Вы находитесь на странице: 1из 13

 

   
 
Marzo 2009  

   

    
 
    
 
 

METODOLOXÍA
“INFORME PILOTO
AFD”
Pacto Territorial de
Emprego do Salnés

  PACTO TERRITORIAL DE
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
DESENVOLVEMENTO
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

ÍNDICE
 

1.- Fundamentación de traballo: Priorización “Accións Formativas


dirixidas prioritariamente a Desempregados” (AFD) no Pacto Territorial de
Emprego do Salnés………………..…………………….…………………………..1

1.1 Definición dos criterios.....………………………………….......................2

1.2 Definición de factores…………………...........………………………….....7

1.3 A intensidade coma unha nova dimensión de análise…………...….10

 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

1.- FUNDAMENTACIÓN DE TRABALLO

Á hora de realizar unha priorización das Accións Formativas dirixidas prioritarimente a


Desempregados (AFD) solicitadas no ano 2009, levouse a cabo un deseño
metodolóxico fundamentado na explotación de datos cuantitativos procedentes, na súa
maioría, de fontes secundarias.

Na articulación do proceso metodolóxico tivéronse en conta tres criterios: as


características das especialidades formativas (actuais e pasadas), a natureza das
ocupacións, e os distintos sectores de actividade. Nunha primeira fase, realízase un
estudo das especialidades solicitadas partindo dun enfoque micro-explicativo.
Posteriormente, relaciónanse estas especialidades coas ocupacións nas que se
forman, examinando nunha última etapa, a estrutura e a evolución do mercado laboral
no Pacto do Salnés, a través da asociación entre ocupacións e sectores de actividade
(perspectiva marco-explicativa).

Cadro 1: Proceso metodolóxico de análise

 
Micro
Criterios ESPECIALIDADE
INTENSIDADE

Criterios de OCUPACIÓN

Criterios SECTORIAIS
Macro

Unha vez establecida a ordenación das distintas especialidades a impartir, engádese


unha nova dimensión á análise, que define o número de cursos que convén programar
por cada sector de actividade, e que se denomina Intensidade1.

                                                            
1
Esta dimensión será explicada con maior detemento no epígrafe 3 deste informe.

Páx. 1
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

Cadro 2: Intensidade das especialidades

Indicador de TENDENCIA
Evolución Afiliación e Desemprego
(mediante taxas de crecemento)
CURSOS para cada
SECTOR DE
ACTIVIDADE
Indicador de TAMAÑO
Número de afiliados

Para determinar a intensidade téñense en conta dous indicadores: a tendencia


experimentada nas variables de afiliación e desemprego (a través de taxas de
crecemento) ao longo do período 2005-2008, e o tamaño dos sectores de actividade
establecido mediante a media ponderada dos afiliados para a mesma etapa.

1.1 Definición dos criterios

A continuación afóndanse en cada un dos criterios citados, explicando as categorías


que os compoñen, así como unha argumentación na que se aclara porque foron
elixidos e cal é o interese que teñen neste estudo.

Criterio 1: ESPECIALIDADES FORMATIVAS

Xa que a finalidade última desta análise é a de priorizar as especialidades de


formación para desempregados solicitadas polas entidades pertencentes ao Pacto do
Salnés, considérase oportuno realizar unha análise micro-explicativa que de conta das
particularidades desta política de emprego no territorio. Deste xeito, defínese o
primeiro dos criterios que afonda nas actividades formativas executadas ate o
momento e nas súas características.

Así, establécense cinco categorías que axudan a entender a realidade das


especialidades demandadas: a priorización realizada pola Consellería de Traballo da
referida formación; a asociación dun certificado de profesionalidade; a aplicación
doutro tipo de formación ou política de emprego relacionada; a valoración de se o
curso se executou sen contratempos anteriormente; e a apreciación de cal é a
inserción laboral das accións formativas solicitadas.

Páx. 2
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

Cadro 3: Categorías establecidas en función da formación

Especialidades formativas

Certificados Formación Perspectivas de


Prioritario Incidencias
profesionalidade profesional ocupación

Datos estatísticos: fontes secundarias e primarias / Código do curso

Apoiándose nos resultados extraídos do Informe de Priorización realizado no ano 2009


pola Consellería de Traballo, avalíase positivamente que as actuacións requiridas
estean recollidas neste estudo. Ao tempo, prémianse as especialidades que leven
asociado un certificado de profesionalidade e, principalmente, aquelas que o teñan
actualizado na data da solicitude (xa que se considera que se acredita, de maneira
oficial, as competencias técnicas para o desenvolvemento dunha actividade laboral).

Na categoría denominada “Formación Profesional” valórase que non existan Centros


de Formación Profesional ou Programas Mixtos de Formación e Emprego que estean
a impartir activades afíns ás que se solicitan. Así mesmo, cualifícase de maneira
positiva a ausencia de incidencias nos cursos programados nos últimos anos.

En último termo, decidiuse ter en conta unha quinta categoría que engadise unha
visión complementaria ás catro anteriores, na que se midan as posibilidades reais de
inserción. Esta inserción estímase polas Oficinas de Emprego, como axentes pegados
ao territorio (obténdose así información dunha fonte primaria, fronte o que acontece
nas restantes categorías nas que se extrae de datos secundarios).

Criterio 2: OCUPACIÓNS ASOCIADAS ÁS ESPECIALIDADES

O segundo dos criterios metodolóxicos definidos recolle as ocupacións que destacan,


positiva ou negativamente, dentro da estrutura produtiva existente, ben sexa por
considerarse novos viveiros de emprego que satisfán as emerxentes necesidades
sociais, por ser ocupacións nas que o Servizo Público de Emprego ten dificultade para
xestionar as ofertas laborais presentadas polos empregadores, por atoparse dentro
das ocupacións máis demandadas e ofertadas do tecido empresarial, ou por ter unha
baixa representación feminina (en ocupacións con escaseza de contratos ou cunha
porcentaxe de paro elevada).

Páx. 3
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

Cadro 4: Categorías establecidas dentro do criterio ocupacional

Ocupacións

Novos xacigos de Ocupacións de Perspectiva de Oferta e demanda


emprego Difícil Cobertura xénero laboral

Últimos datos estatísticos dispoñibles / CNO 94 a 4 díxitos 

Concretamente, para entender a contribución destas variables á priorización realizada,


é necesario ter presente que:

- Cando se fala dos novos xacigos de emprego estarase a facer mención á


formación relacionada con ocupacións nas que existe unha boa
empregabilidade.
- No caso das ocupacións de difícil cobertura, as especialidades estarán
relacionadas con ocupacións nas que existe dificultade para atopar
profesionais cualificados.
- Respecto á categoría “Perspectiva de Xénero”, valórase a formación destinada
a un dos colectivos con maiores dificultades de inserción sociolaboral, como
son as mulleres.
- Mentres que cando se analiza a oferta e a demanda, téñense en conta as
ocupacións máis ofertadas polas empresas (e, polo tanto, a formación a
impartir asociarase a actividades con crecente ocupabilidade) e as máis
demandadas pola poboación desempregada (o que nos indica os sectores de
maior interese para os traballadores).

Deste xeito, prémianse aquelas especialidades que manteñen relación coas


categorías citadas, considerando un espazo de tempo concreto, o último do que se
dispón información.

Criterio 3: SECTORES DE ACTIVIDADE DO PACTO DO SALNÉS

Para a delimitación deste criterio, defínense os sectores de actividade que conforman


o Pacto (segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas do ano 93,
desagregada a dous díxitos), e se relacionan con tres categorías que permiten realizar
unha óptima definición da estrutura produtiva.

Páx. 4
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

Cadro 5: Categorías establecidas dentro do criterio sectorial

  Estrutura do mercado laboral

Desemprego Afiliación Estacionalidade

Estudo de variacións intertemporais (2005-2008) / CNAE 93 a 2 díxitos

Tendo en conta que, a poboación destinataria da priorización das especialidades


formativas a realizar é preferentemente desempregada, considérase indispensable
avaliar as súas características, especialmente aquelas que fan mención a súa
evolución. Os sectores nos que o desemprego teña un incremento menor serán
avaliados positivamente, de tal xeito que as accións de formación relacionadas serán
consideradas preferentes.

Co obxectivo de ter unha visión complementaria do mercado laboral, é necesario


examinar cal é a situación da poboación ocupada a través do estudo das afiliacións á
Seguridade Social, sendo as actividades cun maior aumento de afiliacións as que
terán un peso máis elevado.

Así mesmo a estacionalidade dos sectores proporciona información referente á


temporalidade do emprego, establecendo cal é a variación nas estacións do ano en
función das flutuacións na oferta ou demanda de traballo. No caso de que a variación
sexa baixa estarase a falar dun sector cun bo comportamento, independentemente da
estación na que se atope.

Convén salientar que, nestas tres categorías, resulta imprescindible emprender unha
análise lonxitudinal, para realizar así unha interpretación axeitada á realidade do
contorno do Pacto (téndose presente para elo o período 2005-2008).

Páx. 5
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

TÁBOA RESUMO

Na seguinte táboa recóllense as doce categorías definidas ao longo do documento, así


como o peso outorgado a cada unha delas.

Táboa 1. Peso das categorías estudadas

Peso
Categoría Definición da categoría
Categoría
Afiliación Evolución no número de afiliados do sector 15
ao que corresponde a acción formativa para
desempregados (AFD).

Desemprego Evolución do desemprego para os sectores 15


relacionados coas especialidades de
formación ocupacional.

Perspectivas de inserción  Posibilidades de inserción en ocupacións 15


vinculadas coa actividade formativa. 

Estacionalidade Cambios na capacidade de absorción de 10


man de obra que se rexistran segundo a
época do ano.

Prioritario Inclusión da acción formativa entre as 10


especialidades de interese para o territorio.

Ocupacións Difícil Cobertura Existencia de dificultades para atopar man 5


de obra en ocupacións relacionadas coa
especialidade formativa.

Certificados de Profesionalidade Especialidade formativa conducente á 5


obtención dun certificado de
profesionalidade.

Formación Profesional Posibilidade de formación de cada 5


especialidade a través de vías distintas ás
AFD.

Incidencias Posta en marcha dos cursos sen 5


contratempos, nos últimos anos.

Novos Xacigos de Emprego Inclusión da ocupación, á que vai dirixida o 5


curso, como un novo viveiro de emprego.

Oferta e demanda laboral  Relación entre formación, demandas e 5


ofertas de traballo rexistradas en Oficinas
de Emprego. 

Perspectiva de xénero Representación feminina nesa ocupación. 5

Total 100

Páx. 6
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

1.2 Definición de factores

As doce categorías presentadas están compostas por dezaoito factores ou variables


cuantitativas, que teñen unha determinada puntuación (peso dos factores). A táboa
que se recolle a continuación da conta da materialización destes, aclarando en que
consisten e cales son os criterios metodolóxicos valorados.

Táboa 2. Peso dos factores estudados

Peso
Categoría RK Factores Definicións Metodoloxía
Factores
Afiliacións  15 Evolución Para a súa definición, Os sectores con medias de 15
Afiliados utilízanse medias crecemento maiores ao promedio
ponderadas das taxas de do Pacto, terán un peso maior
crecemento, a 31 de para esta categoría. A media do
decembro, entre xullo de Pacto ven determinada pola media
2005 e xuño de 2008 de crecemento máis alta dos dez
(outorgándolle un maior peso sectores con máis peso do Pacto.
a este último ano).

Desemprego 15 Evolución Realízase a media Asígnase a puntuación máis alta á 15


desempregados ponderada das taxas de media menor dos sectores máis
crecemento, a 31 de importantes do Pacto (menor
decembro, para o período incremento do desemprego).
2005-2008, outorgándolle un
maior peso ao ano 2008.

Perspectiva de 15 Priorización Valoración das oficinas de Puntuación das oficinas de 15


inserción  emprego segundo a súa emprego.
Oficinas de
experiencia.
Emprego

Estacionalidade 10 Estacionalidade A estacionalidade mídese a A puntuación da estacionalidade 10


través do coeficiente de establécese en función dos
variación resultante da coeficientes maior e menor obtidos
relación entre a desviación nos dez sectores máis
típica, e a media de afiliados representativos do Pacto. Canto
para o período 2005-2008. menor sexa a variación, menor
será a estacionalidade.

Prioritario 10 Informe Necesidades recollidas no Inclusión no Informe de 10


Priorización Informe da Consellería. Priorización.

2009

Páx. 7
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

Ocupacións 5 Inclusión no Ocupacións incluídas no Inclusión da ocupación que forma 5


Difícil Cobertura “Catálogo de Difícil cobertura o curso en :
Catálogo
do 2009 (provincia
- Catálogo de Difícil
Pontevedra)”, as aprobadas
Cobertura 2009.
polo ”Acordo dos Axentes
Sociais no sector da Mariña - Acordo de Axentes
Mercante” e o ”Acordo coa Sociais no Sector da
Secretaría do Estado para o Mariña Mercante.
Deporte”.
- Acordo coa Secretaría
do Estado para o
Deporte.

Certificados de 5 Existencia Tense en consideración que Puntúase a existencia de 2,5


Profesionalidade  a especialidade estea Certificado de Profesionalidade.
asociada a un certificado de
profesionalidade.

Actualizado Puntúase que a Engádese puntuación se o 2,5


especialidade conte cun certificado está renovado.
certificado de
profesionalidade actualizado.

Formación 5 Formación Valórase especialidades non A inexistencia no territorio dun 2,5


Profesional cubertas polos Centros de Centro de Formación Regrada
Regrada
Formación Profesional para para impartir a mesma
esa especialidade. especialidade ou equivalente.

Programas Apréciase positivamente a Valórase a inexistencia de 2,5


mixtos de non realización de Programas de Escolas Obradoiro
Programas Mixtos de e Obradoiros de Emprego para a
formación e
Formación e Emprego. especialidade estudada.
emprego

Incidencias  5 Non Cursos realizados en anos Puntúanse aqueles cursos que, en 2,5
Convocatoria anteriores sen necesidade de experiencias anteriores, non
realizar convocatoria pública. tiveron necesidade de efectuar
Pública
convocatoria pública para acadar
alumnos.

Non Anulado Accións formativas Codifícanse positivamente os 2,5


programadas en anos cursos que puideron levarse a
anteriores e que puideron termo.
realizarse.

Novos Xacigos 5 Novo xacigo Cualifícanse positivamente Inclusión da ocupación no Libro 5


de Emprego  as ocupacións sinaladas Branco de Delors.
como novos viveiros de
emprego.

Páx. 8
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

2,5
Oferta e 5 Capacidade de Demandas rexistradas para Inclusión da ocupación profesional
demanda laboral  esa ocupación no ano 2008. dentro do Informe das Ocupacións
atracción
máis demandas do Instituto
Galego de Cualificacións segundo
sexo.

Ocupacións Ofertas de emprego Valórase a coincidencia da 2,5


máis ofertadas rexistradas para esa ocupación relacionada coa
ocupación no ano 2008. especialidade formativa, coas
polas empresas
ocupacións máis ofertadas polas
empresas segundo o Instituto
Galego de Cualificación.

Perspectiva de 5 Censo 2001 Faise unha valoración Inclusión da ocupación na 1,25


xénero  positiva daquelas ocupacións clasificación inferior ao 50% de
que recolle o Censo 2001, representación feminina. Canto
nas que as mulleres menor é a participación feminina
aparecen subrepresentadas. maior é a puntuación.

Plan Aurora de Analízanse aquelas Outórgaselle puntuación a aquelas 1,25


Emprego ocupacións con menor ocupacións con porcentaxe inferior
número de contratos ao 50% de contratos rexistrados
Feminino
rexistrados para a poboación para a poboación feminina.
feminina (menos do 50%).

Sectores con Estúdase o paro segundo o Puntuación maior para aquelas 2,5
máis paro sexo, tendo en conta aquelas ocupacións que amosan unha
ocupacións con maior maior proporción de desemprego
feminino
porcentaxe de paro feminino. nas mulleres.

Páx. 9
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

1.3 A intensidade como unha nova dimensión de análise

Tal e como se adiantou ao comezo deste informe, despois de realizar a ordenación


das especialidades formativas, convén determinar a intensidade das mesmas para
cada un dos sectores de actividade do Pacto. Seguidamente explícanse os dous
indicadores utilizados para calcular a referida dimensión.

INDICADOR DE TENDENCIA

A través de taxas de crecemento ponderadas, analízase a evolución da afiliación e o


desemprego ao longo do período 2005-2008 (a 31 decembro), outorgándolle un maior
peso ao último dos anos estudados. Con este estudo faise unha previsión da
tendencia do mercado laboral en canto á súa capacidade de absorción de man de
obra.

A afiliación e o desemprego amosan dous comportamentos: aumento e descenso de


poboación. A combinación destes comportamentos tradúcese en catro posibles
escenarios que virán determinados pola diferenza entre as taxas de crecemento de
afiliación e desemprego.

Táboa 3. Indicador de tendencia

Taxas de crecemento Tendencia

Descenso Desemprego e aumento Afiliación Moi Boa

2
Aumento Desemprego e aumento Afiliación Saldo positivo Boa
ou
Saldo negativo Regular
Descenso Desemprego e descenso Afiliación

Aumento Desemprego e descenso Afiliación Mala

                                                            
2
No caso de que o saldo sexa positivo, o aumento do paro e o descenso de afiliados serán compensados
polo incremento de afiliación e a redución do desemprego. Mentres que a obtención de saldos negativos
virán determinados polo comportamento contrario.

Páx. 10
 
PACTO TERRITORIAL DE  
UNIDADES DE PROMOCIÓN E  EMPREGO DO SALNÉS
  DESENVOLVEMENTO

INDICADOR DE TAMAÑO

O segundo dos indicadores que conforman a intensidade, da conta do tamaño dos


sectores de actividade, calculado a través da media ponderada dos afiliados (2006-
2008, a 31 de decembro), e establecendo unha clasificación por cuartiles.

Táboa 4. Indicador de tamaño

Ránking Afiliados Tamaño

1º cuartil Grande

2º cuartil Medio

3º cuartil Pequeno

4º cuartil Micro

INTENSIDADE RESULTANTE

Deste xeito, ao cruzar os indicadores de tendencia e de tamaño, obtense a intensidade


dos sectores de actividade, catalogada en tres magnitudes: alta, media e baixa. Así,
cando se fale de intensidade alta estarase ante un sector onde deberían programarse
un número alto de especialidades formativas, e no caso de que esta sexa baixa a
cantidade de cursos sería menor.

Táboa 5. Intensidade dos sectores de actividade

Indicador de tendencia
Moi Boa Boa Regular Mala
Grande

ALTA ALTA MEDIA BAIXA


Indicador de tamaño

Mediano

ALTA MEDIA BAIXA BAIXA


Pequeno

MEDIA BAIXA BAIXA BAIXA 


Micro

BAIXA BAIXA BAIXA BAIXA 

Páx. 11
 

Вам также может понравиться