Вы находитесь на странице: 1из 168

GUÍA DE DEREITOS PARA AS

PERSOAS CON DISCAPACIDADE


preguntas e respostas sobre a
discapacidade

“Actualmente hai uns 5.600 millóns de persoas diferentes no mundo.


Algunhas ten unha diferencia chamada discapacidade”
Disability Dimension in Development Action: Manual on Inclusive Planning

1
Licenza de Creative Commons
Esta Guía foi elaborada por Xosé Antón
Vázquez Dorrío para ASPANAS no marco do
proxecto UPD IntegrOU. Si non se indica o
contrario, esta Guía está suxeita a unha licenza
de recoñecemento non comercial e as súas
obras derivadas (3,0 España) de Creative
Commons. Pódese copiar, distribuír e
comunicar publicamente sempre que sexa
citado o autor e o nome da entidade, e non se
faga un uso comercial nin da obra derivada.
Consulte a licenza completa

2
ÍNDICE

I.– Introdución a discapacidade 5

I.1.– Conceptos básicos sobre a discapacidade 6

I.2.– Dereitos fundamentais das persoas con discapacidade 9

I.3.- Organizacións e apoio a discapacidade 15

I.4.- A empresa e as persoas con discapacidade 22

II.- Recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalía 34

II.1.- Normativa 35

II.2.- Conceptos básicos 36

II.3.- Procedemento para a obtención do grao de minusvalía 40

II.4.- Vantaxes para as persoas con grao de minusvalía recoñecida 46

III.- Autonomía e atención a dependencia 77

III.1.- Normativa 78

III.2.- Conceptos básicos 81

III.3.- Axudas e requisitos para ser beneficiario 83

III.4.- Servizos creados pola Lei da Dependencia 87

3
IV.- Sistema público de Pensións 93

IV.1.- Normativa 94

IV.2.- Conceptos Básicos 95

IV.3.- Requisitos para ser beneficiario dunha pensión non contributiva 97

IV.4.- Outras prestacións sociais 103

IV.5.- Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) 117

V.- Accesibilidade 121

V.1.- Normativa, documentos e convenios. 122

V.2.- Conceptos básicos 128

V.3.- Outras normas e documentos relacionados coa accesibilidade 131

V.4.- Diferentes ámbitos de aplicación 134

VI.- Limitacións da capacidade de obrar das persoas 147

VI.1.- Normativa 148

VI.2.- Conceptos básicos 149

VI.3.- Proceso de incapacitación 152

VI.4.- Sistemas de protección 158

BIBLIOGRAFÍA 167

PÁXINAS WEB DE REFERENCIA 168

4
I.– Introdución a discapacidade

I.1.– Conceptos básicos sobre a discapacidade ....................................... 6


• Discapacidade ........................................................................ 6
• Deficiencia ........................................................................... 6
• Minusvalía ............................................................................ 6
• Principio de Igualdade de trato ................................................... 7
• Discriminación ....................................................................... 8
• O Plan de Acción para Persoas con Discapacidade ............................. 8

I.2.– Dereitos fundamentais das persoas con discapacidade ....................... 9


• Dereitos universais .................................................................. 9
• O marco europeo .................................................................... 12
• Principios derivados da Constitución Española ................................. 13
• Aplicación destas políticas no ámbito autonómico ............................. 14

I.3.- Organizacións e apoio a discapacidade .......................................... 15


• Obrigas das Administracións ....................................................... 15
• Órganos dependentes das Administracións Públicas ........................... 16
◦ O Consello Nacional da Discapacidade ....................................... 16
◦ O Consello Galego de Persoas con Discapacidade .......................... 17
• Institucións ou persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro ............... 18

1.4.- As empresas e as persoas con discapacidade .................................. 22


• Sobre a obriga de contratar da empresa ........................................ 22
• Os Centros Especiais de Emprego ................................................. 26
• Os Enclaves Laborais ................................................................ 32

5
I.1.- Conceptos básicos sobre a discapacidade

◦ Que se entende por 'discapacidade'?

A Organización Mundial da Saúde define a discapacidade como “a restrición ou


ausencia (debida a unha deficiencia) da capacidade para realizar unha actividade,
na forma ou dentro da marxe que se considera normal para un ser humano”. A
discapacidade pode ser temporal ou permanente, reversible ou irreversible,
progresiva ou regresiva.

Máis recentemente, a Convención de New York, de 13 de decembro de 2006,


recoñece que a discapacidade é un concepto que evoluciona e que é o resultado
da interacción entre a deficiencia dunha persoa e os obstáculos tales como
barreiras físicas e actitudes imperantes que impiden a súa participación na
sociedade. Cantos máis obstáculos hai, máis discapacitada se volve unha persoa.

A discapacidade, prosegue, inclúe deficiencias físicas, mentais, intelectuais e


sensoriais tales como cegueira, xordeira, deterioro da mobilidade e deficiencias
no desenvolvemento.

Algunhas persoas ten máis dunha forma de incapacidade e moitas, se non todas,
poderían chegar a ter algunha discapacidade nalgún momento da súa vida debido
a lesións físicas, enfermidades ou avellentamento.

◦ Que é unha 'deficiencia'?

É toda perda ou anormalidade dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica


ou anatómica de norma temporal ou permanente.

◦ Cal é a diferencia entre 'discapacidade' e 'deficiencia'?

A deficiencia representa a exteriorización dun estado patolóxico, e en principio,


reflicte, perturbacións a nivel de órgano; mentres a discapacidade representa a
obxectivación dunha deficiencia e, como tal, reflicte alteracións a nivel da
persoa.

◦ Significa o mesmo 'discapacidade' que 'minusvalía'?

Non. A minusvalía é unha situación desvantaxosa para un individuo determinado,


consecuencia dunha discapacidade, que limita ou impide o desempeño dun rol
que é normal no seu caso (en función da idade, o sexo e factores sociais e
culturais).

A minusvalía representa, pois, a manifestación dunha deficiencia ou


discapacidade, en canto que reflicte ou carrea consecuencias sociais, económicas,
ambientais,... para o individuo.

6
Resumindo:

Deficiencia Trastorno a nivel de órgano

Discapacidade Trastorno a nivel de persoa

Minusvalía Trastorno a nivel social

◦ A quen corresponde valorar a discapacidade que presenta unha persoa?

Aos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes da Consellería


competente; son estes os órganos técnicos competentes para emitir ditames
facultativos, así como os EVO do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso)
no seu ámbito de competencias.

◦ A que vantaxes poden acceder as persoas con discapacidade?

As persoas cunha discapacidade recoñecida terán dereito a diferentes vantaxes en


diversos eidos: educación, formación, emprego, beneficios fiscais, prestacións
económicas, prestacións sociais e sanitarias, acceso a vivenda e mellora da
accesibilidade, entre outros.

A finalidade destas medidas e compensar as limitacións que sofren as persoas con


discapacidade e fomentar a igualdade de trato.

◦ Que é o 'principio de igualdade de oportunidades'?

“O proceso mediante o cal o sistema xeral da sociedade, tal como o medio físico e
cultural, a vivenda e o transporte, os servizos sociais e sanitarios, as
oportunidades de educación e traballo, a vida cultural e social, incluídas as
instalacións deportivas e de recreación fanse accesibles para todos” (Programa de
Acción Mundial para os Impedidos aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións
Unidas por Resolución 37/52 de 3/XII/82).

De acordo co artigo 2 da Directiva 200/78/CE do Consello da UE e o artigo 37.3.i


da Lei 13/1982, LISMI, enténdese por igualdade de trato a ausencia de toda
discriminación directa ou indirecta.

Segundo o artigo 1.2 da Lei 51/2003, “enténdese por igualdade de oportunidades


a ausencia de discriminación, directa ou indirecta, que teña a súa causa nunha
discapacidade, así como a adopción de medidas de acción positiva orientadas a
evitar ou compensar as desvantaxes dunha persoa con discapacidade para
participar plenamente na vida política, económica, cultural e social”.

7
◦ Cal é a diferencia entre 'discriminación directa' e 'discriminación indirecta'?

Existe discriminación directa cando unha persoa fose ou puidese ser tratada de
xeito menos favorable que outra en situación análoga por motivo da súa
discapacidade (artigo 37.3.I L13/1982 e artigo 2 D2000/78 CE).

Enténdese que hai discriminación indirecta cando unha disposición legal ou


regulamentaria, unha cláusula convencional ou contractual, un pacto individual
ou unha decisión unilateral do empresario, aparentemente neutro, poidan
ocasionar unha desvantaxe particular ás persoas con discapacidade respecto de
outras persoas (artigo 37.3.II L13/1982 e artigo 2 D2000/78 CE)

◦ As accións positivas e as medidas específicas son actos discriminatorios?

Non. De acordo co artigo 7 da D200/78/CE, co fin de garantir a plena igualdade na


vida profesional, o principio de igualdade de trato non impedirá que os Estados
membros manteñan ou adopten medidas específicas para previr ou compensar as
desvantaxes ocasionadas pola discapacidade.

◦ Como se harmoniza o principio de igualdade de trato coas medidas específicas


e as accións positivas cara as persoas con discapacidade?

Polo que respecta ás persoas con discapacidade, o principio de igualdade de trato


non constituirá un obstáculo ao dereito dos Estados de manter ou adoptar
disposicións relativas a protección da saúde e a seguridade no lugar de traballo,
nin para as medidas cuxa finalidade sexa crear ou manter disposicións ou
facilidades con obxecto de protexer ou fomentar a inserción de ditas persoas no
mundo laboral.

◦ Que é o Plan de Acción para Persoas con Discapacidade?

Actualmente está vixente o III Plan de Acción para Persoas con Discapacidade
aprobado polo Consello de Ministros de 10 de xullo de 2009, no que se establece a
estratexia do Goberno do Estado para a actual lexislatura – ate o 2012- en materia
de discapacidade.

◦ Cales son os seus obxectivos?

Promover a autonomía, para que as persoas con discapacidade se beneficien de


tódalas políticas en igualdade de oportunidades, recoñecendo a discapacidade
como un compoñente da diversidade humana. Esta estratexia gobernamental
obriga ao Goberno e actúa como plan director ou orientador das políticas das
CCAA.

8
I.2.- Dereitos fundamentais das persoas con discapacidade

Dereitos universais:

Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH):

◦ Que é a Declaración Universal dos Dereitos Humanos?

É un documento aprobado o 10 de decembro de 1948 pola Asemblea Xeral das


Nacións Unidas que se converteu nos cementos das normas internacionais de
dereitos humanos. Foi a primeira declaración universal sobre os principios básicos
dos dereitos humanos inalienables, e unha norma común de comportamento para
tódolos pobos e tódalas nacións.

◦ Cales son os principios que rexen esta Declaración?

Os principios fundamentais son o de liberdade, igualdade en dignidade e dereitos


e fraternidade entre tódolos seres humanos dende o seu nacemento (artigo1).

Amais rexeita a negación dos dereitos recoñecidos en base a calquera das


condicións que afecten a persoa: raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión política
ou doutra índole, nacional ou social, económica ou outra condición humana
(artigo 2).

◦ A DUDH fai algunha mención especial aos dereitos das persoas con
discapacidade?

Non. Esta Declaración equipara a tódolos seres humanos sen facer diferenciación
algunha pola súa condición persoal.

◦ Como lle afecta logo as persoas con discapacidade?

As persoas con discapacidade, precisamente por esta condición, son as primeiras


beneficiarias do dereito universal a seguridade social (recoñecido no artigo 22) así
como a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables a
súa dignidade e o libre desenrolo da súa personalidade.

A DUDH recoñece o dereito de toda persoa ao traballo, á libre elección do seu


traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e a protección
contra o desemprego, sen discriminación salarial algunha (artigo 23).

Recoñece tamén o dereito a educación gratuíta, cando menos no concernente á


instrución elemental e fundamental, sendo esta, amais, obrigatoria (artigo 26),
tendo por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o
fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais,
favorecendo a comprensión, a tolerancia e a amizade entre nacións e etnias.

9
◦ Cando se pronuncia a Organización das Nacións Unidas (ONU) sobre a
discapacidade?

No decenio de 1970 produciuse un acercamento as persoas con discapacidade,


etapa na que estas persoas comezaron a gozar dunha maior aceptación. Neses
anos a Asemblea Xeral adoptou dúas das principais declaracións en materia de
discapacidade: A Declaración dos Dereitos do Atrasado Mental, do 20 de
decembro de 1971, e a Declaración dos Dereitos dos Impedidos, adoptada o 9 de
decembro de 1975, que proporcionan un marco para a protección destes dereitos
mediante a adopción de medidas a nivel nacional e internacional.

Declaración dos Dereitos do Deficiente Mental (DDDM):

◦ Que dereitos recoñece a DDDM?

Esta Declaración afirma que as persoas con atraso mental ten, ate onde resulta
factible, os mesmos dereitos que o resto de seres humanos, incluíndo os dereitos
a atención médica e educación adecuadas, a seguridade económica, a un titor
cualificado que cumpra os requisitos estipulados, á protección fronte á
explotación e ao acceso a procesos xudiciais. A Declaración afirma que, de ser
posible, as persoas con deficiencia intelectual deben vivir coas súas familias ou
con familias de acollida e participar nos variados aspectos da vida da comunidade.

Declaración de Dereitos dos Impedidos (DDI):

◦ Cal é a achega da DDI?

A DDI estende os dereitos recoñecidos as persoas con discapacidade intelectual a


tódalas persoas que sufran calquera outro tipo de discapacidade, recoñecendo
para estes que o feito de que as persoas con discapacidade deben gozar dos
mesmos dereitos políticos e civís que os demais, incluíndo medidas que lles
permitan ser autosuficientes. A Declaración reafirma os dereitos destas persoas á
educación, á atención sanitaria e a servizos de colocación.

Ademais, recoñece o seu dereito á seguridade económica e social, ao emprego, a


vivir coas súas familias, a participar en acontecementos sociais e creativos, a
recibir protección fronte a calquera tipo de explotación, abuso ou trato
degradante e a dispor de axuda legal.

◦ Adoptouse dende a ONU algunha outra iniciativa?

A ONU comprende a necesidade de fomentar a participación plena das persoas con


discapacidade na vida social e no desenvolvemento da sociedade, por iso o 16 de
decembro de 1976 a Asemblea Xeral declarou o ano 1981 Ano Internacional dos
Impedidos, e estableceu que ese ano se adicase a integrar plenamente ás persoas
con discapacidade na sociedade.

10
◦ Dende entón, ten xurdido máis iniciativas a nivel universal?

As iniciativas da ONU neste eido son numerosas e están recollidas na páxina web
“A ONU e a discapacidade”. Unha das derradeiras actuacións neste senso son as
seguintes:

▪ Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, asinada en


Nova York o 13 de decembro de 2006, ratificada por España o 23 de
novembro de 2007

• Esta Convención non crea ningún dereito novo. O que fai é expresar os
dereitos existentes nunha forma que atende ás necesidades e a
situación das persoas con discapacidade.

▪ Realización dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio para as


persoas con discapacidade mediante a aplicación do Programa de Acción
Mundial para as Persoas con Discapacidade e a Convención sobre os
dereitos das persoas con discapacidade

• Este Informe trata de por de manifesto que a discapacidade é en gran


medida invisible nos procesos de aplicación, vixilancia e avaliación dos
Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

◦ Que son os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio?

A Declaración do Milenio foi aprobada por 189 países e asinada por 147 xefes de
estado e de goberno no Cumio do Milenio das Nacións Unidas celebrada en
setembro de 2000. Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) son oito
ambiciosos obxectivos que se intenta acadar para 2015 e baséanse directamente
nas actividades e metas incluídas na Declaración do Milenio. A discapacidade é a
gran esquecida dos procesos de aplicación, vixilancia e avaliación dos ODM.

◦ Que é o Programa de Acción Mundial para as persoas con discapacidade?

O propósito do Programa de Acción Mundial para as Persoas con Discapacidade,


aprobado o 3 de decembro de 1982 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, é
promover medidas eficaces para a prevención da discapacidade e para a
rehabilitación e a realización dos obxectivos de igualdade e de plena participación
das persoas con discapacidade na vida social e o desenvolvemento.

◦ Que significa todo isto?

Isto significa oportunidades iguais ás de toda a poboación e unha participación


equitativa no melloramento das condicións de vida resultante do
desenvolvemento social e económico. Estes principios deben aplicarse có mesmo
alcance e coa mesma urxencia en todos os países, independentemente do seu
nivel de desenvolvemento.

11
◦ Cales son os fundamentos deste Programa?

A causa de deficiencias mentais, físicas ou sensoriais, hai no mundo máis de 500


millóns de persoas con discapacidade, ás que se deben recoñecer os mesmos
dereitos e brindar iguais oportunidades que a todos os demais seres humanos. Con
demasiada frecuencia, estas persoas viven en condicións de desvantaxe debido a
barreiras físicas e sociais existentes na sociedade, que se opoñen a súa plena
participación. O resultado é que millóns de nenos e adultos do mundo enteiro
arrastran a miúdo unha existencia marcada pola segregación e a degradación.

O marco Europeo

Tratado de Maastricht:

◦ Que obxectivos persegue este tratado?

Son fundamentalmente o fomento do emprego, a mellora das condicións de vida e


de traballo, unha protección social adecuada, o diálogo social, o desenvolvemento
dos recursos humanos para conseguir un nivel de emprego elevado e duradeiro e a
loita contra as exclusións.

◦ Como afecta ás persoas con discapacidade?

Mediante este tratado os estados membros comprométense a apoiar e


complementar acción sociais no ámbito da igualdade de oportunidades no
mercado laboral e no da integración das persoas excluídas do mercado laboral.

◦ Como se executan os obxectivos do Tratado?

O mesmo tratado sinala que se establecerá mediante directivas as disposicións


mínimas que rexerán as lexislacións dos estados membros. Na data actual, e no
tocante a discapacidade, non existe unha directiva específica, maila ser
reivindicada por diferentes organizacións representativas e grupos políticos.

◦ Onde se recollen logo os dereitos das persoas con discapacidade no ámbito


europeo?

A directiva que se refire de xeito máis específico aos dereitos das persoas con
discapacidade é a Directiva 2000/78 CE do Consello, de 27 de novembro de 2000,
relativa ao establecemento dun marco xeral para a igualdade de trato no emprego
e a ocupación.

◦ Que dereitos recoñece as persoas con discapacidade a Directiva 2000/78?

Dereito a non discriminación no emprego por razón de discapacidade, a


integración, a defensa xurídica, a representación polas ONGs, asociacións e outras

12
persoas xurídicas, a ser informado “por tódolos medios apropiados”, protección
contra represalias ou o recoñecemento da discriminación positiva.

◦ En que consiste o dereito de defensa?

Este dereito implica que os Estados membros deberán garantir a quen se


considere vítima de discriminación a existencia de procedementos xudiciais e/ou
administrativos aos que acceder. Isto é, suxire que os Estados Membros poderán
elixir entre subministrar procedementos xudiciais ou administrativos ou ambos.

Enténdese que en casos graves de discriminación restrinxir as queixas a un


procedemento administrativo resultaría inapropiado e, en tales casos, as vítimas
deberían poder acceder ao sistema xudicial (xuíces e/ou tribunais).

O artigo 9 da Directiva 2000/78 tamén permite aos Estados Membros a opción de


establecer procedementos de conciliación. Tales procedementos poden, nalgúns
casos, ofrecer un medio relativamente barato e menos acusatorio de tratar casos
de discriminación.

Amais, o segundo apartado do artigo 9 permite que, por exemplo, as ONGs


representativas de persoas con discapacidade, sindicatos, etc., apoien a unha
persoa que se considera vítima dunha discriminación por discapacidade á hora de
ir ante un tribunal. A directiva especifica que unha ONG tamén pode levar un
suposto de discriminación ante os tribunais si a vítima está de acordo.

Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea

◦ Que di a Carta respecto das persoas con discapacidade?

A Carta, no artigo 21 establece un principio de non discriminación por razóns de


discapacidade, e o artigo 26 refírese a integración das persoas con discapacidade
establecendo que:

“A Unión recoñece e respecta o dereito das persoas con discapacidade a


beneficiarse de medidas que garantan a súa autonomía, a súa integración social e
profesional e a súa participación na vida da comunidade”.

Principios derivados da Constitución Española

Constitución Española (CE):

◦ Que di a Constitución Española respecto da discapacidade?

A CE ven a recoller, no artigo 49, sobre atención ás persoas diminuídas, o sentir da


comunidade internacional, antes sinalados, establecendo os principios reitores da
política social e económica do Estado respecto ás persoas con discapacidade:

13
“Os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento,
rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos, aos que
prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente
para o desfrute dos dereitos que este Título outorga a tódolos cidadáns”.

Lei 13/1982 de abril, de integración Social dos Minusválidos (LISMI):

◦ Como xorde é con que obxectivos, a LISMI?

Nace polo mandato constitucional antedito cuxo obxectivo se ve referendado no


artigo 3 desta mesma Lei, no que o Estado se obriga a prestar tódolos recursos
necesarios para que as persoas con discapacidade poidan exercer os seus dereitos.
Atopa os seus antecedentes na Declaración dos Dereitos do Deficiente Mental
(1971, ONU) e a Declaración dos Dereitos dos Minusválidos (1975, ONU)

◦ En concreto, a que dereitos se refire a LISMI?

Prevención, coidados médicos e psicolóxicos, rehabilitación adecuada, educación,


orientación, integración laboral, garantía de dereitos económicos, xurídicos
sociais mínimos e Seguridade Social; dereitos que máis adiante veremos polo
miúdo.

◦ A quen corresponde a competencia en materia de Servizos Sociais?

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de


benestar social, de conformidade co establecido no artigo 27.23º do Estatuto de
Autonomía, en relación co artigo 148.1.20 da Constitución española.

Aplicación destas políticas no ámbito autonómico

Lei de Servizos Sociais de Galicia (Lei 13/2008 de 13 de decembro)

◦ Cal é o obxectivo desta lei?

O obxectivo principal desta Lei é contribuír á construción dun sistema galego de


benestar para a sociedade galega, regulándoo e dotándoo dunha estrutura propia
para poder facer efectivos os dereitos universais recoñecidos as persoas con
discapacidade, recoñecidos xa noutras normas e declaracións de ámbito superior
(Constitución Española, Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea,
Declaración Universal dos Dereitos Humanos,...).

14
I.3.- Organizacións de apoio a discapacidade

◦ Cal é o marco normativo e que di ao respecto?

O artigo 50 da L13/1982 (LISMI) di que “os servizos sociais poderán ser prestados
tanto polas Administracións Públicas como por Institucións ou persoas xurídicas
privadas sen ánimo de lucro”.

◦ Como se desenvolve esta norma en Galicia?

A L13/2008, de Servizos Sociais, no artigo 29.1 respecto das “formas de prestación


dos servizos sociais de Galicia” maniféstase no mesmo sentido que a L13/1982,
ao afirmar que “os servizos sociais prestaranos as administracións públicas galegas
directamente ou, de maneira indirecta, a través das diversas modalidades de
contratación”.

O mesmo artigo, no seu apartado segundo di que “as persoas físicas e xurídicas
privadas, de iniciativa social ou de carácter mercantil, poderán actuar como
entidades prestadoras de servizos sociais e, en consecuencia, crear centros de
servizos sociais, así como xestionar programas e prestacións desta natureza”.

Obrigas das Administracións Públicas

◦ Cales son as obrigas das Administracións públicas?

De acordo co artigo 3 da L13/1982 (LISMI) corresponde ós poderes públicos prestar


tódolos recursos necesarios para o exercicio dos dereitos que lle corresponden ás
persoas con discapacidade, constituíndo unha obriga do Estado a prevención, os
coidados médicos e psicolóxicos, a rehabilitación adecuada, a educación, a
orientación, a integración laboral, a garantía duns dereitos económicos, xurídicos
sociais mínimos e a Seguridade Social”.

◦ Quen ten o deber de informar as persoas con discapacidade sobre os dereitos


que lle corresponden?

Son os servizos de orientación familiar e información quen deben facilitar á


persoa con discapacidade o coñecemento das prestacións e servizos que están ao
seu alcance, así como as condicións de acceso aos mesmos (artigo 52.2 L13/1982,
LISMI) que, no caso dos cidadáns que teñan fixada a súa residencia en Galicia,
será a área de Servizos Sociais da Consellería competente.

15
◦ Cales son as obrigas das Administracións públicas respecto das institucións ou
persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro?

"Os Estados deberían recoñecer o dereito das organizacións de persoas con


discapacidade a representar persoas con discapacidade nas esferas nacional,
rexional e local. Os Estados deberían ensimesmo recoñecer o papel asesor das
organizacións de persoas con discapacidade na toma de decisións respecto a
cuestións de discapacidade", segundo a Regra 18 das normas estándar das Nacións
Unidas sobre Igualdade de Oportunidades para as Persoas con Discapacidade.

Órganos dependentes das Administracións Públicas

◦ Cales son os órganos de referencia?

O Consello Nacional da Discapacidade (CND) e o Consello Galego de Persoas con


Discapacidade (CGPD).

◦ Cales son as normas que os regulan?

O CND esta regulado polo RD 1855/2009, de 4 de decembro, polo que se regula o


Consello Nacional da Discapacidade (BOE do 26 de decembro de 2009) que derroga
o RD 1865/2004, de 6 de setembro, polo que se regula o Consello Nacional da
Discapacidade (BOE do 7 de setembro de 2004) e o CGPD polo Decreto 300/2002,
do 24 de outubro, polo que se crea e regula o Consello Galego de Persoas con
Discapacidade (DOG do 8 de novembro de 2002) e modificado polo Decreto
8/2004, do 8 de xaneiro (DOG do 19 de xaneiro de 2004).

◦ Cal é a natureza e fins do CND?

O Consello Nacional da Discapacidade é o órgano colexiado interministerial, de


carácter consultivo, adscrito ao Ministerio de Sanidade e Política Social, no que se
institucionaliza a colaboración do movemento asociativo das persoas con
discapacidade e as súas familias e a Administración Xeral do Estado, para a
definición e coordinación dunha política coherente de atención integral.

En particular, corresponde ao Consello Nacional da Discapacidade a promoción da


igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das
persoas con discapacidade.

◦ Cales son as funcións encomendadas ao CND?

a) Promover os principios e liñas básicas de política integral para as persoas con


discapacidade no ámbito da Administración Xeral do Estado, incorporando o
principio de transversalidade.

16
b) Presentar iniciativas e formular recomendacións en relación con plans ou
programas de actuación.

c) Coñecer e, no seu caso, presentar iniciativas en relación aos fondos para


programas de persoas con discapacidade e os criterios de distribución.

d) Emitir ditames e informes, de carácter preceptivo e non vinculante, sobre


aqueles proxectos normativos e outras iniciativas relacionadas co obxecto do
Consello que se sometan a súa consideración e, en especial, no desenvolvemento
da normativa de igualdade de oportunidades, no discriminación e accesibilidade
universal.

e) Promover o desenvolvemento de accións de recompilación, análise, elaboración


e difusión de información.

f) Impulsar actividades de investigación, formación, innovación, ética e calidade


no ámbito da discapacidade.

g) Coñecer as políticas, fondos e programas da Unión Europea e doutras instancias


internacionais e recibir información, no seu caso, sobre as posicións e propostas
españolas nos foros internacionais.

h) Calquera outra función que, no marco das súas competencias, se lle atribúa por
algunha disposición legal ou regulamentaria.

◦ Con que obxectivo nace o Consello Galego de Persoas con Discapacidade?

O Consello Galego de Persoas con Discapacidade créase co fin de institucionalizala


colaboración e participación das persoas con discapacidade na definición,
aplicación e seguimento das políticas de atención, inserción social e calidade de
vida dirixidas a este sector da poboación, no campo das competencias atribuídas á
Xunta de Galicia.

◦ E cales son as funcións que se lle encomendan ao CGPD?

As funcións máis salientables do Consello Galego para as Persoas con


Discapacidade coinciden con aquelas que lle foron conferidas ao Pleno do mesmo,
e son as seguintes:

a) Asesora-las administracións públicas na planificación e programación das


políticas de benestar social que atinxan ás persoas con discapacidade.

b) Coñece-los proxectos normativos da Xunta de Galicia que poidan afectar a este


colectivo.

c) Promove-la presentación de normativa estatal, autonómica ou municipal sobre


a materia.

d) Promove-las accións de información e divulgación sobre a normativa, plans e


programas referidos ás persoas con discapacidade.

17
e) Impulsa-la realización periódica de xornadas, seminarios, cursos e congresos
relacionados co fin que lle é propio.

f) Impulsar estudos e investigacións sobre aspectos relacionados coa mellora da


calidade de vida das persoas con discapacidade.

g) Realiza-lo seguimento dos plans e programas xerais de actuación da Xunta de


Galicia en materia de atención a persoas con discapacidade.

h) Emitir ditames e informes sobre todas aquelas cuestións relacionadas co


obxecto do Consello que se sometan á súa consideración.

i) Impulsa-lo cumprimento da normativa, plans e programas incluídos no seu


ámbito de actuación.

k) Recadar e obter información relativa aos fins e funcións do Consello.

l) Estimula-la participación das persoas con discapacidade ou dos seus


representantes legais nos organismos públicos adicados á súa atención.

m) Manter relacións cos órganos e consellos de carácter semellante que se


constitúan no ámbito doutras administracións públicas.

n) Promover actuacións e medidas que favorezan o recoñecemento e aceptación


das diferencias, así como a igualdade de oportunidades.

Institucións ou persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro

◦ Cal é a función destas organizacións dentro do sistema de apoio as persoas


con discapacidade?

As Institución ou persoas xurídicas privadas sen ánimo de lucro tamén poderán


prestar servizos sociais, xunto coas administracións (artigo 50.b L13/1982, LISMI)

◦ Como o farán?

Farano a través das canles e mediante os recursos humanos, financeiros e técnicos


de carácter ordinario coa salvidade feita de cando, excepcionalmente, as
características das discapacidades esixan unha atención singularizada.

◦ Que persoas poderán prestar estes servizos?

Ao igual que nas administracións, estas tarefas deberán estar orientadas, dirixidas
e realizadas por persoal especializado que, dada a variedade, amplitude e
complexidade das funcións que abrangue, esixe a actuación de equipos
multidisciplinares.

18
Amais, o persoal voluntario, agrupado nestas institucións, poderá colaborar cos
profesionais nas funcións de prestación de atención domiciliaria e aquelas outras
que non impliquen unha permanencia no servizo nin requiran especial
cualificación (artigo 64, dous L13/1982, LISMI).

◦ Galicia ten asumida a competencia en servizos sociais, que di a súa lexislación


ao respecto?

A Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia establece entre os obxectivos do


sistema galego de servizos sociais (artigo 3, apartado g) a promoción e
dinamización da participación comunitaria, o asociacionismo solidario, a axuda
mutua e a implicación da cidadanía na posta en marcha de iniciativas de
prevención e mellora de cohesión social.

O máximo expoñente do asociacionismo no estado español é “CERMI” e, na


Comunidade Autónoma de Galicia, “CERMI Galicia”.

◦ Que é CERMI?

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, máis coñecido


polas súas siglas, CERMI, é a Asociación máis representativa de ámbito estatal,
creada o 9 de xaneiro de 1997.

Trátase dunha plataforma sen ánimo de lucro de representación, defensa e acción


dos cidadáns españois con discapacidade, máis de tres millóns e medio de
persoas, máis as súas familias, que conscientes da súa situación de grupo social
desfavorecido, deciden unirse, a través das organizacións nas que se agrupan,
para avanzar no recoñecemento dos seus dereitos e acadar a plena cidadanía en
igualdade de dereitos e oportunidades co resto de compoñentes da sociedade.

◦ Que é CERMI Galicia?

CERMI Galicia nace co obxectivo de representar ás entidades asociativas de


persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia que o constitúen,
ante os seus diferentes órganos gobernamentais e outras instancias públicas e
privadas desta comunidade, en relación coa problemática propia do colectivo
representado.

CERMI Galicia constitúese o 17 de febreiro de 1999 froito do acordo das catro


principais organizacións autonómicas de persoas con discapacidade (COGAMI,
FADEMGA, FAXPG e ONCE) do que máis tarde tamén entraron a formar parte
FEAFES GALICIA e DOWN GALICIA.

◦ Que é COGAMI?

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) é unha entidade


sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como
entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade
física en Galicia. Ten como finalidade a integración social das persoas con
discapacidade tanto a través de eixos de acción fundamentais para a integración

19
e normalización do colectivo como no emprego. Por este motivo existe o Grupo
COGAMI (Galega de Economía Social, S.L.), grupo empresarial de economía social
formado por 14 iniciativas que dan emprego a máis de 600 persoas con
discapacidade.

◦ Que é FADEMGA?

FADEMGA FEAPS GALICIA é a Federación de Asociacións en favor das Persoas con


Discapacidade Intelectual de Galicia, FADEMGA, é unha entidade sen ánimo de
lucro que conta na actualidade con 41 entidades galegas federadas que prestan
servizo a 4.745 persoas con discapacidade intelectual.

FADEMGA ofrece unha serie de servizos ás súas entidades federadas a través dos
departamentos que integran a Federación como son Administración, Calidade,
Ocio, Comunicación, Emprego e Formación, Familia.

A través destes departamentos ofrécense servizos como os de Respiro Familiar,


Atención Temperá, Asesoría Xurídica, Asesoramento para creación de CEE, etc.

Está integrada en FEAPS, a Confederación Española de Asociacións en favor das


Persoas con Discapacidade Intelectual.

◦ Que é FAXPG?

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) é unha entidade


sen ánimo de lucro fundada en 1979 e, na actualidade, está integrada por sete
asociacións.

A FAXPG ten como misión xerar as condicións que, tomando como base a
identidade xorda e a súa diversidade, aseguren o desenvolvemento global das
persoas xordas de Galicia en condicións de accesibilidade universal e igualdade de
oportunidades.

◦ Que é a ONCE?

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), é unha Corporación sen ánimo


de lucro coa misión de mellorar a calidade de vida das persoas cegas e con
discapacidade visual de toda España. Conta cunha delegación en Galicia.

Na actualidade a ONCE, xunto coa súa Fundación e coa súa Corporación


Empresarial ONCE (CEOSA), xeran máis de 115.000 empregos, directos e
indirectos, e solventa de maneira autónoma a atención especializada que requiren
as máis de 69.000 persoas cegas e con discapacidade visual ás que agrupa.

Cada ano afílianse á Organización preto de 4000 persoas. Na actualidade o 23%


son cegos totais e o 77% ten algunha discapacidade visual.

◦ Que é FEAFES Galicia?

A Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES


Galicia) e unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995, como

20
resultado natural da organización dun sector necesitado dun foro de encontro,
debate, reflexión e acción que permitise avanzar no proceso de normalización da
enfermidade mental en Galicia, froito do movemento asociativo galego que xorde
ao longo da nosa xeografía no contexto de reforma psiquiátrica levada a cabo coa
promulgación da “Lei Xeral de Sanidade” de 1986, que, mediante o seu artigo 20,
declara como obxectivo o acabar co secular ostracismo padecido polos enfermos
mentais até o momento.

◦ Que é DOWN GALICIA?

A Federación Galega de Institución para Síndrome de de Dowm (DOWM Galicia) é


unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa as asociacións específicas para a
síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación foi creada a
principios do ano 1.998 despois de que en varias reunións os seus fundadores
puxeran de manifesto a necesidade de potenciar a coordinación entre as distintas
asociacións e de dispoñer dun instrumento de comunicación único entre o
colectivo de persoas con síndrome de Down e as diferentes administracións.

A súa misión é aportar solucións que contribúan a normalizar a situación das


persoas con síndrome de Down na sociedade. A Federación non se constitúe como
un centro prestador de servizos directamente ós usuarios.

21
1.4.- A empresa e as persoas con discapacidade

◦ Que di a LISMI sobre a responsabilidade da empresa respecto as persoas con


discapacidade?

Esta Lei, aprobada o 7 de abril de 1982, establece para as empresas públicas e


privadas que empreguen a máis de 50 traballadores, ten a obriga de contratar a
un número de traballadores con minusvalía non inferior ao 2%.

◦ Como se realiza o cómputo?

Realizarase sobre o cadro de persoal total da empresa correspondente, calquera


que sexa o número de centros de traballo daquela e calquera que sexa a forma de
contratación laboral que vincule aos traballadores da empresa.

Inclúense no cómputo os traballadores con minusvalía que se encontren en cada


momento prestando servizos nas empresas públicas ou privadas, en virtude dos
contratos de posta a disposición que as mesmas celebrasen con empresas de
traballo temporal.

Sobre a obriga de contratar das empresas

◦ Existe algunha opción de cumprimento alternativo?

Si, poderán quedar exentas desta obriga, de forma parcial ou total, ben a través
de acordos recollidos na negociación colectiva sectorial de ámbito estatal e, no
seu defecto, de ámbito inferior, ben por opción voluntaria do empresario,
debidamente comunicada á autoridade laboral, e sempre que en ambos supostos
se apliquen as medidas alternativas que se determinen regulamentariamente
(artigo 38 da L13/1982, LISMI, modificado pola Lei 66/1997, 50/1998 e 24/2001).

No mesmo sentido se manifesta o Real Decreto 27/2000, de 14 de xaneiro, que


establece unhas medidas alternativas de carácter excepcional ao cumprimento da
cota de reserva.

◦ Onde está o límite a estas excepcións?

A LISMI, no mesmo artigo antedito, establece que os pactos individuais e as


decisións unilaterais das empresas que supoñan en contra das persoas con
discapacidade discriminacións no emprego, en materia de retribucións, xornadas
e demais condicións de traballo, entenderanse nulos e sen efecto.

22
◦ En que consisten as Medidas Alternativas?

▪ Compra de bens e/ou servizos a un Centro Especial de Emprego.

▪ Contratación dun traballador autónomo con discapacidade.

▪ Doazón ou acción de patrocinio a favor dun Centro Ocupacional ou outras


entidades cuxo obxecto social sexa a formación profesional, a inserción
laboral e a creación de postos de traballo a favor de persoas con
discapacidade.

▪ Creación dun Enclave Laboral.

◦ Que é un Centro Ocupacional?

É un servizo dirixido ás persoas con discapacidade onde se realizan actividades


para lograr a súa capacitación social e profesional.

A finalidade destes centros pretende que as persoas con discapacidade alcancen a


maior autonomía persoal posíbel así como a máxima integración dentro da
sociedade, ao tempo que lles intenta axudar a conservar aquelas facultades que
aprenderon en etapas anteriores da súa vida, por exemplo na escola, e
procurando potenciar calquera tipo de actividade que estea relacionada co mundo
laboral e as tarefas habituais da vida adulta

◦ Para poder optar ás Medidas Alternativas que documentos se precisan?

▪ Certificado de Excepcionalidade (Anexo I)

▪ Solicitude de Declaración de Excepcionalidade por razóns de carácter


produtivo, organizativo, técnico ou económico (Anexo II)

▪ Comunicación da celebración dun contrato civil ou mercantil cun centro


especial de emprego ou un traballador autónomo (Anexo III)

▪ Solicitude para a realización de Doazóns e accións de patrocinio con


fundacións ou asociacións de utilidade pública (Anexo IV)

◦ Cando se produce a excepcionalidade para que a empresa poida acollerse ás


Medidas Alternativas?

Cando os Servizos Públicos de Emprego non poidan atender as ofertas de emprego


para traballadores con discapacidade presentadas pola empresa, ou ben sexan
estes os que renuncien a esta oferta. En tales casos, o INEM ou o Servizo Público
de Emprego expedirán o certificado acreditativo da excepcionalidade.

Cando as empresas acrediten a existencia de razóns organizativas, produtivas,


técnicas ou económicas que dificulten seriamente a incorporación de persoas con
discapacidade nos seus cadros de persoal. O INEM ou o SPE estimarán esta
situación e emitirán o pertinente certificado de excepcionalidade.

23
◦ Como se calcula o número de traballadores no cadro de persoal para aplicar a
cota do 2% sobre o total?

A referencia ao cadro de persoal será atendendo á cuantificación da mesma nos


12 meses anteriores, incluídos os traballadores contratados a tempo parcial, de
tódolos centros de traballo da empresa.

Os contratos temporais de máis de 1 ano computaranse como fixos.

Os contratados ate 1 ano computaranse segundo o número de días traballados en


base ao criterio de que por 200 días (sumados os que correspondan de festivos,
vacacións ou descanso semanal) corresponderá a un traballador máis.

◦ Que ten que contratar ou que ten que doar o empresario?

O importe anual dos contratos anuais ou civís cos Centros Especiais de Emprego,
será cando menos, 3 veces o Salario Mínimo Interprofesional anual por cada
traballador con discapacidade deixado de contratar por debaixo da cota do 2% do
seu cadro de persoal.

O importe anual para a doazón será, cando menos, de 1,5 veces o Salario Mínimo
Interprofesional anual por cada traballador con discapacidade deixado de
contratar por debaixo da cota do 2% do seu cadro de persoal.

◦ Cal é o primeiro paso que debe dar o empresario?

Solicitar demandantes de emprego con discapacidade a través do INEM ou Servizo


Público de Emprego, para ver si existen candidatos, cuxo prazo de contestación é
a súa vez de 15 días. Transcorridos ditos prazos, pódese proceder a solicitar o
Certificado de Excepcionalidade, requisito previo obrigatorio para poder acollerse
a Medidas Alternativas.

◦ Existe a obriga de solicitar sempre e previamente emprego ao INEM ou ao


SPE?

Non é obrigatorio en caso de alegarse motivos de carácter produtivo, técnico,


organizativo ou económico, que imposibiliten a contratación de persoal con
discapacidade. Neste caso, poderase tramitar a través dun procedemento único,
solicitando directamente o Certificado de Excepcionalidade e a Medida
Alternativa á que decide acollerse, mediante o Anexo II, e o III ou IV, segundo se
decante a empresa por compra de bens e/ou servizos, ou pola doazón.

◦ Que documentos son necesarios para a solicitude do Certificado de


Excepcionalidade e que tempo tarda?

Si se solicitou traballadores, sen atoparse candidatos idóneos para cubrir o posto,


o Certificado de Excepcionalidade, solicítase ante a oficina do INEM ou o SPE
correspondente ao Anexo I.

24
O prazo de contestación é de 2 meses, transcorrido o mesmo sen resposta
enténdese que se concede (silencio administrativo).

Si alegou razóns de carácter produtivo, organizativo, técnico ou económico, o


Certificado de Excepcionalidade, solicítase ante o INEM ou o SPE, a través do
Anexo II acompañado da documentación que xustifique as causas alegadas.

O prazo de contestación é de 3 meses, transcorrido o mesmo sen resposta


enténdese que o concede.

◦ Tendo xa contratados bens e/ou servizos cun Centro Especial de Emprego


cúmprese o establecido nesta lei?

Non, é un requisito indispensable a solicitude do “Certificado de


Excepcionalidade” ante a oficina do INEM ou o SPE. Unha vez obtido, deberá
realizarse de novo o contrato de bens e/ou servizos que xa se tiña subscrito para
que sexa válido como cumprimento á Lei de Medidas Alternativas.

◦ Pódese entregar a doazón a calquera tipo de fundación?

Non, só se poderán efectuar doazóns a favor de entidades ou asociacións de


utilidade pública cuxo obxecto social sexa a formación profesional, a inserción
laboral ou a creación de emprego a favor de persoas con discapacidade. As
entidades cuxo obxecto social sexa distinto, non poden ser beneficiarias da
doazón en cumprimento das Medidas Alternativas.

◦ Cal é o límite fiscal das doazóns?

As empresas que efectúen unha doazón que teña como beneficiaria unha
entidade, obterán beneficios fiscais na declaración do Imposto de Sociedades
deducindo como gasto, o importe da doazón, tendo como límite opcional o 10% da
base impoñible, ou ben, o límite do 1 por mil do volume de ingresos.

◦ Cal é o período de validez do Certificado de Excepcionalidade?

A finalidade da Lei é a contratación directa de persoal con discapacidade. A


empresa aínda que contrate bens e/ou servizos, debe intentar nos 2 anos que ten
a validez o Certificado de Excepcionalidade, contratar persoal con discapacidade
progresivamente ate acadar o 2% do seu cadro de persoal como mínimo. Pasados
os 2 anos, si non se logrou, queda obrigado de novo ao cumprimento da cota de
reserva do 2% de persoal con discapacidade, polo que deberá volver a solicitar o
Certificado de Excepcionalidade, si non cumpre con dita obrigación, para poder
acollerse a unha das Medidas Alternativas no cumprimento do R.D. 27/2000.

◦ Que prazo de cumprimento establece a Lei para executar as Medidas


Alternativas?

A execución das Medidas Alternativas deberá realizarse durante o período de


validez do Certificado de Excepcionalidade ou da resolución sen prexuízo de que

25
anualmente se destinaren a dito fin, como mínimo, as cantidades que constitúan a
cuantificación económica anual, conforme ao Artigo 2.2 do RD 27/2000.

◦ Pódese combinar as diferentes opcións de Medidas Alternativas entre si e á


vez contratar persoas con discapacidade?

Si. As Medidas Alternativas pretenden xerar emprego indirecto a través dos CEE,
ou efectuando a doazón, a vez que satisfai as necesidades da empresa
ofrecéndolle a solución que máis lle beneficie. Así, a empresa pode combinar a
contratación directa, coa contratación de bens e/ou servizos, xunto coa doazón si
esa, é a solución que máis interesa á mesma.

CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

O Artigo 45 da Lei 13/1982, LISMI, dispón que "as Administracións Públicas…


promoverán a creación e posta en marcha de Centros Especiais de Emprego" e
"fomentarán a creación de postos de traballo especiais para persoas con
minusvalía mediante a adopción das medidas necesarias para a consecución de
tales finalidades."

◦ Cal é a regulación específica dos Centros Especiais de Emprego?

• Real Decreto 2273/1985 do 4 de decembro polo que se aproba o regulamento de


Centros Especiais de Emprego (BOE do 9 de decembro de 1985).

• Real Decreto 1368/1985 do 17 de xullo que regula a relación laboral de carácter


especial dos minusválidos que traballan en Centros Especiais de Emprego (BOE do
8 de agosto de 1985), modificado por RD 429/99 do 12 de marzo, (BOE do 26 de
marzo 1999).

• Orde de 16 de outubro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para


a concesión das axudas e subvencións públicas destinadas ao fomento da
integración laboral dos minusválidos en centros especiais de emprego e traballo
autónomo (BOE do 21 de novembro de 1998).

• Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa


e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de
Galicia, e a súa organización e funcionamento. (DOG do 19 de xullo de 2005).

• Lei 17/2009, de 30 de decembro, de medidas urxentes para o mantemento e o


fomento do emprego e a protección das persoas desempregadas (BOE do 31 de
decembro de 2009)

26
◦ Que é un Centro Especial de Emprego?

Os Centros Especiais de Emprego (CEE) son entidades que realizan un traballo


produtivo, participando regularmente nas operacións de mercado e que teñen por
finalidade a integración das persoas con discapacidade ao réxime de traballo
normal, asegurando un emprego remunerado á vez que prestan os servizos de
axuste persoal e social que requiran estes traballadores. A súa estrutura e
organización será similar ás das empresas ordinarias.

Consideraranse como traballadores con discapacidade, aquelas persoas que teñan


recoñecido polo órgano competente un grao de minusvalía igual ou superior ao 33
por cento.

◦ Que carácter ten os Centros Especiais de Emprego?

a) Segundo a súa titularidade, os Centros Especiais de Emprego poderán ter


carácter público ou privado.

b) Atendendo á aplicación dos seus posibles beneficios, os Centros poderán


carecer ou non de ánimo de lucro, segundo que aqueles repercutan na súa
totalidade na propia institución ou se aproveite parte deles noutra finalidade
distinta.

◦ Quen pode ser titular dun Centro Especial de Emprego?

Os centros poderán ser creados polas Administracións Públicas, ben directamente


ou en colaboración con outros organismos, por Entidades, ou por persoas físicas,
xurídicas ou comunidades de bens, que teñan capacidade xurídica e de obrar para
ser empresarios.

◦ A quen corresponde autorizar a posta en funcionamento ou recoñecemento


dun Centro Especial de Emprego?

A creación de Centros Especiais de Emprego require a calificación e inscrición no


Rexistro de Centros que a Administración Autonómicas creará dentro do seu
ámbito de competencias.

Esta calificación e inscrición será outorgada pola dirección xeral competente na


materia de relacións laborais, previa solicitude do interesado e acreditación do
cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente.

◦ Cales son os requisitos necesarios para que poida efectuarse a calificación e


inscrición?

a) Acreditar a personalidade do titular do centro.

b) Xustificar mediante o oportuno estudio económico as posibilidades de


viabilidade e subsistencia do centro, en orde ao cumprimento dos seus fins.

27
c) O seu cadro de persoal debe estar constituído por traballadores con
discapacidade, en porcentaxe non inferior ao 70 % sobre o total, con contrato
laboral formalizado por escrito conforme á normativa reguladora da relación
laboral de carácter especial.

d) Prever a integración do persoal técnico e de apoio coa titulación profesional


adecuada que a actividade do centro precise no seu cadro de persoal.

e) As persoas con discapacidade que integren o cadro de persoal deben prestar


servizos dun xeito adecuado á súa capacidade de traballo e de maneira que as
súas posibilidades de integración sexan reais e efectivas.

f ) O centro deberá contar cunha estrutura e organización empresarial propia,


independente e debidamente diferenciada doutras actividades do titular ou de
persoas vinculadas por calquera título a este.

◦ Quen estea interesado na creación dun Centro Especial de Emprego, que debe
facer?

Deberá dirixir unha solicitude á Dirección Xeral de Relacións Laborais da


Consellería competente solicitando a autorización e inscrición do centro no
Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, xuntando toda a
documentación que lle requiran.

◦ Cal é esta documentación?

a) Fotocopia compulsada da escritura de constitución ou documento fundacional


do titular debidamente inscrito no rexistro público correspondente e D.N.I. do
representante legal para as persoas xurídicas, ou D.N.I. no caso de persoas físicas.

b) Fotocopia compulsada da alta na seguridade social como empresa

c) Memoria e estudio económico sobre as posibilidades de viabilidade e


subsistencia do centro.

d) Certificación relativa aos centros de traballo para os que se solicita a


cualificación, especificando a súa situación, actividade e relación nominal do
cadro de persoal do centro, indicando se se trata de traballadores con
discapacidade. No caso de existir persoal adicado a prestación de servizos de
axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar a labor que realizan.

e) Contratos de traballo do persoal con discapacidade, segundo o modelo oficial


establecido pola normativa específica.

f) Resolución motivada dos equipos de valoración na que se determinen as


posibilidades de integración real e capacidade de traballo do persoal con
discapacidade en relación coas funcións do posto de traballo.

g) Xustificante de pago de taxas por inscrición en rexistros oficiais

28
◦ Dentro da memoria e estudo económico que puntos se deben salientar?

i. Obxectivos e actividades que desenvolve o centro

ii. Características e circunstancias organizativas e materiais, subliñando


tódolos recursos que contribúan ao sostemento do centro.

iii. Resultados económicos previstos para o exercicio corrente e os cinco


seguintes, con detalle das estimacións realizadas.

iv. Previsións de integración do persoal técnico e de apoio.

◦ Que se entende por Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro?

Poderán ser cualificados como centros sen ánimo de lucro aqueles cuxa
titularidade corresponda a algunha das entidades seguintes:

a) Cooperativas de carácter non lucrativo.

b) Sociedades de responsabilidade limitada nas que a maioría do capital social


sexa propiedade dalgunha das entidades sinaladas nas letras a) e c) ou
doutras de carácter público, directa ou indirectamente. No caso de
sociedades de responsabilidade limitada laborais, poderá admitirse unha
menor participación das devanditas entidades, sempre que acaden a
máxima permitida legalmente.

c) Asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, que


contemplen expresamente nos seus estatutos sociais a irrepartibilidade do
seu patrimonio, agás a favor de entidades do mesmo carácter.

◦ Que obrigas teñen os Centros Especiais de Emprego?

▪ Mantemento dos requisitos que foron tidos en conta para a súa autorización
e inscrición no rexistro.

▪ Presentación no prazo de catro meses a partir do peche do exercicio


económico da memoria anual

▪ Comunicación ao rexistro (no prazo dun mes) de calquera circunstancia que


altere as condicións de autorización, en especial ás que poidan ser causa
de descualificación do centro ou de cancelación do recoñecemento da
carencia de ánimo de lucro; así como a realización de enclaves laborais,
remitindo os contratos subscritos e as súas prórrogas.

Coa memoria anual achegaranse as variacións no cadro de persoal que non


diminúan a porcentaxe inicial de traballadores con discapacidade
ocupados.

29
◦ Cal é o contido mínimo que debe recoller a memoria anual?

▪ Identificación dos centros.

▪ Composición do cadro de persoal de cada centro, especificando os


traballadores con discapacidade e as altas e baixas producidas durante o
exercicio.

▪ Documentación económica: liquidación do orzamento, balance de


situación, conta de explotación e proxecto de orzamento do exercicio
seguinte.

▪ Cumprimento dos obxectivos económicos e de axuste persoal e social.

▪ Os centros sen ánimo de lucro deberán achegar as contas anuais do seu


titular e certificación da súa aprobación pola asemblea xeral ou órgano
equivalente, coas sinaturas lexitimadas notarialmente, que conteña o
acordo referido á distribución ou imputación de resultados do centro. A
devandita certificación debera facer constar, así mesmo, a transcrición
literal das modificacións estatutarias e outros acordos sociais do titular que
poidan afectar ao recoñecemento como centro sen ánimo de lucro, ou a
inexistencia deles no seu caso.

◦ Que outras autorizacións, amais das sinaladas, serán precisas da Dirección


Xeral de Relacións Laborais?

▪ Para a inscrición de novos centros creados por titulares que conten con
algún outro xa inscrito.

▪ Para a ampliación ou cambio de actividades.

▪ Para o cambio de localización do centro de traballo ou calquera outra


circunstancia que altere substancialmente as condicións de cualificación
iniciais.

◦ Que medidas de apoio reciben os Centros Especiais de Emprego?

Os titulares dos Centros Especiais de Emprego, como calquera outra empresa,


teñen acceso ao réxime de axudas e subvencións establecida polas
administracións públicas.

No ámbito estatal cabe destacar, entre outras establecidas na Orde de 16 de


outubro de 1998 referenciada na páxina 23, as seguintes axudas:

▪ Cando se trate de traballadores con discapacidade, contratados por un


Centro Especial de Emprego, mediante un contrato indefinido ou temporal,
incluídos os contratos formativos, aplicaranse as bonificacións do 100 por
100 da cota empresarial á Seguridade Social, incluídas as de accidentes

30
de traballo e enfermidade profesional e as cotas de recadación
conxunta.

▪ Terán a mesma bonificación os Centros Especiais de Emprego no suposto de


transformación en indefinidos dos contratos temporais de fomento de
emprego de persoas con discapacidade ou de transformación en indefinidos
dos contratos de duración determinada ou temporais, incluídos os
formativos subscritos con traballadores con discapacidade.(antes da
modificación establecida pola Lei 27/2009, antedita, só tiñan dereito a
esta bonificación a transformación de contratos formativos).

▪ O importe das axudas para o mantemento de postos de traballo en Centros


Especiais de Emprego destinadas a subvencionar o custe salarial
correspondente a postos de traballo ocupados por persoas con
discapacidade, será do 75 por 100 do Salario Mínimo Interprofesional.

No caso de contratos a tempo parcial, a subvención experimentará unha


redución proporcional á xornada laboral realizada.

En todo caso, esta é unha medida transitoria introducida pola Lei 27/2009,
xa sinalada, cuxo período de vixencia estenderase dende o 10 de xullo de
2009 ata o 31 de decembro de 2011. Rematado este prazo o Goberno
decidirá si o amplía ou volta a establecer a contía previa do 50 por 100 do
SMI.

▪ Axudas para a adaptación do posto de traballo e eliminación de barreiras


ou obstáculos.

No ámbito autonómico, a Dirección Xeral de Promoción de Emprego da


Consellería competente convoca axudas mediante orde anual. Como exemplo,
citar para o ano 2009 a Orde de 30 de decembro de 2008 (DOG 19/01/09).

▪ Axudas para financiar a creación ou ampliación de Centros.

Esta modalidade de axuda consisten en achegas para realización de


asistencias técnicas, subvencións financeiras e en activos fixos por posto de
traballo creado.

▪ Axudas para o mantemento de postos de traballo.

Esta modalidade pode consistir en subvencións por custo salarial ou


adaptación de postos de traballo.

31
OS ENCLAVES LABORAIS

◦ Cal é a regulación específica dos enclaves laborais?

Estes regúlanse polo Real Decreto 290/2004 de febreiro de 2005 polo que se
regulan os Enclaves Laborais.

◦ Que son os Enclaves Laborais?

Enténdese por Enclave Laboral o contrato entre unha empresa do mercado


ordinario de traballo, chamada empresa colaboradora, e un Centro Especial de
Emprego para a realización de obras ou servizos que garden relación directa coa
actividade principal de aquela e para cuxa realización un grupo de traballadores
con discapacidade do Centro Especial de Emprego se despraza temporalmente ao
centro de traballo da empresa colaboradora.

◦ Cal é a finalidade dos Enclaves Laborais?

O Enclave Laboral é un instrumento para a creación de emprego para persoas con


discapacidade e a súa posible incorporación ao mercado aberto, permitindo aos
traballadores completar e mellorar a súa experiencia profesional, ao tempo que
trata de facilitar o cumprimento da obrigación de reserva de contratación polas
empresas.

◦ Ten algo que ver cos Centros Especiais de Emprego?

Trátase dunha fórmula de relación comercial entre empresa ordinaria e os CEE, na


que un equipo profesional destes desenvolve unha actividade produtiva nas
instalacións doutra empresa, favorecendo así o paso das persoas con
discapacidade dende os CEE ao mercado ordinario de traballo de xeito estable ao
permitir as empresas coñecer mellor as aptitudes e capacidades das persoas con
discapacidade.

◦ Que actores intervén na composición dun Enclave Laboral?

Empresa contratante: calquera empresa que actúe no mercado ordinario.

Centro Especial de Emprego (CEE): o CEE non poderá ter como actividade
exclusiva a derivada de un ou máis Enclaves determinados.

Persoal contratado: como mínimo o 60% serán traballadores que presenten


especiais dificultades para o acceso ao mercado ordinario (parálise cerebral,
enfermidade mental ou discapacidade intelectual, cun grado de minusvalía
recoñecido igual ou superior ao 33%; discapacidade física ou sensorial, cun grado
de minusvalía recoñecido igual ou superior ao 65%; mulleres cun grado de
minusvalía recoñecido igual ou superior ao 33%).

32
O resto de traballadores do enclave deberán ter recoñecido un grado de
discapacidade igual ou superior ao 33%.

◦ Como se produce a transición do CEE a empresa ordinaria?

Mediante un acordo entre o CEE e a empresa contratante para prestar os seus


servizos ou realizar as súas tarefas na sede da empresa.

◦ Como se instrumenta?

Os equipos de traballo manterán unha relación xerárquica cun encargado de


produción do CEE. Tanto os traballadores como o encargado de produción
formarán parte do cadro de persoal do CEE o cal representa unha diminución de
custos para a empresa.

◦ A que tipo de acordos deben chegar empresa e CEE?

Para a realización do Enclave Laboral, o CEE e a empresa contratante subscribirán


un contrato por obra e servizo, cuxa duración será dun mínimo de 3 meses e un
máximo de 3 anos.

Poderase prorrogar por un período mínimo de 3 meses e ata un máximo de 3 anos.


Por tanto, a duración máxima do enclave, incluída a prórroga será de 6 anos.

O enclave estará formado cando menos por 5 traballadores si o cadro de persoal


da empresa é de 50 ou máis ou por 3 si dito cadro é inferior.

◦ A que nos referimos coa expresión 'tránsito ao mercado ordinario'?

Falamos da posibilidade que a empresa contratante ten para contratar a


traballadores do Enclave Laboral en calquera momento.

A empresa non poderá concertar período de proba agás que o traballador sexa
contratado para a realización de funcións distintas ás que efectuaba no Enclave.

Cando se produza a incorporación na empresa contratante, o traballador pasará a


situación de excedencia voluntaria no CEE.

◦ Que vantaxes ten o Enclave Laboral para as empresas?

▪ Económicas: amais das referidas antes aos Centros Especiais de Emprego,


cando se contrate a un traballador do Enclave, a empresa desfrutará dunha
subvención de 7.814 € por cada contrato de traballo celebrado a xornada
completa.

▪ Cumprimento da cota de reserva,

▪ Posibilidade de subcontratar actividades principais dunha empresa do


mercado ordinario

33
II.- Recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalía

II.1.- Normativa ............................................................................. 35

II.2.- Conceptos básicos ................................................................... 36

• Grado de minusvalía ….............................................................. 36

• Equipos de Valoración e Orientación ............................................. 37

II.3.- Procedemento para a obtención do grao de minusvalía ..................... 40

II.4.- Vantaxes para as persoas con grao de minusvalía recoñecida .............. 46

II.4.a.- Vantaxes Sociais ............................................................ 46

▪ Rehabilitación médica .......................................... 46

▪ Residencias e fogares comunitarios .......................... 48

▪ Acceso a actividades deportivas, culturais, de ocio e


tempo libre ...................................................... 48

▪ Zonas Rurais ..................................................... 48

II.4.b.- Vantaxes Fiscais ............................................................ 49

▪ IRPF ............................................................... 49

▪ IVE ................................................................. 57

▪ MATRICULACIÓN ................................................. 59

▪ CIRCULACIÓN .................................................... 61

▪ PROTECCIÓN PATRIMONIAL ..................................... 64

▪ SUCESIÓNS E DONACIÓNS ...................................... 67

II.4.c.- Vantaxes Laborais .......................................................... 69

▪ Recuperación profesional ...................................... 69

▪ Políticas de fomento do Emprego 2010 ...................... 70

▪ Traballadores por conta propia ............................... 73

▪ Compatibilidades e incompatibilidades ..................... 73

II.4.d.- Vantaxes Formativas ....................................................... 75

34
II.1.- Normativa

◦ Cal é a norma fundamental respecto ao recoñecemento dunha minusvalía?

O Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o


recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalía.

◦ Cal é o obxecto desta norma?

Regular o recoñecemento do grao de minusvalía, o establecemento de novos


baremos aplicables, a determinación dos órganos competentes para realizar ditos
recoñecementos e o procedemento a seguir.

◦ Cal é a súa finalidade?

Que a valoración e cualificación do grado de minusvalía que afecte á persoa sexa


uniforme en todo o territorio do Estado.

◦ Que se pretende acadar cos obxectivos e finalidade desta norma?

Garantir a igualdade de condicións para o acceso do cidadán aos beneficios,


dereitos económicos e servizos que os organismos públicos outorguen.

◦ Existe algunha outra lexislación de referencia?

Si, a Orde de 12 de xuño de 2001 sobre creación, composición e funcións da


Comisión Estatal de Coordinación e seguimento da Valoración de Grao de
Minusvalía, modificada pola Orde TAS/646/2007, de 9 de marzo. A súa finalidade é
crear un instrumento de coordinación e consulta entre as distintas Administracións
Públicas competentes na materia, para manter a uniformidade normativa no
conxunto do Estado.

◦ E no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia?

A Orde do 29 de decembro de 2000 pola que se regula o procedemento para o


recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez, cuxo
obxecto é a regulación deste procedemento no ámbito autonómico.

35
II.2.- Conceptos básicos

◦ A que nos referimos con 'certificado de grao de Minusvalía'?

Trátase do documento que acredita a condición legal de discapacidade das


persoas e está expedido polo órgano correspondente da Administración
Autonómica. Está dirixido a persoas con deficiencias permanentes non
recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para
a capacidade de realización das actividades da vida diaria.

◦ En que consiste o procedemento?

Na solicitude de valoración das situacións de discapacidade que presente unha


persoa de calquera idade, cualificando o grado segundo o alcance das mesmas.

◦ Quen son os beneficiarios?

Persoas de calquera idade (españois, nacionais de países comunitarios e


estranxeiros que se encontren en posesión da correspondente autorización
administrativa de residencia) que presenten un proceso patolóxico permanente
diagnosticado polos organismos correspondentes, e que se aplicasen as medidas
terapéuticas indicadas.

O diagnóstico da enfermidade non é un criterio de valoración en si mesmo. As


pautas de valoración fundaméntanse na capacidade para desenvolver as
actividades da vida diaria.

◦ Quen pode solicitar o recoñecemento de grao de minusvalía e onde?

Iniciarase por instancia do interesado, representante legal ou gardador de feito,


no modelo de solicitude normalizado.

◦ Que é a solicitude do recoñecemento de grao de minusvalidez?

Trátase do documento que o interesado, representante legal ou gardador de feito


deben achegar nas delegacións provinciais, áreas de Servizos Sociais da
Consellería competente ou noutros rexistros dos previstos no artigo 38, punto 4º,
da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Actualmente pode descargarse o modelo de solicitude en PDF dende a Consellería


de Traballo e Benestar.

◦ En que momento se pode facer a solicitude?

En calquera momento, agás cando xa se tivese realizado unha solicitude anterior,


en cuxo caso será preciso agardar dous anos para poder facelo de novo, a
excepción de que se producise un agravamento da situación persoal do
solicitante.

36
◦ Cales son os beneficios da súa obtención?

Os beneficios do certificado –o cal haberá que presentar para poder acceder a


eles– son moitos, entre os que destacan:

• Prestacións familiares por fillo a cargo.

• Pensións non contributivas de xubilación e invalidez.

• Programa de Termalismo Social.

• Programa de Axuda a Domicilio.

• Asistencia Sanitaria.

• Exención do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e do de Matriculación.

• Deducións na declaración da renda

• Reducións no Imposto sobre Sucesións

• Deducións no Imposto de Sociedades

• Tarxeta Especial de Aparcamento; Tarxeta Especial de Transporte; Tarxeta


Dourada de RENFE,...

• Abono social de Telefónica.

• Carnés municipais de deportes especial e outras actividades deportivas.

• Partilla de reserva non inferior ao 7% das prazas vacantes nas convocatorias


das Administracións Públicas e reserva non inferior ao 2% do cadro de persoal
nas empresas.

• Facer uso dos servizos que ofrecen os Centros Base, os Centros de Día, os
Centros Ocupacionais, os Centros de Rehabilitación de Minusválidos (CRMF), os
Centros de Atención a Minusválidos Físicos (CAMF) e os Centros de Servizos
Sociais.

• Xubilación anticipada

• E outros.

◦ A que nos referimos co acrónimo 'EVO'?

Aos Equipos de Valoración e Orientación. Eles serán unha parte importante, como
veremos máis adiante, no procedemento de concesión do 'certificado de grao de
minusvalía'.

37
◦ Que profesionais forman parte da valoración e o recoñecemento do grao de
minusvalía?

Os órganos técnicos competentes dependentes dos órganos correspondentes das


Comunidades Autónomas a quen fosen transferidas as funcións en materia de
cualificación de grao de discapacidade e minusvalía e polos equipos de valoración
e orientación, dos que formarán parte médicos, psicólogos e traballadores sociais.

◦ A quen corresponde esta tarefa en Galicia?

A Orde de 29 de decembro 2000 indica que en cada provincia existirá, polo


menos, un equipo técnico de valoración que cubrirá todo o ámbito territorial
provincial.

◦ Quen compón estes equipos?

O equipo técnico de valoración estará composto por tres vocais: médico,


psicólogo e traballador social, segundo criterios interdisciplinarios, podendo
incorporarse a eles, en determinados casos e por criterio do presidente da xunta
de valoración, outros profesionais da sección de cualificación e valoración da
minusvalidez.

◦ Que son as 'xuntas de valoración'?

É o órgano que emite os ditames técnicos facultativos e está composto polos tres
vocais do equipo técnico de valoración, o presidente, que será o xefe de Sección
de Cualificacións e Valoración de Minusvalidez, e un secretario, que pode ser un
dos propios membros do equipo de valoración ou un profesional adscrito a
delegación provincial correspondente.

◦ Que valoran os técnicos facultativos?

Contrariamente ao que moitos solicitantes cren, os técnicos facultativos non fan


unha valoración da persoa en si mesma, senón unha valoración dos ditames
médicos que acheguen coa solicitude ou, posteriormente, de motu propio ou a
solicitude do equipo de valoración. Os técnicos facultativos limitaranse a
comprobación, mediante unha ou máis entrevistas ao solicitante, da veracidade
da documentación aportada.

◦ Que funcións ten os equipos técnicos de valoración?

a) Dar información e orientación inicial ás persoas con discapacidade e familiares


que o soliciten.

b) A realización dos ditames técnico-facultativos para a cualificación do grao de


minusvalidez, revisión deste por agravamento ou melloría e para a determinación
do prazo a partir do cal se poderá revisa-lo grao de minusvalidez.

c) Determina-lo grao de minusvalidez e valoración das diferentes situacións


esixidas para ter dereito ás prestacións sociais e económicas previstas.

38
d) Determina-lo grao de minusvalidez, así como a necesidade de concurso doutra
persoa.

e) Determinalas dificultades para utilizar transportes públicos colectivos así como


ditaminar sobre a mobilidade reducida permanente.

f) Emitilos ditames técnico-facultativos previstos na Lei 40/1998, do IRPF.

g) Prestar asistencia técnica e asesoramento á Consellería competente nos


procedementos contenciosos nos que sexan parte.

h) Elaboralos informes técnicos que lles sexan requiridos pola delegación


provincial ou polo resto dos programas e servizos.

i) Aquelas funcións referentes ao diagnóstico, valoración e orientación, de


situacións de minusvalidez atribuídas.

k) Cantas outras lle sexan asignadas pola Dirección Xeral de Servizos Sociais.

39
II.3.- Procedemento de obtención do grao de minusvalía

◦ Onde dirixirse para solicitar o Certificado de grao de minusvalía?

A solicitude, así como calquera outra documentación que puidera ser esixida,
poderá presentarse persoalmente ou por correo en calquera das oficinas de
rexistro establecidas a tal efecto pola Consellería competente. Tamén se pode
presentar:

▪ nos rexistros da Administración á que se dirixa: delegacións provinciais,


seccións de cualificación e valoración de discapacidade.

▪ nas oficinas de correos

▪ nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no


estranxeiro

▪ xulgados de garda e centros penais

▪ por calquera das canles previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de


novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro.

◦ Que documentos deben xuntarse a solicitude de xeito imprescindible?

Fotocopia compulsada do DNI do interesado (no seu defecto, libro de familia ou


partida de nacemento). No caso de estranxeiros: fotocopia compulsada da tarxeta
de residente.

Fotocopia compulsada dos informes médicos ou psicolóxicos que avalen as


deficiencias alegadas no caso de revisión por agravamento ou melloría: fotocopia
compulsada dos informes que acrediten o agravamento ou melloría.

No seu caso, fotocopia compulsada do DNI do representante legal e do documento


acreditativo da representación legal ou garda de feito.

◦ Que outros documentos poden complementar a solicitude?

a) Necesarios para a valoración social (excepto que xa obren en poder do EVO)

◦ Factor económico:

• Certificado de convivencia da unidade familiares

• Xustificante de ingresos do interesado e conviventes (fotocopia do IRPF,


nóminas, etc.,...)

40
• Xustificacións de gastos si é o caso:

◦ Gastos de vivenda (aluguer, amortización 1ª vivenda ,


desafiuzamento, eliminación de barreiras arquitectónicas,...)

◦ Gastos extraordinarios de carácter prolongado (educativos,


sanitarios e outros)

◦ Factor laboral:

• Para os solicitantes desempregados (tarxeta de demanda de emprego)

b) Anexo cumprimentado polo médico de atención primaria no que refira o


diagnóstico do interesado, o tratamento realizado, data do diagnóstico e inicio do
tratamento e os ingresos hospitalarios.

◦ Cantos puntos se poden dar como máximo por factores sociais?

O máximo ascende a 15 puntos, pero para que contabilicen, a porcentaxe mínima


de valoración da discapacidade ten que chegar a un mínimo de 25 puntos en
valoración médica, é dicir, estes non poderán ser inferiores ao 25%.

◦ Que é un Centro Base de atención a persoas con discapacidade?

Os Centros Base constitúen unidades de referencia de ámbito provincial para as


persoas con discapacidade, familiares, asociacións, profesionais, etc.

Están dotados de persoal especializado na valoración de minusvalía, compostos


por: médicos, psicólogos, pedagogos, técnicos en orientación profesional,
traballadores sociais, estimuladores, logopedas, psicomotricistas e
fisioterapeutas.

Dende o Centro Base préstanse servizos de información e asesoramento a persoas


con discapacidade, familiares e profesionais sobre recursos sociais aos que poden
acceder, orientación sobre apoios persoais, educativos, laborais, de accesibilidade
e axudas técnicas, valoración do grado de minusvalía, etc.

◦ Como se valora a discapacidade?

A valoración da discapacidade exprésase en porcentaxe e realízase mediante a


aplicación de baremos contemplados no Real Decreto 1971/1999, de 23 de
decembro, concretamente no anexo I, apartado A.

Tamén se valoran os factores sociais complementarios por aplicación de baremos


contemplados no anexo I apartado B (relativos ao entorno familiar, situación
laboral e profesional, niveis educativos e culturais, así como outras situacións do
entorno habitual da persoa con discapacidade).

41
◦ Onde se atopan os centros base de Galicia?

Centros Base de Galicia

Enderezo Teléfono Fax

Edificio administrativo de Monelos. 981 18 25 01


A Coruña Praza Luís Seoane, s/n. 15008 981 18 25 02 981 18 25 25
A Coruña. 981 18 25 03

Praza de Europa, 2º andar, 10


Santiago 881 99 92 36 881 999 222
A Área Central. 15703 – A Coruña

Edificio Administrativo. Praza Camilo José Cela, 981 33 72 32


O Ferrol s/n - 3º, CP 15403 - O Ferrol 981 33 72 34 981 33 72 38
A Coruña 981 33 72 35

Rúa Serra de Ancares, 68 Baixo, CP 27071 982 88 91 45


Lugo 982 889 163
Lugo 982 88 91 33

988 38 61 58
Avenida Sáenz Díez, 33 Baixo, CP 32071
Ourense 988 38 61 60 988 38 61 59
Ourense
988 38 61 61

Conde Torrecedeira, 99, CP 36202 – Vigo - 986 29 48 36


Vigo 986 299 000
Pontevedra 986 29 42 29

986 84 47 40
Pontevedra Cruz Vermella, 9 Baixo, CP 36071 - Pontevedra 986 863 025
986 84 48 40

◦ Que grao de minusvalía é necesario para obter o certificado?

Para que a minusvalía estea certificada debe ter recoñecido, como mínimo, un
grao do 33%, suposto a partir do cal as persoas con discapacidade poden acceder a
unha serie de beneficios: sociais, fiscais, laborais, formativos, etc.

◦ Como se procede para realizar unha reclamación previa?

Contra as resolucións definitivas do recoñecemento do grado de minusvalía


poderase interpor reclamación previa á vía xurisdicional social de conformidade
co establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de Procedemento Laboral,
aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/1995, de 7 de abril.

42
◦ Débese revisar o grao de minusvalía?

Segundo aparece reflectido no Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, o


grao de minusvalía será obxecto de revisión sempre que se prevexa unha melloría
razoable das circunstancias que deron lugar ao seu recoñecemento, debendo
fixarse o prazo en que debe efectuarse dita revisión.

En tódolos demais casos, non se poderá instar a revisión do grao por agravamento
ou melloría sempre que, cando menos, transcorrese un prazo mínimo de 2 anos
dende a data en que se ditou resolución, excepto nos casos en que se acredite
suficientemente un erro de diagnóstico ou se producisen cambios substanciais nas
circunstancias que deron lugar ao recoñecemento do grado, no que non será
preciso esgotar o prazo mínimo.

◦ A partir de que momento se fai efectivo o recoñecemento do grao de


minusvalía?

O recoñecemento entenderase producido dende a data da solicitude.

◦ Cantos grados de discapacidade se diferencian?

Diferéncianse cinco grados: nula, leve, moderada, grave e moi grave.

Grao 1: discapacidade nula. Os síntomas, signos ou secuelas, de existir, son


mínimos e non xustifican unha diminución da capacidade da persoa para realizar
as actividades da vida diaria (en adiante, AVD).

Grao 2: discapacidade leve. Os síntomas, signos ou secuelas existen e xustifican


algunha dificultade para levar a cabo as AVD, pero son compatibles coa práctica
totalidade das mesmas.

Grao 3: discapacidade moderada. Os síntomas, signos ou secuelas causan unha


diminución importante ou imposibilidade da capacidade da persoa para realizar
algunhas das AVD, sendo independente nas actividades de autocoidado.

Grao 4: discapacidade grave. Os síntomas, signos ou secuelas causan unha


diminución importante ou imposibilidade da capacidade da persoa para realizar a
maioría das actividades da vida diaria, podendo estar afectada algunha das AVD.

Grao 5: discapacidade moi grave. Os síntomas, signos ou secuelas imposibilitan a


realización das AVD.

◦ A que nos referimos coa expresión 'actividades da vida diaria'?

Enténdese por actividades da vida diaria aquelas que son comúns a tódolos
cidadáns. Entre as múltiples descricións de AVD existentes, o RD 1971/1999
adopta a proposta pola Asociación Médica Americana en 1994:

1. Actividades de autocoidado (vestirse, comer, evitar riscos, aseo e hixiene


persoal,...)

43
2. Outras actividades da vida diaria:

2. 1 Comunicación

2. 2 Actividade física:

2. 2. 1 Intrínseca (levantarse, vestirse, reclinarse. . . )

2. 2. 2 Funcional (levar, elevar, empuxar. . . )

2. 3 Función sensorial (oír, ver. . . )

2. 4 Funciones manuais (agarrar, suxeitar, apertar. . . )

2. 5 Transporte (refírese á capacidade para utilizar os medios de


transporte)

2. 6 Función sexual

2. 7 Sono

2. 8 Actividades sociais e de ocio.

◦ Como afecta a necesidade dunha terceira persoa para a realización das


'actividades da vida diaria' na valoración da discapacidade?

O Anexo II do Real Decreto 1971/1999 contén o baremo para determinar a


necesidade de asistencia de terceira persoa e dito baremo só se aplica polos
equipos de valoración a partir de que a persoa afectada de discapacidade cumpre
os dezaoito anos, idade a partir da cal se conceden prestacións por esta
circunstancia.

Considerarase a necesidade de asistencia de terceira persoa, sempre que se


obteña no antedito baremo un mínimo de 15 puntos.

◦ Cales son os patróns de referencia para determinar a porcentaxe de


discapacidade?

Serán tanto os grados de discapacidade como as actividades da vida diaria, de


acordo cos criterios e clases que se especifican en cada un dos capítulos do RD
1971/1999 que, como regra xeral, establécense estas cinco clases:

CLASE I: deficiencias permanentes que diagnosticadas, tratadas adecuadamente,


demostradas mediante parámetros obxectivos (datos analíticos, radiográficos,
etc., que se especifican dentro de cada aparato ou sistema), pero que non
producen discapacidade. A cualificación desta clase é do 0 por 100.

CLASE II: deficiencias permanentes que, cumprindo os parámetros obxectivos que


se especifican en cada aparato ou sistema, orixinan unha discapacidade leve.
Correspóndelle unha porcentaxe comprendida entre o 1 por 100 e o 24 por 100.

44
CLASE III: deficiencias permanentes que, cumprindo os parámetros obxectivos que
se especifican en cada un dos sistemas ou aparatos, orixinan una discapacidade
moderada. A porcentaxe que lle corresponde está comprendida entre o 25 por 100
e o 49 por 100.

CLASE IV: deficiencias permanentes que, cumprindo os parámetros obxectivos que


se especifican en cada un dos aparatos ou sistemas, producen unha discapacidade
grave. A porcentaxe que corresponde a esta clase está comprendida entre o 50 e
70 por 100.

CLASE V: deficiencias permanentes severas que, cumprindo os parámetros


obxectivos que se especifican en cada aparato ou sistema, orixinan unha
discapacidade moi grave.

Esta clase, por si mesma, supón a dependencia de outras persoas para realizar as
actividades máis esenciais da vida diaria.

A esta categoría asígnaselle unha porcentaxe do 75 por 100.

45
II.4.- Vantaxes para as persoas con grao de minusvalía
recoñecida

II.4.a.- Sociais

• Rehabilitación médica

◦ Que é a rehabilitación médica, en que consiste e que campos abrangue?

A rehabilitación médica é un dereito recoñecido na L13/1982 (LISMI) que se


desenvolve no título VI da mesma, onde se define como o proceso dirixido a que
as persoas con minusvalía adquiran o seu máximo nivel de desenvolvemento
persoal e a súa integración na vida social, fundamentalmente a través da
obtención dun emprego adecuado.

Os procesos de rehabilitación poderán comprender:

a) Rehabilitación médico-funcional.

b) Tratamento e orientación psicolóxica.

c) Educación xeral e especial.

d) Recuperación profesional.

◦ Cales son os obxectivos da rehabilitación médico funcional?

Está dirixida a dotar das condicións precisas para a recuperación de aquelas


persoas que presenten una diminución da súa capacidade física, sensorial ou
psíquica. A rehabilitación deberá comezar de forma inmediata á detección e ao
diagnóstico de calquera tipo de anomalía ou deficiencia, debendo continuarse ata
conseguir o máximo de funcionalidade, así como o mantemento desta.

◦ Que persoas poden acceder a estes servizos?

Toda persoa que presente algunha diminución funcional. cualificada segundo o


disposto na L13/1982 (LISMI), terá dereito a beneficiarse dos procesos de
rehabilitación médica necesarios para corrixir ou modificar o seu estado físico,
psíquico ou sensorial cando este constitúa un obstáculo para a súa integración
educativa laboral e social.

46
◦ En que fases do proceso de rehabilitación será preciso o tratamento e a
orientación psicolóxica?

Estará presente durante as distintas fases do proceso rehabilitador, e irán


encamiñadas a lograr que a persoa con minusvalía supere a súa situación e o máis
pleno desenrolo da súa personalidade.

Terá en conta as características particulares da persoa con minusvalía, as súas


motivacións e intereses, así como os factores familiares e sociais que poidan
condicionarlle.

Será simultáneo aos tratamentos funcionais e, en todo caso, facilitaranse dende


a comprobación da minusvalía, ou dende a data en que se inicie un proceso
patolóxico que poida desembocar en minusvalía.

◦ A que se refire a LISMI ao integrar a educación entre os procesos de


rehabilitación?

As persoas con minusvalía, coma calquera outra, integraranse no sistema


ordinario da educación xeral, recibindo, cando sexa preciso, os programas de
apoio e recursos que a presente L13/1982 (LISMI) recoñece.

◦ En que supostos será preciso o recurso á Educación Especial?

A Educación Especial será impartida transitoria ou definitivamente, a aqueles


persoas con minusvalía aos que lles resulte imposible a integración no sistema
educativo ordinario.

Trátase dun proceso integral, flexible e dinámico, que se concibe para a súa
aplicación personalizada e comprende os diferentes niveis e grados do sistema de
ensinanza, particularmente os considerados obrigatorios e gratuítos.

Soamente cando a profundidade da minusvalía o faga imprescindible, a educación


para persoas con minusvalía levarase a cabo en Centros específicos.

◦ Quen e como se determina a súa necesidade?

A necesidade da educación especial virá determinada, para cada persoa, pola


valoración global dos resultados dun estudio diagnóstico previo de contido
pluridimensional.

◦ Onde e como se imparte?

A educación especial impartirase nas institucións ordinarias, públicas ou privadas,


do sistema educativo xeral, de forma continuada, transitoria ou mediante
programas de apoio, segundo as condiciones das deficiencias que afecten a cada
alumno e iniciarase tan precozmente como o requira cada caso.

47
◦ Cales son os obxectivos da Educación Especial?
a) A superación das deficiencias e das consecuencias ou secuelas derivadas
daquelas.
b) A adquisición de coñecementos e hábitos que o doten da maior autonomía
posible.
c) A promoción de tódalas capacidades da persoa con minusvalía para o
desenvolvemento harmónico da súa personalidade.
d) A incorporación á vida social é a un sistema de traballo que permita ás persoas
con minusvalía servirse e realizarse a si mesmos.

• Residencias e fogares comunitarios

◦ Cal é o obxecto das residencias e fogares comunitarios?


Este é un dereito que a L13/1982, LISMI, recoñece ás persoas con discapacidade
cuxa finalidade é atender as necesidades básicas daquelas persoas con
discapacidade carentes de fogar e familia o con graves problemas de integración
familiar
◦ Quen pode promover estas residencias e fogares comunitarios?
Poderán ser promovidos polas Administracións Públicas, polos propias persoas con
discapacidade e polas súas familias. Na promoción de residencia e fogares
comunitarios, realizados polas propias persoas con discapacidade e polas súas
familias, estes gozarán da protección prioritaria por parte das Administracións
Públicas.

• Acceso a actividades deportivas, culturais, de ocio e tempo libre


Este tema tratarase máis adiante no módulo V, adicado a accesibilidade.

• Zonas Rurais
A L13/1982, LISMI, establece no seu artigo 9.3, adicado a prevención da
discapacidade que se prestará especial atención nas zonas rurais. Ensimesmo, no
artigo 36,2, fai referencia a necesidade de garantir ás persoas con discapacidade
residentes en zonas rurais o acceso de recuperación profesional. Por último, o
artigo 50, tamén esixe o deber de contemplar, de xeito especial, a problemática
que supón para as persoas con discapacidade no medio rural a localización dos
servizos sociais.

48
11.4.b.- Fiscais

IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS (IRPF)

◦ En que consiste?

Segundo dispón o artigo 1 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a


Renda das Persoas Físicas (en adiante, IRPF), é un imposto estatal que se esixe ás
persoas físicas, considerando os principios de igualdade, xeneralidade e
progresividade, polas rendas obtidas de diversas fontes (salarios, intereses
bancarios....). Á hora de fixar a contía que a cada persoa lle corresponde pagar
tense en conta as súas circunstancias persoais e familiares.

◦ Que tipo de axuda se outorga ás persoas con discapacidade en relación co


pago deste imposto?

En primeiro lugar, convén destacar que hai determinadas rendas que no artigo 7
da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do IRPF, se consideran exentas a efectos do
imposto, é dicir, non se tributaría pola súa obtención.

◦ Cales son estas rendas?

• As prestacións recoñecidas ao contribuínte pola Seguridade Social ou polas


entidades que a substitúan como consecuencia de incapacidade permanente
absoluta ou gran invalidez.

Ensimesmo, as prestacións recoñecidas aos profesionais non integrados no


réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou
autónomos polas mutualidades de previsión social que actúen como alternativas
ao réxime especial da Seguridade Social mencionado, sempre que se trate de
prestacións en situacións idénticas ás previstas para a incapacidade permanente
absoluta ou gran invalidez da Seguridade Social. A contía exenta terá como límite
o importe da prestación máxima que recoñeza a Seguridade Social polo concepto
que corresponda. O exceso tributará como rendemento do traballo, entendéndose
producido, en caso de concorrencia de prestacións da Seguridade Social e das
mutualidades antes citadas, nas prestacións destas últimas.

• As prestacións económicas percibidas de institucións públicas con motivo do


acollemento de persoas con discapacidade, maiores de 65 anos ou menores, así
como as axudas económicas outorgadas por institucións públicas a persoas con
discapacidade cun grado de minusvalía igual ou superior ao 65 por cento ou
maiores de 65 anos para financiar a súa estancia en residencias ou centros de día,
sempre que o resto das súas rendas non excedan do dobre do Indicador Público de
Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

49
• As prestacións por desemprego recoñecidas pola respectiva entidade xestora
cando se perciban na modalidade de pago único establecida no Real Decreto
1044/1985, de 19 de xuño, polo que se regula o abono da prestación por
desemprego na súa modalidade de pago único, co límite de 12.020 euros, sempre
que as cantidades percibidas se destinen ás finalidades e nos casos previstos na
citada norma.

O límite establecido no parágrafo anterior non se aplicará no caso de prestacións


por desemprego percibidas por traballadores con discapacidade que se convertan
en traballadores autónomos, nos términos do artigo 31 da Lei 50/1998, de 30 de
decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orden social .

• Os rendementos do traballo derivados das prestacións obtidas en forma de renda


polas persoas con discapacidade correspondentes ás reportacións ás que se refire
o artigo 53 da Lei -sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con
discapacidade-, así como os rendementos do traballo derivados das reportacións a
patrimonios protexidos a que se refire a disposición adicional decimoctava desta
lei, ata un importe máximo anual conxunto de tres veces o Indicador Público de
Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

◦ Amais das exencións as rendas que outros beneficios se recoñecen a


discapacidade?

• Tamén se considera a discapacidade do contribuínte para practicar unha


diminución dos rendementos de traballo que son obxecto de tributación. Neste
sentido, no apartado 3 do artigo 20 da Lei do Imposto, recentemente modificado
pola Lei 51/2007, de 26 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano
2008, establécese, que con carácter adicional aos supostos xerais previstos neste
sentido, as persoas con discapacidade que obteñan rendementos do traballo como
traballadores activos poderán minorar o rendemento neto do traballo en 3.264
euros anuais.

Dita redución será de 7.242 euros anuais, para as persoas con discapacidade que
sendo traballadores activos acrediten necesitar axuda de terceiras persoas ou
mobilidade reducida, ou un grado de minusvalía igual ou superior ao 65 por cento.

• As persoas con discapacidade que obteñan rendementos netos derivados do


exercicio efectivo de actividades económicas, poderán minorar o rendemento
das mesmas en 3.264 euros anuais. Dita redución será de 7.242 euros anuais para
persoas con discapacidade que exerzan de forma efectiva unha actividade
económica e acrediten necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade
reducida ou un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%.

• A cantidade a pagar en concepto de IRPF redúcese en función de diferentes


circunstancias persoais e familiares do contribuínte, entre elas a discapacidade.

• O mínimo por contribuínte será de 2.316 euros anuais cando sea unha
persoa con discapacidade e 7.038 euros anuais cando sexa unha persoa con
discapacidade e acredite un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 por
cento.

50
▪ Aumentarase, en concepto de gastos de asistencia, en 2.316 euros
anuais cando acredite necesitar axuda de terceiras persoas o
mobilidade reducida, ou un grado de minusvalía igual ou superior ao
65 por cento.

▪ O mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes será


de 2.316 euros anuais por cada un dos descendentes ou ascendentes
–que convivan co contribuínte- que xeren dereito á aplicación do
mínimo a que se refiren os artigos 58 e 59 desta Lei, que sexan
persoas con discapacidade, calquera que sexa a súa idade. O mínimo
será de 7.038 euros anuais, por cada un deles que acrediten un grado
de minusvalía igual ou superior ao 65 por cento.

▪ Dito mínimo aumentarase, en concepto de gastos de asistencia, en


2.316 euros anuais por cada ascendente ou descendente que acredite
necesitar axuda de terceiras persoas o mobilidade reducida, ou un
grado de minusvalía igual ou superior ao 65 por cento.

• A ese mínimo por discapacidade súmanse os mínimos por ascendentes e


descendentes que convivan co contribuínte, considerándose que existe tal
convivencia no caso de descendentes ou ascendentes que, dependendo do
mesmo, estean internados en centros especializados.

▪ No que respecta aos descendentes, o artigo 58 da Lei 26/2009, de


23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010,
dispón que:

◦ Os contribuíntes poderán reducir en concepto de mínimo por


descendentes, por cada un deles menor de vintecinco anos ou
con discapacidade calquera que sexa a súa idade, sempre que
conviva co contribuínte e non teña rendas anuais, excluídas as
exentas, superiores a 8.000 euros, a cantidade de:

• 1.836 euros anuais polo primeiro.

• 2.040 euros anuais polo segundo.

• 3.672 euros anuais polo terceiro.

• 4.182 euros anuais polo cuarto e seguintes.

▪ Cando o descendente sexa menor de tres anos, o mínimo a que se


refire o apartado 1 anterior aumentarase en 2.244 euros anuais.

▪ No caso de falecemento dun descendente que xere o dereito ao


mínimo por descendentes, a contía será de 1.836 euros anuais por
descendente.

51
▪ No que aos ascendentes se refire, o artigo 59 da Lei IRPF establece
que:

O mínimo por ascendentes será de 918 euros anuais, por cada un


deles maior de 65 anos ou con discapacidade calquera que sexa a súa
idade que conviva co contribuínte e non teña rendas anuais,
excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros.

Entre outros casos, considerarase que conviven co contribuínte os


ascendentes con discapacidade que, dependendo do mesmo, sexan
internados en centros especializados.

Cando o ascendente sexa maior de 75 anos, o mínimo a que se refire


o apartado 1 anterior aumentarase en 1.122 euros anuais

• O artigo 15.3 da Lei do IRPF establece que sobre a base impoñible do imposto se
practicarán diversas reducións, entre elas, as previstas por atención a situacións
de dependencia e avellentamento e pensións compensatorias.

Así, o Capítulo II do Título da Lei adícase a regular as reducións a aplicar por


razón de dependencia ou avellentamento. Concretamente:

◦ No artigo 53 contémplanse as reducións por reportacións e contribucións a


sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con
discapacidade, dispoñéndose o seguinte en relación coas mesmas:

▪ As reportacións realizadas a plans de pensións a favor de persoas con


discapacidade cun grado de minusvalía física ou sensorial igual ou superior
ao 65 por cento, psíquica igual ou superior ao 33 por 100, así como de
persoas que teñan una incapacidade declarada xudicialmente con
independencia do seu grado, de acordo co previsto na disposición décima
desta Lei, poderán ser obxecto de redución na base impoñible cos
seguintes límites máximos:

• As reportacións anuais realizadas a plans de pensións a favor de persoas


con discapacidade coas que exista relación de parentesco ou titoría, co
límite de 10.000 euros anuais.

Isto sen prexuízo das reportacións que poidan realizar aos seus propios
plans de pensións, de acordo cos límites marcados no artigo 52 desta
Lei.

• As reportacións anuais realizadas polas persoas con discapacidade


partícipes, co límite de 24.250 euros anuais.

O conxunto das reducións practicadas por tódalas persoas que realicen


reportacións a favor dunha mesma persoa con discapacidade, incluídas
as da propia persoa con discapacidade, non poderá exceder de 24.250
euros anuais.

52
Cando concorran varias reportacións a favor da persoa con
discapacidade, serán obxecto de redución, en primeiro lugar, as
reportacións realizadas pola propia persoa con discapacidade, e só si as
mesmas non alcanzaran o límite de 24.250 euros sinalados, poderán ser
obxecto de redución as reportacións realizadas por outras persoas a seu
favor na base impoñible destas, de forma proporcional, sen que, en
ningún caso, o conxunto das reducións practicadas por tódalas persoas
que realizan reportacións a favor dunha mesma persoa con
discapacidade poida exceder de 24.250 euros.

• As reportacións que non puidesen ser obxecto de redución na base


impoñible por insuficiencia da mesma poderán reducirse nos cinco
exercicios seguintes. Esta regra non resultará de aplicación ás
reportacións e contribucións que excedan dos límites previstos neste
apartado 1.

▪ O réxime regulado neste artigo tamén será de aplicación ás reportacións a


mutualidades de previsión social, ás primas satisfeitas aos plans de
previsión asegurados, aos plans de previsión social empresarial e aos
seguros de dependencia que cumpran os requisitos previstos no artigo 51 e
na disposición adicional décima desta Lei. En tal caso, os límites
establecidos no apartado 1 anterior serán conxuntos para tódolos sistemas
de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade.

▪ As reportacións estes sistemas de previsión social constituídos a favor de


persoas con discapacidade, realizadas polas persoas ás que se refire o
apartado 1 da disposición adicional décima desta Lei, non estarán suxeitas
ao Imposto sobre Sucesións e Doazóns.

▪ Aos efectos da percepción das prestacións e da disposición anticipada de


dereitos consolidados ou económicos en supostos distintos dos previstos
na disposición adicional décima desta Lei, aplicarase o disposto nos
apartados 8 e 9 do artigo 21 desta Lei.

◦ No artigo 54 establécense as reducións por reportacións aos patrimonios


protexidos das persoas con discapacidade regulados na Lei 41/2003, de 18 de
novembro.

En relación con tales reportacións, cuxo tratamento fiscal para a propia


persoa con discapacidade contémplase na Disposición adicional decimoctava
da Lei, establece que:

▪ As reportacións ao patrimonio protexido da persoa con discapacidade


efectuadas polas persoas que teñan co mesmo unha relación de parentesco
na liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive, así como polo
cónxuxe da persoa con discapacidade ou por aqueles que o tiveran a seu
cargo en réxime de tutela ou acollemento, darán dereito a reducir a base
impoñible do reportante, co límite máximo de 10.000 euros anuais.

53
O conxunto das reducións practicadas por tódalas persoas que efectúen
reportacións a favor dun mesmo patrimonio protexido non poderá exceder
de 24.250 euros anuais.

Cando concorran varias reportacións a favor dun mesmo patrimonio


protexido, as reducións correspondentes a ditas aportacions serán
minoradas de forma proporcional sen que, en ningún caso, o conxunto das
reducións practicadas por tódalas persoas físicas que realicen reportacións
a favor dun mesmo patrimonio protexido poida exceder de 24.250 euros
anuais.

▪ As reportacións que excedan dos límites previstos no apartado anterior


darán dereito a reducir a base impoñible dos catro períodos impositivos
seguintes, ata esgotar, no seu caso, en cada un deles os importes máximos
de redución.

O disposto no parágrafo anterior tamén resultará aplicable nos supostos en


que non proceda a redución por insuficiencia de base impoñible.

Cando concorran nun mesmo período impositivo reducións da base


impoñible por reportacións efectuadas no exercicio con reducións de
exercicios anteriores pendentes de aplicar, practicaranse en primeiro lugar
as reducións procedentes dos exercicios anteriores, ata esgotar os importes
máximos de redución.

▪ Tratándose de reportacións non diñeiradas tomarase como importe da


reportación o que resulte do previsto no artigo 18 da Lei 49/2002, de 23 de
decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos
incentivos fiscais ao mecenado.

▪ Non xerarán o dereito a redución as reportacións de elementos afectos á


actividade que efectúen os contribuíntes deste Imposto que realicen
actividades económicas.

En ningún caso darán dereito a redución as reportacións efectuadas pola


propia persoa con discapacidade titular do patrimonio protexido.

▪ A disposición de calquera ben ou dereito aportado ao patrimonio


protexido da persoa con discapacidade efectuada no período impositivo en
que se realiza a reportación ou nos catro seguintes terá as seguintes
consecuencias fiscais:

• Si o reportante foi un contribuínte por este Imposto, deberá repor as


reducións na base impoñible indebidamente practicadas mediante a
presentación da oportuna autoliquidación complementaria con inclusión
dos intereses de demora que procedan, no prazo que medie entre a
data en que se produza a disposición e a finalización do prazo
regulamentario de declaración correspondente ao período impositivo en
que se realice dita disposición.

54
• O titular do patrimonio protexido que recibiu a reportación deberá
integrar na base impoñible a parte da reportación recibida que deixase
de integrar no período impositivo en que recibiu a reportación como
consecuencia da aplicación do disposto anteriormente no artigo 7 desta
Lei, mediante a presentación da oportuna autoliquidación
complementaria con inclusión dos intereses de demora que procedan,
no prazo que medie entre a data en que se produza a disposición e a
finalización do prazo regulamentario de declaración correspondente ao
período impositivo en que se realice dita disposición.

Nos casos en que a reportación se realizara ao patrimonio protexido dos


parentes, cónxuxes ou persoas a cargo dos traballadores en réxime de
tutela ou acollemento, a que se refire o apartado 1 deste artigo, por un
suxeito pasivo do Imposto sobre Sociedades, a obriga descrita no
parágrafo anterior deberá ser cumprida por dito traballador.

• Aos efectos do disposto no apartado 5 do artigo 43 do texto refundido


da Lei do Imposto sobre Sociedades, o traballador titular do
patrimonio protexido deberá comunicar ao empregador que efectuou as
reportacións, as disposicións que se realizasen no período impositivo.

Nos casos en que a disposición se efectuase no patrimonio protexido dos


parentes, cónxuxes ou persoas a cargo dos traballadores en réxime de
tutela ou acollemento, a comunicación a que se refire o parágrafo
anterior tamén deberá efectuala dito traballador.

A falta de comunicación ou a realización de comunicacións falsas,


incorrectas ou inexactas constituirá infracción tributaria leve. Esta
infracción sancionarase con multa pecuniaria fixa de 400 euros.

A sanción imposta de acordo co previsto neste apartado reducirase


conforme ao disposto no apartado 3 do artigo 188 da Lei 58/2003, de 17
de decembro, Xeral Tributaria.

Aos efectos previstos neste apartado, tratándose de bens ou dereitos


homoxéneos entenderase que foron dispostos os aportados en primeiro
lugar.

Non se aplicará o disposto neste apartado en caso de falecemento do


titular do patrimonio protexido, do reportante ou dos traballadores aos
que se refire o apartado 2 do artigo 43 do texto refundido da Lei do
Imposto sobre Sociedades.

◦ Cales son as deducións por inversión en vivenda no IRPF?

As deducións por inversión en vivenda habitual regúlanse no artigo 68 da Lei do


IRPF, contemplando a execución de obras e instalacións de adecuación na
mesma, incluídos os elementos comúns do edificio e os que sirvan de paso
necesario entre a finca e a vía pública, coas seguintes especialidades:

55
▪ As obras e instalacións de adecuación deberán ser certificadas pola
Administración competente como necesarias para a accesibilidade e
comunicación sensorial que facilite o desenvolvemento digno e adecuado
das persoas con discapacidade, nos términos que se establezan
regulamentariamente.

▪ Darán dereito a dedución as obras e instalacións de adecuación que deban


efectuarse na vivenda habitual do contribuínte, por razón da discapacidade
do propio contribuínte ou do seu cónxuxe ou un parente, en liña directa ou
colateral, consanguínea ou por afinidade, ata o terceiro grado inclusive,
que conviva con el.

▪ A vivenda debe estar ocupada por calquera das persoas a que se refire o
parágrafo anterior a título de propietario, arrendatario, subarrendatario ou
usufrutuario.

▪ A base máxima desta dedución, independentemente da fixada no parágrafo


a) do apartado 1 anterior, será de 12.020 euros anuais.

▪ A porcentaxe de dedución será o 13,4 por cento.

▪ Entenderase como circunstancia que necesariamente esixe o cambio de


vivenda cando a anterior resulte inadecuada en razón á discapacidade.

▪ Tratándose de obras de modificación dos elementos comúns do edificio que


sirvan de paso necesario entre a finca urbana e a vía pública, así como as
necesarias para a aplicación de dispositivos electrónicos que sirvan para
superar barreiras de comunicación sensorial ou de promoción da súa
seguridade, poderán aplicar esta dedución ademais do contribuínte a que
se refire anteriormente, os contribuíntes que sexan copropietarios do
inmoble no que se encontre a vivenda.

◦ Que requisitos se esixen ás persoas con discapacidade para ser beneficiarias


das reducións no IRPF?

No apartado terceiro do artigo 60 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do IRPF


establécese que, aos efectos deste Imposto, terán a consideración de persoas con
discapacidade os contribuíntes que acrediten, nas condicións que
regulamentariamente se establezan, un grao de minusvalía igual ou superior ao
33 por cento.

En particular, considerarase acreditado un grao de minusvalía igual ou superior ao


33 por cento no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida
unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez e no
caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida una pensión de
xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalía igual ou superior ao
65 por cento, cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada
xudicialmente, aínda que non acade dito grao.

56
IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO (IVE)

◦ En que consiste?

Segundo dispón o artigo 1 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o


Valor Engadido (IVE) é un imposto estatal que recae sobre o consumo e grava,
entre outros bens, os que se adquiren mediante a compra (por exemplo, un
vehículo). Os tipos impositivos xeral e reducido do IVE, pasan do 16 e 7 por cento
ao 18 e 8 por cento, respectivamente, pola Lei 26/2009, de 23 de decembro, de
Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010.

◦ Que tipo de axuda se outorga ás persoas con discapacidade en relación co


pago deste imposto?

Con carácter xeral, o artigo 91.Un.1.6 da Lei do IVE dispón a aplicación do tipo
reducido do 8% aos aparatos e complementos, incluídas as gafas graduadas e as
lentillas que, polas súas características obxectivas, sexan susceptibles de
destinarse esencial ou principalmente a suplir as deficiencias físicas das persoas
ou dos animais, incluídas as limitativas da súa mobilidade e comunicación. Tamén
se aplica ese tipo reducido aos produtos sanitarios, material, equipos ou
instrumental que, obxectivamente considerados, soamente poidan utilizarse para
previr, diagnosticar, tratar, aliviar ou curar enfermidades ou doenzas do home ou
dos animais.

Pola súa parte, trala modificación da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do IVE pola
Lei 6/2006, de 24 de Abril, para a clarificación do concepto de vehículo destinado
ao transporte de persoas con minusvalía (BOE de 25 de Abril), aplícase o tipo
reducido do 4%, e non o do 18%, tanto á compra de ditos vehículos como ás
adaptacións dos mesmos.

O problema é que a lei fai referencia ao transporte de persoas en cadeira de


rodas, ou con mobilidade reducida, non bastando con ter unha minusvalía
recoñecida do 33%.

En relación con isto último, convén ter presente o establecido na Nota de


Procedemento elaborada pola Administración Tributaria para o recoñecemento do
dereito á aplicación do tipo de IVE do 4% na adquisición ou adaptación de
vehículos a motor que deban transportar habitualmente a persoas con minusvalía
en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida.

En concreto, no apartado cuarto do citado artigo determínase que:

▪ Amais da minusvalía superior ao 33% que, como xa se indicou


anteriormente é requisito indispensable acreditar unha minusvalía que
obrigue ao uso de cadeira de rodas ou unha mobilidade reducida para
utilizar medios de transporte colectivo. Ambos supostos son cuestiones de
feito que deberán ser valoradas polo órgano tramitador en función do tipo

57
e grado de minusvalía que resulte acreditada. A continuación recóllense
unha serie de criterios que serven para valorar a citada mobilidade
reducida:

• Con carácter xeral enténdese por persoa con mobilidade reducida toda
persoa cuxa mobilidade se encontra limitada debido a unha
incapacidade física (sensorial ou motriz), una deficiencia intelectual,
idade ou calquera outra causa de discapacidade manifesta para utilizar
un medio de transporte e cuxa situación requira atención especial ou
adaptación dos servizos dispoñibles habitualmente aos pasaxeiros en
xeral.

Considérase medio de proba suficiente do feito da mobilidade reducida


o certificado ou resolución do IMSERSO ou o órgano competente da
Comunidade Autónoma en materia de valoración de minusvalías,
baseándose no ditame emitido polos Equipos de Valoración e
Orientación dependentes das mesmas.

No Anexo 3 do citado RD 1971/1999 recóllese un Baremo para


determinar a existencia de dificultades para utilizar transportes
colectivos establecendo unha serie de categorías obxectivas ou
situacións que, por si mesmas, ou combinadas con outras determinan a
existencia de dificultades de mobilidade.

• A pesar de non contemplalo o citado Baremo, en todo caso, aos efectos


de aplicación do tipo superreducido, consideraranse con mobilidade
reducida ás persoas cegas ou con deficiencia visual e, en todo caso,
as afiliadas á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) que
acrediten a súa pertenza á mesma mediante o correspondente
certificado emitido por dita Corporación de Dereito Público.

• Igualmente, considerarase como medio de proba suficiente do feito da


mobilidade reducida o ser titular, a persoa para cuxo uso se adquire ou
adapta o vehículo, da tarxeta de estacionamento para persoas con
discapacidade emitidas polas Corporacións Locais axustadas ao modelo
europeo e válidas en todo o territorio nacional, segundo a Disposición
Adicional Cuarta da Lei 19/2001 de 19 de Decembro de reforma do
Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e
Seguridade Vial aprobado por Real Decreto Lexislativo 339/1990 de 2 de
Marzo. Nestes supostos, no expediente de concesión deberá figurar
copia auténtica de dita tarxeta.

Cando a tarxeta de estacionamento se conceda pola Corporación local a


unha persoa xurídica (asociación ou fundación de atención a persoas
con discapacidade, ou a unha empresa en relación cos seus empregados
con discapacidade) daráselle o mesmo tratamento que si fora unha
persoa física.

58
◦ Que actuacións é necesario levar a cabo para beneficiarse da aplicación do
tipo reducido do 4% de IVE nas adquisicións de vehículos para o transporte de
persoas con discapacidade?

En calquera caso, a norma fai referencia ao seu previo recoñecemento por parte
do Ministerio de Facenda, polo que consideramos que para poder desfrutar desta
exención é requisito previo o solicitala. A tal fin, deberá presentar una solicitude,
podendo utilizar, a tal efecto, o modelo contemplado na Nota de Procedemento
antes referida, pedindo que se lle conceda dita redución, acompañando tódolos
documentos que acrediten a condición de persoa con discapacidade e, ademais,
con mobilidade reducida.

IMPOSTO SOBRE DETERMINADOS MEDIOS DE TRANSPORTE (IMPOSTO


DE MATRICULACIÓN)

◦ En que consiste?

Con carácter xeral e, segundo establece o artigo 65 da Lei 38/1992, de 28 de


decembro, de Impostos Especiais (IE),é un imposto estatal que se esixe ás persoas
que adquiren un vehículo a motor, novo ou usado, para circular por vías e terreos
públicos. En concreto, este imposto págase por realizar a primeira matriculación
definitiva en España de tales vehículos.

◦ Que tipo de axuda se outorga ás persoas con discapacidade en relación co


pago deste imposto?

O artigo 65.1.a.6º da Lei 38/1992 de IE exonera do pago do imposto aos


adquirentes de vehículos novos ou usados provistos de motor de propulsión para
persoas con mobilidade reducida.

Pola súa parte, o artigo 66.1.d), establece a exención do imposto en relación cos
vehículos automóbiles matriculados a nome de persoas con minusvalía para o
seu uso exclusivo, sempre que concorran os seguintes requisitos:

1. Que transcorresen polo menos catro anos dende a matriculación doutro


vehículo en análogas condicións, algo que non se esixirá en caso de sinistro
total do vehículo antigo.

2. Que non sexan obxecto dunha transmisión posterior por actos “inter vivos”
(venda do coche) durante o prazo dos catro anos seguintes á data da súa
matriculación.

59
◦ Que actuacións previas require a concesión da exención?

A aplicación desta exención estará condicionada ao seu previo recoñecemento


pola Administración tributaria na forma que se determine regulamentariamente e,
así, haberá que presentar ante ela una declaración no lugar, forma, prazo e
impreso que determine o Ministerio de Economía e Facenda.

En particular, cando se trate de vehículos automóbiles matriculados a nome de


persoas con minusvalía será necesaria a previa certificación da minusvalía ou da
invalidez polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou polas entidades
xestoras competentes.

◦ Que procedemento se segue para a concesión da exención?

O procedemento regúlase no Real Decreto 1165/1995, de 7 de xullo, polo que se


aproba o Regulamento dos Impostos Especiais e, concretamente, nos artigos 135 e
seguintes. A matriculación definitiva do medio de transporte estará condicionada
á acreditación ante o órgano competente en materia de matriculación do referido
recoñecemento previo da Administración tributaria.

As persoas ou entidades a cuxo nome se pretenda efectuar a primeira


matriculación definitiva do medio de transporte, presentarán, con anterioridade,
ante a Delegación ou Administración da Axencia Estatal de Administración
Tributaria correspondente a súa domicilio fiscal, un escrito, suxeito ao modelo
que determine o Ministro de Economía e Facenda, solicitando a aplicación de
tales supostos. En dito escrito farase constar, como mínimo, o nome, Número de
Identificación Fiscal e domicilio fiscal do solicitante, a clase, marca e modelo do
medio de transporte que se pretende matricular e o suposto de non suxeición ou
de exención cuxo recoñecemento se solicita.

Ao escrito acompañarase copia da ficha de inspección técnica do vehículo, ou no


caso de embarcacións ou aeronaves, certificación das súas características
técnicas, expedidas polo vendedor e, ademais, segundo os casos, a seguinte
documentación: cando se trate de vehículos automóbiles que se matriculen a
nome de persoas con minusvalía para o seu uso exclusivo, o certificado da
minusvalía ou da invalidez emitido polo Instituto Nacional de Servizos Sociais ou
polas entidades xestoras competentes.

Pola propia Administración tributaria verificarase, como requisito para o


recoñecemento da exención, que transcorresen cando menos catro anos dende a
matriculación doutro vehículo en análogas condicións a efectos da aplicación do
tipo normal do Imposto sobre o Valor Engadido ou do desfrute da exención no
Imposto Especial sobre determinados Medios de Transporte. Os órganos xestores
poderán requirir a presentación de calquera outra documentación que deba obrar
en poder do solicitante en razón da non suxeición ou exención cuxa aplicación
solicita, así como efectuar comprobacións dos vehículos para constatar a
adecuación dos mesmos ao seu destino ou finalidade.

60
◦ É posible que o vehículo adquirido pola persoa con discapacidade, con
exención do Imposto, sexa utilizado por outras persoas?

A normativa aplicable determina que o vehículo debe ser para uso exclusivo da
persoa con discapacidade. Agora ben, controlar o cumprimento deste requisito
por parte da Administración é practicamente imposible, de maneira que, en
principio, aínda que o vehículo aparecese matriculado a nome dunha persoa con
discapacidade, podería ser utilizado por outra, sempre que o seu uso fose
secundario en canto a tempo e ocasións.

◦ Están exentos do pago do imposto vehículos adaptados para o transporte de


persoas en cadeira de rodas, tales como furgonetas, eurotaxis, etc...?

A exención aplícase aos vehículos destinados a ser usados única e exclusivamente


por persoas con discapacidade, polo que un vehículo destinado ao transporte
xeral de persoas con discapacidade non podería beneficiarse de dita exención.

En todo caso, non estaría de máis acudir á Administración correspondente para


requirir información ao respecto.

◦ Pódese perder a exención do imposto si se vende o coche antes de que


transcorresen catro anos dende a súa matriculación?

A Lei 38/1992, de IE, esixe a concorrencia dos dous requisitos antes vistos para
poder aplicar a exención do Imposto de Matriculación, de maneira que, en virtude
desta segunda condición, a transmisión do coche nun prazo inferior a catro anos
dende a súa matriculación faría perder a citada exención, que debería ser
devolta.

◦ Pódese acceder a outra exención do Imposto?

Soamente unha vez transcorrido o prazo de catro anos. Entón non habería
problema para ser beneficiario de outra exención nos mesmos términos e en
relación cun novo vehículo.

IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IMPOSTO DE


CIRCULACIÓN)

◦ En que consiste?

Segundo dispón o artigo 92.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,


polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais
(LRFL), é un imposto municipal que se esixe ás persoas propietarias dos vehículos
de tracción mecánica, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a
súa clase e categoría.

61
◦ Que tipo de axuda se outorga ás persoas con discapacidade en relación co
pago deste imposto?

O artigo 93.1 do RDL 2/2004, da LRFL establece, no seu apartado e), que estarán
exentos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica: “os vehículos para persoas
de mobilidade reducida a que se refire o apartado A do anexo II do Regulamento
Xeral de Vehículos, aprobado polo RD 2822/1998, de 23 de decembro.

Ensimesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de persoas con


discapacidade para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se
manteñan ditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con
discapacidade como aos destinados ao seu transporte”.

A efectos de ser beneficiario desta exención, consideraranse persoas con


discapacidade quen teña esta condición legal en grao igual ou superior ao 33 por
cento.

◦ Que hai que facer para beneficiarse da exención no pago do imposto?

O segundo apartado do artigo 93 do RDL 2/2004, da LRFL, dispón que para poder
aplicar estas exencións, o interesado deberá instar a súa concesión indicando as
características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio. Declarada a
exención polo Concello, expedirase un documento que acredite a súa concesión.

En relación coa exención prevista para vehículos matriculados a nome de persoas


con discapacidade para o seu uso exclusivo, o interesado deberá aportar o
certificado da minusvalía emitido polo órgano competente e xustificar o destino
do vehículo ante o Concello, nos términos que este estableza na correspondente
ordenanza reguladora do imposto.

Porén, dado que a regulación contida nas ordenanzas municipais en relación co


procedemento de concesión da exención pode variar duns Concellos a outros,
recoméndase con carácter previo á solicitude informarse dos trámites e
documentación necesaria ao respecto no Departamento do Concello onde se
resida.

◦ É posible beneficiarse da exención do imposto en relación con máis dun


vehículo?

Segundo dispón o apartado 1,e), parágrafo terceiro, do artigo 93 do RDL 2/2004, d


LRFL, non será posible beneficiarse da exención do Imposto de Circulación por
máis dun vehículo simultaneamente. Así, si unha persoa con discapacidade xa é
propietaria dun vehículo e quere adquirir outro, non podería beneficiarse de dita
exención en relación co vehículo novo, salvo que dea de baixa o antigo.

62
◦ Que ocorre si unha persoa con discapacidade, propietaria dun vehículo, non
comunica ao Concello dita circunstancia a efectos de beneficiarse da exención
no Imposto de Circulación? Tería dereito a que lle devolvan as cantidades xa
pagadas por este concepto?

O primeiro que se debe facer, neste suposto, é solicitar ao Concello a exención


no pago do Imposto, cumprimentando a solicitude correspondente, á que
haberán de acompañar a documentación requirida. En particular e, como antes se
apuntaba, “o interesado deberá aportar o certificado da minusvalía emitido polo
órgano competente e xustificar o destino do vehículo ante o Concello da
imposición, nos términos que este estableza na correspondente ordenanza fiscal”,
de acordo co artigo 93.2 da LRFL.

Unha vez declarada a exención pola Administración municipal, expedirase un


documento que acredite a súa concesión. Non obstante, convén recordar que, con
carácter xeral, o efecto da concesión de exencións comeza a partir do
exercicio seguinte a data de solicitude, de maneira que se debería pagar tamén
o imposto correspondente a este ano, beneficiándose da exención xa a partir do
ano seguinte.

Porén, enténdese que o solicitante da exención estaría lexitimado para esixir a


devolución das cantidades satisfeitas durante os anos anteriores si, durante os
mesmos, reunise os requisitos necesarios para elo. Así, no artigo 93 da LRFL,
establécese que a exención aplicarase en tanto se manteña a situación de
discapacidade, polo que haberá de entenderse que, dende o momento en que se
recoñece a condición de persoa con discapacidade, tense dereito á exención.

A tal efecto, debería iniciar un procedemento de devolución de ingresos


indebidos, regulado nos artigos 14 e seguintes do Real Decreto 520/2005, de 13 de
maio, polo que se aproba o Regulamento Xeral de desenrolo da Lei 58/2003, de 17
de decembro, Xeral Tributaria, en materia de revisión en vía administrativa (BOE
27/05/2005).

Si o Concello non atendera a solicitude de devolución do imposto, a única


alternativa sería impugnar esa denegación ante os tribunais, e isto, loxicamente,
ten o seu custe e, como só se podería reclamar o Imposto indebidamente abonado
nos catro anos anteriores, haberá de valorar se interesa acudir á vía xudicial.

◦ Están exentos do pago do Imposto de Circulación os eurotaxis?

Segundo o disposto na normativa vixente a estes efectos (artigos 93 e seguintes do


RDL 2/2004 da LRFL), os eurotaxis, ou taxis adaptados para persoa con
discapacidade, non desfrutan da exención no Imposto de Circulación.

En calquera caso, é aconsellable acudir ao servizo de xestión de tributos do


Concello de residencia para recibir máis información sobre o particular.

63
PREVISIÓNS TRIBUTARIAS DA LEI 41/2003, DE 18 DE NOVEMBRO, DE
PROTECCIÓN PATRIMONIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Esta norma foi reformada recentemente pola Lei 1/2009, de 25 de marzo, de


reforma da Lei de 8 de xuño de 1957, sobre o Rexistro Civil, en materia de
incapacitacións, cargos tutelares e administradores de patrimonios protexidos, e
da Lei 41/2003, de 18 de novembro, sobre protección patrimonial das persoas con
discapacidade e de modificación do Código Civil, da Lei de Enxuizamento Civil da
normativa tributaria con esta finalidade.

En todo caso esta modificación non afecta a norma en materia tributaria senón
soamente en materia rexistral.

◦ Que persegue esta norma?

O obxecto da Lei 41/2003, de 18 de novembro, de protección patrimonial das


persoas con discapacidade é, segundo o disposto no seu artigo primeiro, favorecer
a reportación a título gratuíto (sen recibir unha contraprestación a cambio) de
bens e dereitos ao patrimonio das persoas con discapacidade e establecer
mecanismos adecuados para garantir o destino de tales bens e dereitos, así como
dos froitos, produtos e rendementos destes, á satisfacción das necesidades vitais
das persoas con discapacidade.

O que pretende esta norma e asistir as familias no aseguramento do futuro


económico das persoas con discapacidade cando falten os seus familiares, de tal
xeito que, tódolos froitos, rendementos e produtos dos bens e dereitos que
integren o patrimonio protexido deberán destinarse á satisfacción das necesidades
vitais do beneficiario e ao mantemento da produtividade do mesmo.

◦ Esta norma fala de “Patrimonio Especialmente Protexido”, a que se refire?

É unha masa patrimonial vinculada á satisfacción das necesidades vitais dunha


persoa con discapacidade. Trátase dunha vinculación temporal (dura o que a vida
da persoa con discapacidade). Este patrimonio non é unha fundación porque non
ten fins de interese xeral nin ten personalidade xurídica, nin ten vida propia.

◦ Que características debe reunir o Patrimonio Especialmente Protexido?

É un patrimonio separado, é dicir, que está illado do resto do patrimonio persoal


do seu titular-beneficiario.

É un patrimonio de destino, é dicir, afecto ás necesidades da persoa con


discapacidade de que se trate.

64
É un patrimonio suxeito a un réxime de administración e supervisión específico,
de natureza privada e pública.

◦ Cales son os requisitos para ser beneficiaria?

A Lei de protección patrimonial considera que unha persoa ten discapacidade


atendendo ao grado de minusvalía determinado pola canle administrativa citada e
non atendendo a que estea incapacitada xudicialmente ou a que concorran nel
algunha das causas de incapacitación do artigo 200 do Código Civil.

Serán beneficiarias as persoas con discapacidade, reputándose como tal, segundo


o artigo 2.2 desta norma:

▪ As afectadas por unha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33 por


cento.

▪ As afectadas por unha discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao


65 por cento.

◦ Quen pode constituír este patrimonio?

 A propia persoa con discapacidade que teña capacidade de obrar.

 Os seus pais ou titores cando non teñan plena capacidade de obrar.

 O gardador de feito dunha persoa con discapacidade psíquica poderá


constituír en beneficio deste un patrimonio protexido cos bens que os
seus pais ou titores lle deixaran por título hereditario ou recibiran en
virtude de pensións constituídas por aqueles e nos que fosen designado
beneficiario; sen prexuízo do que dispón o CC sobre o gardador de feito.

◦ Como se administra o Patrimonio Especialmente Protexido?

A lei diferencia, en canto ás regras de administración, dous supostos:

1. Cando o constituínte sexa o propio beneficiario (suposto en que a persoa con


discapacidade terá plena capacidade de obrar), a súa administración, calquera
que sexa a procedencia dos bens e dereitos que o integren, suxeitarase ás
regras establecidas no documento público de constitución

2. Nos demais casos, as regras de administración deberán prever a


obrigatoriedade de autorización xudicial nos mesmos supostos que o titor a
require respecto dos bens do tutelado conforme aos artigos 271 e 272 do
Código Civil ou no seu caso conforme ás normas de dereito civil, foral ou
especial que foran aplicables.

◦ Que medidas de control se establecen?

Prevese que a supervisión da administración a realice o Ministerio Fiscal


anualmente, na que o Fiscal recibe do administrador un informe de xestión e un
inventario de bens e dereitos (só cando o administrador non sexa a propia persoa

65
con discapacidade ou os seus pais) e amais unha supervisión puntual e concreta
(de oficio ou a instancia de parte). Tamén pode haber outros mecanismos de
fiscalización e supervisión voluntarios establecidos privadamente sobre dito
patrimonio protexido.

Créase como órgano de apoio ao Ministerio Fiscal a Comisión de Protección


Patrimonial das Persoas con Discapacidade adscrita ao Ministerio competente.

◦ Que beneficios fiscais ten para os reportantes?

Os parentes en liña directa ou colateral ata o terceiro grao, o cónxuxe e os


titores ou acolledores dunha persoa con discapacidade poderán deducirse da base
impoñible do seu IRPF un máximo de 8.000 € anuais polas reportacións diñeiradas
que realicen a un patrimonio protexido.

Si as reportacións foran non diñeiradas, permítense a dedución do seu valor e, si


este excedera de 8.000 €; o exceso poderá deducirse durante os catro anos
seguintes, nun máximo de 8.000 € por ano.

Amais, en caso de que a reportación non diñeirada puxese de manifesto un


incremento de patrimonio no reportante, dito incremento declárase exento. Por
exemplo, si unha persoa fixera como reportación unha vivenda, a plusvalía posta
de manifesto ao transmitir a vivenda no tributa neste caso no imposto sobre a
renda, como é habitual.

Tamén se permite que as empresas poidan realizar reportacións (diñeiradas ou


non) aos patrimonios protexidos dos seus empregados ou dos parentes destes,
tamén cun límite de 8.000 € anuais.

Esta reportación da dereito a unha dedución dun 10 por 100 na cota do Imposto
sobre Sociedades.

◦ Que beneficios fiscais ten para a persoa con discapacidade?

Para o beneficiario destas reportacións, terán consideración de rendemento de


traballo na mesma medida na que dan dereito a dedución, é dicir, ata un máximo
de 8.000 € anuais. Non obstante, declárase exenta unha cantidade equivalente ao
dobre do Salario Mínimo Interprofesional (fixado, para o ano 2010, en 8.866,20 €
anuais).

Ademais, este rendemento de traballo no estará suxeito a retención. Ao ter a


consideración de rendemento de traballo, estas reportacións, ata un máximo de
8.000 € anuais, non estarán suxeitas ao Imposto sobre Sucesións e Doazóns e, só
en caso de que a reportación superara este límite, o exceso estaría suxeito a dito
tributo.

Esta fiscalidade fai que só haxa tributación cando se aporten aos patrimonios
protexidos grandes cantidades, ou bens de considerable valor, ou cando a persoa
con discapacidade teña importantes ingresos.

66
Hai que ter en conta, amais, que as Comunidades Autónomas poderán ampliar
estes beneficios fiscais no ámbito de aqueles impostos sobre os que ten
capacidade normativa, especialmente o Imposto sobre Sucesións e Doazóns e o
Imposto sobre o Patrimonio.

◦ Como se extingue o 'patrimonio especialmente protexido'?

a) Morte ou declaración de falecemento do beneficiario

b) Deixar de ter recoñecido o grado de minusvalía esixido pola lei.

c) Cando o xuíz o acorde porque conveña ao interese da persoa con


discapacidade.

IMPOSTO SOBRE SUCESIÓNS E DONACIÓNS

◦ Que norma regula este imposto?

Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto


sobre sucesións e doazóns.

◦ Trátase logo dunha norma galega?

Certo, o imposto de sucesión e doazóns é competencia da Comunidade Autónoma


de Galicia, dada a condición de imposto cedido e a cesión de capacidade
normativa ás Comunidades Autónomas no actual sistema de financiamento, o cal
permite unha adecuación ás peculiaridades propias de Galicia.

◦ Que grava este imposto?

Grava os incrementos patrimoniais das persoas obtidos mediante sucesións ou


doazóns.

◦ Porque ten un gravame específico estas transmisións?

Polas características especiais que rodean este tipo de transmisións, sobre todo as
recibidas a través de herdanzas, nas cales a carga tributaria debe adecuarse ás
circunstancias persoais e familiares dos participantes nas transmisións
hereditarias.

◦ Como afecta as persoas con discapacidade esta norma?

O artigo 2 da Lei 9/2008 establece unha redución por razón de discapacidade,


aplicando, amais das que poidan corresponder en función do grao de parentesco
co causante, as reducións seguintes:

67
a) Redución de 150.000 euros ás persoas que teñan a consideración legal de
persoas con discapacidade, cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% e
inferior ao 65%

b) Redución do 100% da base impoñible para aquelas persoas pertencentes aos


grupos I e II a que fai referencia o artigo 1 desta Lei que acrediten un grao de
minusvalidez igual ou superior ao 65%, sempre que o patrimonio preexistente do
suxeito pasivo non exceda os 3.000.000 de euros.

c) Redución de 300.000 euros para aquelas persoas que acrediten un grao de


minusvalidez igual ou superior ao 65% e non teñan dereito á redución sinalada na
letra anterior.

O grao de minusvalidez deberase acreditar mediante certificado ou resolución


expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un
grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% no caso dos pensionistas da
Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade
permanente total, absoluta ou grande invalidez e no caso dos pensionistas de
clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por
incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Igualmente,
considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65% cando
se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que
non alcance o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran
dependencia, sempre que estas últimas situacións sexan recoñecidas polo órgano
competente, de acordo co establecido no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de
decembro , de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación
de Dependencia.

68
II.4.c.- Vantaxes Laborais

• Recuperación profesional

◦ A que se refire a LISMI con Recuperación Profesional?

Refírese a un dereito, unha acción protectora do sistema especial de prestacións


sociais, que se lle recoñece ás persoas con discapacidade en idade laboral que lles
permite beneficiarse das prestacións de recuperación profesional nas condicións
que establezan as disposicións de desenvolvemento da L13/1982 (LISMI).

◦ Que prestacións abranguen os procesos de recuperación profesional?

a) Os anteditos tratamentos de rehabilitación médico-funcionais,

b) A orientación profesional,

c) A formación, readaptación ou reeducación profesional.

◦ En que consiste a orientación profesional?

Trátase dun servizo que será prestado tendo en conta as capacidades reais da
persoa con discapacidade, determinadas en base aos informes dos equipos
multiprofesionais, considerando a educación escolar efectivamente recibida e por
recibir, os desexos de promoción social e as posibilidades de emprego existentes
en cada caso, así como a atención as súas motivacións aptitudes e preferencias
profesionais.

◦ Que comprende a formación, readaptación ou a reeducación profesional?

Refírese a una preformación xeral básica que se impartirá de acordo coa


orientación profesional prestada con anterioridade.

◦ Quen pode impartir estas actividades formativas?

Amais dos Centros de carácter xeral ou especial adicados a iso, poderán


impartirse nas empresas, sendo necesario neste último suposto, a formalización
dun contrato especial de formación profesional entre persoa con minusvalía ou,
no seu caso, o representante legal, e o empresario, cuxo contido básico deberá
ser fixado polas normas de desenvolvemento da LISMI, en relación co disposto no
artigo once do Estatuto dos Traballadores.

69
• Políticas de fomento do emprego 2010

◦ O principio de igualdade de trato impide ou limita políticas de discriminación


positiva cara as persoas con discapacidade?

Para garantir a plena igualdade no traballo, o principio de igualdade de trato non


impedirá que se manteñan ou adopten medidas específicas destinadas a previr ou
compensar as desvantaxes ocasionadas por motivo de discapacidade, segundo o
artigo 37.1 bis da L13/1982 (LISMI) e o artigo 7 da Directiva 2000/78.

◦ Cales son as obrigas do empresario en relación coa adaptación do posto de


traballo e a accesibilidade do traballador?

Estarán obrigados a adoptar as medidas adecuadas para a adaptación do posto de


traballo e a accesibilidade da empresa, en función das necesidades de cada
situación concreta, co fin de permitir ás persoas con discapacidade acceder ao
emprego, desempeñar as súas tarefas, progresar profesionalmente e acceder á
formación, segundo o artigo 37.1 bis da L13/1982 (LISMI) e o artigo 7 da Directiva
2000/78,. Este último tamén se refire a adopción de medidas relativas a
protección da saúde e da seguridade.

◦ Existe algunha excepción a esta obriga para a empresa?

Soamente cando esas medidas supoñan unha carga excesiva para o empresario.

Para determinar si unha carga é excesiva terase en conta si é paliada en grado


suficiente mediante as medidas, axudas ou subvencións públicas para persoas con
discapacidade, así como os custos financeiros e doutro tipo que as medidas
impliquen e o tamaño e o volume de negocio total da organización ou empresa.

◦ Esta obriga das empresa é compensada pola Administración Pública?

Si, tanto os contratos temporais como indefinidos realizados a persoas con


discapacidade están suxeitos a axudas públicas directas, mediante subvencións a
contratación, e/ou indirectas, mediante a dedución de achegas a Seguridade
Social.

É habitual que ao principio de cada ano se fagan públicas as políticas de Fomento


do Emprego nas que tamén se fará referencia a contratación de persoas con
discapacidade.

◦ Cales son os obxectivos das políticas de Fomento do Emprego?

Fomentar a contratación indefinida dos traballadores cunha discapacidade que se


atopen en situación de desemprego, ou de traballadores que estean traballando
noutra empresa cun contrato a tempo parcial, sempre que a súa xornada de
traballo sexa inferior a un terzo da xornada de traballo dun traballador a tempo
completo comparable.

70
◦ Que requisitos deben cumprir os traballadores?

Para poder optar a un contrato de Fomento do Emprego será necesario que os


traballadores se atopen inscritos nas Oficinas de Emprego. Amais, será necesario
posuír o certificado de grao de discapacidade, isto é ter unha discapacidade igual
ou superior ao 33 por 100.

◦ Cales son as políticas de fomento de emprego para o ano 2009 en referencia a


contratación temporal de persoas con discapacidade?

Respecto a contratación temporal, a Disposición Adicional Primeira da Lei


43/2006, de 29 de decembro, para a mellora do emprego, sinala que:

As empresas, ou os traballadores si aquelas non o fixesen, que contraten


traballadores con discapacidade poderán solicitar axudas para a adaptación do
posto de traballo ou a dotación de equipos de protección persoal necesarios para
evitar accidentes laborais ao traballador con discapacidade contratado ou para
eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo dos
traballadores con discapacidade. Esta subvención para o ano 2009 foi de 902
euros.

◦ Cal é a duración mínima destes contratos?

A duración destes contratos no poderá ser inferior a doce meses nin superior a
tres anos. Cando se concerten por un prazo inferior ó máximo establecido poderán
prorrogarse antes da súa terminación por períodos non inferiores a doce meses.

◦ Que beneficios obtén o traballador deste programa?

O traballador, a terminación do contrato, terá dereito a percibir unha


compensación económica equivalente a doce días de salario por ano de servizo.

◦ Que ocorre no suposto en que o contrato temporal se transforma en


indefinido?

A transformación dos contratos de duración determinada, regulados na disposición


a que nos referimos máis arriba, en contratos indefinidos dará dereito á obtención
das subvencións que anualmente se establezan.

As correspondentes ao ano 2009 recóllense na Orde do 30 de decembro de 2008


pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a
concesión de subvencións para a realización de actividades de información,
orientación e busca de emprego.

◦ Que outras bonificacións teñen as empresas que contraten a traballadores


mediante o contrato temporal de Fomento do Emprego?

Os Centros Especiais de Emprego que contraten estes traballadores mediante un


contrato indefinido ou temporal, incluídos os formativos, terán dereito á

71
bonificación do 100 por 100 da cota empresarial e as cotas de recadación
conxunta. A mesma bonificación desfrutarase polos Centros Especiais de Emprego
no suposto de transformación en indefinidos.

Para poder obter as bonificacións establecidas para estes colectivos, os


traballadores con discapacidade deberán ter un grado de discapacidade igual ou
superior ó 33 por 100 ou a especificamente establecida en cada caso. Inclúense
tamén os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de
incapacidade permanente no grado de total, absoluta ou gran invalidez e os
pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou
de retiro por incapacidade permanente para o servizo o inutilidade.

◦ Que obxectivos perseguen este tipo de axudas?

Incentivar a transformación en indefinidos de traballadores cunha discapacidade


igual ou superior ao 33 por 100 coa finalidade de fomentar e favorecer a súa
integración laboral no sistema ordinario de traballo.

◦ En que consistiron estas axudas no exercicio 2009?

▪ Subvención con ata 3.907 euros por cada traballador con discapacidade
contratado por tempo indefinido a xornada completa, ou a parte
proporcional se é a tempo parcial.

▪ No caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 49%


establecese un incentivo adicional de ata 600 euros.

▪ Cando se trate da contratación indefinida dunha muller con discapacidade,


establécese un incentivo adicional aos anteriores de ata 600 euros
calquera que sexa o seu grao de minusvalidez.

▪ Amais, poderá solicitarse unha subvención de ata 902 euros, para a


adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de medidas de
protección persoal necesarias.

◦ Cales son as políticas de fomento de emprego para o ano 2009 en referencia a


contratación indefinida?

Os contratos indefinidos iniciais a tempo completo ou parcial, incluídos os fixos


descontinuos, darán dereito ás seguintes bonificacións:

Bonificación mensual da cota empresarial á Seguridade Social ou, no seu caso,


do seu equivalente diario por traballador contratado, de 375 euros/mes (4.500
euros/ano) durante toda a vixencia do contrato.

A mesma bonificación desfrutarase no suposto de transformación en indefinidos


dos contratos temporais de fomento de emprego de persoas con discapacidade ou
de transformación en indefinido dos contratos formativos subscritos con
traballadores con discapacidade.

72
Cando a contratación indefinida se realice con traballadores con parálise
cerebral, con enfermidade mental, discapacidade intelectual, con un grado de
minusvalía recoñecido igual ou superior ó 33 por 100, a bonificación ascenderá a
425 euros/mes (5.100 euros ano) durante toda a vixencia do contrato.

Cando a contratación indefinida se realice con traballadores con discapacidade


física ou sensorial, con un grado de minusvalía recoñecido igual ou superior ó 65
por 100, a bonificación será a mesma do punto anterior.

Si o traballador con discapacidade ten 45 ou máis anos ou si se trata dunha muller,


a bonificación que corresponda de acordo cos puntos anteriores incrementarase,
respectivamente, en 100 euros/mes (1.200 euros/ano) ou en 70,83 euros/mes
(850 euros/ano), sen que os incrementos establecidos neste punto sexan
compatibles entre si.

• Traballadores por conta propia

◦ De que axudas dispón os traballadores con discapacidade que se establezan


como traballadores por conta propia?

As persoas con discapacidade, que causen alta inicial no Réxime Especial da


Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos,
beneficiaranse, durante os cinco anos seguintes á data de alta, dunha bonificación
do 50 % da cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo vixente en cada
momento no mencionado Réxime Especial.

• Compatibilidades e incompatibilidades

As empresas poderán contratar temporalmente para a realización das súas


actividades, calquera que fose a natureza das mesmas, a traballadores con
discapacidade desempregados inscritos na Oficina de Emprego, cun grado de
minusvalía igual ou superior ó 33% ou a pensionistas da Seguridade Social que
teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grado de total,
absoluta ou gran invalidez e a pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida
unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o
servizo ou inutilidade.

◦ Son compatibles a percepción dunha pensión co traballo por conta allea en


xornada ordinaria?

Si. De acordo coa Sentencia do Tribunal Supremo de 14 de Outubro de 2009, e


contrariamente a opción interpretativa que viña mantendo a Seguridade Social,
tanto as persoas declaradas cunha Incapacidade Permanente Total (IPT), unha

73
Incapacidade Permanente Absoluta (IPA) ou Gran Invalidez (GI) teñen dereito a
compatibilizar a súa pensión coa realización dun traballo por conta allea, sempre
que se trate dunha actividade distinta para a que foi declarada a súa invalidez.

Para o Alto Tribunal a suspensión da pensión ao traballador con discapacidade


privaría a esta persoa do estímulo económico necesario para realizar unha
actividade que, con toda seguridade, terá que realizar con considerable esforzo.

Sinala amais que o contexto actual, en relación as novas tecnoloxías, permiten as


persoas con discapacidade acceder a unha “pluralidade de actividades laborais a
quen se encontren en situación de IPA ou GI.

◦ Con que prestación derivadas da relación laboral é incompatible a pensión de


invalidez?

O percibo do incremento do 20% da base reguladora da incapacidade


permanente total é incompatible coa realización de traballos por conta allea ou
propia, así como coas prestacións de Seguridade Social que poidan derivarse de
ditos traballos, como son o subsidio por incapacidade temporal ou o subsidio por
maternidade que persiste máis alá da relación laboral ou a actividade
profesional, ou as prestacións de desemprego que puideran corresponder polos
mesmos.

◦ É compatible a prestación por desemprego e a incapacidade permanente?

Nos supostos en que unha persoa con incapacidade permanente total perda ou se
lle suspenda un traballo compatible coa súa situación de pensionista, terá dereito
a percibir a prestación ou subsidio por desemprego que lle corresponda, ademais
da pensión.

◦ É incompatible a pensión de incapacidade permanente coa xubilación?

▪ A pensión de incapacidade é incompatible coa pensión de xubilación do


mesmo réxime, debendo optar a persoa interesada por unha delas (artigo
122 da Lei Xeral da Seguridade Social)

▪ A pensión de incapacidade permanente pode ser compatible cunha pensión


de xubilación doutro réxime distinto -por exemplo, dun país extra
comunitario-, excepto que, para acreditalo dereito, ou para o
perfeccionamento do mesmo se teña que acudir ao réxime que recoñeza a
xubilación (situación de alta ou asimilada, acreditación da carencia,
importe da base reguladora), en cuxo caso, hai que optar por una delas.

▪ Non obstante, si as cotizacións do réxime polo que se recoñece a xubilación


serviron unicamente para cuantificar o importe da incapacidade
permanente, podendo prescindirse delas para xerar o dereito, é posible o
recoñecemento de dúas pensións compatibles entre si, calculando cada
unha delas coas cotizacións de cada un dos réximes. Para elo, sería
necesario recalcular a pensión de incapacidade, sen ter en conta as
cotizacións do réxime que recoñece a xubilación.

74
▪ No caso de que se tratara dunha pensión de incapacidade derivada de
Accidente de Traballo concedida ao amparo do antigo Regulamento de
Accidentes de Traballo de 22-06-1956, sería compatible con calquera outra
pensión.

◦ É compatible percibir unha indemnización por lesións permanentes non


invalidantes coa pensión de incapacidade permanente, en calquera dos seus
grados?

É incompatible coas prestacións económicas establecidas para a incapacidade


permanente, salvo que as lesións, mutilacións ou deformidades sexan totalmente
independentes das tomadas en consideración para declarar a incapacidade
permanente e o seu grado.

◦ É necesaria a autorización expresa por parte do INSS para compatibilizar o


percibo da pensión de incapacidade permanente co exercicio dunha actividade
laboral?

Con independencia da compatibilidade ou incompatibilidade que, no seu caso,


poida producir o exercicio dunha actividade, só se require, en principio, a
comunicación da actividade laboral á Entidade xestora competente.

Sen embargo, os pensionistas de incapacidade permanente derivada de


enfermidade profesional, só poderán realizar traballos por conta allea si
obtiveron, previamente, a autorización do INSS.

II.4.d.- Vantaxes Formativas

◦ En que consisten as vantaxes que ten as persoas con discapacidade nas accións
formativas?

Estas vantaxes van depender do tipo de acción formativa que se realice. Así, por
exemplo, nas accións formativas para persoas desempregadas do Plan FIP (Orde
do 21 de decembro de 2006 pola que se establece a convocatoria pública para a
programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na
Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2007)
establécense as seguintes:

▪ No proceso de selección as persoas con discapacidade terán preferencia


para participar no curso.

▪ Tamén terán dereito a percepción de axuda por asistencia ao curso de xeito


integro (sen descontos dos días de ausencia)

75
▪ A esta axuda terán dereito tanto os demandantes con fillos ou fillas
menores de 16 anos ou maiores con discapacidade (cunha contía
equivalente ao 100% do IPREM) como as persoas con discapacidade que
acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% (cunha contía
equivalente ao 75% do IPREM).

◦ De que outras vantaxes poden beneficiarse o colectivo de persoas con


discapacidade?

En certas accións formativas (Orde do 13 de marzo de 2008), as realizadas por


entidades que desenvolvan accións formativas dirixidas ao alumnado con
discapacidade, estas persoas veranse beneficiadas polo incremento dun 35 por
100 no importe total das axudas para financiar persoal de apoio, á adaptación
curricular ou ao material didáctico.

76
III.- Autonomía e atención a dependencia

III.1.- Normativa ............................................................................ 78

III.2.- Conceptos básicos .................................................................. 81

• Autonomía ............................................................................ 81

• Dependencia ......................................................................... 81

• Actividades Básicas da Vida Diaria (AVD) ........................................ 81

• Necesidades de apoio para a vida persoal ....................................... 81

• Coidados non profesionais ......................................................... 81

• Coidados profesionais ............................................................... 82

• Asistencia persoal ................................................................... 82

• Terceiro sector ....................................................................... 82

III.3.- Axudas e requisitos para ser beneficiario ...................................... 83

III.4.- Prestacións e catálogo de servizos de atención do sistema de


autonomía e atención a dependencia .................................................. 87

• Prestacións económicas ........................................................... 88

• Servizo de promoción da autonomía persoal, de atención e de coidado ... 89

◦ Servizo de Teleasistencia ...................................................... 90

◦ Servizo de Axuda a Domicilio .................................................. 90

◦ Servizo de Centro de Día e de Noite ......................................... 90

◦ Servizo de Atención Residencial .............................................. 90

77
III.1.- Normativa

• Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Personal e Atención


ás persoas en situación de dependencia.

• Real Decreto 504/2007, de 20 abril, polo que se proba o baremo de valoración da


situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, de promoción da
autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

• Real Decreto 73/2009, de 30 de xaneiro, sobre as prestacións económicas da Lei


39/2006, de 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás
persoas en situación de dependencia para o exercicio 2009.

• Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o


recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do
sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de
Galicia.

• Orde do 17 de decembro de 2007 pola que se establecen os criterios para a


elaboración do Programa individual de atención, fixación das intensidades de
protección dos servizos, réxime de compatibilidades das prestacións e xestión das
prestacións económicas.

Na actualidade estase tramitando un novo decreto polo que se regulará o


procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás
prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o
procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a
organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, cuxo borrador
se pode acceder na actualidade dende a Consellería de Traballo e Benestar
(premer aquí).

◦ Que motiva a aparición deste novo piar no Estado do Benestar?

A atención ás persoas en situación de dependencia e a promoción da súa


autonomía persoal constitúe un dos principais retos da política social dos países
desenvolvidos. O reto non é outro que atender as necesidades daquelas persoas
que, por encontrarse en situación de especial vulnerabilidade, requiren apoios
para desenvolver as actividades esenciais da vida diaria, acadar unha maior
autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía.

Cumpre considerar o importante crecemento da poboación de máis de 65 anos,


que se duplica nos derradeiros 30 anos, para pasar de 3,3 millóns de persoas en

78
1970 (un 9,7 por cento da poboación total) a máis de 6,6 millóns en 2000 (16,6
por cento). A isto hai que engadir o fenómeno demográfico denominado
«avellentamento do avellentamento», é dicir, o aumento do colectivo de
poboación con idade superior a 80 anos, que se duplicou en só vinte anos.

Ambas cuestións conforman unha nova realidade da poboación maior que se


reflicte en problemas de dependencia nas últimas etapas da vida para un
colectivo de persoas cada vez máis amplo.

A esta realidade, derivada do avellentamento, debe engadirse a dependencia por


razóns de enfermidade e outras causas de discapacidade ou limitación, que se
incrementase nos derradeiros anos polos cambios producidos nas taxas de
supervivencia de determinadas enfermidades crónicas e alteracións conxénitas e,
tamén, polas consecuencias derivadas dos índices de sinistralidade vial e laboral.

◦ Cales son os obxectivos da Lei da dependencia?

Regular as condicións básicas que garantan a igualdade no exercicio do dereito


subxectivo de cidadanía á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas
en situación de dependencia.

◦ A quen obriga esta Lei?

Esta norma obriga a colaboración e participación de tódalas Administracións


Públicas para a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
Amais, obriga a Administración Xeral do Estado a garantir un contido mínimo
común de dereitos para tódolos cidadáns en calquera parte do territorio do Estado
español.

◦ Que principios inspiran esta Lei?

O artigo 3 da Lei 39/2006 recolle os principios da Lei da Dependencia, entre eles


cabe destacar o primeiro, que fai referencia ao “carácter público das
prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia”, así como
o carácter universal, integral e transversal do servizo.

◦ Que dereitos recoñece esta Lei as persoas en situación de dependencia?

Entre outros, a Lei 39/2006 recoñece o dereito ao acceso, en condiciones de


igualdade, ás prestacións e servizos previstos nesta Lei, nos términos establecidos
na mesma.

◦ Cales son as obrigas das beneficiarias desta Lei?

As persoas en situación de dependencia e, no seu caso, os familiares ou quen os


representen, así como os centros de asistencia, estarán obrigados a:

▪ subministrar toda a información e datos que lles sexan requiridos polas


Administracións competentes, para a valoración do seu grado e nivel de
dependencia;

79
▪ comunicar todo tipo de axudas personalizadas que reciban, e

▪ aplicar as prestacións económicas ás finalidades para as que foron


outorgadas.

◦ Quen son os titulares destes dereitos?

De acordo co artigo 5 da norma reguladora, serán titulares dos dereitos


establecidos na mesma os españois que cumpran os seguintes requisitos:

a. Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos grados establecidos.

b. Para os menores de 3 anos estarase ao disposto na disposición adicional


decimoterceira.

c. Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous
deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da
solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia esixirá a
quen exerza a súa garda e custodia.

◦ Como afecta as persoas que residindo no estado español non teñen


nacionalidade española?

Cando, reunindo os requisitos anteriores, carezan da nacionalidade española,


rexeranse polo establecido na Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre
dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos
tratados internacionais (por exemplo, os tratados da UE, que nos equiparan en
dereitos a tódolos cidadáns da Unión) e nos convenios que se establezan co país
de orixe.

Para os menores que carezan da nacionalidade española estarase ao disposto nas


Leis do Menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como
nos tratados internacionais.

80
III.2.- Conceptos básicos

O artigo 2 da Lei 39/2006 recolle a definición dos conceptos que aquí se


relacionan.

◦ Que se entende por 'autonomía'?

Defínese como a capacidade de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa,


decisións persoais acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias
propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.

◦ A que nos referimos co concepto 'dependencia'?

Ao estado de carácter permanente en que se encontran as persoas que, por razóns


derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á
perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención
de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades
básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou
enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal.

Para que se recoñeza legalmente que unha persoa está en situación de


dependencia é necesario seguir un proceso determinado na normativa vixente,
que comeza coa presentación da solicitude de recoñecemento da situación de
dependencia.

◦ Cales son as 'Actividades Básicas da Vida Diaria' (ABVD)?

Son as tarefas máis elementais da persoa, as que lle permiten desenvolverse cun
mínimo de autonomía e independencia, tales como: o coidado persoal, as
actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e
obxectos, orientarse, entender e executar ordes ou tarefas sinxelas.

◦ Que son as 'necesidades de apoio para a autonomía persoal'?

Son as que requiren as persoas que ten discapacidade intelectual ou mental para
facer efectivo un grado satisfactorio de autonomía persoal no seo da comunidade.

◦ Cando falamos de 'coidados non profesionais'?

Cando nos referimos a atención prestada a persoas en situación de dependencia


no seu domicilio, por persoas da familia ou do seu entorno, non vinculadas a un
servizo de atención profesionalizada.

81
◦ E de 'coidados profesionais'?

Son os prestados por unha institución pública ou entidade, con e sen ánimo de
lucro, ou profesional autónomo entre cuxas finalidades se encontre a prestación
de servizos a persoas en situación de dependencia, xa sexan no seu fogar ou nun
centro.

◦ Que é a 'asistencia persoal'?

É o servizo prestado por un asistente persoal que realiza ou colabora en tarefas da


vida cotiá dunha persoa en situación de dependencia, de cara a fomentar a súa
vida independente, promovendo e potenciando a súa autonomía persoal.

◦ Que se entende por 'terceiro sector'?

Son organizacións de carácter privado xurdidas da iniciativa cidadá ou social,


baixo diferentes modalidades (asociacións, fundacións, organizacións non
gobernamentais (ONG),...) que responden a criterios de solidariedade, con fins
de interese xeral e ausencia de ánimo de lucro, que impulsan o recoñecemento e
o exercicio dos dereitos sociais.

◦ É o mesmo "dependencia" que "discapacidade"?

Non. Dependencia significa que unha persoa necesita axuda de outra para realizar
as actividades básicas da vida diaria (lavarse, comer, vestirse, etc.). Esta perda de
autonomía pódese deber, por exemplo, a unha enfermidade ou a unha
discapacidade.

As persoas con discapacidade ten limitacións para realizar determinadas


actividades (por exemplo, oír se ten una xordeira) pero non necesariamente
necesitan do coidado dunha terceira persoa.

◦ Que é o Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia?

A Lei 39/2006, de 14 de decembro, creou o Sistema para a Autonomía e Atención


á Dependencia (SAAD) que constitúe a canle para a colaboración e participación
de tódalas Administracións Públicas intervenientes e para a optimización dos
recursos públicos e privados dispoñibles para a atención das persoas dependentes.

82
III.3.- Axudas e requisitos para ser beneficiarios

En base ao artigo 27 do Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei 4/1993, do 14 de


abril, de servizos sociais, atribúese á Comunidade Autónoma de Galicia, entre
outras competencias, a de establecer a planificación e programación xeral dos
servizos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma, a ordenación e coordinación
do sistema de servizos sociais, a homologación, rexistro e control de centros e
servizos, ademais do estudo das necesidades e problemáticas suscitadas no eido
dos servizos sociais, así como a investigación e formación permanente do persoal
nesta materia.

Porén, correspóndelles ás comunidades autónomas, no marco do Sistema para a


Autonomía e Atención á Dependencia, entre outras, as funcións de planificación,
ordenación, coordinación e dirección, no ámbito do seu territorio, dos servizos de
promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de
dependencia e a xestión dos servizos e recursos necesarios para a valoración e
atención á dependencia. Igualmente, correspóndelles ás comunidades autónomas
a avaliación periódica do funcionamento do sistema no seu respectivo territorio.

◦ Que requisitos, xunto cos xa sinalados na Lei da Dependencia, esixe a


normativa galega para ser titular deste dereito?

1. Terán dereito á protección da lei os españois que cumpran os seguintes


requisitos:

▪ Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.

▪ Residir no territorio español durante, polo menos, cinco anos, dos cales
dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da
solicitude, e residir, no momento da presentación da solicitude, nalgún dos
concellos de Galiza.

▪ Menores de 3 anos: o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia


atenderá, sen prexuízo dos servizos establecidos en educación e sanidade,
as necesidades de axuda a domicilio e, se é o caso, prestacións económicas
vinculadas a prol dos menores de tres anos que presenten graves
discapacidades (disposición adicional decimoterceira).

2. As persoas que, malia reuniren os requisitos anteriores, carezan de


nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11
de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa
integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se estableza no
país de orixe.

3. O Goberno poderá establecer medidas de protección a prol dos españois non


residentes en España.

83
4. Os emigrantes retornados terán dereito aos servizos asistenciais do catálogo de
recursos do SGAD, en igual contido e intensidade do resto dos cidadáns.

◦ Cal é o procedemento para solicitar o acceso ás prestacións e recursos do


SGAD?

O procedemento de recoñecemento das situacións de dependencia e acceso ao


catálogo de recursos do sistema desenvólvese no Decreto 176/2007 e na Orde do
17 de decembro de 2007 e ten dúas fases ben diferenciadas:

1ª fase para valorar ao solicitante e recoñecerlle, se é o caso, un grao e nivel de


dependencia.

2º fase na que se resolve un Programa Individual de Atención a través do que se lle


garante á persoa dependente o acceso a un servizo de atención ou prestación
económica segundo o catálogo de recursos.

◦ Onde se presenta a solicitude de recoñecemento da situación de dependencia?

Nos servizos Sociais do concello de residencia ou na delegación provincial do


departamento da Administración autonómica competente en materia de servizos
sociais correspondente á provincia en que o solicitante teña a súa residencia
habitual .

◦ Que documentos se deben axuntar coa solicitude?

▪ O Documento Nacional de Identidade (DNI)

▪ A acreditación da representación, de ter representante, e o seu DNI

▪ Libro de familia naqueles supostos en que a persoa interesada sexa menor


de idade.

▪ Informe do médico/a do Servizo Galego de Saúde ou médico/a doutras


administracións públicas que traten habitualmente á persoa solicitante,
sobre a súa saúde, no cal se fundamente, desde o punto de vista clínico, a
necesidade de axuda para realizar as actividades básicas da vida diaria.

▪ Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas e, se é o caso,


sobre o patrimonio ou certificación acreditativa dos datos contidos nelas.

▪ Certificado de pensións que, se é o caso, perciba a persoa solicitante.

▪ Certificado de minusvalidez, se é o caso

Amais dos documentos sinalados, será preceptiva a incorporación ao expediente


do informe social do/a traballador/a social dos servizos sociais públicos de
referencia da persoa solicitante, Este informe poderá ser requirido de oficio pola
delegación provincial do departamento da Administración autonómica con
competencias en materia de servizos sociais.

84
◦ Unha vez presentada a solicitude, como se obtén o dereito ás prestacións e
servizos que outorga a Lei da Dependencia?

Os Servizos Sociais competentes valorarán, no domicilio do solicitante, a situación


de dependencia.

Valorarase a capacidade da persoa para levar a cabo por si mesma as actividades


básicas da vida diaria, así como a necesidade de apoio e supervisión para a súa
realización por persoas con discapacidade intelectual ou con enfermidade mental.

No caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental


valoraranse, así mesmo, as necesidades de apoio para facer efectivo un grao
satisfactorio de autonomía persoal no seo da comunidade.

◦ A quen corresponde facer esta valoración?

Corresponderá a persoal profesional da medicina, psicoloxía e/ou a persoal


profesional diplomado en ciencias da saúde ao servizo da Administración
autonómica.

◦ Quen emite o ditame e cal é o seu contido?

Serán os mesos órganos de valoración da situación de dependencia quen emitirán


ditame-proposta, que deberá conter necesariamente o diagnóstico, situación,
grao e nivel de dependencia así como os coidados que a persoa poida requirir.

◦ Como e cando se resolve este procedemento?

A resolución de recoñecemento da situación de dependencia determinará:

a) O grao e nivel de dependencia da persoa solicitante.

b) Os servizos ou prestacións económicas que, se é o caso, correspondan a aquela

c) Cando cumpra, en función das circunstancias concorrentes, o prazo máximo en


que se deba efectuar a primeira revisión do grao e nivel que se declare

A resolución deberá ditarse e notificarse á persoa solicitante ou ás persoas que a


representen no prazo máximo de seis meses, que se computará a partir da data
de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa
tramitación.

Transcorrido o prazo establecido no parágrafo anterior sen que recaia resolución


expresa, a solicitude entenderase desestimada.

◦ Unha vez que teña a Resolución de Valoración, cal é o proceso seguinte?

O solicitante será convocado polos Servizos Sociais para establecer o seu


Programa Individual de Atención (PIA).

85
Este Programa, no que participarán o solicitante e a súa familia, buscará a
solución que mellor se adapte ao seu caso e determinará os servizos e prestacións
que recibirá.

◦ Desde que momento se terá dereito as prestacións?

O dereito as prestacións económicas retrotraese a data da solicitude.

O dereito aos servizos será efectivo dende a data de inicio do correspondente


servizo establecido na Resolución PIA.

Todo isto conforme ao calendario de entrada en vigor fixado pola Lei, que é o
seguinte:

▪ Para as persoas valoradas cun Grao III de gran dependencia, niveles 2 e 1,


dende o ano 2007.

▪ Para as persoas valoradas cun Grao II de dependencia severa, nivel 2,


dende o ano 2008.

▪ Para as persoas valoradas cun Grao II de dependencia severa, nivel 1,


dende o ano 2009.

▪ Para as persoas valoradas cun Grao I de dependencia moderada, nivel 2, a


partir do ano 2011.

▪ Para as persoas valoradas cun Grao I de dependencia moderada, nivel 1, a


partir do ano 2013.

◦ Onde se pode realizar as reclamacións en caso de incumprimento dos prazos e


de atención a solicitude feita?

Ante a delegación provincial do departamento da Administración autonómica


competente en materia de servizos sociais correspondente á provincia en que o
solicitante teña a súa residencia habitual.

Unha vez esgotada a vía administrativa, de non obter resposta ou non concordar
coa mesma, poderase reclamar pola vía xudicial.

86
III.4.- PRESTACIÓNS E CATÁLOGO DE SERVIZOS DE ATENCIÓN DO
SISTEMA DE AUTONOMÍA E ATENCIÓN A DEPENDENCIA

◦ Cal é a finalidade deste Sistema?

Garantir as condicións básicas e o contido común a que se refire a Lei da


Dependencia; serve de canle para a colaboración e participación das
Administracións Públicas, no exercicio das súas respectivas competencias, en
materia de promoción da autonomía persoal e a atención e protección ás persoas
en situación de dependencia; optimiza os recursos públicos e privados dispoñibles,
e contribúe á mellora das condicións de vida dos cidadáns.

◦ Como se configura este Sistema?

Como unha rede de utilización pública que integra, de forma coordinada, centros
e servizos, públicos e privados.

◦ Cales son as prestacións de atención a dependencia?

As prestacións de atención á dependencia poderán ter a natureza de servizos e


de prestacións económicas e irán destinadas, por unha parte, á promoción da
autonomía persoal e, por outra, a atender as necesidades das persoas con
dificultades para a realización das actividades básicas da vida diaria.

Os servizos establecidos no Catálogo do artigo 15 da Lei da Dependencia terán


carácter prioritario e prestaranse a través da oferta pública da Rede de Servizos
Sociais polas respectivas Comunidades Autónomas mediante centros e servizos
públicos ou privados concertados debidamente acreditados.

◦ Que ocorre cando non é posible prestar os servizos estipulados na Lei?

Neste caso incorporarase a prestación económica vinculada no artigo 17 desta Lei.

◦ Cales son os servizos comprendidos no catálogo da Lei da Dependencia?

Este Catálogo de servizos comprende os servizos sociais de promoción da


autonomía persoal e de atención á dependencia:

a. Servizos de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da


autonomía persoal.

b. Servizo de Teleasistencia.

c. Servizo de Axuda a domicilio:

i. Atención das necesidades do fogar.

ii. Coidados persoais.

87
d. Servizo de Centro de Día e de Noite:

i. Centro de Día para maiores.

ii. Centro de Día para menores de 65 anos.

iii.Centro de Día de atención especializada.

iv. Centro de Noite.

e. Servizo de Atención Residencial:

i. Residencia de persoas maiores en situación de dependencia.

ii. Centro de atención a persoas en situación de dependencia, en razón


dos distintos tipos de discapacidade.

Prestacións económicas

◦ Cal é a finalidade destas prestacións económicas?

A prestación económica de asistencia persoal ten como finalidade a promoción da


autonomía das persoas con gran dependencia.

O seu obxectivo é contribuír á contratación dunha asistencia persoal, durante un


número de horas, que facilite ao beneficiario o acceso á educación e ao traballo,
así como unha vida máis autónoma no exercicio das actividades básicas da vida
diaria.

◦ En que consiste esta prestación económica vinculada?

Trátase dunha prestación económica, de carácter periódico, que irá destinada á


cobertura dos gastos do servizo previsto no Programa Individual de Atención (PIA)
ao que nos referimos antes, debendo ser prestado por unha entidade ou centro
acreditado para a atención á dependencia.

Esta prestación ten un carácter persoal e, en todo caso, irá vinculada a


adquisición dun servizo.

◦ En que supostos se pode acceder a prestación económica para coidados no


entorno familiar e apoio a coidadores non profesionais?

Cando o beneficiario estea sendo atendido polo seu entorno familiar, e se reúnan
as condicións establecidas no artigo 14.4 desta Lei, isto é, sempre que se dean as
condicións adecuadas de convivencia e de habitabilidade da vivenda e así o
estableza o seu Programa Individual de Atención (PIA).

88
◦ Que requisitos debe cumprir o coidador?

O coidador deberá axustarse ás normas sobre afiliación, alta e cotización á


Seguridade Social que se determinen regulamentariamente.

O organismo competente promoverá accións de apoio aos coidadores non


profesionais que incorporarán programas de formación, información e medidas
para atender os períodos de descanso.

◦ Cales son as contías das prestacións económicas?

As contías máximas establécense, con carácter anual, mediante Real Decreto. As


correspondentes ao exercicio de 2009 veñen recollidas no RD 73/2009, de 30 de
xaneiro, e son as seguintes:

Prestación Prestación
Prestación económica para
económica económica
coidados
vinculada de asistencia
Graos e niveis no entorno familiar
ao servizo persoal

– –
Euros mensuais
Euros mensuais Euros mensuais
Contía Contía Cota SS+FP Contía
160,13 €
Grao III Nivel 2 831,47 519,13 (158,67 € + 831,47
1,46 €)
Grao III Nivel 1 623,60 415,73 623,60
Grao II Nivel 2 460,80 336,24 --
Grao II Nivel 1 400,00 300,00

Servizo de promoción da autonomía persoal, de atención e de


coidado

◦ Cal é a finalidade do servizo de prevención das situacións de dependencia?

Ten por finalidade previr a aparición ou o agravamento de enfermidades ou


discapacidades e das súas secuelas, mediante o desenvolvemento coordinado,
entre os servizos sociais e de saúde, de actuacións de promoción de condicións
de vida saudables, programas específicos de carácter preventivo e de
rehabilitación dirixidos ás persoas maiores e persoas con discapacidade e a quen
se ven afectados por procesos de hospitalización complexos.

Con este fin, o órgano competente acordará criterios, recomendacións e


condicións mínimas que deberían cumprir os Plans de Prevención das Situacións

89
de Dependencia que elaboren as Comunidades Autónomas, con especial
consideración dos riscos e actuacións para as persoas maiores.

◦ A que servizos se refire a Lei da Dependencia?

▪ Servizo de Teleasistencia:

O servizo de Teleasistencia facilita asistencia aos beneficiarios mediante o uso de


Tecnoloxías da Comunicación e da Información (TIC), con apoio dos medios
persoais necesarios, en resposta inmediata ante situacións de emerxencia, ou de
inseguridade, soidade e illamento. Pode ser un servizo independente ou
complementario ao de Axuda a Domicilio.

Este servizo prestarase ás persoas que non reciban servizos de atención


residencial e así o estableza o seu Programa Individual de Atención (PIA).

▪ Servizo de Axuda a Domicilio:

O servizo de axuda a domicilio constitúe o conxunto de actuacións levadas a cabo


no domicilio das persoas en situación de dependencia co fin de atender as súas
necesidades da vida diaria, prestadas por entidades ou empresas, acreditadas
para esta función:

a. Servizos relacionados coa atención das necesidades domésticas ou do fogar:


limpeza, lavado, cociña ou outros.

b. Servizos relacionados coa atención persoal, na realización das actividades


da vida diaria.

▪ Servizo de Centro de Día e de Noite:

O servizo de Centro de Día ou de Noite ofrece unha atención integral durante o


período diúrno ou nocturno ás persoas en situación de dependencia, co obxectivo
de mellorar ou manter o mellor nivel posible de autonomía persoal e apoiar ás
familias ou coidadores. En particular, cobre, dende un enfoque biopsicosocial, as
necesidades de asesoramento, prevención, rehabilitación, orientación para a
promoción da autonomía, habilitación ou atención asistencial e persoal.

A tipoloxía de centros incluirá Centros de Día para menores de 65 años, Centros


de Día para maiores, Centros de Día de atención especializada pola especificidade
dos coidados que ofrecen e Centros de Noite, que se adecuarán ás peculiaridades
e idades das persoas en situación de dependencia.

▪ Servizo de Atención Residencial:

O servizo de atención residencial ofrece, dende un enfoque biopsicosocial,


servizos continuados de carácter persoal e sanitario.

Este servizo prestarase nos centros residenciais habilitados ao efecto segundo o


tipo de dependencia, grao da mesma e intensidade de coidados que precise a
persoa.

90
A prestación deste servizo pode ter carácter permanente, cando o centro
residencial se converta na residencia habitual da persoa, ou temporal, cando se
atendan estancias temporais de convalecencia ou durante vacacións, fins de
semana e enfermidades ou períodos de descanso dos coidadores non profesionais.

O servizo de Atención Residencial será prestado polas Administracións Públicas en


centros propios e concertados

91
92
IV.- Sistema público de Pensións

IV.1.- Normativa ............................................................................ 94

IV.2.- Conceptos Básicos .................................................................. 95

• Pensión contributiva ................................................................ 95

• Pensión non contributiva ........................................................... 95

• Salario Mínimo Interprofesional ................................................... 95

• IPREM .................................................................................. 96

IV.3.- Requisitos para ser beneficiario dunha pensión non contributiva ........ 97

• Prestacións complementarias ..................................................... 100

IV.4.- Outras prestacións sociais ......................................................... 103

• Prestacións económicas e sociais derivadas da LISMI .......................... 103

• Prestacións familiares .............................................................. 105

▪ Excedencia e cotización efectiva ......................................... 105

▪ Por fillo a cargo ............................................................. 106

◦ Fillos menores de dezaoito anos .................................. 107

◦ Fillos maiores de dezaoito anos .................................. 108

▪ Prestación por nacemento ou adopción ................................. 111

• Prestación por morte ou supervivencia .......................................... 113

▪ Orfandade .................................................................... 113

▪ Familiares .................................................................... 115

IV.5.- Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) ............................... 117

93
IV.1.- Normativa

• Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, polo que se aproba o texto


Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño).

• Real Decreto 357/1991, de 15 de marzo, polo que se desenrola en materia de


pensións non contributivas a Lei 16/1990, de 20 de decembro, pola que se
establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (integrada no Real
Decreto Lexislativo anterior), (BOE do 21 de marzo).

• Orde PRE/3113/2009, de 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación


e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, de 15 de marzo, polo que se
desenrola, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, de 20 de
decembro, pola que se establecen na seguridade social prestacións non
contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE do
20 de novembro)

• Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia (DOG 18 de


decembro)

• Decreto 412/2009, do 12 de novembro, polo que se establecen axudas sociais de


carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa
modalidade non contributiva, a favor de persoas anciás e enfermas incapacitadas
para o traballo (DOG do 26 de novembro)

• Lei 2/2008, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2009.


(BOE do 24 de decembro de 2008)

94
IV.2.- Conceptos básicos

◦ Que son as 'pensións contributivas'?

Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, cuxa
concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa
Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados
casos, ...), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos.

◦ Como se determina a súa contía?

En función das reportacións efectuadas polo traballador e o empresario, si se


trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado a efectos da
base reguladora da pensión de que se trate.

◦ Cales son as modalidades que se encontran dentro das pensións contributivas?

▪ Por xubilación: xubilación ordinaria, xubilación anticipada por ter a


condición de mutualista, xubilación anticipada sen ter a condición de
mutualista, xubilación anticipada por redución da idade mínima debido á
realización de actividades penosas, tóxicas e insalubres, xubilación
anticipada de traballadores con discapacidade, xubilación parcial,
xubilación flexible e xubilación especial aos 64 anos.

▪ Por incapacidade permanente: total, absoluta e gran invalidez.

▪ Por falecemento: viuvez, orfandade e en favor de familiares.

◦ Que son as 'pensións non contributivas' (PNC)?

Son prestacións económicas que se recoñecen a aquelas persoas que, atopándose


en situación de necesidade protexible, carezan de recursos suficientes para a súa
subsistencia nos términos legalmente establecidos, aínda cando non cotizasen
nunca ou o tempo suficiente para acadar as prestacións del nivel contributivo.

◦ Que é o 'Salario Mínimo Interprofesional' (SMI)?

O Salario Mínimo Interprofesional establéceo anualmente o Goberno por Real


Decreto no que se indicarán as contías que deberán rexer a partir do 1 de xaneiro
de 2009, tanto para os traballadores fixos como para os eventuais ou temporeiros,
así como para o persoal ao servizo do fogar familiar.

O Salario Mínimo Interprofesional para calquera actividades na agricultura, na


industria e nos servizos, sen distinción de sexo nin idade dos traballadores,
quedou fixado, para o ano 2009, en 21,11 euros/día, 633,30 euros/mes ou
8.866,20 euros/anuais, segundo que o salario estea fixado por días, por meses ou
por ano (Real Decreto 2030/2009).

95
◦ Que é o IPREM?

O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) actuará como referente


do nivel de renda para a determinación de prestacións ou polo acceso a
beneficios, prestacións e/ou servizos públicos.

Este indicador actualizarase anualmente na correspondente Lei de Presupostos


Xerais do Estado, tendo en conta, cando menos, a previsión de inflación e previa
consulta coas organizacións sindicais e empresariais máis representativas.

O IPREM fixado para o ano 2010 pola Lei 26/2009, de 23 de Decembro de


Presupostos Xerais do Estado para 2010, é de 17,75 euros diarios, 532,51 euros
mensuais ou 6.390,13 euros anuais.

96
IV.3.- Requisitos básicos para ser beneficiario dunha Pensión
Non Contributiva

◦ Cando se pode acceder a estas prestacións?

Existen dúas modalidades de acceso, segundo a situación de necesidade que se


atope a persoa, isto é, por invalidez ou por xubilación.

◦ Quen pode beneficiarse das Pensións Non Contributivas?

Os cidadáns españois e nacionais de outros países, con residencia legal en España


que cumpren os seguintes requisitos:

1) Carecer de ingresos suficientes: Existe carencia, cando as rendas ou ingresos


de que se dispoña, en cómputo anual, sexan inferiores a 4.755,80 euros anuais.

Non obstante, si son inferiores a 4.755,80 euros anuais, e se convive con


familiares, unicamente se cumpre o requisito cando a suma das rendas ou ingresos
anuais de tódolos membros da súa Unidade Económica de Convivencia sexan
inferiores ás contías que se recollen no seguinte cadro. Estas contías, veranse
incrementadas nos casos en que se cause dereito ao complemento do 50% da
pensión.

Nº de convivintes Ingresos anuais

2 8.084,86 €
a) Convivencia só con
su cónxuxe e/ou 3 11.413,92 €
parentes
consanguíneos de 4 14.742,98 €
segundo grao.
... ...

2 20.212,15 €
b) Si entre os
parentes
3 28.534,80 €
consanguíneos cos
que convive se
4 36.857,45 €
encontra algún dos
seus pais ou fillos.
... ...

2) E de acordo co tipo de pensión:


▪ xubilación:

• idade: Ter 65 ou máis anos.

97
• residencia: residir en territorio español, e telo feito durante 10 anos, no
período que media entre a data de cumprimento dos 16 anos e a de
devengo da pensión, dos cales 2 serán consecutivos e inmediatamente
anteriores á data da solicitude.

▪ Invalidez:

• idade: ter 18 anos ou máis e menos de 65.

• residencia: residir en territorio español e telo feito durante un período


de 5 anos, dos cales 2 serán consecutivos e inmediatamente anteriores
á data da solicitude.

• discapacidade: grado igual ou superior ao 65%.

◦ Cales son as contías das Pensións Non Contributivas para o ano 2010?

A contía individual da pensión para cada cidadán establecese, en función das súas
rendas persoais e/ou das da súa unidade económica de convivencia; non podendo
ser inferior á mínima do 25%, 1.188,95 euros anuais, nin superior a 4.755,80 euros
anuais.

Os pensionistas de invalidez non contributiva cuxo grao de discapacidade sexa


igual ou superior ao 75% e acrediten a necesidade do concurso de outra persoa
para realizar os actos esenciais da vida diaria, percibirán ademais un
complemento do 50% dos 4.755,80 euros anuais, fixado en 2.377,9 euros anuais.

As contías básicas son as seguintes:

Contía anual mensual

Íntegra 4.755,80 € 339,70 €

Mínima (25%) 1.188,95 € 84,93 €

Íntegra + incremento do 50% 7.133,70 € 509,55 €

Cando dentro dunha mesma familia conviva máis dun beneficiario de pensión non
contributiva, a contía individual para cada un deles é a seguinte:

Nº de beneficiarios anual mensual

2 4.042,43 € 288,75 €

3 3.804,64 € 271,76 €

4 3.685,75 € 263,27 €

... ... ...

98
◦ Que regularización e revisión se aplica aos xa pensionistas?

Ao igual que a Administración ten o deber de revalorizar as pensións en función do


Índice de Prezos ao Consumo, aboándose a diferencia non percibida nun pago
único; debe garantirse o uso adecuado dos recursos públicos, por iso os
pensionistas están obrigados:

▪ A comunicar ao Organismo que xestiona a súa pensión as variacións na súa


convivencia, estado civil, residencia, recursos económicos propios e/ou
familiares, e cantas outras incidencias poidan ter na conservación do
dereito ou na contía da súa pensión.

▪ Presentar anualmente declaración das súas rendas ou ingresos e dos da súa


unidade familiar de convivencia en impreso-formulario que a ese fin se lle
remita polo Organismo Xestor da súa pensión.

Conforme aos datos declarados polos pensionistas e os dispoñibles pola


Administración procédese á regularización dos importes percibidos en 2008 e
establécese o importe da pensión a percibir no ano 2009, si a revisión dera lugar á
modificación da contía actualizada inicialmente. Os importes que resulten
indebidamente percibidos polo incumprimento das citadas obrigas ten que ser
devoltos polos seus perceptores.

◦ Quen xestionan e recoñece as Pensións Non Contributivas?

Trátase dunha competencia exclusiva que o artigo 27.23º do Estatuto de


Autonomía de Galicia lle atribúe á Comunidade Autónoma en materia de
asistencia social aos órganos competentes da CCAA de Galicia, que son os
integrados na Consellería competente.

Fináncianse con cargo aos Orzamentos do Estado, mediante transferencias de


crédito ao da Seguridade Social.

◦ Onde se presenta a solicitude desta pensión?

A solicitude de Pensión Non Contributiva poderá presentarse persoalmente nas


oficinas dos Servizos Sociais das Comunidades Autónomas, do IMSERSO ou en
calquera outra da Seguridade Social; nas que se facilitará o impreso
correspondente, ou por correo.

99
◦ Cales son as direccións de información e enderezos dos servizos sociais na
CCAA de Galicia?

Órgano Web/e-mail/tfno. Sedes Enderezo CP Tfno. provincial


social

Rúa Enrique Mariñas,


A Coruña 15009 881-881235
s/n, 9º, Edif. Proa
http://traballoebenest
ar.xunta.es/ Ronda de Muralla, 70,
Lugo 27071 982-294202
Consellería baixo
de Traballo
prestaciones@xunta.es Avda. Sáenz Díez, 33,
e Benestar Ourense 32003 988-386187
baixo

900 333 666 Vigo Rúa Concepción Arenal,


36201 986-817230
(Pontevedra) 8, 1ª planta

Prestacións complementarias

◦ A CCAA de Galicia fai algunha achega as persoas con prestacións non


contributivas?

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no seu artigo


18.1º c) inclúe as prestacións económicas orientadas a satisfacer necesidades
pecuniarias no catálogo de servizos sociais e o artigo 21.1º establece que son
prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais as achegas en
diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñan por finalidade,
entre outras, paliar situacións transitorias de necesidade.

◦ Que características teñen estas prestacións?

Estas axudas sociais, persoais e intransferibles, teñen carácter extraordinario e


non se consolidarán para o futuro.

◦ Cal é a contía e cando se pagan?

A contía individual destas axudas fíxase en 200 euros, que se aboarán mediante
un pagamento único a través de transferencia bancaria na conta onde teñan as
persoas beneficiarias domiciliado a percepción ordinaria da súa prestación.

◦ Existen máis prestacións complementarias coas non contributivas?

As persoas titulares dunha pensión non contributiva que vivan nunha vivenda
alugada poderán tamén solicitar este complemento sempre que cumpran os
requisitos establecidos na norma reguladora.

100
◦ Cal é a cantidade que percibirán os titulares dunha PNC con vivenda alugada?

Será de 525 euros segundo a Lei 26/2009, de Orzamentos Xerais do Estado para
2010.

◦ Cal é a norma reguladora deste complemento?

Son as seguintes:

▪ Real Decreto 1400/2007, de 29 de outubro, polo que se establecen normas


para o recoñecemento do complemento aos titulares de pensión de
xubilación e invalidez da Seguridade Social, na súa modalidade non
contributiva, que residan nunha vivenda alugada.

▪ Artigo 42 Dous da Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais


do Estado para o ano 2010

▪ Real Decreto 1371/2009, de 13 de agosto, polo que se modifica o Real


Decreto 1400/2007, de 29 de outubro, polo que se establecen normas para
o recoñecemento do complemento aos titulares de pensión de xubilación e
invalidez da Seguridade Social, na súa modalidade non contributiva, que
residan nunha vivenda alugada, prorrogando a súa vixencia para o ano 2009

◦ Cales son os requisitos que se deben cumprir?

▪ Ter recoñecida unha pensión de xubilación e invalidez da Seguridade Social


na súa modalidade non contributiva, na data da solicitude

▪ Carecer de vivenda en propiedade

▪ Ser o arrendatario da vivenda na data da solicitude

▪ Non ter relación de parentesco ata o terceiro grado co arrendador da


vivenda alugada

▪ Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada

◦ Si na mesma vivenda conviven dúas ou máis persoas cunha pensión non


contributiva recoñecida, terían todos dereito ao complemento?

Non, só terá dereito a este complemento aquel que sexa o titular do contrato de
arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.

◦ Cando se entende cumprido o requisito de residencia habitual?

Cando a vivenda sexa o domicilio habitual do pensionista que é titular do


arrendamento, entendendo que a vivenda é o domicilio habitual cando a vixencia
do arrendamento non sexa inferior a un ano e residise na mesma durante un

101
período mínimo de 180 días no ano do devengo do citado complemento e que
durante dito período percibise a correspondente prestación non contributiva.

◦ Onde e en que prazo se solicita este complemento?

Nos mesmos organismos sinalados para solicitar as prestacións non contributivas.

O prazo de solicitude deste complemento para 2010 finalizará o 31 de decembro.

102
IV.4.- Outras prestacións sociais

Prestacións económicas e sociais derivadas da LISMI

Estas prestacións económicas ven establecidas na Lei de Integración Social dos


Minusválidos (LISMI), a que nos referimos no módulo I, e desenvolvidas
posteriormente no Real Decreto 383/84, polo que se establece e regula o sistema
especial de prestacións sociais e económicas

◦ Cales son estas prestacións?

En canto as prestacións económicas estes tres:

▪ Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos (SGIM)

▪ Subsidio de axuda de terceira persoa (SATP)

▪ Subsidio de mobilidade e compensación de transporte (SMCT)

E a prestación técnica:

▪ Asistencia Sanitaria e Prestación Farmacéutica (ASPF)

◦ A quen están destinadas estas prestacións?

Van dirixidas á protección das persoas con discapacidade que por non desenvolver
actividade laboral non están comprendidas no campo de aplicación da Seguridade
Social.

◦ Aínda se manteñen estas prestacións?

Das prestacións sinalas, as dúas primeiras (SGIM e SATP) quedaron suprimidos pola
Disposición Transitoria Undécima do Real Decreto Lexislativo 1/1994, polo que se
aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, mantendo o dereito
os beneficiarios que o tiñan recoñecido, nos términos e condicións previstos na
lexislación específica que os regula.

◦ Cales son os requisitos das prestacións que se manteñen?

▪ Subsidio de Mobilidade e Compensación de Transporte (SMCT)

1. Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade


Social por non desenvolver actividade laboral.

103
2. Non ser beneficiario ou non ter dereito, por idade ou por calquera outra
circunstancias a prestación ou axuda de análoga natureza e finalidade e, no
seu caso, de igual ou superior contía outorgada por outro organismo
público.

3. Non superar o nivel de recursos económicos persoais e/ou familiares do


70%, en cómputo anual do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples
(IPREM), vixente en cada momento. No suposto de que o beneficiario teña
persoas ao seu cargo ou dependa dunha unidade familiar dito importe
incrementarase nun 10%, por cada membro distinto do beneficiario ata o
tope máximo do 100% do citado salario.

4. Idade: Ter tres ou máis anos.

5. Discapacidade: Grado de discapacidade igual ou superior ao 33%

6. Grave dificultade para utilizar transportes colectivos

7. No encontrarse imposibilitado para desprazarse fora da casa.

8. Si está interno nun centro, saír cando menos dez fins de semana ao ano

▪ Asistencia Sanitaria e Prestación Farmacéutica (ASPF)

1. Non estar comprendido no eido de aplicación do sistema da Seguridade


Social por non desenvolver actividade laboral.

2. Non ter dereito como titular ou beneficiario a estas prestacións do sistema


de Seguridade Social.

3. Discapacidade: Grado de discapacidade igual ou superior ao 33%

◦ Quen poden ser beneficiarios destas prestacións?

Poden ser beneficiarios destas prestacións os cidadáns españois e nacionais


doutros países, con residencia legal en España que cumpran os requisitos
anteditos

◦ Son compatibles con outras prestacións sociais?

Estes subsidios son compatibles entre si e incompatibles con outras prestacións


públicas, sempre que sexan de igual natureza e finalidade, e superior contía,
cando esta sexa inferior aboase a diferencia.

104
Prestacións familiares

◦ En que consisten as prestacións familiares da Seguridade Social, na súa


modalidade non contributiva?
a) Unha asignación económica por cada fillo, menor de 18 anos ou, cando sendo
maior desta idade, estea afectado por unha minusvalía, nun grado igual ou
superior ao 65 por 100, a cargo do beneficiario, calquera que sexa a natureza
legal da filiación daqueles, así como polos menores acollidos, en acollemento
familiar, permanente ou preadoptivo.
b) Unha prestación económica de pago único a tanto alzado por nacemento ou
adopción de fillo, en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos
casos de nais con discapacidade.
c) Unha prestación económica de pago único por parto ou adopción múltiples.
d) Unha prestación económica de pago único por nacemento ou adopción de fillo.

◦ No primeiro suposto, que ocorrería si o causante da prestación tivese un


traballo lucrativo por conta propia ou allea?
Neste caso, non perderá a condición de fillo ou de menor acollido a cargo sempre
que continúe vivindo co beneficiario da prestación e que os ingresos anuais do
causante, en concepto de rendementos do traballo, non superen o 100 por 100 do
Salario Mínimo Interprofesional, tamén en cómputo anual.
Tal condición manterase aínda que a afiliación do causante como traballador
supoña o seu encadramento nun réxime de Seguridade Social distinto a aquel no
que estea afiliado o beneficiario da prestación.

Nesta Guía faremos referencia, de xeito especial, a aquelas prestacións que


afecten a persoas con minusvalía.

• Excedencia e cotización efectiva

◦ En que consiste o dereito de excedencia e cotización efectiva?


O artigo 180 da LXSS recoñece ás persoas que estean dadas de alta na Seguridade
Social o dereito a que o primeiro ano de excedencia con reserva de posto de
traballo (dentro do período de excedencia de dous anos que os traballadores, de
acordo co artigo 46.3 do Estatuto dos Traballadores desfruten en razón do coidado
de cada fillo, natural ou adoptado, ou de menor acollido con carácter permanente
ou preadoptivo, ou por coidado de outros familiares) teña a consideración de
período de cotización efectiva, a efectos das correspondentes prestacións da

105
Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte ou
supervivencia e maternidade.

◦ Cal é a duración do período considerado de cotización efectiva?


O período considerado como de cotización efectiva terá unha duración de 15
meses si a unidade familiar da que forma parte o menor en razón de cuxo coidado
se solicita a excedencia ten a consideración de familia numerosa categoría xeral,
ou de 18 meses si ten a de categoría especial.

◦ Quen son os beneficiarios?


Os traballadores que soliciten a excedencia en razón do coidado de outros
familiares, ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, que, por razóns
de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, non poidan valerse por si
mesmos, e non desempeñen unha actividade retribuída.

• Por fillo a cargo

Esta prestación, regulada nos artigos 180 a 184 e 189 a 190 da LXSS (RDL 1/1994
de 20 de xuño), dende o 1 de xaneiro de 2004 ten unha soa modalidade, a non
contributiva.

◦ Que se entende por 'fillo a cargo'?


Enténdese por fillo a cargo aquel que viva co beneficiario e a súas expensas.

◦ A separación transitoria rompe a convivencia?


Cando a separación estea motivada por razóns de estudios, traballo, tratamento
médico, rehabilitación ou outras causas similares non rompe a convivencia entre
pais e fillos.

◦ Pérdese a condición de fillo a cargo polo feito de que o fillo realice un


traballo?
Cando o fillo realice un traballo lucrativo, por conta propia ou allea, sempre que
continúe convivindo co beneficiario da prestación e que os ingresos anuais do
causante (isto é, o fillo) en concepto de rendementos do traballo non superen o
75 por cento do Salario Mínimo Interprofesional en cómputo anual.

En aras dunha maior claridade imos distinguir os supostos en que o fillo a cargo
sexa menor de dezaoito anos de aqueles supostos en que sexa maior desta
idade.

106
• Fillo menor de dezaoito anos

◦ En que consiste a prestación?

A prestación consiste nunha asignación económica, por cada fillo, calquera que
sexa a natureza legal da filiación destes (matrimonial ou non, biolóxico ou
adoptado) menor de dezaoito anos e afectado por unha minusvalía igual ou
superior ao 33 por 100.

Tamén se concede polos menores acollidos, en acollemento familiar, permanente


ou preadoptivo. A contía da asignación actualízase mediante a Lei de Orzamentos
Xerais do Estado.

◦ Cal é a contía prevista para 2010 por fillo menor de idade?

A Lei 26/2009, de 23 de decembro,de Orzamentos Xerais do Estado asigna unha


contía de 500 euros en cómputo anual, cando o fillo ou menor acollido a cargo
teña una idade inferior a 5 anos, e de 291 euros cando o fillo ou menor acollido a
cargo teña unha idade comprendida entre os 3 e 18 anos de idade.

Nos casos en que o fillo ou menor acollido a cargo teña a condición de persoa con
discapacidade, o importe da asignación económica será, en cómputo anual, o
seguinte:

1.000 euros cando o fillo ou menor acollido a cargo teña un grado de


discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

◦ Aumenta a contía a máis alto grado de discapacidade?

Non, a contía non aumenta coa porcentaxe da cualificación legal de minusvalía.

◦ Cumpre xustificar necesidades económicas por parte do interesado?

Non é preciso. Tense dereito á asignación con independencia dos recursos


económicos de que dispoña a familia.

◦ Como se realiza o pago?

O pago é semestral por semestre vencido e efectúao a Tesourería Xeral da


Seguridade Social..

◦ Quen e cales son os requisitos para acceder a esta asignación económica?

Ten dereito á asignación económica o pai ou a nai do neno afectado dunha


discapacidade, que reúnan os seguintes requisitos:

▪ Deben residir legalmente en territorio español.

▪ Ter a cargo un fillo ou acollido con discapacidade menor de dezaoito anos.

107
▪ Non ter dereito, nin o pai nin a nai, a prestacións desta mesma natureza en
calquera outro réxime público de protección social.

Si tanto o pai como a nai reúnen os requisitos para ser beneficiarios da


prestación, só se recoñecerá a favor dun deles, determinado de común acordo
(presumirase que existe acordo cando a asignación económica se solicite por un
dos pais).

Si non existira acordo entre os pais determinarase conforme ás regras establecidas


no Código Civil en canto á patria potestade. Nos casos de separación xudicial ou
divorcio, o dereito ao percibo da asignación conservarase para o pai ou a nai polos
fillos que teñan ao seu cargo, aínda que se trate de persoa distinta a aquela que a
tiña recoñecida antes de producirse a separación xudicial ou divorcio.

◦ Como se aplica este dereito a quen son orfos de pais?

Aos orfos de pai e nai, menores de dezaoito anos e con minusvalía, tamén terán
dereito á asignación que, no seu caso e en razón deles, lle correspondese aos seus
pais, sexan ou non pensionistas de orfandade do sistema da Seguridade Social.

O mesmo criterio aplícase para os nenos que fosen abandonados polos seus pais,
sempre que non se encontren en réxime de acollemento familiar, permanente ou
preadoptivo.

◦ Ten algunha incompatibilidade?

Amais dos supostos en que tanto o pai como a nai reúnen os requisitos para ser
beneficiarios, que se resolven como vimos anteriormente, a asignación por fillo a
cargo será incompatible coa percepción, por parte do pai ou a nai, de calquera
outra prestación análoga establecida nos restantes réximes públicos de protección
social.

• Fillo maior de dezaoito anos

◦ En que consiste esta asignación?

A prestación consiste nunha asignación económica, por cada fillo, calquera que
sexa a natureza legal da filiación destes (matrimonial ou non, biolóxica ou
adoptado) maior de dezaoito anos e afectado por unha discapacidade igual ou
superior ao 65 por 100.

◦ Que ocorre cando un menor con discapacidade cumpre os dezaoito anos?

Neste caso, si a porcentaxe de minusvalía é inferior ao 65 % (segundo o criterio da


Administración) deixará de percibirse a asignación que se percibía antes de
cumprir esa idade.

108
◦ Aumenta a contía económica da prestación segundo a porcentaxe da
cualificación da minusvalía?

Nesta etapa si aumenta a contía da asignación.

◦ Cal é a contía prevista para 2010 por fillo maior de idade?

▪ 4.076,40 euros cando o fillo a cargo sexa maior de 18 anos e estea afectado
por unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 65 por cento.

▪ 6.115,20 euros cando o fillo a cargo sexa maior de 18 anos, estea afectado
por unha discapacidade nun grado igual ou superior ao 75 por cento e,
como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite o
concurso de outra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida,
tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

◦ Como se determina o grado de discapacidade?

O grado de discapacidade, a efectos do recoñecemento das asignacións por


descendente con discapacidade a cargo, así como a situación de dependencia e a
necesidade do concurso dunha terceira persoa para a realización dos actos máis
esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos,
determínanse con arranxo aos baremos incluídos no Real Decreto 1971/1999 ao
que nos referimos no módulo II desta guía.

◦ Cumpre xustificar necesidades económicas por parte do interesado?

Non será preciso. Tense dereito á asignación con independencia dos recursos
económicos de que dispoña a familia.

◦ Como se realiza o pago?

O pago é mensual por mes vencido e efectúao a Tesourería Xeral da Seguridade


Social.

◦ Quen ten dereito a esta prestación?

Ten dereito á asignación económica o pai ou a nai do fillo afectado de minusvalía,


que reúnan os seguintes requisitos:

▪ Residir legalmente en territorio español.

▪ Ter a cargo un descendente con discapacidade maior de dezaoito anos e


afectado por unha discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

▪ Non ter dereito, nin o pai nin a nai, a prestacións desta mesma natureza en
calquera outro réxime público de protección social.

109
◦ Cando ambos pais ten dereito a cal deles se recoñece?

Si tanto o pai como a nai reúnen os requisitos para ser beneficiarios da


prestación, só se recoñecerá a favor dun deles determinado de común acordo
(presumirase que existe acordo cando a asignación económica se solicite por un
dos padres).

Si non existira acordo entre os pais se determinará conforme ás regras


establecidas no Código Civil en canto á patria potestade.

Nos casos de separación xudicial ou divorcio, o dereito ao percibo da asignación


conservarase para o pai ou a nai polos fillos que teñan a seu cargo, aínda que se
trate de persoa distinta a aquela que a teña recoñecida antes de producirse a
separación xudicial ou divorcio.

◦ Quen quedara orfo de pais tamén ten dereito esta percepción?

Si, terán dereito á asignación que, no seu caso e en razón deles, lles
correspondese a seus pais, aqueles orfos de pai e nai, maiores de dezaoito anos e
con discapacidade nun grado igual ou superior ao 65 por 100, que non sexan
pensionistas de orfandade do sistema da Seguridade Social e teñan unha
incapacidade para todo traballo. O mesmo criterio aplícase para os fillos que
fosen abandonados polos seus pais, sempre que non se encontren en réxime de
acollemento familiar, permanente ou preadoptivo.

Tamén serán beneficiarios destas asignacións, que en razón de eles lles


correspondesen a seus pais, os fillos minusválidos maiores de 18 anos que non
fosen incapacitados xudicialmente e conserven a súa capacidade de obrar.

◦ Que incompatibilidades ten esta prestación?

Ademais dos supostos en que tanto o pai como a nai reúnen os requisitos para ser
beneficiarios que se resolven como vimos anteriormente, a asignación por fillo a
cargo será incompatible coa percepción, por parte do pai ou a nai, de calquera
outra prestación análoga establecida nos restantes réximes públicos de protección
social.

Ensimesmo, a percepción das asignacións económicas por fillo con discapacidade


a cargo, será incompatible coa condición, por parte do fillo con discapacidade, de
pensionista de invalidez ou xubilación na modalidade non contributiva así como de
pensionista de orfandade con 18 ou máis anos e incapacitado para todo traballo.

A incompatibilidade coa pensión de orfandade foi introducida pola Lei 52/2003,


de 10 de decembro, de disposicións específicas en materia de Seguridade Social.
Ante a protesta unánime dos colectivos de representación de persoas con
discapacidade pola mingua de recursos económicos para moitas persoas con
discapacidade, o Goberno rectificou mediante o Real Decreto 364/2004, de 5 de
marzo, de mellora das pensións de orfandade a favor de persoas con minusvalía,
aumentando a pensión de orfandade na contía do importe da prestación familiar

110
por fillo a cargo que corresponda ao grado de minusvalía. Finalmente, este
decreto foi derrogado pola Lei 8/2005, de 6 de xuño, para compatibilizar as
pensións de invalidez na súa modalidade non contributiva co traballo remunerado,
segundo a cal (actual parágrafo segundo do artigo 147 da LXSS):

“... a suma da contía da pensión de invalidez e dos ingresos obtidos pola


actividade desenvolvida non poderán ser superiores, no cómputo anual, ao
importe, tamén en cómputo anual, do indicador público de renda de efectos
múltiples (IPREM) vixente en cada momento. No caso de exceder de dita contía,
minorarase o importe da pensión no 50 % do exceso sen que, en ningún caso, a
suma da pensión e dos ingresos poida superar 1,5 veces o indicador público de
renda de efectos múltiples (IPREM)”

◦ Que efectos ten a solicitude desta prestación?

Solicitada a prestación familiar por fillo a cargo, a Seguridade Social ven


recoñecendo o dereito á asignación económica a partir do día primeiro do
trimestre natural inmediatamente seguinte ao de presentación da solicitude (en
aplicación do artigo 13 do RD 356/1991), pero cabe pedir ao facer a solicitude que
os efectos de tal recoñecemento se produzan a partir dos tres meses anteriores á
data en que se presente a correspondente solicitude (ao amparo do artigo 43
LXSS)

• Prestación por nacemento ou adopción

◦ En que consiste esta prestación?

Consiste nunha prestación económica de pago único a tanto alzado por nacemento
ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos
casos de nais con discapacidade.

◦ Quen son beneficiarias desta prestación?

En términos xerais son as seguintes:

• Familias que adquiran a condición de familia numerosa, para o cal


entenderase o disposto na Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección
ás Familias Numerosas.

• Familias monoparentais, entendendo por tal a constituída por un só


proxenitor co que convive o fillo nacido ou adoptado e que constitúe o
sustentador único da familia.

• Supostos nos que a nai padeza unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

111
Tendo en conta isto:

Quen teñan dous ou máis fillos terá dereito, con motivo do nacemento ou a
adopción en España dun novo fillo, a unha prestación económica do sistema da
Seguridade Social (artigo 185 LXSS segundo a redacción dada pola Lei 52/2003 de
10 de decembro).

Serán tidos en conta, para o cómputo do terceiro ou sucesivo fillo, tódolos fillos,
con independencia da súa filiación, comúns ou non comúns, que convivan na
unidade familiar e estean a cargo dos pais.

Tamén terán dereito á prestación quen, con independencia do número de fillos,


cheguen a ter, con motivo do nacemento ou a adopción (por exemplo, nos
supostos de parto ou adopción múltiple), tres o máis fillos.

A efectos do cómputo do número de fillos para ser beneficiario desta prestación,


os fillos afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento
computarán o dobre.

◦ Que requisitos deben reunir o pai, a nai ou, no seu defecto, a persoa que
regulamentaria se estableza, para ser beneficiario da prestación?

Son os establecidos no artigo 182 da LXSS, entre eles:

• Residir legalmente en España

• Non percibir ingresos anuais, de calquera natureza, superiores a 11.264,01 euros,


contía que se incrementa nun 15 por 100 por cada fillo a partir do segundo, este
incluído (súmanse os ingresos do pai e da nai si conviven). Non obstante, cando se
trate de familias numerosas o límite dos ingresos queda establecido en 16.953,05
euros anuais.

• Non ter dereito, nin o pai nin a nai, a prestacións desta mesma natureza en
calquera outro réxime público de protección social.

◦ Cal é a contía da prestación económica?

A prestación económica por nacemento ou adopción dun terceiro ou sucesivos


fillos consiste nun pago único de 1.000 euros (segundo a modificación dada pola
Lei 35/2007, de 15 de novembro e segundo a Lei 26/2009, de Orzamentos Xerais
para 2010), por cada fillo, natural ou adoptado.

Ensimesmo, terán dereito a beneficiarse dunha PNC de 2.500 euros as persoas a


que se refire o artigo 2 da Lei 35/2007, de 15 de novembro, sempre que non
tivesen dereito á súa dedución no IRPF.

112
Prestacións por morte ou supervivencia

◦ En que consisten estas prestacións?

Trátase de prestacións que se outorgan polo falecemento do causante da mesma e


a efectos desta guía, interésannos soamente a pensión de orfandade, para o caso
de falecemento do pai ou a nai dunha persoa con discapacidade, e as prestacións
a favor de familiares (netos e irmáns con discapacidade, fundamentalmente).

◦ Que requisitos debe reunir o causante da prestación no momento do


falecemento?

▪ Estar afiliado e dado de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social e ter


cotizado de modo completo cincocentos días dentro dos cinco anos
anteriores a data o falecemento, salvo que a causa deste sexa un accidente
de traballo ou enfermidade profesional en cuxo caso non se esixirá este
requisito

▪ Ter recoñecida unha invalidez provisional ou ser pensionista por invalidez


permanente absoluta para todo traballo na súa modalidade contributiva.

• Pensión de Orfandade

◦ Quen ten dereito a unha pensión de orfandade?

De acordo co artigo 175.1 da LXSS “terán dereito á pensión de orfandade, en


réxime de igualdade, cada un dos fillos do causante, calquera que sexa a natureza
da súa filiación, sempre que, ao falecer o causante, sexan menores de dezaoito
anos ou estean incapacitados para o traballo, e que aquel se encontrase en alta
ou en situación asimilada á alta”.

“Será de aplicación, ensimesmo, ás pensións de orfandade o previsto no segundo


parágrafo do apartado 1 do artigo 174” da LXSS, isto é, de cumprirse os requisitos
establecidos na pregunta anterior.

◦ No suposto de que o fillo teña ingresos, segue percibindo esta prestación?

Cando o fillo do causante non efectúe un traballo lucrativo por conta propia ou
allea ou, cando realizando, os ingresos que obteña resulten inferiores en cómputo
anual á contía vixente para o Salario Mínimo Interprofesional, tamén en cómputo
anual, poderá ser beneficiario da pensión de orfandade, sempre que a data do
falecemento do causante, aquel fora menor de 22 anos, ou de 24 si non
sobrevivira ningún dos dous ascendentes ou o orfo presentara unha discapacidade
nun grao igual ou superior ao 33 %.

113
No caso de orfandade absoluta, si o orfo estivera cursando estudos e cumprise os
24 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión de
orfandade manterase ata o día primeiro do mes inmediatamente posterior ao do
inicio do seguinte curso académico.

◦ Quen será o perceptor da pensión de orfandade?

A pensión de orfandade abonarase a quen teña ao seu cargo ás persoas


beneficiarias.

◦ Cal será a contía que percibirá cada beneficiario?

De acordo co establecido no artigo 48.cinco da Lei 26/2009, de 23 de decembro


de 2009, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010 (publicada no BOE do
24 de decembro), a cantidade establecida para o ano 2010 será de 2.511, 60
euros anuais por beneficiario.

Nos supostos de orfandade absoluta (falecemento de pai e nai) o mínimo


incrementarase 6.228,60 euros ao ano distribuídos, no seu caso entre tódolos
beneficiarios.

No suposto de que o beneficiario sexa unha persoa con discapacidade, menor de


18 anos, cuxa discapacidade sexa igual ou superior ao 65 por cento, a contía será
de 4.944,80 euros anuais.

◦ Cando se extinguen as pensións de orfandade?

Extinguiranse polas seguintes causas que afecten ao beneficiario:

▪ Cumprir os dezaoito anos salvo que nese momento tivese recoñecida


incapacidade para o traballo

▪ Cesar a incapacidade que lle outorgaba o dereito a pensión

▪ Adquirir estado matrimonial ou relixioso

▪ Falecemento

◦ Cales son as compatibilidades e incompatibilidades da pensión de orfandade?

A pensión de orfandade será compatible con calquera renda de traballo de quen


sexa ou fose cónxuxe do causante, ou do propio orfo, así como, no seu caso, coa
pensión de viuvez que aquel perciba.

A percepción da pensión de orfandade será incompatible co desempeño dun posto


de traballo no sector público (o que deixará en suspenso a percepción da
pensión).

114
Os orfos incapacitados para o traballo con dereito a pensión de orfandade, cando
perciban outra pensión da Seguridade Social en razón á mesma incapacidade terán
que optar entre unha ou outra (por exemplo, pensión non contributiva de
invalidez).

• Prestación a favor de familiares

◦ Que outros familiares terán dereito a pensión ou subsidio por morte do


causante?

Regulamentariamente establecerase aqueles outros familiares ou asimilados que,


reunindo as condicións que para cada un deles se establezan e previa proba da
súa dependencia económica do causante, terán dereito a pensión ou subsidio por
morte deste, na contía que respectivamente se fixe. Este Regulamento foi
aprobado polo Decreto 3158/1966, de 23 de decembro.e refírese aos beneficiarios
desta pensión no artigo 40, onde establece unha serie de requisitos para os
familiares consanguíneos do causante:

1) Netos e irmáns

a) Menores de dezaoito anos ou que teñan reducida a súa capacidade de traballo


nun grao de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez (determinada
polo INSS tras un recoñecemento médico).

b) Orfos de pai e nai.

c) Que conviviran co causante, e a súas expensas, ao menos con dous anos de


antelación ao falecemento daquel.

d) Que non teñan dereito a pensión pública

e) Que carezan de medios de subsistencia e non queden familiares con obrigación


e posibilidade de prestarlles alimentos segundo a lexislación civil.

Entenderase que carece de medios cando os seus ingresos anuais sexan iguais ou
inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI). Si traballaran por conta allea
ou propia será preciso ademais que os ingresos anuais procedentes do traballo ou
da actividade profesional non superen o 75 por 100 do SMI.

2) Nai e avoas

a) Viúvas, solteiras ou casadas cuxo marido estea incapacitado para o traballo


b) Que reúnan as condicións c), d) i e) do punto 1) referido a netos e irmáns.

3) Pai e avós

115
a) Que teñan cumpridos os sesenta anos de idade ou se atopen incapacitados para
o traballo
b) Que reúnan as condicións c), d) i e) do punto 1) referido a netos e irmáns.

En todo caso, recoñecerase o dereito a pensión aos fillos ou irmáns de


beneficiarios de pensións contributivas de xubilación e invalidez, en quen se dean
as seguintes circunstancias:

▪ Ter convivido co causante e a seu cargo.

▪ Ser maiores de corenta e cinco anos e solteiros, divorciados ou


viúvos.

▪ Acreditar adicación prolongada ao coidado do causante.

▪ Carecer de medios propios de vida.

◦ Cal é a contía desta prestación?

A contía será para cada un deles igual á sinalada para a prestación de orfandade,
isto é, 2.511, 60 euros anuais.

Cando do falecemento do causante non se derivan beneficiarios que sexan o viúvo


ou os orfos, e sobrevivise un único beneficiario con 65 ou máis anos este terá
dereito a percibir unha contía de 6074,60 euros.

◦ Cando se extingue?

A dos netos e irmáns, polas mesmas causas sinaladas para a pensión de orfandade.

A dos ascendentes por contraer novas nupcias, adquirir estado relixioso, ou por
falecemento

116
IV.5.- Renda de integración social de Galicia (RISGA)

◦ Que é a RISGA?

A Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) é unha prestación social de


carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a
quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído
por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar,
social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

◦ Cal é a normativa reguladora do RISGA?

▪ Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción


social (DOG nº 191 do 03 de outubro de 1991).

▪ Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991,


do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social no
relativo á renda de integración social de Galicia (DOG nº 214 do 05 de
novembro de 1991).

▪ Lei 1/1999, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Lei 9/1991, do 2 de


outubro, de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 36 do 22 de
febreiro de 1999).

▪ Lei 16/2004, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 9/1991, do 2


de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG nº 254
do 31 de decembro de 2004)

◦ Que requisitos se deben cumprir as persoas para ser beneficiarias?

• Estar empadroadas e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da


Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante o ano inmediatamente
anterior á formulación da solicitude. Enténdese por residencia efectiva aquela
que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce.

• Os cidadáns e as cidadás doutros estados non membros da Unión Europea


precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da
formulación da solicitude.

• Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada


económicamente á persoa solicitante.

• Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos.

• Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da


RISGA que no seu caso lle corresponda.

117
• Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestar
alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito
aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida
facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes,
das que exista constancia no expediente.

◦ Que persoas están eximidas do cumprimento do requisito dun ano de


residencia?

a) Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado


español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que
proceden, sempre que na lexislación desa Comunidade se recolla a reciprocidade.

b) As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de


seguridade.

c) Os emigrantes galegos retornados cando fixen a súa residencia en Galicia.


Asemade, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades
autónomas volvan fixar a súa residencia en Galicia.

◦ En que supostos, sendo menor de 25 anos, se pode acceder a esta prestación?

a) Menores de 25 anos, que reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ao seu
cargo.

b) Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a unha discapacidade, non


teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.

c) Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade,


estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección
de menores ou en acollemento familiar.

◦ Como se solicita?

A solicitude deberá facerse presentándoa, presencialmente, en calquera momento


do ano, xunto coa documentación requirida, nos Servizos Sociais de Atención
Primaria do Concello de residencia ou na Consellería competente.

◦ Cal é a documentación requirida?

• Impreso de solicitude da RISGA

• Acreditación de ingresos

De todos os conviventes (IRPF, nómina, etc), no seu caso.

• Fotocopia cotexada do DNI

Do/da solicitante e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia.

118
• Fotocopia do libro de familia (se é o caso)

• Copia cotexada do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles da vivenda propia (no
seu caso)

• Xustificación documental que proceda no caso de ser titular doutros bens mobles
ou inmobles

• Copia cotexada do certificado de Minusvalía

No suposto de que o solicitante ou calquera dos membros da unidade de


convivencia teña a condición de persoa con discapacidade.

• Orde de protección

No caso de ser vítima de violencia doméstica que cambia o seu domicilio por
motivos de seguridade.

◦ Cales son as obrigas das persoas beneficiarias?

1. Destinar o importe da prestación ao fin para o que se concede.

2. Participar nas accións contidas no proxecto de inserción.

3. Escolarizar os menores ao seu cargo que estean en idade escolar obrigatoria.

4. Non exercer a mendicidade nin a prostitución, nin inducir á práctica de calquera


delas a ningún membro da unidade de convivencia.

5. Comunicar as variacións sobrevidas que puidesen dar lugar á modificación,


suspensión ou extinción da prestación.

6. Exercitar, cando o órgano competente para a resolución o estime conveniente, á


vista dos informes que consten no expediente e no prazo que se estableza na
correspondente resolución, calquera dereito económico que puidese
corresponderlles segundo a lexislación vixente.

7. Cantas outras obrigas se deriven do obxecto e finalidade da RISGA.

◦ Cales son as prestacións económicas que ofrece o RISGA?

a. Subsidio básico de contía fixa equivalente ao 75 % do importe mensual do


indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

b. Complemento familiar variable en función do número de membros do fogar:

▪ 12% do importe mensual do IPREM polo primeiro membro adicional.

▪ 10 % do importe mensual do IPREM polo segundo.

▪ 8 % do importe mensual do IPREM por cada un dos restantes membros.

119
◦ Cales son as compatibilidades e incompatibilidades desta prestación?

O subsidio básico e o complemento variable da RISGA son incompatibles coa


percepción de pensións ou axudas de carácter público, contributivas ou non
contributivas, coas excepcións que a continuación se sinalan:

▪ O citado subsidio básico así como o complemento variable son compatibles


coas prestacións de protección á familia outorgadas a persoas con cargas
familiares, si ben o seu importe así como calquera outro ingreso deben
deducirse do importe da prestación, coa excepción sinalada a
continuación.

▪ O subsidio básico e o complemento familiar son compatibles coas axudas de


carácter finalista dirixidas á formación regulada e profesional ou a paliar
situacións de emerxencia social así como coas prestacións familiares por
fillo a cargo maior de dezaoito anos cunha discapacidade igual ou superior
ao 65 % xeradas polas persoas integrantes da unidade de convivencia, non
descontándose o seu importe en ningún destes últimos casos citados.

120
V.- Accesibilidade

V.1.- Normativa ............................................................................. 122

V.2.- Conceptos básicos ................................................................... 128

• Accesibilidade ....................................................................... 128

• Vida independente .................................................................. 128

• Normalización ........................................................................ 128

• Accesibilidade universal ............................................................ 128

• Deseño para Todos/as .............................................................. 128

• Barreiras arquitectónicas ......................................................... 129

• Barreiras físicas ...................................................................... 129

V.3.- Outras normas e documentos relacionados coa accesibilidade ............ 131

▪ I Plan Nacional de Accesibilidade 2004-2012 …......................... 131

▪ Convenio de Accesibilidade Universal .................................... 131

▪ Convenio de Accesibilidade no Transporte .............................. 132

▪ ¡Pregúntame sobre accesibilidade e axudas técnicas! ................ 133

V.4.- Ámbitos de intervención das políticas de accesibilidade .................... 134

▪ Accesibilidade arquitectónica ............................................. 134

▪ Accesibilidade urbanística ................................................ 136

▪ Formación, aprendizaxe e emprego ...................................... 138

▪ Transporte .................................................................... 141

▪ Ocio e Cultura ............................................................... 142

▪ Comunicación e participación social .................................... 144

121
V.1.- Normativa

◦ Cal é o marco normativo ao respecto da accesibilidade?

Na actualidade poden considerarse catro ordenamentos xurídicos que concorren


en definir un marco xurídico global: o universal, o comunitario (o da Unión
Europea), o estatal e o de cada Comunidade Autónoma.

Os catro niveis constitúen un todo inseparable para a realización de obxectivos


comúns, como a promoción da accesibilidade.

Son as seguintes:

Ámbito universal

▪ Normas Uniformes sobre a Igualdade de Oportunidades para as persoas con


Discapacidade (Resolución Aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións
Unidas o 20 de decembro de 1993)

◦ Que din estas normas respecto a accesibilidade?

Fan referencia, especialmente, aos seguintes catro puntos:

i. Os Estados deben adoptar medidas para eliminar os obstáculos á


participación no entorno físico. Ditas medidas poden consistir en elaborar
normas e directrices e en estudar a posibilidade de promulgar leis que
aseguren o acceso a diferentes sectores da sociedade, por exemplo, no que
se refire ás vivendas, os edificios, os servizos de transporte público e outros
medios de transporte, as rúas e outros lugares ao aire libre.

ii. Os Estados deben velar por que os arquitectos, os técnicos da construción e


outros profesionais que participen no deseño e a construción do entorno
físico poidan obter información adecuada sobre a política en materia de
discapacidade e as medidas encamiñadas a asegurar o acceso.

iii. As medidas para asegurar o acceso incluiranse desde o principio no deseño e


a construción do entorno físico.

iv. Debe consultarse ás organizacións de persoas con discapacidade cando se


elaboren normas e disposicións para asegurar o acceso. Ditas organizacións
deben ensimesmo participar no plano local, dende a etapa de planificación
inicial, cando se deseñen os proxectos de obras públicas, a fin de garantir ao
máximo as posibilidades de acceso.

122
▪ Convención 61/106 do 13 de decembro de 2006 da Asemblea Xeral das
Nacións Unidas sobre dereitos das Persoas con Discapacidade (convención
ratificada polo estado español e publicada no BOE o 21 de abril de 2008)

◦ Esta norma, de ámbito universal, é de obrigado cumprimento no estado


español?

Dende a súa ratificación polo estado español, coa súa publicación no BOE o 21 de
abril de 2008, esta norma adquire plenos efectos xurídicos e, polo tanto, resulta
de obrigado cumprimento a partir da súa entrada en vigor (aos 30 días da súa
publicación)

◦ Que finalidade persegue esta norma respecto a accesibilidade das persoas con
discapacidade?

Busca, segundo o artigo 9 desta norma, “que as persoas con discapacidade


poidan vivir en forma independente e participar plenamente en tódolos
aspectos da vida” para o cal obriga aos Estados Partes a adoptar as
“medidas pertinentes para asegurar o acceso das persoas con discapacidade,
en igualdade de condicións coas demais, ao entorno físico, o transporte, a
información e as comunicacións, incluídos os sistemas e as Tecnoloxías da
Información e as Comunicacións (TIC), e a outros servizos e instalacións
abertos ao público ou de uso público, tanto en zonas urbanas como rurais”.

◦ En que consistirán as medidas a que se refire a norma?

▪ Estas medidas incluirán a identificación i eliminación de obstáculos e


barreiras de acceso e aplicaranse, entre outras cousas, a:

a) Os edificios, as vías públicas, o transporte e outras instalacións exteriores e


interiores como escolas, vivendas, instalacións médicas e lugares de traballo;

b) Os servizos de información, comunicacións e de outro tipo, incluídos os servizos


electrónicos e de emerxencia.

▪ Amais, adoptaranse as medidas pertinentes para:

a) Desenvolver, promulgar e supervisar a aplicación de normas mínimas e


directrices sobre a accesibilidade das instalacións e os servizos abertos ao público
ou de uso público;

b) Asegurar que as entidades privadas que proporcionan instalacións e servizos


abertos ao público ou de uso público teñan en conta tódolos aspectos da súa
accesibilidade para as persoas con discapacidade;

c) Ofrecer formación a tódalas persoas involucradas nos problemas de


accesibilidade a que se enfrontan as persoas con discapacidade;

d) Dotar aos edificios e outras instalacións abertas ao público de sinalización en


Braille e en formatos de fácil lectura e comprensión;

123
e) Ofrecer formas de asistencia humana ou animal e intermediarios, incluídos
guías, lectores e intérpretes profesionais da lingua de sinais, para facilitar o
acceso a edificios e outras instalacións abertas ao público;

f) Promover outras formas adecuadas de asistencia e apoio ás persoas con


discapacidade para asegurar o seu acceso á información;

g) Promover o acceso das persoas con discapacidade aos novos sistemas e


tecnoloxías da información e as comunicacións, incluída Internet;

h) Promover o deseño, o desenvolvemento, a produción e a distribución de


sistemas e tecnoloxías da información e as comunicacións accesibles nunha etapa
temperán, a fin de que estes sistemas e tecnoloxías sexan accesibles a menor
costo.

Ámbito Europeo

▪ Comunicación da Comisión, de 30 de xullo de 1996, sobre a igualdade de


oportunidades das persoas minusválidas

▪ Resolución do Consello e dos representantes dos gobernos dos Estados


membros reunidos no seno do Consello de 20 de decembro de 1996 sobre a
igualdade de oportunidades para as persoas con minusvalías

◦ Cal é a estratexia da Unión Europea en materia de accesibilidade?

A partir do principio de igualdade de oportunidades (ver def. páxina 6) pasa a


ser o fundamento do programa baseado no recoñecemento dos dereitos das
persoas con discapacidade, e as medidas destinadas a superar as limitacións
funcionais empezan a ser substituídas por outras orientadas cara á igualdade
efectiva de dereitos, partindo da premisa de que “as barreiras presentes no
entorno físico obstaculizan a participación social en maior medida que as
limitacións funcionais”.

En consecuencia, constitúen factores indispensables para acadar a igualdade de


oportunidades:

1. A adopción de disposicións lexislativas tendentes á eliminación de


barreiras.

2. A posta a disposición de instalacións adaptadas

3. O “Deseño para Todos e Todas”

124
Ámbito estatal

▪ Lei 13/1982, de 7 de abril, de Integración social de Minusválidos

▪ Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non


discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

◦ Que di a LSIMI respecto a accesibilidade?

A LISMI adica a Sección Primeira do Título IX a “mobilidade e barreiras


arquitectónicas”, en concreto o artigo 54.1 sinala que “a construción, ampliación
e reforma dos edificios de propiedade pública ou privada, destinados a un uso que
implique a concorrencia de público, así como a planificación e urbanización das
vías públicas, parques e xardíns de iguais características, efectuarase de forma tal
que resulten accesibles e utilizables ás persoas con minusvalía”.

A LISMI tamén fai referencia a adaptabilidade do posto de traballo nas empresas


(artigo 38.4 L13/1982, LISMI) ou ao acceso das persoas con minusvalía “as
actividades deportivas, culturais, de ocio e tempo libre” (artigo 52.5 L13/1982
LISMI) entre outras.

◦ Que motiva a aparición da Lei 51/2003?

A LISMI está baseada no desenvolvemento de medidas de acción positiva e


compensatorias destinadas á protección da persoa máis que a súa cualificación e
participación activa na sociedade. A estratexia de “acción positiva”, aínda que
válida, amosouse insuficiente, de aí a aparición da Lei 51/2003.

Existen dúas razóns básicas para a promulgación desta norma:

- A persistencia das desigualdades na nosa sociedade.

- O cambio de enfoques e perspectivas á hora de entender a discapacidade: hoxe


en día considerase que as desvantaxes que presenta unha persoa con
discapacidade, ten a súa orixe nas súas dificultades persoais e -en maior
medida- nos obstáculos e condicións limitativas da propia sociedade.

◦ Cales son os principios da Lei 51/2003, de igualdade de oportunidades, non


discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade?

Esta Lei inspírase “nos principios de vida independente, normalización,


accesibilidade universal, deseño para todos, diálogo civil e transversalidade das
políticas en materia de discapacidade, segundo o seu artigo segundo.

125
Ámbito Autonómico

▪ Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na


Comunidade Autónoma de Galicia

▪ Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de


desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de
barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

En materia de accesibilidade, as comunidades autónomas ten competencia


exclusiva, e optaron na súa maioría pola elaboración de leis que conten principios
xerais, obxectivos e definicións, relegando a rango regulamentario disposicións en
forma de normas técnicas que determinan como debe entenderse a accesibilidade
nos diferentes espazos.

◦ Tódalas leis autonómicas de accesibilidade, contén unha mesma estrutura


básica común, cal é?

▪ Epígrafes sectoriais:

◦ Urbanismo (Título II – Capítulo I)

◦ Edificación (Título II – Capítulo II)

◦ Transporte (Título II – Capítulo III)

◦ Comunicación sensorial (Título II – Capítulo IV)

▪ Outros epígrafes:

◦ Fondo para a supresión de barreiras (Título III)

◦ Consello para a promoción da accesibilidade (Título VI).

◦ Cales son os obxectivos da norma galega?

a) Garantirlles ás persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación a


accesibilidade e utilización do contorno urbano, de edificios, medios de
transporte e sistemas de comunicación sensorial.

b) A promoción de axudas técnicas para mellora-la calidade de vida das citadas


persoas.

c) O establecemento de medidas de fomento para conseguila integración das persoas


con limitación.

d) O control do cumprimento da normativa aplicable na materia e o establecemento


do correspondente réxime sancionador para as infraccións cometidas.

e) A desaparición das barreiras ou dos obstáculos físicos ou sensoriais existentes.

126
◦ A que obedece a creación do Consello Galego para a Promoción da
Accesibilidade e a Supresión de Barreiras?

O Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras é


un órgano de participación e consulta e ten como funcións asesorar e informar
propostas e criterios de actuación, e face-lo seguimento do disposto na Lei de
accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e no
Regulamento de desenvolvemento e execución da devandita lei. No Consello están
representadas a Comunidade Autónoma, as corporacións locais, as entidades
públicas e privadas e os colexios profesionais con interese na materia.

◦ Cales son as súas funcións?

• Emitir informe sobre os anteproxectos de leis e decretos relativos á promoción da


accesibilidade e á supresión de barreiras e sobre os programas de gasto do fondo
para a supresión de barreiras e os programas específicos de actuación
desenvolvidos ao abeiro do mesmo.

• Asesorar sobre as propostas que fagan referencia ao ámbito de promoción da


accesibilidade e a supresión de barreiras e asesorar e fomentar, en relación coa
accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, as adaptacións e as
axudas técnicas.

• Propoñerlles aos órganos competentes os criterios de actuacións en materia de


urbanismo, edificación, transporte e comunicación que sexan necesarios para a
promoción da accesibilidade e a supresión de barreiras, así como as medidas de
fomento que se consideren oportunas.

• Resolvelas propostas alternativas realizadas con base no establecido nos artigos


22.3º da Lei 8/1997 e 16 e 40.2º do seu regulamento.

• Calquera outra función informativa ou asesora que lle sexa solicitada polas
diferentes administracións públicas galegas en materia de accesibilidade e
supresión de barreiras

• Impulsar e realizar un seguimento xeral das accións de control da accesibilidade


que leven a cabo as consellerías e outros órganos ou entes da Xunta de Galicia,
así como as outras administracións públicas ou entidades competentes no control
da accesibilidade

• Realizar un seguimento xeral das denuncias presentadas nas diferentes


administracións e do cumprimento dos prazos de elaboración, revisión e
execución dos plans de adaptación e supresión de barreiras previstos na Lei
8/1997 e no Decreto 35/2000.

• Emitir informes sobre o cumprimento da normativa, avances técnicos, suxestións


e recomendacións sobre actuacións futuras e demais aspectos relacionados co
ámbito das súas competencias.

127
V.2.- Conceptos básicos

◦ Que se entende por 'accesibilidade'?

De acordo co artigo 3 do Decreto 35/2000, e de acordo coa previsión legal sobre a


materia, enténdese por accesibilidade aquelas características do urbanismo, da
edificación, do transporte ou dos medios e sistemas de comunicación que
permiten a calquera persoa a súa utilización e desfrute de maneira autónoma, con
independencia da súa condición física, psíquica ou sensorial.

◦ Que se entende por 'vida independente'?

A situación na que a persoa con discapacidade exerce o poder de decisión sobre a


súa propia existencia e participa activamente na vida da súa comunidade,
conforme ao dereito ao libre desenvolvemento da personalidade.

◦ Que se entende por 'normalización'?

O principio en virtude do cal as persoas con discapacidade deben poder levar unha
vida normal, accedendo aos mesmos lugares, ámbitos, bens e servizos que están a
disposición de calquera outra persoa.

◦ Que se entende por 'accesibilidade universal'?

A condición que deben cumprir os contornos, procesos, bens, produtos e servizos,


así como os obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser
comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de
seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Presupón a
estratexia de deseño para todos e enténdese sen prexuízo dos axustes razoables
que deban adoptarse.

◦ Que se entende por 'deseño para todos'?

A actividade pola que se concibe ou proxecta, dende a orixe, e sempre que iso
sexa posible, contornos, procesos, bens, produtos, servizos, obxectos,
instrumentos, dispositivos ou ferramentas, de tal forma que poidan ser utilizados
por tódalas persoas, na maior extensión posible.

◦ Que se entende por 'diálogo civil'?

O principio en virtude do cal as organizacións representativas de persoas con


discapacidade e das súas familias participan, nos términos que establecen as leis
e demais disposicións normativas, na elaboración, execución, seguimento e
avaliación das políticas oficiais que se desenvolvan na esfera das persoas con
discapacidade.

128
◦ Que se entende por 'transversalidade das políticas en materia de
discapacidade'?

O principio en virtude do cal as actuacións que desenvolvan as Administracións


públicas non se limitan unicamente a plans, programas e accións específicos,
pensados exclusivamente para estas persoas, senón que comprenden as políticas
e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública,
onde se terán en conta as necesidades e demandas das persoas con
discapacidade.

◦ A que nos referimos con 'barreiras arquitectónicas'?

Utilizaremos o término ’Barreiras arquitectónicas" para referirnos a todos aqueles


elementos que obstaculizan ou impiden a mobilidade, comunicación e integración
de persoas, xa sexa no ámbito público exterior como nos interiores de edificios.

O artigo 3 da Lei 8/1997. do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de


barreiras arquitectónicas da Comunidade Autónoma de Galicia, clasifica as
barreiras arquitectónicas en:

▪ Barreiras arquitectónicas urbanísticas (BAUR): son aquelas barreiras


existentes nas vías e nos espazos libres de uso público.

▪ Barreiras arquitectónicas na edificación (BAED): son aquelas barreiras


existentes nos accesos e/ou no interior dos edificios, tanto de titularidade
pública coma privada.

▪ Barreiras no transporte (BT): son aquelas barreiras que existen nos medios
de transportes e nas súas infraestruturas.

▪ Barreiras na comunicación (BC): é todo aquel impedimento para a


expresión e recepción de mensaxes a través dos medios ou sistemas de
comunicación.

◦ Que son as 'barreiras físicas'?

Son barreiras arquitectónicas que impiden ou dificultan o desenvolvemento dunha


ou varias actividades nos contornos sociais e físicos.

As barreiras físicas poden ser de dous tipos:

▪ Barreiras Arquitectónicas na vía pública, edificios públicos ou privados,


lugares de traballo e vivendas. Refírese a accesos sen contemplar a
construción de ramplas, escaleiras, espazos reducidos, aseos e sanitarios
non adaptados.

▪ Barreiras Urbanísticas, referidas á estrutura e mobiliario urbanos, lugares


históricos, museos, reservas naturais e todo espazo público ou privado onde
por diferentes motivos se entorpeza a accesibilidade, o movemento e
interacción das persoas. Por exemplo, rúas sen pavimentos especiais nin
ramplas de acceso, ou ausencia de varandas nas escaleiras.

129
◦ Que principios rexen en canto a accesibilidade?

A construción, ampliación e reforma dos edificios de propiedade pública ou


privada, destinados a un uso que implique a concorrencia de público, así como a
planificación e urbanización das vías públicas, parques e xardíns de iguais
características, efectuarase de forma tal que resulten accesibles e utilizables as
persoas con discapacidade (artigo 54.1 L13/1982, LISMI). Así:

▪ As instalacións, edificios, rúas, parques e xardíns existentes e cuxa vida útil


sexa aínda considerable, serán adaptados gradualmente, artigo 55.1 LISMI.

▪ Os entes públicos habilitarán nos seus presupostos as consignacións


necesarias para o financiamento desas adaptacións nos inmobles que deles
dependan, artigo 55.2 LISMI.

▪ Amais, fomentarán a adaptación dos inmobles de titularidade privada,


mediante o establecemento de axudas, exencións e subvencións.

130
V.3.- Outras normas e documentos relacionados coa
accesibilidade

▪ I Plan Nacional de Accesibilidade 2004-2012

◦ Cales son os principios xerais deste plan?

Constitúe a filosofía inspiradora deste Plan responder ás tendencias e políticas


que marcan a loita pola mellora das condicións de accesibilidade e a integración e
participación de tódalas persoas na sociedade: igualdade de oportunidades, vida
independente, sostenibilidade e participación.

◦ Cales son os principios operativos e de actuación?

Son os seguintes: subsidiariedade, coordinación interadministrativa, equilibrio


territorial, transversalidade, flexibilidade, ordenación, integridade das
actuacións, racionalidade nos axustes, supervisión e control e publicidade das
actuacións.

◦ Cales son os obxectivos xerais do Plan?

• Ampliar o coñecemento público da accesibilidade e a súa identificación como


elemento de calidade para todos. Conseguir a súa aplicación en tódolos
contornos, produtos e servizos novos e promover a cultura do 'Deseño para Todos'

• Introducir a accesibilidade como criterio básico na xestión da acción pública

• Consolidar un sistema de normas legais e técnicas para a promoción da


accesibilidade completo, eficiente e de elevada aplicación en todo o territorio

• Adaptar progresivamente e de forma equilibrada os contornos, produtos e servizos


con criterios de 'Deseño para Todos'.

• Promover a accesibilidade nas novas tecnoloxías.

▪ Convenio de Accesibilidade Universal

◦ Cal é a finalidade deste convenio?

A súa finalidade é a de servir de marco ás actuacións que favorezan a promoción


da accesibilidade e a oferta de solucións que fomenten a vida autónoma das
persoas con discapacidade nos seguintes ámbitos:

131
▪ Accesibilidade urbanística, arquitectónica e da comunicación sensorial

▪ Sociedade da Información, o uso das novas tecnoloxías e o Deseño para


Todos/as

▪ Transporte, fundamentalmente de autotaxi accesible.

▪ Actuacións para favorecer a vida independente das persoas.

◦ En que documentos se recolle este convenio?

Nas seguintes resolucións:

• Resolución de 22 de febreiro de 2008, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais,


pola que se publica o Convenio Marco de colaboración entre o Ministerio de
Traballo e Asuntos Sociais e a Fundación ONCE para a cooperación e integración
social de persoas con discapacidade para desenvolver un programa de
accesibilidade universal.

• Resolución de 29 de abril de 2009, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola


que se publica a suscripción dun Addendum ao Convenio marco de colaboración
con la Fundación ONCE para desenvolver un programa de accesibilidade universal.

◦ Cal é o obxecto deste convenio?

O obxecto do presente Convenio é servir de marco ás actuacións identificadas na


parte expositiva nos ámbitos de accesibilidade.

▪ Convenio accesibilidade no transporte por autobús/liñas


urbanas 2008

◦ Cal é o obxecto deste convenio?

O presente Convenio ten por obxecto desenvolver un proxecto para favorecer a


accesibilidade no transporte por autobús, nas liñas regulares de carácter público
urbano, durante o exercicio 2008, nos servizos públicos de dito transporte
dependentes das Corporacións Locais que soliciten a súa adhesión.

◦ Cal é o marco legal que rexe este convenio?

O Real Decreto 1544/2007, de 23 de novembro, polo que se regulan as condicións


básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos
modos de transporte para persoas con discapacidade.

Este RD determina as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación


para a súa utilización polas persoas con discapacidade para os modos de

132
transporte ferroviario, marítimo, aéreo, por estrada, en autobús urbano e
suburbano, ferrocarril metropolitano, taxi e servizos de transporte especial,
fixando tamén o seu calendario de implantación.

▪ ¡Pregúntame sobre accesibilidade e axudas técnicas!

◦ Que é 'Pregúntame'?

'Pregúntame' é unha guía elaborada polos técnicos do IMSERSO sobre a


accesibilidade. A continuación recolleremos aquí algunhas das cuestións resoltas,
máis si non atopa entre elas a resposta as dúbidas que lle xurdan
recomendámoslle a lectura desta guía, que pode atopar no portal do IMSERSO
(http://www.imserso.es/) dentro do subapartado adicado a “accesibilidade”, que
se atopa no apartado “autonomía persoal e dependencia”.

133
V.4.- Ámbitos de intervención das políticas sobre a
accesibilidade

Accesibilidade arquitectónica

Todo espacio cerrado leva a necesidade de observar que os elementos


arquitectónicos estean libres de obstáculos para as persoas con mobilidade
reducida e para persoas con limitacións sensoriais.

A insuficiente accesibilidade no interior dos edificios e nos seus accesos pode


supor unha das principais causas de discriminación cara ás persoas con
discapacidade, ao verse privadas de poder utilizar os recursos básicos de toda a
comunidade. Son as barreiras arquitectónicas, unha das causas que máis limitan a
actividade das persoas con mobilidade reducida.

◦ Que perseguen as medidas arquitectónicas respecto a accesibilidade?

Procuran facilitar o uso de vivendas e outros edificios a persoas con mobilidade


reducida, así como a persoas con cegueira ou baixa visión, persoas maiores,
persoas con xordeira ou baixa audición e persoas con discapacidade intelectual.

◦ Porqué é tan importante unha vivenda accesible?

Unha vivenda accesible garante a autonomía, a seguridade, a dignidade, o


confort e o aforro de tempo, non só das persoas que a habitan, senón tamén
daquelas que a visitan. Unha persoa con discapacidade, ademais de atopar unha
casa adecuada á súa situación, debe poder acudir a calquera reunión familiar ou
de amigos sen dificultade, o que sen dubida contribuirá á súa plena integración
social.

◦ Que criterios se seguen en materia de accesibilidade en vivendas?

Os establecidos na norma UNE 170001-1:2007, sobre accesibilidade universal.


Parte 1: Criterios DALCO para facilitar a accesibilidade ao entorno, aprobadas
pola Resolución de 17 de xaneiro de 2008, da Dirección Xeral de
Desenvolvemento Industrial, pola que se publica a relación de normas UNE
aprobadas por AENOR durante o mes de decembro de 2007, publicadas no BOE do
5 de febreiro de 2008.

◦ Que medidas garanten a accesibilidade?

Exterior da vivenda: a numeración do edificio debe ser claramente perceptible


(de forma visual e táctil). Dende a rúa ata a porta de entrada á vivenda debe
existir un itinerario accesible. Debe avaliarse a altura do timbre, do porteiro ou
vídeoporteiro automático e da caixa de correo.

134
Entrada á vivenda: a ambos lados da porta de acceso á vivenda debe existir un
espazo libre a nivel do chan que permita inscribir un círculo dun diámetro de 1,50
metros, para a manobra de cadeiras de rodas. Debe avaliarse a anchura e altura
do oco de entrada así como as características dos tiradores da porta.

Características xerais do interior da vivenda: si se trata dunha vivenda en planta


alta haberá que contemplar a accesibilidade de escaleiras, ramplas e ascensores.

Debe terse en conta o espazo necesario para a instalación de axudas técnicas


específicas para a mobilidade, como as grúas, que requiren espazo para o
asistente ademais do espazo que ocupa a propia grúa.

As dependencias deben contar con entrada e porta accesibles, e debe estar


conectada a través de corredores que permitan a circulación dunha persoa con
mobilidade reducida.

O mobiliario e as instalacións serán cómodas, seguras, funcionais e de fácil


manexo. Débese avaliar a situación de interruptores, enchufes e termóstatos, así
como a súa fácil localización. Para isto contrastaranse en cor cos paramentos
circundantes e disporán dun piloto luminoso que permita localizalos na
escuridade.

Para garantir a seguridade é convínte que non existan elementos soltos que
poidan provocar tropezos (alfombras, cables,...) ou fixalos moi ben ao chan
mediante bandas de dobre cara. Tamén é convínte a instalación de avisadores
acústicos e/ou luminosos e sinais de emerxencia en todas ou algunhas das
dependencias.

Convén que as ventás non sexan pesadas, que sexan de fácil apertura e a ser
posible automatizadas, e que non invadan as áreas de circulación. As persianas
poden ser de subida e baixada motorizada.

Nalgúns casos, como o das persoas xordas, pode ser interesante que a vivenda
conte con espazos abertos e/ou con superficies transparentes que faciliten a
comunicación.

Vivenda automatizada: deberase valorar a posibilidade de crear instalacións


domóticas na vivenda. Estas redes permiten controlar os aparatos da vivenda
dende o interior da propia vivenda (mediante mandos a distancia, sensores de
movemento, sensores de voz, etc. ou de forma automática) ou dende o seu
exterior (a través dun ordenador, un teléfono,...).

◦ Que outros aspectos se poden ter en conta nas dependencias dunha vivenda?

Baño: garantir o acceso e o espazo libre suficiente para a mobilidade dunha


cadeira de rodas. Asegurar a ausencia de elementos que obstaculicen a
aproximación frontal dunha cadeira de rodas ao lavabo. Débese avaliar o espazo
de baño ou ducha, o pavimento, as características dos pasadores, billas, soportes
e asas para agarrarse, así como a iluminación.

135
Cociña: débese garantir o acceso á cociña e o espazo libre suficiente para a
mobilidade dunha cadeira de rodas; así como eliminar elementos que obstaculicen
a aproximación frontal da cadeira aos mobles da cociña. Débese avaliar a
iluminación, as condicións de seguridade, as características dos mobles e a
oportunidade de utilizar mandos a distancia para os aparatos eléctricos.

Dormitorio: débese garantir o acceso ao dormitorio e o espazo libre suficiente


para a mobilidade dunha cadeira de rodas; así como eliminar calquera elemento
que obstaculice a aproximación frontal da cadeira á mesiña, escritorio, armario,
etc. Débese garantir a utilización do mobiliario a través da instalación de caixóns
adecuados, tiradores, portas, etc. Tamén pode ser necesario instalar elementos
que axuden á incorporación dende a cama.

Salón: débese garantir o acceso ao salón e o espazo libre suficiente para a


mobilidade dunha cadeira de rodas; así como eliminar elementos que obstaculicen
a aproximación frontal da cadeira aos mobles do salón. Débese avaliar a
iluminación, as características dos mobles e a oportunidade de utilizar mandos a
distancia para os aparatos eléctricos.

Vestíbulo: Deberá garantirse que as súas dimensións permitan o xiro completo


dunha cadeira de rodas.

Terrazas: deberase garantir o acceso á terraza e o espazo libre suficiente para a


mobilidade dunha cadeira de rodas no seu interior.

Accesibilidade urbanística

◦ De que se ocupa a accesibilidade urbanística?

Ocúpase do espazo urbano e a súa adecuación para poder satisfacer as


expectativas e necesidades do conxunto de cidadáns, sen que ninguén poida
sentirse discriminado por non poder utilizar este espazo en condicións de
igualdade.

◦ En que consisten os plans de accesibilidade urbanística?

Estes plans son un instrumento para a promoción e xestión da accesibilidade


universal que consta dunha planificación técnica e una planificación político-
administrativa.

A planificación técnica comprende as accións dirixidas á supresión de barreiras.

A planificación político–administrativa comprende aquelas accións dirixidas a


evitar a súa reprodución e a manter as condicións de accesibilidade.

136
◦ Cales son os aspectos que resultan máis difíciles para as persoas con algunha
deficiencia física, psíquica ou sensorial?

A mobilidade, por unha parte, e a percepción e comprensión da información sobre


o entorno urbano, por outra, especialmente nos casos de cidadáns en cadeira de
rodas ou cidadáns con discapacidade visual.

◦ Cales son as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación dos


espazos urbanos?

A Lei 51/2003 establece no seu artigo 10 que o Goberno, sen prexuízo das
competencias atribuídas ás comunidades autónomas e ás corporacións locais,
regulará unhas condicións básicas de accesibilidade e non discriminación que
garanten uns mesmos niveis de igualdade de oportunidades a tódolos cidadáns con
discapacidade.

Esta norma obriga a incluír disposicións, cando menos, sobre as “esixencias de


accesibilidade dos edificios e contornos, dos instrumentos, equipos e
tecnoloxías, e dos bens e produtos utilizados no sector ou área” e, “en particular,
a supresión de barreiras ás instalacións e a adaptación de equipos e instrumentos”
coa finalidade de crear as “condicións máis favorables no acceso, participación e
utilización dos recursos de cada ámbito ou área e condicións de non
discriminación en normas, criterios e prácticas”.

Tamén fai referencia a necesidade de “apoios complementarios, tales como


axudas económicas, tecnolóxicas de apoio, servizos ou tratamentos especializados
e outros servizos persoais”.

◦ Cales son os principais problemas da accesibilidade urbanística?

Problemas estruturais derivados da falta de consideración da accesibilidade na


configuración da cidade e nos plans urbanísticos: Cambios de nivel, pendentes
excesivas, beirarrúas estreitas.

Problemas de deseño urbano derivados da falta de integración da accesibilidade


nos proxectos e execución da urbanización da cidade: estreitamento en beirarrúas
(mobiliario urbano, arborado), pavimentación inadecuada, falta de rebaixe nos
cruces, elementos que limitan a altura libre de paso, etc.

Problemas de mantemento derivados da falta de consideración da accesibilidade


en tarefas de mantemento e xestión do espacio urbano: mal estado do pavimento,
inadecuada poda de árbores, etc.

Problemas de incumprimento cívico e normativo derivados da falta de


consideración da accesibilidade no uso da cidade nas labores de policía e control
por parte da administración: vehículos mal aparcados, obras, terrazas, toldos etc.

137
◦ O estado e tipo de pavimento que pisamos pode ter moita importancia nos
accidentes que implican caídas para as persoas maiores ou con discapacidade.
Que características son esixibles a un pavimento accesible?

As principais características que debe esixirse aos pavimentos son a súa dureza,
capacidade de antiesvaramento, en seco e en mollado, e ausencia de rugosidades
distintas da propia peza.

◦ Que son os pavimentos especiais e para que se empregan?

Son pavimentos especiais os que, a través da súa cor, a súa textura ou a súa
sonoridade, poden transmitir información útil para o desprazamento e a
seguridade das persoas con discapacidade visual, tanto cos pes como co bastón
branco de mobilidade. Basicamente clasifícanse en pavimentos táctiles e de cor.

▪ Pavimentos táctiles: serve para proporcionar aviso e direcionamento.


Utilízase o pavimento táctil de botóns coas características recollidas na
norma UNE 127029.

Trátase de baldosas táctiles prefabricadas de formigón, estruturas rugosas


formadas por resaltes a base de bandas perpendiculares ao sentido da circulación.

Tamén se utilizan baldosas con acanaladuras, marcando cambios de cota e


dirección, colocadas para que teñan continuidade. Esta última técnica utilízase
para alertar de posibles perigos.

A utilización correcta deste tipo de pavimentos táctiles é unha gran axuda para as
persoas con problemas visuais. Si, polo contrario, se utilizan de maneira excesiva
ou inadecuada, producen o efecto contrario xerando confusión, e pode levar a
tomar decisións que poñan en perigo aos usuarios.

Existe un tipo de pavimentos táctiles conocidos como pavimentos sonoros, que


son franxas de pavimento detectables mediante o son do bastón e utilízanse para
guiar ás persoas con discapacidade visual usuarias de bastón de mobilidade,
especialmente en pasos de peóns.

▪ Pavimentos de cor: advirten de perigos ou delimitan espazos distintos nos


itinerarios, de maneira que persoas con discapacidade visual melloran o
seu funcionamento visual si o contraste é adecuado e a súa utilización se
reserva a determinados espazos.

Formación, aprendizaxe e emprego

Como xa vimos en módulos anteriores, a formación, o aprendizaxe e o emprego


son dereitos intrínsecos a nosa condición humana, e a discapacidade non debe ser
un impedimento para exercer ditos dereitos, senón un estímulo para redobrar

138
esforzos, tanto polas persoas con discapacidade como polo resto da sociedade, e
acadar que todos poidamos desfrutar da aventura da aprendizaxe, a formación e
o emprego.

No ámbito da educación e a aprendizaxe as medidas de accesibilidade están


dirixidas a adaptar a educación e a formación das persoas con discapacidade ás
distintas capacidades residuais (educación personalizada) e, na medida do
posible, dentro dun sistema educativo normalizado, que permita á persoa con
discapacidade integrarse e desenvolverse na sociedade en condicións de
igualdade efectiva.

◦ Cales son as razóns que motivan a adopción de medidas de adaptación?

A formación de persoas con discapacidade acostuma a ser algo máis complicada


para os profesionais da educación pola necesidade de ter que utilizar axudas
técnicas e distintos sistemas de comunicación cos seus alumnos ou polos aspectos
relacionados co coñecemento no caso de persoas con discapacidade intelectual.
Pero, non por elo pode privarse ás persoas con discapacidade deste dereito
fundamental en ningún caso.

Este dereito está, ademais, intimamente relacionado co emprego, cando nos


referimos á formación laboral.

◦ Que accións son preciso adoptar para facer accesible a formación laboral a
persoas con discapacidade intelectual?

No caso da discapacidade intelectual será necesario complementar a información


que recibe unha persoa sen discapacidade (a información necesaria para facer
fronte a un posto de traballo específico) cun adestramento expreso na súa
utilización e manexo autorregulado.

Algunhas das regras xerais que poden orientar a formación son:

1) Modelar a conduta e os procesos de pensamento que a acompañan. As


instrucións directas proporcionadas de forma unicamente verbal carecen en xeral
de efectividade. Trasladar unha instrución á acción obriga a un grado de
abstracción e transferencia que non sempre é o axustado ás capacidades do
suxeito.

O modelado debe ser, ademais, cognitivo, isto é, debe vir acompañado dos
pensamentos e elaboracións que da información se fan ao resolver a actividade.

Unha última observación: convén que o modelo non presente en tódolos casos
unha actuación perfecta. A forma en que outro traballador se enfronta aos erros
é tan instrutiva como a ensinanza dos pasos correctos para a resolución.

2) Contextualizar a formación nas actividades ocupacionais para as que está


pensada. Presentar conceptos sen que sexan levados á práctica en exercicios o
máis parecidos posible ao contexto laboral real, farán máis difícil que o
traballador con discapacidade intelectual a desenvolva como aprendeu.

139
3) Desagregar a tarefa nos pasos que a compoñen. Relacionada de forma
evidente coa recomendación anterior está a realización previa dunha análise
detallada da actividade. Para modelala adecuadamente e permitir que o
traballador tome conciencia clara de cada un dos momentos da súa tarefa, debe
desagregarse esta con precisión nas fases que la compoñen.

4) Facilitar a práctica reiterada da actividade. Será necesario proporcionar máis


ocasións para que un empregado con discapacidade psíquica aborde as tarefas do
que podería ser necesario noutras persoas: é preferible tender á
sobreaprendizaxe.

5) Esta aprendizaxe reiterada debe ter lugar en tarefas e contextos


diferenciados. Repetir a formación con exercicios similares unha e outra vez non
contribúe a superar unha das principais dificultades apuntadas máis arriba: a
ausencia de xeneralización.

6) Desenvolver todo iso nun clima de toma de conciencia. Así, deberíanse


proporcionar oportunidades para planificar o que se vai facer, supervisar os
propios erros mentres se realiza a actividade e, finalmente, avaliar globalmente
a efectividade e utilidade da propia aprendizaxe.

7) O uso de autoinstrucións e autopreguntas facilitan en gran medida esta


tarefa. A interiorización polo traballador daquelas observacións e guías
importantes para cada momento son unha ferramenta útil da que poderá botar
man posteriormente.

8) Posibilitar o contraste de puntos de vista: unha verdadeira aprendizaxe


prodúcese cando as propias opinións son defendidas ante outro. Un modo de
facelo é facilitando a tutorización mutua de empregados, ou a resolución
conxunta de tarefas de aprendizaxe.

9) Por outro lado, o ritmo de presentación da información, en xeral, debe ter


un carácter máis lento e pausado. Só así se permite unha análise coidadoso da
mesma e esta reflexión autorregulada.

◦ Porque é tan importante para unha persoa con discapacidade acceder a un


emprego?

Traballar non só é un deber e un dereito, senón que ademais permite realizarse


como persoa e gañar o sustento propio ou da súa familia, integrarse mellor na
sociedade e afastar o fantasma da discriminación.

◦ Que implica a creación de emprego para persoas con discapacidade?

O acceso ao emprego das persoas con discapacidade implica enfrontarnos á


necesidade de ter que realizar unha serie de adaptacións no posto de traballo ou
deseñar un novo posto pensando nas súas capacidades residuais e no uso de
axudas técnicas.

140
◦ Que aspectos, en materia de accesibilidade, cumpre ter en conta en relación
coa contratación laboral de persoas con discapacidade e a adaptación de
postos de traballo?

Non tódolos postos de traballo requiren ser adaptados pois, en moitos casos de
emprego de persoas con discapacidade, non se detectan desaxustes entre as
demandas da tarefa e a capacidade funcional do traballador.

Noutros moitos casos as adaptacións realizadas non ten tanto que ver coa
discapacidade do traballador, senón coa falta de criterios ergonómicos xerais no
deseño destes postos. A adaptación nestes casos supón un claro beneficio non só
para o traballador con discapacidade senón tamén para o resto de traballadores
que desenvolvan a súa actividade en ditos postos.

O custo de adaptación dun posto de traballo pode ser bastante reducido si se


realiza unha análise previa adecuada. Un 40% dos estudos de adaptación
realizados non implican custo algún debido a que a adaptación realízase sobre
elementos espaciais ou organizativos (redistribución de tarefas, modificación da
forma de facer o traballo, cambio de situación de elementos, etc.). Un 90% de
ditas adaptacións supuxeron un custo que está por debaixo da subvención máxima
concedida pola administración para dito fin (900 €).

Amais, como xa vimos no módulo II, existen algunhas axudas e bonificacións nos
supostos de contratación laboral de traballadores con discapacidade.

Transporte

◦ Cal é a finalidade das medidas de accesibilidade no ámbito de transporte?

Garantir o dereito á libre circulación das persoas é un dereito fundamental


dentro do Estado español e dentro da Unión Europea para todo cidadán á vez que
un elemento clave para a xeración de desenvolvemento económico e social a
facilitar a mobilidade dos cidadáns de uns lugares a outros por razóns
profesionais ou persoais.

A completa integración dunha persoa na sociedade pasa pola utilización libre,


cómoda e segura dos medios de transporte que se encontren á súa disposición.

◦ Cara onde van encamiñados os esforzos para lograr un 'transporte para todos'?

Están dirixidos a conseguir un adecuado deseño dos medios de transporte. Neste


deseño deben estar implicados axentes diversos, entre eles as asociacións de
usuarios e consumidores, as asociacións de/para persoas con discapacidade, as
empresas fabricantes e distribuidoras de produtos e de axudas técnicas, os
profesionais da discapacidade e da transformación de vehículos, aeronaves e
embarcacións, e as administracións públicas.

141
◦ Que se debe ter en conta para o deseño dos medios de transporte?

No deseño vehículos, trens, embarcacións e aeronaves hai que atender aos


requisitos das persoas con discapacidade e aos postulados do deseño universal.

A adaptación dos vehículos e a inclusión de axudas técnicas que garantan a


accesibilidade para todos no acceso/descenso ao medio, a mobilidade e
orientación no seu interior, o aloxamento do pasaxeiro, a comunicación con
condutores ou persoal de asistencia, etc. requirirá dos fabricantes e prestadores
de servizos de transporte unha maior concienciación do dereito das persoas con
discapacidade a usar os seus servizos.

◦ Estas medidas afectan soamente aos medios de transporte?

Non, será tamén necesario ter en conta a adaptación das instalacións


complementarias aos medios de transporte.

Estas instalacións complementarias inclúen estacións, aeroportos, peiraos,


paradas na vía pública, aparcamentos, etc. así como tódolos elementos e servizos
inherentes ás mesmas que garantan o acceso, a mobilidade horizontal e vertical,
a orientación e a comunicación (plataformas elevadoras, marquesiñas,
sinalización, escaleiras e ramplas, ascensores, servizos de asistencia,
mostradores, etc.).

Especial atención merece a área de atención ao pasaxeiro con discapacidade por


parte do persoal dos medios de transporte e das instalacións complementarias.
Este é un tema moi escasamente coidado, e sen embargo un dos grandes puntos
débiles para acadar a igualdade de oportunidades mediante un transporte
accesible para tódolos cidadáns.

◦ Cal é o criterio fundamental a hora de deseñar os medios de transporte, as


instalacións e os servizos de atención ao cliente con discapacidade?

Resulta fundamental considerar tódolos elementos que afectan aos usuarios con
diferentes tipo de discapacidade, para facer accesibles os transportes para as
persoas con limitacións para diferentes tipos de actividade (persoas con
limitacións para a mobilidade, persoas con cegueira ou visión reducida, persoas
con xordeira ou discapacidade auditiva, persoas con discapacidade intelectual,..).

Amais, terase en conta que algunhas persoas poden presentar un ou máis tipos de
limitacións.

Ocio e cultura

O ocio é un fenómeno moi frecuente e importante na sociedade actual e debe


entenderse como una experiencia humana, un fenómeno social e un dereito
humano fundamental que favorece o desenvolvemento das persoas e do que

142
ninguén debe ser privado por razóns de discapacidade, xénero, orientación
sexual, idade, raza, relixión, crenza, saúde, condición económica ou calquera
outra circunstancia persoal ou social.

◦ Como se manifesta o ocio?

O ocio maniféstase en diversas actividades (cultura, turismo, deporte e


recreación) e pode definirse dende diversas dimensións (creativa, lúdica, festiva,
ecolóxica, solidaria, terapéutica, etc.).

◦ Cales son os beneficios do acceso ao ocio?

Os beneficios do ocio, consecuencia das experiencias gratificantes vividas pola


persoa, presentan tanto unha repercusión persoal positiva como no contorno
familiar e social. Cabe destacar o carácter multidimensional (físico, psicolóxico e
social) dos efectos positivos do ocio, moi importantes para o desenvolvemento
humano.

O ocio é signo de calidade de vida e benestar. Pode mellorar a calidade de vida


das persoas que o practican en maior medida cando as condicións nas que se fai
posible permitan satisfacer as necesidades de todos, sen exclusións nin
discriminacións.

◦ Cales son as claves para dispor dun ocio accesible?

Un entorno accesible que facilite o ocio é aquel no que tódalas persoas ten
cabida e se interrelacionan, onde os equipamentos, servizos e programas de ocio
reúnen as características apropiadas para tódolos cidadáns.

Nestes servizos deberíase potenciar a diferencia como un valor, e facer partícipes


a tódalas persoas que poden beneficiarse destes servizos. Para iso deberán
contemplarse os requisitos das persoas con limitacións na actividade tanto no seu
deseño como na posta en marcha e funcionamento destes servizos.

◦ Que medidas se deben fomentar no ámbito da cultura?

Neste ámbito é necesario fomentar a participación de tódalas persoas. Por iso,


deben contemplarse os requisitos dos usuarios con discapacidade no acceso ao
patrimonio, no desfrute das actividades e espectáculos de difusión cultural e nos
procesos de creación, especialmente.

◦ Que medidas se deben fomentar no ámbito do turismo?

Neste ámbito debe garantirse as condicións de accesibilidade global das


infraestructuras e contornos turísticos e impulsar a posibilidade real para que
tódalas persoas participen nas ofertas dos diversos tipos de turismo temático.

143
◦ Que medidas se deben fomentar no ámbito do deporte?

No ámbito do deporte, é convínte mellorar as condicións de accesibilidade plena


das infraestruturas deportivas, como condición necesaria para que tódalas
persoas participen de forma activa (como practicantes) ou de forma pasiva (como
espectadores).

◦ Que medidas se deben fomentar no ámbito da recreación?

Aquí, convén asegurar a accesibilidade no deseño de espazos, de ordenación do


territorio, de planificación urbanística, na edificación de vivendas, etc, de
maneira que se impida o uso e desfrute das casas, rúas, prazas, parques, áreas
recreativas e espazos naturais no desenvolvemento de actividades recreativas
sociais, domésticas e ao aire libre.

Ensimesmo, é necesario afondar nas potencialidades que o desenvolvemento das


Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) pode ter para o pleno
desfrute do ocio para tódalas persoas.

Comunicación e participación social

A persoas con limitacións na actividade, de acordo coa Constitución Española, ten


pleno dereito á participación social e deben poder gozar dos dereitos
fundamentais que o seu texto menciona, así como de tódalas súas obrigas, ao
igual que calquera outra persoa.

Sen embargo, a súa participación social non sempre pode ser plena debido a
problemas de accesibilidade en diferentes áreas, entre elas as relativas á
comunicación e o acceso á información.

Esta falta de accesibilidade pode solventarse a través dun adecuado deseño dos
contornos e sempre que os servizos derivados das Tecnoloxías da Información e as
Comunicacións (TIC) se deseñen adecuadamente.

◦ Que beneficios poden aportar as novas tecnoloxías?

As novas tecnoloxías, combinadas cun adecuado deseño de terminais, programas


informáticos e redes de Internet, permite superar barreiras físicas e sensoriais e
xera grandes posibilidades de participación social a moitas persoas con
discapacidade que tradicionalmente estiveron marxinadas ou excluídas.

Coa axuda destas tecnoloxías poden producirse grandes cambios nos aspectos
máis cotiáns da vida das persoas con discapacidade como o abastecemento de
produtos, a formación, o traballo, o ocio, a xestión burocrática e económica, as
relaciones interpersoais, etc.

144
◦ Cales son as súas potencialidades?

As TIC poden transformarse en ferramentas moi poderosas para o acceso á


información, para a comunicación (como complementarias á lingua de signos e
base para os sistemas de comunicación alternativa) e para a participación social
das persoas con limitacións para o desenvolvemento de determinadas
actividades.

Para iso será preciso que os deseñadores dos sistemas, produtos, dispositivos,...
baseados nestas tecnoloxías teñan en conta as persoas con diferentes tipos e
grados de discapacidade dende o primeiro intre, dende que xorde a idea
innovadora. Do contrario, non será posible que todas estas posibles vantaxes se
materialicen realmente en melloras da súa calidade de vida.

Amais, para facer a comunicación máis accesible e co obxectivo de acadar unha


accesibilidade integral, as políticas nesta materia, perseguen interrelacionar as
TIC con outros aspectos: urbanísticos, transporte e, especialmente,
arquitectónicos.

◦ A quen afectan máis as políticas de accesibilidade nas comunicacións?

Neste caso, os problemas relacionados coa comunicación, sen esquecer os


aspectos de manipulación dos dispositivos de acceso, que afectan claramente ás
persoas con problemas de mobilidade, alcance ou forza nos brazos ou mans, en
xeral, o mundo da accesibilidade ás telecomunicacións ten unha importancia vital
para as persoas con xordeira, así como o acceso a Internet ten unha importancia
vital, sempre que sexa accesible, para as persoas con cegueira ou discapacidade
visual.

145
146
VI.- Limitacións da capacidade de obrar das persoas

VI.1.- Normativa ............................................................................ 148

VI.2.- Conceptos básicos .................................................................. 149

• Capacidade xurídica ................................................................ 149

• Capacidade de obrar ................................................................ 149

• Incapacitación …..................................................................... 150

VI.3.- Proceso de incapacitación ........................................................ 152

• O proceso de reintegración da capacidade ...................................... 156

• Efectos da incapacitación .......................................................... 157

VI.4.- Sistemas de protección ............................................................ 158

VI.4.a.- Patria potestade ........................................................... 158

VI.4.b.- Potestade prorrogada ..................................................... 160

VI.4.c.- Tutela ........................................................................ 160

VI.4.d.- Curatela ..................................................................... 163

VI.4.e.- Garda de feito ............................................................. 164

VI.4.f.- Defensor xudicial .......................................................... 165

147
VI.1.- Normativa

• Real Decreto de 24 de xullo de 1889, dispondo a publicación na Gaceta de Madrid


da edición reformada do Código Civil (Gaceta de Madrid do 25 de xullo)

• Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Enxuizamento Civil (BOE do 8 de xaneiro)

• Lei 41/2003, de 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con


discapacidade e de modificación do Código Civil, da Lei de Enxuizamento Civil e
da Normativa Tributaria con esta finalidade (BOE do 19 de novembro)

• Lei 1/2009, de 25 de marzo, de reforma da Lei de 8 de xuño de 1957, sobre o


Rexistro Civil, en materia de incapacitacións, cargos tutelares e administradores
de patrimonios protexidos, e da Lei 41/2003, de 18 de novembro, sobre
protección patrimonial das persoas con discapacidade e de modificación do
Código Civil, da Lei de Enxuizamento Civil e da normativa tributaria con esta
finalidade. (BOE do 26 de marzo)

• Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de


modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuizamento Civil. (BOE do 17 de
xaneiro)

148
VI.2.- Conceptos Básicos

◦ Cal é a diferencia entre 'capacidade de obrar' e 'capacidade xurídica'?

A capacidade xurídica tena toda persoa; comeza coa súa personalidade e remata
con ela. A capacidade xurídica recoñece a persoa ter a aptitude ou idoneidade
necesarias para ser titular de dereitos e obrigas, isto é, ser titular de relacións
xurídicas.

A capacidade xurídica é un concepto abstracto, uniforme e estático; tense ou non


se ten, ese persoa ou non se é. A capacidade xurídica, como atributo da
personalidade, é a mesma para todos e, polo tanto, non é susceptible de
graduación.

"A capacidade xurídica dunha persoa é consubstancial a súa dignidade", STS de 31


de decembro de 1991.

A capacidade de obrar implica a posibilidade, aptitude ou idoneidade dunha


persoa para realizar eficazmente actos xurídicos, isto é, a capacidade para poder
exercitar dereitos e cumprir deberes.

A capacidade de obrar é un concepto dinámico que implica actuación, sendo en


consecuencia un continxente e variable: continxente porque se pode ter ou non; e
variable porque non é igual para tódalas persoas que a ten. Así pode estar ausente
por completo, como sucede no caso do refén nacido; pode darse con plenitude,
como no caso do maior de idade non incapacitado; e pode estar limitada, como no
caso da persoa maior incapacitada ou do menor emancipado.

◦ Cando falta a capacidade de obrar dunha persoa?

Nos supostos en que falta a idoneidade da persoa para celebrar actos por carecer
aquela das condicións psíquicas de entendemento e vontade necesarios para
poder levalos a cabo ou cando se é incapacitado legalmente.

Ao ser a capacidade das persoas un atributo da personalidade, a capacidade


mental presúmese mentres non quede demostrado o contrario (SSTS 19-02-1996),
polo que en caso de dúbida debe resolverse a favor do recoñecemento da maior
capacidade de obrar posible (artigo 10 Constitución Española).

◦ En que supostos se fala de incapacidade legal?

Cando a falta de idoneidade ten a súa orixe, non na falta de entendemento a que
nos referimos antes (por exemplo, o suposto dun neno sen uso de razón ou unha
persoa maior en estado de perturbación mental, hipnose, embriaguez,... o que
algúns denominan tamén capacidade natural), senón nas causas excepcionais que
ven establecidas por lei e que limitan a capacidade de obrar.

149
◦ Que supón ter ou non ter capacidade de obrar?

Unha persoa con capacidade de obrar pode celebrar actos por si só mentres que
aquela que estea incapacitada necesita sempre que o seu representante legal o
faga por el. Noutros casos, para certos actos, unha persoa pode ser parcialmente
capaz de forma que lle está permitido celebralos a el, mais non por si só, senón
coa intervención de outra persoa que co seu consentimento ou asistencia
complete a súa capacidade insuficiente (un exemplo é o do menor emancipado
que necesita do consentimento dos seus pais ou curador para tomar diñeiro a
préstamo).

◦ É suficiente con ter capacidade de obrar para realizar con calquera acto?

Non, amais da capacidade de obrar é preciso estar en condicións psíquicas


adecuadas para poder levalo a cabo (ao que antes nos referíamos como
capacidade natural) e estar lexitimado para facelo, isto é que non lle estea
prohibido (como pode ser a prohibición de vender cousas alleas) ou non lle falte a
capacidade especial esixida (ser maior de 14 anos para testar, maior de 25 para
adoptar,...)

◦ Cando se produce a incapacitación dunha persoa?

Cando por enfermidade ou deficiencias duradeiras, sexan físicas ou psíquicas,


unha persoa se vexa impedida para gobernarse por si mesma (artigo 200 do Código
Civil).

◦ A que se chama 'incapacitación'?

A redución ou limitación da capacidade xeral de obrar de quen se atopa nunha


situación de ingobernabilidade persoal. O que se persegue co proceso de
incapacitación é a obtención dun beneficio para a persoa; trátase de protexela.

◦ A quen corresponde declarar a incapacidade de obrar?

De acordo co artigo 199 do Código Civil a incapacidade dunha persoa só pode ser
declarada xudicialmente. Ao declarar incapaz a persoa, mediante o fallo xudicial,
estarase modificando o estado civil da persoa, constituíndo un novo: o de
incapacitado.

◦ Como xorde unha situación de ingobernabilidade persoal?

Pode proceder directamente de causa (por enfermidade ou deficiencia) psíquica,


ou de causa física que, a súa vez provoque a psíquica que inmediatamente xera a
ingobernabilidade ou só a causa física.

◦ A incapacitación despoxa a persoa de toda a súa capacidade de obrar?

Non. Sempre se fala de redución e limitación da capacidade de obrar porque a


incapacitación non pode consistir nunca na supresión total da súa capacidade.

150
◦ Que significa 'reducir' ou 'limitar' a capacidade de obrar?

Trátase de dúas formas de incapacitar, ámbalas dúas graduables segundo as


circunstancias de cada persoa.

A redución consiste en recortar capacidade a persoa que sofre a enfermidade ou


deficiencia persistente que lle impide gobernarse por si mesma, despoxándoa da
parte de capacidade que lle correspondería de estar sa e encomendándolle estas
facultades a outra persoa que pasa a ser titor ou representante legal (salvo que
proceda a patria potestade).

A limitación consiste en que a persoa enferma ou con deficiencia se lle manteña


toda a extensión de capacidade que tivese e se deixe que siga sendo el quen
exerza as facultades que lle correspondían e continúan correspondéndolle pero en
vez de permitirlle obrar por si só, impónselle que en determinadas circunstancias
(soamente nas que estableza a sentenza de incapacitación) o faga coa
intervención de outra persoa chamada curador para completar a capacidade da
persoa incapacitada.

◦ Toda enfermidade ou deficiencia inhabilitante é motivo de incapacitación?

Non. Pódese padecer unha enfermidade ou deficiencia inhabilitante e, sen


embargo, si a súa sintomaloxía externa é excluída mediante o oportuno
tratamento ou remedio, de modo que a persoa poida comportarse con
normalidade, non existirá causa de incapacitación.

151
VI.3. O proceso de incapacitación

◦ A quen compete tutelar o proceso de incapacitación?

A competencia obxectiva corresponde aos xulgados de primeira instancia. En


canto á competencia territorial, o artigo 756 da Lei de Enxuizamento Civil (LEC)
determina a aplicación do foro improrrogable do lugar en que resida a persoa á
que se refira a declaración que se solicite.

A finalidade desta norma é facilitar o exame do presunto incapaz polo xuíz, así
como radicar o órgano de garda e o seu control xudicial.

Nos mesmos termos se refire o artigo 52.1.5º LEC ao sinalar que “nos xuízos en
que se exerciten accións relativas á asistencia ou representación de incapaces,
incapacitados ou declarados pródigos, será competente o tribunal do lugar en que
estes residan”.

Dende o punto de vista da competencia internacional, resulta ensimesmo


aplicable o artigo 22.3. da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ, nas súas siglas en
castelán), conforme ao cal se sinala un foro especial para esta materia que
atribúe o coñecemento aos tribunais españois cando se trate de incapacitación e
medidas de protección das persoas ou dos bens dos menores e persoas
incapacitadas, se ten a súa residencia habitual en España.

◦ Quen está lexitimado para iniciar este procedemento?

O procedemento de incapcitación trátase dun dos casos de lexitimación especial,


de maneira que esta queda circunscrita exclusivamente aos que sinala a lei,
podendo ser obxecto de exame previo por parte do órgano xudicial.

O artigo 757 mistura diferentes temas:

a) No primeiro apartado sinala con total claridade que a declaración de


incapacidade pode promoverse polo cónxuxe ou quen se encontre en situación de
feito asimilable, os ascendentes, os descendentes ou os irmáns do presunto
incapaz (artigo 757.1 da LEC).

Se ningunha de tales persoas existen ou non o solicitaron, o Ministerio Fiscal ven


obrigado a instar a declaración de incapacidade.

Só si se instou o procedemento por algún dos sinalados no primeiro parágrafo, o


Ministerio Fiscal non poderá iniciar o proceso, debendo incorporase ao que xa está
en curso.

b) Cando se trate da declaración de incapacidade dun menor, a lexitimación


cínguese aos que exerzan a patria potestade ou tutela.

152
Esta incapacitación, despois de acadar a maioría de idade, a partir da limitación
da capacidade de obrar do menor, por selo (caso previsto no artigo 201 CC),
persistirá cando se prevexa que as causas de incapacitación perdurarán tras
alcanzar a maioría de idade.

As razóns que fundamentan esta situación son as de evitar o lapsus de tempo ata
a nova declaración de incapacidade, como maior de idade.

c) Xunto a estes casos de lexitimación, o artigo 757.3 LEC recoñece a facultade de


calquera persoa para por en coñecemento do Ministerio Fiscal os feitos que
poidan ser determinantes da incapacitación.

Esta facultade –non lexitimación– devén en deber para as autoridades e


funcionarios públicos que coñezan daqueles por razón dos seus cargos.

◦ Cando se refire a 'calquera persoa' inclúese ao presunto incapaz?

Si. O presunto incapaz non pode por si instar a declaración de incapacitación pero
si comunicar ao Ministerio Fiscal os feitos determinantes da súa incapacidade.

◦ Que alcance ten o deber de 'por en coñecemento' para as autoridades e


funcionarios públicos?

Os destinatarios deste mandato serán, sen ánimo de exhaustividade, os médicos


do Rexistro Civil, da Seguridade Social, Directores de establecementos
psiquiátricos, de Centros de Saúde dependentes do Estado, da Comunidade
Autónoma ou da Deputación Provincial, responsables de Benestar ou asistencia
social, concellais de Servizos Sociais, e calquera outro funcionario público
(forenses, psicólogos, asistentes e traballadores sociais) destinados en tales
centros, ou, como no suposto da STS de 27 de maio de 1991, os funcionarios
públicos dos concellos.

◦ Que ocorre cando quen ten o deber de comunicar a posible incapacidade ao


Ministerio Fiscal, non o fai?

Este deber imposto é un deber de carácter público e do que pode derivarse


responsabilidade cando é incumplido de xeito doloso ou culposo, alcanzando
especial responsabilidade as autoridades cuxo cargo abrangue parcelas de
actividade administrativa, relacionadas coa protección de persoas deficientes ou
desvalidas.

Agora ben, para que exista tal obriga, tal coñecemento ha de ter a súa orixe no
exercicio dos cargos que ocupen, de xeito que non será relevante si provén de
actividades estritamente privadas.

◦ Que ocorre cando un familiar lexitimado non insta a declaración de


incapacitación?

A única consecuencia para os familiares en caso de inactividade é a habilitación


do Ministerio Fiscal para promover a declaración de incapacitación.

153
◦ Que posición ocupa neste proceso o presunto incapaz?

A posición que ocupará, ao ser a persoa sobre a que se solicita a declaración de


incapacitación, e a de demandado. Si o seu estado non o impide terá a
capacidade de actuación procesual, podendo comparecer en xuízo na súa defensa
e representación.

◦ Que ocorre no suposto de que o seu estado lle impida exercitar o seu dereito?

Si o seu estado llelo impide, o artigo 758.II LEC diferencia dúas hipóteses:

a) Si o proceso foi iniciado polo Ministerio Fiscal, este non pode exercer a súa
defensa, pois desaparecería a dualidade de partes; en tal caso nomearase un
defensor xudicial, salvo que xa estivese nomeado para as medidas provisionais.

b) Si a acción non foi exercitada polo Ministerio Fiscal, será este quen defenda os
intereses do presunto incapaz.

◦ Unha vez iniciado este proceso, como segue?

Salvo que expresamente se dispoña outra cousa, os procesos de incapacitación


substanciaranse polos trámites do xuízo verbal, dando traslado da demanda ao
Ministerio Fiscal cando proceda, e ás demais persoas que, conforme á Lei, deban
ser parte no procedemento, fosen ou non demandados (o presunto incapaz,
familiares,...), emprazándoos para que a contesten no prazo de vinte días.

A partir da remisión ao xuízo verbal que se sinala no artigo 753 LEC e da


aplicación das xa contempladas normas probatorias do artigo 752 LEC,
prescríbense tres actuacións concretas:

a) a audiencia necesaria dos parentes máis próximos do presunto incapaz;

b) o exame deste último polo xuíz

c) acordar os ditames periciais necesarios ou pertinentes en relación coas


pretensións da demanda. Nunca se decidirá sobre a incapacitación sen previo
ditame pericial médico, acordado polo tribunal, de acordo co artigo 759.1 LEC

Esta última esixencia esténdese á segunda instancia, no seu caso.

◦ Cando se solicite na demanda de incapacitación o nomeamento da persoa ou


persoas que fosen asistir ou representar ao incapaz e velar por el, que debe
facer o tribunal?

a) escoitar aos parentes máis próximos, e

b) escoitar tamén ao presunto incapaz ou ás persoas que considere oportuno.

154
◦ Respecto ao seu contido, a que debe facer referencia a sentencia do proceso
de incapacitación?

A sentenza terá que:

a) denegar a incapacitación por entender que non concorre ningunha das


causas que a fundamentan, ou

b) declarar a incapacitación, fixando a extensión e límites da mesma,


precisando, ademais, os seguintes extremos:

• determinar en función de dita extensión a que réxime de representación


ou asistencia debe quedar sometido o incapaz;

• pronunciarse sobre a necesidade de internalo, no seu caso;

• nomear ás persoas que fosen exercer a representación e asistencia do


incapaz e velar por el, si así o estima necesario (artigo 760.1 e 2 da LEC).

◦ Cando unha sentencia é firme, ten a cuestión litixiosa o carácter de cousa


xulgada?

A sentenza de incapacitación produce unha eficacia de cousa xulgada “con


limitación ao mantemento das condicións, de modo que, mentres as
circunstancias non varíen a sentenza produce os efectos típicos de cousa xulgada

De aí que o artigo 761 LEC contemple a posibilidade de modificar o alcance da


incapacitación e incluso reintegrar a capacidade.

Así, o primeiro parágrafo do artigo 761 LEC sinala:

A sentenza de incapacitación non impedirá que, sobrevidas novas


circunstancias, poida instaurarse un novo proceso que teña por obxecto
deixar sen efecto ou modificar o alcance da incapacitación xa establecida.

En tales supostos a sentenza que se dite deberá pronunciarse sobre si procede ou


non deixar sen efecto a incapacitación, ou sobre si deben ou non modificarse a
extensión e límites desta, segundo o apartado segundo do artigo 761.3 LEC.

◦ Que implica ter autoridade de 'cousa xulgada'?

Exclúe a posibilidade dun segundo proceso sobre a mesma cuestión litixiosa


promovido polas persoas a que se refire o artigo 761 LEC, pois os efectos de cousa
xulgada esténdense a todos eles tanto si interviñeron no proceso como si non.

◦ Cando se establecen medidas cautelares no proceso de incapacitación?

Cando o tribunal teña coñecemento da existencia de posible causa de


incapacitación nunha persoa, adoptará de oficio as medidas que estime necesarias
para a adecuada protección do presunto incapaz ou o seu patrimonio e porá o
feito en coñecemento do Ministerio Fiscal para que promova, si o estima convínte,
a incapacitación (artigo 762.1 da LEC).

155
◦ Que cuestións cabe destacar en canto as medidas cautelares?

a) as medidas cautelares poden tomar de oficio, non só a instancia de parte;


b) as medidas poden afectar tanto ao patrimonio como á persoa do incapaz.
Poden adoptarse con anterioridade ou en calquera momento do procedemento.

O proceso de reintegración da capacidade

◦ É posible reintegrar a capacidade a unha persoa incapacitada?


A mesma configuración das causas de incapacitación, como o padecemento
dunha enfermidade ou deficiencia persistente e grave, e o carácter temporal da
cousa xulgada, pon de manifesto a eventualidade de que as primeiras remitan ou
incluso desaparezan. En tal suposto procede reintegrar a capacidade ou
modificar o alcance da declaración de incapacitación xa efectuada (artigo 200 do
CC)

◦ Quen está lexitimado para promover este proceso?


As mesmas persoas que o están para instar o proceso de declaración de
incapacitación a que antes nos referimos (artigo 757.1 LEC), engadíndose a da
propia persoa incapacitada, no seu caso. Si se privase a este último da capacidade
para comparecer en xuízo, deberá obter expresa autorización para actuar no
proceso por si mesmo (artigo 761.2.II da LEC).

◦ Como se desenvolve a práctica da proba?


A práctica das probas preceptivas realizaranse de oficio e poderán ser as mesmas
ás que nos referíamos no proceso de declaración de incapacitación.

◦ Finalmente, a sentenza sobre que se pronunciará?


Deberá pronunciarse, ben sobre a modificación ou non, e a extensión e límites
desta, ben sobre si procede ou non deixar sen efecto a incapacitación (artigo
761.3.II da LEC).

◦ Que criterios debe ter en conta o xuíz que, tanto neste caso como no suposto
de incapacitación, dite sentenza?
“A sentenza sempre se deberá apoiar na realidade fáctica da persoa do presunto
incapaz, comprobada pola proba que esixe o artigo 208 do CC (actualmente
derogado pola LEC 1/2000) e toda aquela que sexa precisa e seguindo sempre un
criterio restritivo; a situación, pois, de inidoneidade natural para rexer a súa
persoa e administrar e dispor de seus bens, debe quedar claramente acreditada e
correctamente valorada, aplicando o artigo 210 no sentido de fixar
adecuadamente a extensión e os límites da incapacitación."
STS de 16 de setembro de 1999 (RJ 1999, 6938)

156
Efectos da incapacitación

◦ A quen corresponde establecer o alcance da declaración de incapacitación?

Será o xuíz na sentenza que declare a incapacitación o que deberá establecer a


súa graduación en función das aptitudes do incapaz para gobernarse por si mesmo
(artigo 763 LEC).

◦ Que pode suceder cando o xuíz dite sentencia de incapacitación?

a) Que a sentencia declare a incapacitación e someta, sen máis, a persoa


incapacitada a tutela: a privación de capacidade é, pois, total e afecta a esfera
persoal e patrimonial; o titor será o representante legal e o administrador do seu
patrimonio.

b) A sentencia declara a incapacitación e somete, sen máis, a persoa incapacitada


a curatela: suposto no que o incapacitado precisará a asistencia do curador para
aqueles actos nos que vexa limitada a súa capacidade que coincidirán con aqueles
actos nos que os titores deben precisar de autorización xudicial (supostos que
veremos máis adiante).

c) A sentencia declara a plena capacidade do presunto incapaz cando non se


aprecia incapacidade algunha.

157
VI.4.- Sistemas de protección

VI.4.a.- Patria potestade

◦ En que consiste a patria potestade?

A patria potestade consiste nunha función que se exerce sempre en beneficio dos
fillos e que, en definitiva, esténdese máis alá, incluso, da maioría de idade, posto
que os fillos deben respectar sempre aos pais (artigo155 CC).

◦ Cal é a finalidade da patria potestade?

Considérase que a finalidade da potestade dos pais é a de facilitar o pleno


desenvolvemento da personalidade do menor por medio do seu exercicio e no seu
interese. Unha consecuencia clara deste sistema é a obriga de alimentos que
existe entre os ascendentes e os descendentes, incluso unha vez acabada a patria
potestade.

◦ Que comprende a patria potestade?

A patria potestade comprende deberes e facultades, que non son libres, senón de
exercicio obrigado, ata o punto de que se considera unha función inescusable. Por
este motivo, a xurisprudencia declarou que posúe un carácter personalísimo e que
é irrenunciable, intransmisible e imprescriptible (Sentencia do TS de 26 de
novembro de 1995).

◦ A obriga dos país limítase só aos supostos en que teñen a patria potestade dos
fillos?

Non, aínda que non sexan titulares da súa potestade, están obrigados a
relacionarse cos fillos, prestarlles alimentos, a convivir e velar por eles (artigo
110 CC).

◦ De onde xorde esta obriga?

Do Código Civil, onde se define a patria potestade no artigo 154 como o deber de
velar polos fillos, telos na súa compaña, alimentalos e educalos, así como
procurarlles unha formación integral. Todo elo en beneficio dos fillos e de acordo
coa personalidade de cada un dos mesmos.

◦ A patria potestade remata coa maioría de idade dos fillos?

Non necesariamente; si estes foron incapacitados, comporta a prórroga (cando a


incapacitación ten lugar durante a minoría de idade) ou a rehabilitación da
potestade (cando tivo lugar durante a maioría de idade do fillo e os proxenitores
poden exercer aínda esta función). Neste sentido, recomendamos a consulta do
artigo 171 CC.

158
◦ Quen son os titulares da patria potestade?

A patria potestade é conxunta e pertence aos proxenitores, con independencia de


que estean casados ou non, sempre que se determinase legalmente a filiación en
relación con ambos (artigo 154 CC).

En situacións normais, a potestade exércese conxuntamente, aínda que se


presume que cada proxenitor actúa co consentimento do outro no exercicio
ordinario da potestade (artigo 156 CC).

◦ En que circunstancias xorde algún problema ao exercicio conxunto da patria


potestade?

a) Pódense producir desacordos. Si son reiterados, provocan a intervención do


xuíz, que decidirá cal dos proxenitores debe posuír a facultade de decidir. Non
obstante, a intervención xudicial debe producirse a instancias dos proxenitores
(artigo 156.2 CC).

b) Si existe ausencia ou incapacidade de un dos proxenitores, o outro exercerá só


a patria potestade (artigo 156.4 CC).

c) A separación dos pais determina que o que conviva co fillo sexa quen exerza a
patria potestade (artigo 156.5 CC). Nestes casos, non obstante, o xuíz, a
solicitude fundada do outro proxenitor, poderá distribuír entre pai e nai as
funciones inherentes ao exercicio da patria potestade, ou si o considera
adecuado, pode atribuír ao solicitante, parcialmente, o seu exercicio. Non
cabe a atribución do íntegro exercicio ao proxenitor non convivente.

◦ Que facultades contén a patria potestade?

Contido persoal, isto é, procurar atencións físicas e morais, sempre coa


finalidade de permitir o libre desenvolvemento da personalidade do fillo. Como
contrapartida, esíxese tamén aos fillos unha determinada conduta: o deber de
obediencia mentres sexan menores de idade e o de respecto para sempre (artigo
155 CC).

Contido patrimonial, dado que os pais deben representar aos fillos e administrar
os seus bens. Só están excluídos da representación aqueles actos relativos aos
dereitos da personalidade que os fillos poden exercer por eles mesmos cando a
súa capacidade natural llo permite (ao respecto poden consultar a LO 1/1996, de
15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor).

Ensimesmo, están excluídos da representación dos pais aqueles dereitos en que se


produza conflito de intereses cos fillos.

159
◦ Que actos quedan fora do ámbito de representación que comprende a patria
potestade?

a) Os actos relativos aos dereitos da personalidade.

b) Os que o fillo poida facer por el mesmo, de acordo coas leis e coa súa
capacidade natural. Así, por exemplo, o fillo non necesita un representante
legal para consentir a súa propia adopción, si ten máis de doce anos.

c) Os pais tampouco poderán exercer a representación cando exista un conflito


de intereses cos fillos; neste caso, deberá nomearse a un defensor xudicial.

d) Nalgúns supostos, os pais necesitan o consentimento do fillo. Isto sucede


cando o acto que queren facer comporta prestacións persoais a cargo do
propio fillo. O consentimento deberá prestalo sempre que teña suficiente
xuízo.

e) Os relativos a bens que estean excluídos da administración dos pais (para máis
información, podedes consultar o apartado seguinte).

VI.4.b.- A potestade prorrogada

◦ Cando se prorroga a potestade?

A potestade pódese prorrogar ou rehabilitar naqueles casos en que os fillos fosen


incapacitados antes de chegar á maioría de idade, ou ben cando, aínda sendo
maiores, estean incapacitados e conviven cos proxenitores (artigo 171 CC).

O contido da potestade prorrogada será o que determine a sentencia de


incapacitación e, no seu defecto, aplicaranse subsidiariamente as regras xerais
que se explican respecto a potestade.

Extínguese pola defunción dos pais, pola adopción do fillo, pola constitución da
tutela e polo matrimonio da persoa incapacitada.

Ensimesmo, pódese extinguir polo cese da incapacidade, que, en calquera caso,


require unha resolución xudicial que así o declare.

VI.4.c.- Tutela

A tutela está regulada nos artigos 215 a 285 CC, aos que nos remitimos para máis
precisión.

160
◦ Que é a tutela?

A tutela constitúe un sistema de protección dos menores e das persoas


incapacitadas que se produce cando o pai ou a nai non son titulares da patria
potestade por algunha das causas que vimos na páxina anterior. Por tanto, están
sometidos á tutela os menores non emancipados que no estean sometidos á
potestade e as persoas incapacitadas (artigo 222 CC).

A tutela é un sistema de protección, baseado nun modelo familiar. Igual que a


potestade, constitúe unha función que se exerce en beneficio de quen estea
sometido á mesma. Por iso, a tutela é obrigatoria, aínda que quen sexa designado
para exercer o cargo de titor pode alegar algunha das escusas expresamente
previstas na lei para non exercer o cargo (artigo 251 CC).

◦ Quen ten a obriga de promover a constitución da tutela?

Os parentes chamados á mesma, a persoa baixo cuxa garda se encontre o menor


ou incapacitado e si non o fixeran, serán responsables solidarios da indemnización
dos danos e prexuízos causados (artigo 229 CC). Está igualmente obrigado o xuíz
ou o Ministerio Fiscal, cando tivesen coñecemento da existencia de calquera
persoa que deba ser sometida a tutela (artigo 230 CC), aínda que o Código
lexitima a calquera persoa para poñer o feito en coñecemento xudicial co fin de
forzar a súa intervención.

◦ A quen lle corresponde constituír a tutela?

Aos órganos xudiciais. Requírese a previa audiencia dos parentes máis próximos e
en todo caso do tutelado, si tivese suficiente xuízo e sempre, si fose maior de
doce anos (artigo 231 CC).

◦ Cantas persoas poden desempeñar a tutela dunha persoa incapacitada?

Pode ser desempeñada por unha soa persoa ou por varias conxuntamente. O CC
permite que a exerza tanto una persoa física como xurídica (artigo 241 e 242 CC).
Neste último caso, a lei só esixe que se trate de persoas xurídicas que non teñan
finalidade lucrativa e entre cuxos fins figure a protección dos menores ou persoas
incapacitadas.

◦ Cal é o orden de preferencia, no caso de que o titor sexa unha soa persoa,
para determinar os chamamentos?

i. A persoa designada polo propio tutelado, en previsión de ser incapacitado


xudicialmente no futuro.

ii. Cónxuxe que conviva co menor ou persoa incapacitada.

iii. Os pais.

161
iv. A persoa ou persoas designadas polos pais en testamento ou en disposición de
última vontade (para máis información, recomendamos a consulta dos artigos
223 e 234 CC).

v. O descendente, ascendente ou irmán que designe o xuíz.

◦ Está o xuíz obrigado a respectar este orden de prelación?

A designación paterna non resultará vinculante para o xuíz, nin tampouco o orden
anteriormente sinalado si se considera que o interese do menor ou persoa
incapacitada quedará mellor protexido doutro modo.

◦ En que supostos se admite a tutela conxunta?

• Cando conveña separar como cargos distintos o titor de persoa e o dos


bens.

• Cando a tutela corresponda ao pai e á nai.

• Si se designa a unha persoa titora dos fillos dun irmán e se considera


convínte que o cónxuxe tamén exerza a tutela.

• Cando o xuíz nomea titores ás persoas que os pais designase.

◦ Que requisitos se esixen para ser titor?

A Lei require que o designado se encontre no pleno exercicio dos seus dereitos
civís e que non estea incurso en causa de inhabilidade. Estas causas están
previstas nos artigos 243 e 244 do CC e afectan, como regra xeral, a aqueles que
fosen privados da patria potestade, que fosen apartados doutro cargo tutelar, que
tiveran intereses contrapostos ou graves enfrontamentos con quen estea sometido
a tutela, aos que fosen condenados a unha pena de privación de liberdade, etc.
Ensimesmo, os pais (en testamento ou escritura) poden excluír a certas persoas
(parentes que recibirían o chamamento en caso contrario).

◦ A persoa designada titor pode escusarse de exercer o cargo?

De acordo co artigo 251 sinala que “será escusable o desempeño da tutela cando
por razóns de idade, enfermidade, ocupacións persoais ou profesionais, por falta
de vínculos de calquera clase entre titor e tutelado ou por calquera outra causa,
resulte excesivamente gravoso o exercicio do cargo”

◦ Existen diferencias entre o aspecto patrimonial e persoal da tutela?

No aspecto persoal, o titor debe educar ao menor e procurarlle unha formación


integral, así como os alimentos. Ao mesmo tempo, debe procurar que o
incapacitado recupere a capacidade e que reciba a educación oportuna (artigo
269 CC).

162
No aspecto patrimonial, o titor é o representante legal do que está sometido a
tutela, salvo para aqueles actos que pode realizar por si mesmo, xa sexa por
disposición expresa da lei ou da sentencia de incapacitación; o que administra os
seus bens e pode realizar actos de disposición dos mesmos, aínda que nalgúns
casos se requira autorización xudicial (artigo 271 CC).

◦ En que supostos necesitará o titor autorización xudicial?

i. Para internar ao tutelado nun establecemento de saúde mental ou de


educación ou formación especial.

ii. Para transmitir ou gravar bens inmobles, establecementos mercantís ou


industriais, obxectos preciosos e valores mobiliarios dos menores ou
incapacitados, ou celebrar contratos ou realizar actos que teñan carácter
dispositivo e sexan susceptibles de inscrición. Exceptúase a venda do
dereito de subscrición preferente de accións.

iii. Para renunciar dereitos, así como transixir ou someter a arbitraxe cuestións
en que o tutelado estivese interesado.

iv. Para aceptar sen beneficio de inventario calquera herdanza, ou para


repudiar esta.

v. Para facer gastos extraordinarios nos bens.

vi. Para iniciar demanda en nome dos suxeitos a tutela, salvo nos asuntos
urxentes ou de escasa contía.

vii. Para ceder bens en arrendamento por tempo superior a seis anos.

viii. Para dar e tomar diñeiro a préstamo.

ix. Para dispor a título gratuíto de bens ou dereitos do tutelado.

x. Para ceder a terceiros os créditos que o tutelado teña contra el, ou adquirir
a título oneroso os créditos de terceiros contra o tutelado

VI.4.d.- Curatela

Está regulada nos artigos 286 a 298 do CC. Aquí só se explica moi sucintamente,
polo que, para máis precisión, remitímonos ás disposicións mencionadas.

◦ Que é a curatela?

A curatela constitúe unha forma especial de protección, por medio da cal se


complementa a capacidade de determinadas persoas que se considera

163
insuficiente para a validez do acto que levan a cabo. A que se somete a curatela é
unha persoa capaz, aínda que con capacidade limitada para determinados actos,
polo que necesita un complemento.

É unha institución de protección da persoa que constitúe un oficio de dereito


privado, que non require a incapacitación e que non constitúe unha
representación legal. En calquera caso, require constitución xudicial.

◦ Que persoas poden estar sometidas a curatela?

a) Os emancipados cuxos pais faleceran ou quedaran impedidos para o exercicio da


asistencia previda pola lei.

b) Os que obtivesen o beneficio da maior idade (consulten o artigo 321 CC).

c) Os declarados pródigos. Nestes casos, as funcións do curador esgótanse coa


intervención (prestar a súa asistencia) naqueles actos que a persoa declarada
pródigo non poida realizar por si soa (artigo 288 CC).

d) Tamén procede a constitución da curatela cando na sentencia onde se declara a


incapacitación dunha persoa, ou na resolución xudicial que a modifique, en
atención ao seu grado de discernimento, o xuíz coloca ao incapacitado baixo esta
especial forma de protección.

◦ En que actos se necesitará a asistencia do curador?

Será preciso naqueles actos que o xuíz determine na sentencia. Por exemplo, nos
casos de prodigalidade, a súa intervención será necesaria para as disposicións
patrimoniais do sometido a curatela.

◦ Que ocorre cos actos realizados pola persoa que está sometida a curatela?

Os actos que se leven a cabo sen a asistencia do curador poden anularse.

VI.4.e.- Garda de feito

Está regulada nos artigos 303 a 306 do CC.

◦ En que consiste a garda de feito?

Trátase dunha situación puramente fáctica, isto é, constituída por feitos ou


sucesos temporalmente determinados, que consiste na garda ou atención das
persoas que non posúen capacidade para actuar por si mesmas, aínda que neste
caso o gardador non dispón dun título que o habilite para o exercicio desta
función.

164
◦ Cales son os casos máis habituais?

Nesta situación acostuman a atoparse os menores de idade desamparados por


persoas que ten a obriga de garda e custodia e os que, polas súas circunstancias
persoais, necesitan estar sometidos a unha institución de garda da mesma persoa
e dos bens (por exemplo, as persoas incapaces de feito cando a incapacidade non
foi declarada xudicialmente).

◦ Cales son as obrigas do gardador de feito?

O gardador debe actuar sempre en beneficio do menor ou da persoa incapaz e é


preciso que notifique o feito que orixina a garda ás autoridades competentes.

◦ Cales son os dereitos do gardador de feito?

Ten dereito a ser indemnizado dos gastos que puidese realizar e dos prexuízos que
lle causase a garda, sempre que non lle sexan imputables.

◦ Como remata a garda de feito?

Esta situación extínguese cando desaparecen as circunstancias que a provocaron,


o cal obriga ao gardador a render contas da súa xestión.

VI.4.f.- Defensor xudicial

Está regulado nos artigos 299 a 302 do CC, onde poderá complementar esta
información.

◦ Que é o defensor xudicial?

O defensor xudicial constitúe unha figura de protección non permanente que


actúa cando existe contraposición de intereses entre o que está sometido a
potestade, a tutela ou a curatela e o seu representante legal, así como nos casos
en que os designados non desempeñan adecuadamente as súas funciones.

Así, o defensor xudicial intervirá naqueles casos nos que legalmente se presume
que existe o risco de que as persoas que ostentan a patria potestade, tutela ou
curatela, velen máis polos seus propios intereses que polos daqueles a quen
protexan (por exemplo, nos casos nos que existe un conflito de intereses no
reparto dos bens dunha herdanza).

◦ Que funcións desempeña o defensor xudicial?

A representación do defendido naqueles actos, cuxa competencia se atribuíse ao


defensor.

165
As competencias do defensor xudicial están limitadas aos supostos para os que foi
nomeado e súa función acaba cando cesa esta contraposición (artigo 302 CC).

◦ Quen nomea ao defensor xudicial?

O seu nomeamento sempre deberá levalo a cabo o xuíz nun procedemento de


xurisdición voluntaria.

O xuíz pode nomear a quen estime máis idóneo para o cargo, podendo recaer dito
nomeamento, incluso, nunha persoa xurídica que teña por obxecto a protección
de menores ou persoas incapacitadas.

166
BIBLIOGRAFÍA

• Guía de beneficios para persoas con discapacidade

(Elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro)

• Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade

(Elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro)

• Procesos Especiais. Ed. UOC

(Elaborado por Teresa Armenta Deu)

• Dereito da persoa. Ed. UOC

(Elaborado por Leonor Aguilar Ruiz. Francisco Oliva Blázquez e Manuel Rivera
Fernández)

• Os sistemas de protección de menores: patria potestade, tutela e acollemento.


Ed. UOC

(Elaborado por Isabel Miralles González e Encarna Roca Trias; actualización a


cargo de: Amalia Blandino Garrido)

• ¡Pregúntame sobre accesibilidade e axudas técnicas!

167
PÁXINAS WEB DE REFERENCIA

• Ministerio de Traballo e Inmigración

• Ministerio de Sanidade e Política Social

• Seguridade Social

• IMSERSO

• Servizo de Información sobre a Discapacidade

• Consellería de Traballo e Benestar

• Área de Benestar

• Foro Europeo da Discapacidade

168

Вам также может понравиться