Вы находитесь на странице: 1из 1

LUÍS TEIRA PARADA, Concelleiro do Grupo Municipal do BLOQUE NACIONALISTA

GALEGO (BNG), neste Concello, presenta a seguinte solicitude ante o Pleno e ante o
Alcalde en relación coa demanda construír una pista multideportiva no parque
Centenario.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O BNG de Ribeira leva moito tempo facéndose eco das demandas dos usuarios e
usuarias das instalacións deportivas do noso concello. Unha das máis reiterativa é a
carencia de espazos axeitados para facer deporte “espontáneo” – deporte que practican
fundamentalmente os rapaces e rapazas sen ter quedado previamente para o mesmo-.

Os parques como espazos de convivencia polivalentes deben satisfacer as demandas


tanto de nenos e nenas pequenos/as- columpios, chan acolchado, etc.-; maiores –bancos e
lugares con sombra-; e tamén dos nenos e adolescentes que queren “xogar un partido”. O
noso concelle adoece de estes espazos.

Un dos casos máis evidentes é o do Parque do Centenario onde os rapaces e


rapazas xogan ao balón nunha zona axardinada, co seu correspondente deterioro da zona
verde.

Ante isto o grupo municipal do BNG de Ribeira

SOLICITA:

Que o concello de Ribeira faga unha pista multideportiva no Parque Centenario.

Ribeira, 11 de Abril de 2010

Asdo.: Luís Teira Parada


Concelleiro do BNG de Ribeira

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIBEIRA

Вам также может понравиться