Вы находитесь на странице: 1из 1

Galeusca 2009 - Arantzazu

DIFUSIÓN

2009-10-10

Relatores: Igor Elortza e Gotzon Barandiaran (Edorta Jimenez e Aitor


Txarterina)

Deuse lectura aos catro folios da intervención e constatouse a irrupción de novos


medios que se teñen convertido en novas fontes de cultura.

En relación co concepto de difusión dos contidos das literaturas en linguas minorizadas


propúxose a necesidade de establecer estratexias que favorezan a socialización e o
contacto co público dun modo horizontal. Un modo de comunicación no que os
contidos distribuídos a través das redes sociais permitan a visibilización da cultura e a
oferta literaria das nosas linguas dun modo eficiente. Esta estratexia, unida á utilización
do software libre, contribuiría á difusión de novos e necesarios referentes culturais para
unha sociedade que valora o coñecemento.

Ao mesmo tempo, considerouse imprescindíbel non perder de vista que estamos a vivir
un retroceso da cultura naqueles espazos que tiñan sido gañados en anos precedentes.
Neste sentido, sinalouse a conveniencia de apostar por proxectos que seduzan e dean
protagonismo á propia sociedade.

Abordouse o papel da militancia, e da necesidade de adoptar iniciativas para lograr a


visualización do que os e as autoras realizan (colaboración abertas, iniciativas que
engloben diferentes disciplinas...).

Sobre o concepto de sedución concluíse o seguinte:


a) Público potencial: existen limitacións para que a creación se socialice a través dos
grandes medios de comunicación clásicos. Ese é o motivo polo que deben explorarse
outros medios de difusión para facela visíbel.
b) O mero tratamento da lingua como unha “asignatura a superar” no ámbito educativo
impediu que a lingua cumprise a súa función comunicativa e de identificación, o que
implica unha perda de funcionalidade da mesma, non só para ser vehículo de cultura,
senón de realización persoal (laboral, científica, afectiva, social).
c) Un sistema lingüístico pleno ten que ofertar produtos diversos, desde as obras
literarias máis elevadas até produtos de consumo masivo e cotián como a imprensa
deportiva, as revistas de viaxes, os manuais de instrucións, as cartas de restaurante, o
ámbito legal, etc.
d) A lingua necesita da literatura, e a literatura necesita da lingua. Considérase que
aínda é necesario asumir certo grao de militancia a este respecto: a normalización da
situación do creador depende do grao de implicación da sociedade na normalización da
propia lingua.

Вам также может понравиться