Вы находитесь на странице: 1из 16

En Vigo, no máis

profundo da ría,
está.. a illa
vermella! O máis
raro desta illa é que
está formada dunha
pedra parecida ao
coral. Nela vivían as
sereas, seres
mitolóxicos, metade
muller e metade
peixe. Ata agora non
tiveran contacto cos
humanos.
Nesta illa todo é
diversión, xogo…

Está gobernada por


un rei sereo,
chamado Diego, que
O sereo Diego vivía coa súa familia nunha vila chamada Pontus Veterus. Era
moi feliz coa súa muller Carolina, que estaba embarazada.
O día vinte e oito de novembro, día de san Cabaliño do Mar, naceu unha
fermosa serea, chamárona Laura.
Pasaron os anos e Laura fíxose maior e moi revoltosa, pero guapa e ben
feitiña, como a súa nai. Era lista e graciosa, por iso tiña moitos amigos. O
seu mellor amigo era Riso, con quen compartía todo, dende o seu primeiro
xoguete ata o seu diñeiro, aínda que a súa nai non lle deixara.
A mascota da familia era Crusta, un cangrexo pequeno.

Unha mañá de néboa, un gran barco chocou coa illa…


As sereas asustáronse moito porque nunca viran nada parecido. O rei
ordernou que ninguén saíra das súas casas e enviou a Crusta para que
investigase o que había dentro do barco.
Crusta quedou moi sorprendido porque se encontrou con que no barco había
uns seres moi estraños, diferentes das sereas. Eses seres eran humanos. Os
humanos estaban preocupados porque o barco transportaba unha substancia
moi perigosa e temían que se estendera polo mar.
O cangrexo, rapidamente, vai informar ao rei do perigo que lles ameazaba.
De súpeto, unha humana, chamada Paula, baixa do barco e diríxese a Pontus
Veterus…

Paula quería saber se había habitantes na vila porque corrían perigo.


O barco tiña un burato polo que saía petróleo que se empezou a estender
polo mar. Paula asustouse cando descubriu que nesa vila habitaban sereas e
sereos, e quixo falar co rei para pedirlle axuda. O rei chamou a todos os
habitantes da illa para que entre todos taparan o burato e recolleran o
petróleo que xa saíra e mandou recoller algas e esponxas. Coas algas
taparon o burato, que por sorte non era moi grande, e coas esponxas
recolleron o chapapote.
Cando por fin o barco puido marchar sen ir deixando tras el un rastro de
petróleo, a tranquilidade volveu á illa.
Laura paseaba unha tarde cando, de súpeto, escoitou unha bonita música,
parecía unha festa; pero o son non viña do fondo do mar, senón do exterior.
Laura cun pouco de medo seguiu o fío da música e o barullo. Guiada polo seu
bo oído, propio dunha serea, foi dar cun barco, asomou a cabeza e como
puido foi dando saltiños por unhas escaleiras que había no barco. Por fin,
asomou a cabeza e puido ver o que pasaba.
Estaban a celebrar unha festa de aniversario dun mozo chamado Xabier e,
cando Laura o mirou... ,quedou namorada ao instante; era o mozo máis
guapo e aposto que mirara xamais!
Tiña medo ou vergonza e permaneceu agochada até que Xabier foi cara ás
escaleiras. No momento que el comezaba a ver a súa loura cabeleira, Laura
ergueuse e presentouse. A Xabier non lle sorprendeu a súa apariencia ,
porque a noticia xa chegara aos seus oídos. A serea mirábao con olliños de
namorada… e el decatouse do que pasaba, polo que non esperou a
comentarlle que ela coñecía á súa noiva. Era Paula, a rapaza que, había un
tempo, chegara á illa. Case sen palabras e convencida de que non tiña nada
que facer, xa que eran moi diferentes, Laura despediuse e tirouse ao mar,
Crusta seguiuna sen que se decatara.
Moi triste regresou á súa illa, ese lugar que non aparecía nos mapas…, onde
se atopou cunha desagradable noticia.
Laura volve triste á Illa Vermella. Cando chega, descobre que os sereos e
sereas están caendo enfermos.Todos teñen grandes dores de barriga, de
espalda e de cabeza. Os médicos de Illa Vermella non atopan unha solución
para curar esta enfermidade estraña. Laura, que é moi lista, pensa que
talvez a enfermidade se deba a aquela perigosa substancia que caíra do
barco.
Laura decide ir á Terra dos Humanos a buscar un remedio para esta
enfermidade e vai buscar a Riso para que a axude.
- Ola, Riso!
- Ola, Laura !, por que tes esa voz tan triste?
-Hai unha enfermidade en Illa Vermella.
-E... non hai unha menciña?
-Non, temos que ir pedir axuda aos humanos.
-Si,si... eu non vou. É moi perigoso..., por que non vas ti soa?
-Riso, como es tan cobarde? Non ves que os teus familiares e os teus amigos
están en perigo?
-Pero... teremos que pasar polo Val das Quenllas e pódennos morder. E hai
barcos que poden golpearnos, hai medusas que pican e as redes dos
mariñeiros poden atraparnos... teño moito medo...
-Non pasará nada, levaremos á nosa mascota Crusta que nos salvará dos
perigos.
-Bueno, se hai que ir... irei, todo sexa por salvar aos habitantes de Illa
Vermella.
-Pois, imos logo á Terra dos Humanos.
Despois dun bo rato
esperando na beira da praia
de Samil, decidiron tirar unha
cuncha á xanela. Saíu un
enfermeiro da Cruz Vermella Riso e Laura despedíronse das súas familias.
e Laura e Riso contáronlle Sempre acompañados por Crusta partiron
que na súa illa todos estaban coa ilusión de axudar a curar aos habitantes
enfermos. El prestouse a ir de Illa Vermella e convertirense así nos seus
axudar, pero non sabían heroes.
cómo o ían levar ata alí. A viaxe estaba chea de perigos e incertezas
A casualidade fixo que nese porque pasar polo Val das Quenllas non era
intre pasara por alí o barco nada doado. Cando estaban atravesando o
de Paula e Xabier, o cal Laura perigoso val, as quenllas intentaban
recoñeceu fácilmente. mordelos, pero Crusta craváballe as pinzas
Despois de intercambiar das súas patas nos ollos, eles quedaban
saúdos e relatar o sucedido, atrofiados e non os atacaban.
Xabier e Paula ofrecéronse a Despois de dous días e dúas longas noites
levar ao enfermeiro á Illa nadando, chegaron a unha praia cun fermoso
Vermella e axudar en todo o paseo e con bonitos xardíns e piscinas. Nun
que puidesen. Cando letreiro puideron ler: PRAIA DE SAMIL. Ao
chegaron á illa, o enfermeiro carón do paseo divisaron unha casa cunha
examinou aos sereos e cruz vermella pintada no tellado.
sereas, e chegou á
conclusión, tal como
sospeitaba Laura, de que
aquela doenza víñalles do
chapapote. Despois de moito
investigar, descubriu que a
medicina que os ía curar
estaba composta por unha
Todos decidiron botar unha man: o
enfermeiro preparou o material de
laboratorio, Paula e Xabier foron na
procura das algas e o coral e Laura e
Riso, acompañados por Crusta, nadaron
sen parar até a Illa da Alegría para
recoller os ourizos.
Durante a viaxe, Laura non deixaba de darlle voltas á cabeza. Xa tiña claro
que o seu con Xabier era imposible porque notaba que estaba moi
namorado da súa noiva. Só se precisaba miralos. Pero, ademais, a propia
Laura estaba a cambiar. Dende que comezara todo aquel problema da
enfermidade, decatárase de que o seu amigo Riso era inseparable. Estaba a
sentir algo moi diferente do que sentira por Xabier, era un sentimento moito
máis forte e profundo. De súpeto, decatouse… , claro! Riso tamén estaba
namorado dela.
Cando chegaron á illa miráronse sorprendidos por aquel mutuo sentimento.
Xa ninguén os separaría. Recollidos os ourizos voltaron e unha vez
preparada a medicina, os enfermos tomaron unha cullerada daquel xarope.
Despois de cinco minutos de grande intensidade, os corpos dos sereos e
sereas botaron estreliñas.
- Iso significa que xa están curados!- berraron Laura e Riso á vez e
botáronse a rir.
Semanas despois, o 28 de novembro, día de San Cabaliño de Mar, houbo
dous importantes acontecementos. Na superficie da Illa Vermella, nunha
preciosa capela, casaban Xabier e Paula. Nese mesmo intre, baixo as
tranquilas e transparentes augas que bordeaban a illa, nunca fermosa cova
rodeada de intenso e vermello coral, Laura e Riso prometíanse amor eterno.

Вам также может понравиться