ó teito “Bang, bang”. Logo
míranse ambos en actitude chulesca.

Paolo- ¿Sabes, man? Podería matarte


Marco- O último que dixo iso está morto, man
Paolo- Non, man. Porque o último que dixo iso fun eu.
Marco- Xusto, man. A ti me refería
Paolo- Eu non estou morto, man
Marco- Era unha metáfora, man
Paolo- Pois a min non me gustan as metáforas
Marco- Non che gustan as metáforas, ¿eh?
Paolo- Non, non me gustan as metáforas, odio as metáforas
Marco- Pois ten coidado, porque eu odio ós que odian as metáforas
Paolo- Eu non teño que ter coidado de nada, porque eu son o máis
rápido deste lado do Mississipi.
Marco- Eu tampouco teño que ter coidado de nada, porque eu son o
máis rápido do outro lado do Mississipi
Paolo- Eu matei máis de mil homes
Marco- Eu tamén matei máis de mil homes, e ademáis matei máis de
mil mulleres e mil nenos a sangue fría e nunca me remordeu a concencia
Paolo- Tamén eu matei máis de mil mulleres e mil nenos a sangue fría
e nunca me remordeu a concencia.
Marco- Pero seguro que nunca deixaches a un sheriff desangrándose
no deserto cun tiro no estómago
Paolo- Deixei varios sheriffes desangrándose no deserto cun tiro no
estómago.
Marco- Pero a que nunca lles botaches sal nas feridas
Paolo- Boteilles sal, sí ,e tamén lles botei vinagre
Marco- Pois eu boteilles tabasco nas feridas, man
Paolo- ¿Tabasco?
Marco- Tabasco, man. E retórcense que da gusto. Hai que ser moi
malvado para deixar a un sheriff desgangrándose no deserto cun tiro no
estómago e botarlle tabasco na ferida, e eu son moi malvado, man.
Paolo- Eu tamén son moi malvado, man. Eu corteille o pescozo a un
tipo cun coitelo de serra oxidado e mentras o tipo agonizaba eu apretáballe
os huevos cunhas tenazas.
Marco- Sí, ti tamén es bastante malvado, man
Paolo- Son, son.
Marco- ¿Sabes, man?
Paolo- ¿Sí?
Marco- Os dous somos moi malvados, penso que poderíamos formar
unha boa parella
Paolo- ¿Unha boa parella?
Marco- Ou mellor dito, penso que poderíamos formar unha mala
parella
Paolo- Sí, poderíamos formar unha mala parella.
Marco- ¿Imos facer maldades, man?
Paolo- Imos facer maldades, man
Marco- ¡Wüisky!
Paolo- ¡Wüisky!
Repiten a letanía de accións e sons, coa diferencia de que os “bang, bang”
non os dirixen ó teito senón ó suposto camareiro. Logo, van cada un polo
seu cabalo e cabalgan xuntos "Iuuuuhuuuhuuuuiiiiii”.

Marco- Mira man, un fodido indio.


Paolo- ¡Bang, bang!

“Iuuuhuuuhuuiii” Seguen cabalgando

Paolo- Mira man, unha fodida familia de colonos


Marco- ¡Bang, bang, bang, bang, bang, bang!

“Iuuuhuuhuuiii”. Seguen adiante

Marco- Mira man, unha fodida vella


Paolo- Mátaa ti, man, a min dame non sei que.
Marco- Dacordo. ¡Bang, bang! ¿E por que che daba non sei que?
Paolo- Era a miña nai, man, dábame non sei que
Marco- Non te preocupes, man, mira, aquela fodida vella de alí é a
miña nai e a min tamén me da non sei que.
Paolo- Tranquilo man, que xá a mato eu
Marco- Gracias
Paolo- De nada. ¡Bang, bang!

“Iiuuuuhuuuhuuuiii”. Seguen.
Marco- ¡Sooo!
Paolo- ¡Sooo!

Descabalgan.
Marco- ¿Qué che parece esta fodida vila, man?
Paolo- Paréceme que queimada estaría moito mellor, man
Marco- Estou dacordo, pero antes roubemos o fodido banco
Paolo- OK, fagámonos co fodido diñeiro

Os dous camiñan xuntos, pistola na man cara ó banco e ó chegar disparan


“Bang, bang, bang, bang, bang, bang, bang, bang, bang”

Paolo- ¡Entregádenos os fodidos cartos ou morreredes todos!


Marco- Están todos mortos, man
Paolo- Pois entón collamos nós os fodidos cartos
Marco- E despóis plantémoslle lume a esta fodida vila

Collen o suposto botín e acto seguido os dous rascan unha suposta cerilla
nas barbas “Raaaaas” e plántanlle lume á vila “Flum”

“Iiiuuuhuuuhuuuiii”. Voven montar nos cabalos e cabalgan xuntos.

Marco- ¡Sooo!
Paolo- ¡Sooo!

Descabalgan de novo.

Paolo- ¡Aaai! Que dura é a vida do malvado. Estou canso e voume


deitar un pouco.

Deitase no chan a descansar.


Marco- ¿Sabes? Tes un defecto, man
Paolo - ¿Ah, sí? ¿E que defecto e ese?
Marco- Un malvado nunca pode descansar cando está cun malvado
máis malvado.

Á vez que decía a frase foi apuntando coa súa pistola á cabeza de Paolo.

Marco- Agora eu levareime o botín e ti quedarás aquí cun furado na


cabeza, e tes sorte de que hoxe non levo conmigo tabasco.
Paolo- Eu sí levo conmigo tabasco hoxe
Marco- Pois préstame o tabasco
Paolo- Non cho presto, man. Doucho para sempre.
Marco- Gracias, man.
Paolo- Non ten importancia, para iso estamos os malvados.

Paolo mete a man no interior da chaqueta e cun rápido movimento saca a


súa pistola mentras desarma a Marco lanzando lonxe a deste. Agora e él o
que apunta.

Paolo- ¿Sabes, man? Ti tamén tes un defecto. Nunca te fíes dun


malvado cando un malvado che ofrece tabasco.
Marco- Tereino en conta, man.
Paolo- Agora eu marcharei co botín e ti quedarás aquí desangrándote
lentamente cun furado na femoral.

Apúntalle na gorxa.

Marco- Non o tomes a mal, man. Pero ti estás apuntando na iugular... a


femoral está aquí na perna.
Paolo- Vaia, perdoa, man, e que sempre as confundo
Marco- Non pasa nada, ata o máis malvado pode ter un erro

Paolo apunta na femoral

Paolo- ¿E aquí, non?


Marco- Sí, ahí mesmo
Paolo- Pois nada, que teñas unha morte lenta e dolorosa
Marco- Gracias, pero...

Marco aproveita a cercanía da pistola para darlle unha patada e desarmar a


Paolo.

Marco- ... pero hoxe non teño tempo para morrer lentamente.

Empezan a pelexar. O intercambio de golpes é continuo ata que, por azares


do combate, cada un recolle a súa pistola do chan e comenza a duelo final.
Os movementos fanse máis lentos, estúdianse con precaución.

Marco- ¡Agarda!

Marco diríxese lentamente á música e pon a banda sonora do duelo. A


situación é cada vez máis tensa ata que por fin, os dous desenfundan e
disparan a un tempo “Bang”, e tamén á vez acusan a mortal ferida
“Aaaghhh”. Feridos de morte, conseguen achegarse un ó outro e unha vez
preto, diríxense as derradeiras palabras.

Paolo- ¿Sabes unha cousa, man?


Marco- Dima, man
Paolo- Ó principio... ó principio caíasme ben, pero despois de pasar
este malvado día contigo, a verdade... a verdade é que... ¡Ódiote, man!
Marco- ¡Oh, que fodidamente bonitas palabras! ¿Sabes, man? Eu creo
que... creo que... creo que tamén te odio, man.

Chorando de emoción, abrázanse e bícanse ata caer mortos no chan.


Despois duns intres, os irmáns Gambini érguense con enerxía.

Paolo- ¡Isto foi “o malo é o malo”!


Marco- ¡De produccións Gambini!
Paolo - ¡Spaghetti western!
Marco- ¡Tortellini western!
Paolo- ¡Macarroni western!
Marco- ¡A expresión cinematográfica!
Paolo- ¡Il séptimo arte!
Marco- ¡Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete!
Paolo- ¡Maaaaambo!
Marco- “¡Estoy hasta los huevos!”
Paolo- ¿De que?
Marco- De expresarme
Paolo- ¿Por qué?
Marco- ¡Porque sí!
Paolo- ¡O grande Marco Gambini! ¡O expresador impulsivo!
Marco- ¡Paolo, “la menestra”!

Paolo marcha a buscar “la menestra”. Marco colle a guitarra.


Marco- Signores e signorinas, chegou o momento de finalizar este
tempo de expresión. A continuación, Paolo Gambini faralles entrega da
menestra.

Paolo chega con diversas verduras e legumes que reparte polo público.
Marco toca a guitarra co ritmo machacón do principio.

Paolo- Amicos e amicas, o momento que todos desexaban está presto.


O momento da súa expresione, o momento de que ese odio reprimido
aflore, o momento de expresar toda esa rabia contida, o momento de
deixarse levar polos máis baixos instintos. Amicos e amicas, per favore,
miren a menestra como símbolo da súa expresione e cando remate a
cancione que escoitarán a continuación, collan con forza a menestra, e con
esa mesma forza envíen esa menestra cargada de expresione cara a nós,
exprésense contra todo aquilo contra o que queiran expresarse, apunten
contra os irmáns Gambini e os irmáns Gambini recibiremos con gusto a
súa menestra, e polo tanto, a súa expresión. O momento está presto.

Paolo e Marco cantan de novo a canción do Arte.

Arte, arte, arte


Fago arte en cada parte
Arte, arte, arte
¿Qué carallo é o arte?
Pinto cores, pico pedras
Saco fotos, toco teclas
Grabo cortos, verto tinta
Miña nai me chama artista
Arte, arte, arte
Fago arte en cada parte
Arte, arte, arte
¿Qué carallo é o arte?
Mozart, Lennon, Raphael
De Niro, Martínez Soria
Altamira, Gugenhein
Rivas, Cela, Maradona
Arte, arte, arte
Fago arte en cada parte
Arte, arte, arte
¿Qué carallo é o arte?
Por moito que lle dou voltas
Non atopo a resposta
Pode ser calquera cousa
E a verdade non me importa

Pausa

Porque a nós o que nos gusta é... ¡expresarnos!

Paolo- ¡Exprésense, amicos, exprésense!


Marco- ¡A menestra, recibamos a menestra!

O público tira a menestra contra Marco e Paolo

Paolo- ¡Gracie, gracie, ciao!


Marco- ¡Gracie, gracie, ciao!

Despídense, marchan e ata outra.

Вам также может понравиться

  • Travel Job
    Travel Job
    Документ27 страниц
    Travel Job
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Smoke City
    Smoke City
    Документ19 страниц
    Smoke City
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • O Animal Azul
    O Animal Azul
    Документ8 страниц
    O Animal Azul
    jose prieto
    100% (1)
  • O Fútbol É Así
    O Fútbol É Así
    Документ19 страниц
    O Fútbol É Así
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Go On
    Go On
    Документ35 страниц
    Go On
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Travel Job
    Travel Job
    Документ27 страниц
    Travel Job
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Breve Suspiro
    Breve Suspiro
    Документ5 страниц
    Breve Suspiro
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Bonomia e Iolanda.
    Bonomia e Iolanda.
    Документ8 страниц
    Bonomia e Iolanda.
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Leandro José e Pedro Pablo
    Leandro José e Pedro Pablo
    Документ25 страниц
    Leandro José e Pedro Pablo
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Parábola Da Rá
    Parábola Da Rá
    Документ32 страницы
    Parábola Da Rá
    jose prieto
    100% (1)
  • Jánsel e Pónsel
    Jánsel e Pónsel
    Документ31 страница
    Jánsel e Pónsel
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Dezaseis Horas
    Dezaseis Horas
    Документ36 страниц
    Dezaseis Horas
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Substancia Bucanera
    Substancia Bucanera
    Документ32 страницы
    Substancia Bucanera
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Ne Va Plus
    Ne Va Plus
    Документ36 страниц
    Ne Va Plus
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Sursum Corda
    Sursum Corda
    Документ34 страницы
    Sursum Corda
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Tres Notas
    Tres Notas
    Документ30 страниц
    Tres Notas
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • A Ire
    A Ire
    Документ42 страницы
    A Ire
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Dereita Esquerda
    Dereita Esquerda
    Документ48 страниц
    Dereita Esquerda
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Cometa, Cometa
    Cometa, Cometa
    Документ41 страница
    Cometa, Cometa
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Cóncavo Convexo
    Cóncavo Convexo
    Документ45 страниц
    Cóncavo Convexo
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Life Is A Paripé
    Life Is A Paripé
    Документ35 страниц
    Life Is A Paripé
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Pause
    Pause
    Документ64 страницы
    Pause
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Oh! Que Facer Cando Non Sei Quen Son
    Oh! Que Facer Cando Non Sei Quen Son
    Документ36 страниц
    Oh! Que Facer Cando Non Sei Quen Son
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Por Un Millón de Dólares
    Por Un Millón de Dólares
    Документ47 страниц
    Por Un Millón de Dólares
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • Monólogo Do Imbécil
    Monólogo Do Imbécil
    Документ17 страниц
    Monólogo Do Imbécil
    jose prieto
    Оценок пока нет
  • FOBIAS
    FOBIAS
    Документ54 страницы
    FOBIAS
    jose prieto
    Оценок пока нет