Вы находитесь на странице: 1из 11

GAÑADORES DO CERTAME

DE RELATOS DE MEDO
SAMAÍN 2010

YERAY BUGALLO (6ºA DE PRIMARIA) 

ALEXANDRE GOSENDE (1º ESO B)

LAURA CAEIRO (4º ESO A) 

premios:
Libro: diccionario dos seres MÍTICOS GALEGOS 
(Xerais) 
Camiseta: Xentes, Espazos e Lugares 
 
MENCIÓN ESPECIAL:

JESSICA MAGARIÑOS (1º ESO B) 

premio:
Camiseta: Xentes, Espazos e Lugares 
O FORASTEIRO, por Yeray Bugallo (6ºA Primaria)
Prado era unha aldea pequeña, situado nun amplo val da comarca do
Eixo. A xente de Prado era moi traballadora, a maior parte dos homes
adicábanse á minaría pois aquela era unha zona rica en carbón, e as
mulleres adoitaban adicarse á agricultura, a gandaría ovina ou as súas
labores.
No localidade había poucos nenos xa que a poboación estaba moi
avellentada. Os poucos nenos que había acostumaban xuntarse na
carballeira de Raxeira, alzada case no centro urbano, onde destacaba
unha igrexa románica do século XII. Esta, estaba cercada cunha
muralla de pedra onde os nenos adoitaban xogar a indios e vaqueiros.
A igrexa era o forte dos vaqueiros e a muralla servía para protexerse
dos indios que querían invadir o forte a todo dar.
Durante moitos anos este foi o seu xogo preferido polos nenos de
Prado, pero dende un ano cara atrás os arredores da igrexa da
Raxeira amosábanse baleiros pois corría o rumor de que por alí cerca
vivía un home moi malo que raptaba rapaces. A verdade, e seino de
moi boa fonte, é que ese personaxe existía. Moi poucos coñecían o
seu nome, ou polo menos, o seu nome verdadeiro, pois uns
chamábanlle “monstro”, outros “O Forasteiro”, e os demais “O
Raptador de nenos”.
En realidade, hai moi pouco tempo que se soubo o seu verdadeiro
nome.
“O Forasteiro” era unha persoa ermitá que vivía ás aforas do pobo de
Prado e que só se vía roldar ás rúas do pobo ás últimas horas do día
cando xa comezaba a escurecer. Ía sempre cuberto por un poncho

  2 
marrón e cun caparucho negro, vello, cheo de lixo. A súa roupa estaba
chea de remendos e semellaba ser dúas tallas máis grande.
“ O Forasteiro” camiñaba sempre moi amodo e todos os días á mesma
hora, sobre as nove da noite, adoitaba ir ó camposanto da igrexa da
Raxeira e sentaba a carón dunha tumba que tan só tiña unha cruz de
forxa vella e chea de ferruxe.
A xente da aldea fixérase á idea de que era un home malo e ruín por
nunca amosar o seu rostro, nin falaba con ninguén. Os nenos foran
educados para terlle medo, pois para algúns habitantes do pobo “O
Forasteiro” era un asasino que matara á súa familia e que fuxira dende
moi lonxe ata Prado para non ser axustizado.
Pero foi no Nadal de 1983 cando Prado coñeceu a verdadeira historia
do Forasteiro.
Todo sucedeu así: eran as 12:00 en punto do 24 de Decembro de
1983. A maior parte dos habitantes de Prado atopábanse na igrexa
escoitando a misa do Galo. Era unha noite fría e moi escura, fóra
chovía moito e as portas da igrexa permanecían pechadas para non
sentir o frío que viña da rúa. Un dos acólitos portaba unha candea
nunha man mentres na outra levaba unha cestiña que ía pasando
entre os fregueses para que botaran algúns cartiños como axuda para
o mantemento da igrexa; pero nun descoido, o rapaz esbirrou e a
candea caeu sobre unha muller que tiña un poncho de la. De súpeto, a
la comezou a arder. A maior parte das persoas da igrexa afastábanse
présas do pánico ata tan grande fumareda. Foi entón cando “O
Forasteiro”, que estaba agochado na sacristía da igrexa correu
espantado cara a muller e co seu poncho sucio e mollado apagou o
lume, axudando á aquela muller. Ó principio todos se afastaban

  3 
murmurando e con cara de noxo, pero a muller moi agradecida polo
que fixo aquel forasteiro dirixiuse amodo cara el e colleulle as mans
con moitas tenrura. Foi entón, cando apartando as guedellas sucias da
súa cara puido comprobar que non era un home, senón unha fermosa
moza de ollos azuis que tiña o lado dereito da súa cara desfigurado.
A muller, acubillouna nos seus brazos e levouna a súa casa a pesar
das murmuracións das malas linguas. Alí, “A Forasteira” contoulle que
se chamaba Alma, que a súa nai morrera cando ela era unha cativa e
o seu pai falecera poucos anos despois nun derrubamento que
houbera nas minas dunha vila lindeira. Ante a soidade decidira vir a
Prado na procura do seu avó materno, pero cando chegou alí o cura
informouna de que o seu avó falecera dous anos antes. Foi entón
cando se viu na obriga de vivir coma unha anacoreta, agochada sen
amosar o seu rostro deformado por unha queimadura que sufrira
cando só tiña dous anos.
Así foi como pouco a pouco se foi creando a lenda do forasteiro,
monstro, que roldaba as rúas de Prado fuxindo da xustiza. Nada máis
lonxe da realidade.

  4 
A PANTASMA DA ESCALEIRA DE CARACOL, por Alexandre
Gosende (1º ESO B)
Esta è unha historia moi aterradora, que ocorreu fai centos de anos
nun faro dalgún lugar da nosa Galiza.
Era un día anubrado e tormentoso, as ondas do mar alcanzaban os
sete metros. Non se vía a ninguén arredor do faro e a súa luz seguía
alumeando os barcos que se acercaban à costa.
De súpeto, a luz do faro deixou de alumear por un intre bastante
longo. Como podedes supoñer, os barcos no mar quedaron
desorientados e confusos por non poder ir cara a costa. Comezaron os
raios e os tronos. A choiva que caía non deixaba ver nada arredor.
Dende a beira acercábase un carro de burros polo camiño que
bordeaba o faro. Nel ía unha parella cara a súa casa. Non se vía nada
e non puideron seguir o seu camino. Decidiron pasar a noite
refuxiados no faro. Pararon enfronte dun portón enorme, cas bisagras
oxidadas pola salitre do mar, e a madeira podre polo paso do tempo.
Intentaron con todas as súa forzas abrir o portón, pero entre a
tormenta e o peso do portón parecía unha misión imposible, talmente
parecía que alguén ou algo non quixera que eles entraran esa noite no
faro.
Por fin conseguiron entrar, e contemplaron unha preciosa escaleira de
caracol en perfecto estado, cousa moi rara xa que o faro era moi
antigo. Eles só querían descansar, así que non lle deron importancia.
O caso è que eles de repente decatáronse de que o faro non
alumeaba. Decidiron subir para ver o que ocorría, e canto máis se
acercaban á escaleira máis estraña lle parecía o seu estado, mesmo
semellaba que emitía algún tipo de son. Ao botarlle a man à varanda

  5 
sentiron un calafrío, e cando ían subindo notaron que cada vez facía
máis frío.
Non entendían o que podía ocorrer, pero seguiron subindo. Cando
chegaron arriba levaron un susto de morte, había unha persoa tirada
no chan, medio morta, pedindo socorro. A muller asustouse moito, e
preguntoulle que ocorrera; pero o home que estaba tirado no chan non
podía nin falar e facíalle xestos à parella para que deran a volta.
Custoulles moito entender o que quería dicir o home accidentado, e
cando se xiraron algo intentou atacalos, pero aí non había ninguén, e
a muller comezou a gritar e o home a palpar se atopaba alguén na
escuridade do faro. Alí só se escoitaban os barcos tocando as bucinas
e a muller gritando, pero non había ninguén, e a escaleira comezou a
renxer, alguén estaba subindo. O medo da parella podía mais ca eles
e non sabían onde se habían de meter. Non se vía subir a ninguén
pero os chanzos da escaleira parecían manchados de sangue.
Seguiron esperando e os pasos de sangue cada vez se achegaban
máis. O home do chan comezou a tremer e de súpeto a luz do faro
volveu. Entón, coa claridade do faro viuse que os trazos que se
achegaban cada vez máis pertencían a unha especie de figura
transparente que só se podía ver coa luz.
No intre no que a luz lle deu de cheo, a figura esfumouse. Os barcos
encontraron por fin o camiño, a treboada amainou e comezaba a
amencer. A escaleira, de súpeto, volveuse vella e estragada, e o home
que estaba ferido comezou a sentirse mellor. Cando puido falar,
contou que o que ocorrera fora a presenza dunha pantasma que
aparecía unha vez ao ano, xusto no aniversario da súa morte.

  6 
O home era un antigo vixiante do faro que morrera facía douscentos
anos, cando estaba traballando. Por iso, a súa pantasma aparecía ese
día, a esa hora, e xusto nese intre marchaba a luz, e a pantasma cría
que seguía vivo e a escaleira cobraba vida con el.
A pantasma so quería facer o seu traballo, que era protexer o faro.
Chamábanlle A Pantasma da Escaleira de Caracol.

  7 
NOITE ENIGMÁTICA EN XENXUME, por Laura Caeiro (4º ESO A)
Era 31 de outubro. Despois dun longo día de traballo, trala colleita do
millo do ano, tres mozas do lugar de Xenxume chegaron ansiosas á
casa para prepararse para o baile que levaban esperando había tanto
tempo.
Levaban posto o vestido de percal que poñían os domingos. Malia a
advertencia dos seus pais, por ser unha noite especial, na que as
lendas contaban que acaecían feitos inexplicables, elas partiron
ilusionadas. Era tal o anhelo por ir, que eses consellos non tiñan
ningún valor para elas.
Xa de noite, marcharon para a festa nunha parroquia próxima a
Xenxume. Ao chegar alí cambiaron os zapatos vellos que trouxeron
postos, por uns novos. Metéronos nunha bolsa e agocháronos entre o
mato.
Estiveron todo o tempo bailando ao son da banda, con moitos mozos!
Todo era moi divertido e ameno, aínda que o malo estaba a piques de
chegar.
Acabou a festa e as tres mozas volveron cara a súa casa. Era unha
noite de moito frío e a lúa non sairá, todo estaba escuro.
As tres mozas ían agarradas unhas das outras por medo a que,
nalgunha corredoira, houbese un Foucellas.
Pero antes de seguir coa historia.. sabedes quen eran os foucellas?
Eran unhas persoas que fuxiran ao monte debido a que non tiñan a
mesma ideoloxía que o goberno de Franco. A Guardia Civil andábaos
buscando. Dicíase que eran persoas con grandes barbas e co corpo
deformado (esta descrición non era verdadeira); eran inofensivos .
Pero as tres mozas non o sabían .

  8 
Todo ía ben ata que sentiron uns laios. Asemellábanse aos dun
meniño. Sen dicir palabra botaron a correr ata que, sen folgos,
deixaron atrás aquelas queixas penosas. Entón aminoraron o paso e
tranquilizáronse. Pero xa dicían as lendas que aquela noite era
especial…
Naquel intre , quedaron petrificadas. Viron unha luz que se movía cara
os lados, aumentando e diminuíndoa súa intensidade. Pero… que era
aquilo? Andaba soa? E se era a Santa Compaña, da que tanto oíran, e
nunca lograran ver? Non, a Santa Compaña era mais dunha luz… Co
medo que tiñan non eran capaces de falar.
Como a luz ía na súa dirección e cada vez achegábase máis, unha
delas propuxo apartarse e deixar que “aquilo” seguise o seu camiño.
E pensaron… e se a luz ía a por elas? Nese momento a luz parouse e
escoitaron:
NENAS! NENAS! As tres estaban presas polo pánico. A máis valente
decidiu achegarse á luz! As outras dúas agarrárona e agachárona…
pero xa era demasiado tarde. Aquilo xa as escoitara e dirixíase cara
elas! Cerraron os ollos, por medo ao peor, cando oen: “FILLAS , son
eu! Entón abriron os ollos e miraron ao seu pai cun fachico na man!!
Saíron do agocho e abrazárono . Nunca o pasaran tan mal. O pai das
mozas , preocupado polo tarde que era a que aínda non volverán,
foinas buscar. O señor era coxo e, como era noite pechada, as mozas
só vían como a luz do fachico se movía cara os lados .
E sabedes que eran aqueles laios tan penosos? Pois era un canciño
pequeno abandonado que, despois, pasou a ser deles.
Dende logo, as tres mozas non esqueceron endexamais esa noite…
unha noite verdadeiramente máxica.

  9 
MORTE SEGURA, por Jessica Magariños (1º ESO B)
Había unha vez nunha escola de Rusia unha rapaza chamada Sara.
Os rapaces da súa clase metíanse seguido con ela. Os rapaces
chamábanlle: burra, parva, fea, medorenta...
Eu serei fea pero quito mellores notas ca vos así que burra non
son, parva non o sabedes e medrosa ímolo demostrar.
Diego era o chuliño da clase así que falou el.
A ver se te atreves a acender dez velas roxas facendo un círculo.
Meterte ti dentro, velas acendidas, luces apagadas e dicir: morte,
morte... vinte veces e ao final ti sentada mirando para unha ventá, ás
12:30 da noite do día 5 de novembro
Que pasara, Diego? (preguntou tremendo)
Faino e saberalo.
Ok, se o fago, que me daredes a cambio?
A tranquilidade, ter amigos, non te insultaremos e demostrarás a
todo o colexio que non es unha covarde, e, por suposto, serás popular.
Chegou o 5 de novembro, as 12:00 da noite. Sara entrou na súa
habitación, acendeu a luz e empezou a prepararse. Pousou cinco
velas roxas no chan pero faltábanlle outras cinco. Foi a xunto todos os
veciños a preguntar se tiñan velas, conseguiu catro. pero aínda lle
faltaba unha.
Chamou a Diego, díxolle que só lle faltaba unha vela, pero tiña todo o
demais.
Pois eu teño velas, lévocha antes das 12:30, e estarei eu
presente xunto cos compañeiros da clase. Todos os compañeiros
menos Adrián, que cree que isto pode dar lugar a unha desgraza.
Vale.

  10 
Así sucedeu.
Diego ademais de traer a vela trouxo a vinte nenos e dez nenas .
Sara comezou:
Primeiro colocou as velas no círculo.
Acendeunas todas.
Púxose dentro do circulo.
Empezou a dicir morte, pero chegou a quinta e preguntoulle Diego:
Cantas veces era ?
Dez, pero agora debes volve a empezar.
Morte, Morte, Morte, Morte, Morte, Morte, Morte, Morte, Morte,
Morte.
De repente, apareceu detrás da rapaza exactamente ‘a morte’ e
cortoulle a cabeza.
Os rapaces escaparon correndo e a pobre Sara quedou morta.
Adrián tiña razón, e como dixo Diego, sería popular, pero estaba
morta.
Ollo!!! Non se pode ser malos ca xente

  11 

Вам также может понравиться