Вы находитесь на странице: 1из 6

Boletín informativo para pemes e Autónomos

Servizo Xurídico

Centro Multiusos ASPANAS. Avda. de Portugal, 93 Baixo. 32002 Ourense. Tfno: 988 39 29 26. Fax: 988 39 29 45
E-mail: juridico@updintegrou.org . direccion@updintegrou.org . Web: www.updintegrou.org

Boletín Oficial do Estado


Mércores, 9 de decembro de 2009
MINISTERIO DA PRESIDENCIA
Resolución do 26 de novembro de 2009, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola
que se establece o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado
para o ano 2010, a efectos de cómputo de prazo.
Ir ao arquivo en PDF
Son días inhábiles:
a) En todo o territorio nacional: os domingos e os días declarados como festas de ámbito nacional non
substituíbles, ou sobre as que a totalidade das Comunidades Autónomas (CCAA) non exerceu a
facultade de substitución.
b) No ámbito territorial das CCAA: aqueles días determinados por cada CCAA como festivos.
c) Nos ámbitos territoriais das Entidades que integran a Administración Local: os días que establezan
as respectivas CCAA nos seus correspondentes calendarios de días inhábiles.
Calendario:

Mércores, 16 de decembro de 2009, Boletín número 21


Boletín Oficial do Estado
Martes, 8 de decembro de 2009
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO Y COMERCIO
Real Decreto 1786/2009, de 20 de novembro, polo que se regula a iniciativa de apoio
financeiro á modernización e mellora do comercio interior.
Obxecto: regular os términos e condicións de aplicación do Fondo Financeiro do Estado de Axuda ao
Comercio Interior
Proxectos financiables: os proxectos de inversión que se presenten para ser obxecto de
financiamento deberán realizarse no territorio nacional, ter un valor mínimo de 150.000 euros e
enmarcarse, cando menos, nalgunha das categorías seguintes:
1. Consolidación de centros comerciais abertos e mellora das infraestruturas que incidan
favorablemente no comercio urbano de proximidade.
2. Remodelación dos mercados municipais minoristas que non implique modificación da
actividade orixinal, modernización dos seus postos de venda ou instalación de calquera
elemento necesario para a mellora da actividade comercial destes.
3. Creación e/ou acondicionamento de locais municipais de usos múltiples para a actividade
comercial nas zonas rurais.
4. Acondicionamento de espazos para a venda non sedentaria e provisión de servizos nos
mesmos.
A Conferencia Sectorial de Comercio Interior poderá acordar novas categorías de proxectos
financiables, en liña cos criterios deste real decreto.
Beneficiarios: poderán ter a condición de beneficiario as entidades locais, as entidades de dereito
público e/ou empresas públicas dependentes daquelas, as asociacións de pequenas e medianas
empresas comerciais, as cámaras oficiais de comercio e as pequenas e medianas empresas
pertencentes ao sector comercio.
Modalidades de financiamento:
1. As modalidades de financiamento consistirán en préstamos sobre un máximo do 80 por cento
do valor do proxecto, cunha contía límite do valor do proxecto de 800.000 euros e un tipo de
interese que será fixado anualmente por orden do Ministro de Industria, Turismo e Comercio
previo acordo da Comisión Delegada para Asuntos Económicos sobre a base do tipo de
referencia ICO.
2. Os prazos de amortización serán de cinco, sete e dez anos, con posibilidade de 1, 2 ou 3 anos
de carencia de principal, respectivamente.
3. Non se aplicarán comisións nin penalizacións por cancelación anticipada voluntaria dos
préstamos.
Diario Oficial de Galicia
Mércores, 9 de decembro de 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 30 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para
paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2010
Ir ao arquivo en PDF
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos
gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de
compensalos polos danos ocasionados no seu gando.

Mércores, 16 de decembro de 2009, Boletín número 21


Beneficiarios: Poderanse acoller a estas axudas os propietarios de gando afectado por ataques de
lobos dentro da comunidade autónoma.
Prazo:
Para os danos producidos entre o 1 de outubro de 2009 e o 10 de decembro de 2009: poderán
cursarse ata o 9 de xaneiro de 2010.
Para os danos ocasionados a partir do 10 de decembro, a presentación das solicitudes de axuda
deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.

Diario Oficial de Galicia


Mércores, 9 de decembro de 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 30 de novembro de 2009 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se
convocan para o ano 2010
Ir ao arquivo en PDF
Obxecto: Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades
ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a:
• Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores, formación
de persoal de centros de envasamento e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas
apícolas, divulgación.
• Loita contra a varroase, actividades inexcusablemente ligadas a un programa sanitario
supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento:
asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan
subvencionados doutro xeito, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de
tratamento das colmeas.
• Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en
equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas
de transhumancia, acondicionamento de espazos, seguro de danos e responsabilidade civil.
• Apoio á repoboación da cabana apícola: programa de cría de raíñas autóctonas para a
renovación do censo que incluirá a produción de núcleos e a distribución a outros apicultores,
reposición de baixas con enxames autóctonos.
Beneficiarios:
• Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
• Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu,
inte-gradas na súa maioría por apicultores que cum-pran os requisitos da letra a).
Prazo: ata o 9 de xaneiro de 2010

Mércores, 16 de decembro de 2009, Boletín número 21


Diario Oficial de Galicia
Luns, 14 de decembro de 2009
CONSELLERÍA DE FACENFA
Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao
investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia en aplicación do
Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas
categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do
Tratado CE
Ir ao arquivo en PDF
Obxecto: este decreto ten por obxecto establecer, con alcance multisectorial, á luz da nova
regulación existente, un marco xurídico que outorgue cobertura, para os efectos de exención de
notificación de axudas de estado á Comisión Europea, dos distintos réximes de axuda de carácter
produtivo para o fomento de investimento e emprego que se aproben nos distintos sectores da
economía no ámbito territorial da CCAA de Galicia polos diversos departamentos, entes e demais
organismos dependentes da Administración autonómica galega, no ámbito das súas respectivas
competencias.
Empresas beneficiarias: as axudas previstas nesta disposición irán destinadas ás empresas que
realicen no territorio da CCAA de Galicia proxectos de investimento subvencionables conforme o
previsto neste decreto.
◦ Non poderán ser empresas beneficiarias as que estean suxeitas a unha orde de
recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea
que as declare ilegais ou incompatibles co mercado común, nin as empresas en crise.
◦ Non se considerarán empresas en crise as pemes con menos de tres anos de antigüidade
durante ese período, salvo supostos de quebra ou insolvencia.
Proxectos de investimento e emprego subvencionables:
a) Creación dun novo establecemento.
b) Ampliación dun establecemento existente.
c) Diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais.
d) Transformación esencial no proceso global de produción dun establecemento existente.
Requisitos que debe reunir o proxecto:
• Os proxectos teñen que ser viables desde o punto de vista técnico, económico, financeiro e
medioambiental.
• O proxecto non poderá comezar a súa execución mentres a empresa beneficiaria non tivese
presentado unha solicitude de axuda.
◦ Si o beneficiario é unha grande empresa, amais do anterior terá que presentar, para a súa
verificación polo organismo concedente, a documentación que xustifique que grazas á
axuda se producirá algunha das seguintes circunstancias en relación ao proxecto: un
aumento substancial do seu tamaño, do seu ámbito de aplicación, do importe investido
pola empresa beneficiaria ou do ritmo de execución do proxecto, ou que o proxecto non
se podería ter desenvolvido na rexión asistida a non ser pola axuda.
Determinación de contías:
• Cando a axuda se calcule baseándose nos custos de investimento material ou inmaterial, ou
nos custos de compra se se trata dunha adquisición, a empresa beneficiaria deberá achegar

Mércores, 16 de decembro de 2009, Boletín número 21


para o investimento unha contribución financeira mínima do 25% dos custos subvencionables,
ben con recursos propios ben con financiamento externo, exento de calquera tipo de axuda
pública. As normas específicas e as convocatorias de cada axuda poderán fixar unha
porcentaxe máis alta para casos particulares.
• Cando a axuda se calcule con base nos custos salariais, os postos de traballo deberán ser
creados directamente polo proxecto de investimento, e terán que cumprirse as seguintes
condicións:
▪ A solicitude de axuda debe presentarse antes de que se realice a contratación.
▪ A creación de emprego debe supor un aumento neto do número de unidades de
traballo ao ano (UTA) empregadas directamente nos establecementos obxecto de
investimento en comparación coa media dos doce meses anteriores.
▪ Os postos de traballo deberán crearse nun prazo de tres anos desde a finalización do
proxecto de investimento a que están vinculados.
▪ Cando a axuda se calcule con base nos custos salariais, a empresa beneficiaria da
axuda terá a obriga de manter os postos de traballo durante un período mínimo de
cincos anos desde a primeira ocupación do posto, agás no caso de pemes, que poderá
ser de tres anos.
Entrada en vigor: o día 15 de decembro de 2009.
Diario Oficial de Galicia
Martes, 15 de decembro de 2009
CONSELLERÍA DE FACENFA
Orde do 9 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión
de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias e axudas para a compra de
gando bovino e ovinocabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia
do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de
enfermidades dos animais, ese convocan para o ano 2010.
Ir ao arquivo en PDF
Finalidade:
• As indemnizacións ás que teñen dereito os titulares, rexistrados en Galicia, de animais e/ou
produtos sacrificados e/ou destruídos por motivo do control e erradicación de enfermidades
animais.
• As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade
nunha explotación gandeira, rexistrada en Galicia, por motivos dunha enfermidade sometida
a un programa de erradicación.
• As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por
obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións rexistradas en Galicia nas que se
ordenou o sacrificio de animais destas especies, tras a realización do diagnóstico dunha das
enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación.
◦ Tamén se incluirán os casos de morte dos animais das citadas especies por mor dunha
enfermidade sometida a un programa oficial de control ou erradicación e os casos de
morte de animais consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Mércores, 16 de decembro de 2009, Boletín número 21


Beneficiarios:
En Xeral os titulares dos animais que se sacrifiquen ou morran por supostos recollidos na Lei de
Sanidade animal e na normativa estatal básica de desenvolvemento dos programas sanitarios de
control e/ou erradicación de cada enfermidade.
• Poderán ser beneficiarios das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante os
titulares das explotacións rexistradas en Galicia nas que se sacrificasen ou destruísen de
forma preventiva, a totalidade do seu censo por motivos de sospeita e/ou confirmación da
presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa oficial de erradicación.
• Poderán ser beneficiarios das axudas para a compra de animais, os titulares de explotacións
de gando rexistradas en Galicia nas que se ordenara o sacrificio obrigatorio de bovinos, ovinos
ou cabrúns existentes na explotación, como consecuencia do diagnóstico dunha das
enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación.
Prazo: ata o 21 de novembro de 2010

Mércores, 16 de decembro de 2009, Boletín número 21

Вам также может понравиться