Вы находитесь на странице: 1из 8

 Índice:

Da natureza da Asemblea ............................................................................ 2

Dos membros da Asemblea ......................................................................... 2

Das votacións ............................................................................................... 2

Da comisión organizadora ............................................................................ 3

Das comisións permanentes ........................................................................ 4

- Asesoría xurídica ............................................................................... 4

- Delegación de extensión cultural ....................................................... 5

- Delegación de formación ................................................................... 5

- Delegación de mercadotecnia, finanzamento e comunicación .......... 6

Das comisións temporais ............................................................................. 7

Da lingua e a imaxe ...................................................................................... 7

Dos órganos de goberno .............................................................................. 7

1
 Da natureza da Asemblea:

A Asemblea é un órgano colectivo que ten coma obxectivo recoller as


demandas dos estudantes de Ciencias Políticas, determinar posicións
conxuntas acerca das mesmas e transmitilas ós órganos de goberno da
Universidade (Xunta de Facultade e Comisións delegadas, Equipa Decanal,
Departamentos, Claustro Universitario, Vicerreitoría e Reitoría) e demais
institucións. Tamén se ocupará de asesorar e apoiar ó alumnado nos conflitos
académicos.

Non segue ningunha liña política concreta, está aberta a tódalas opinións e
non está vencellada a ningún partido, asociación ou sindicato. Forma parte da
súa natureza pular porque a Asemblea se caracterice neste sentido á hora de
levar a cabo calquer procedemento.

É un mecanismo de democracia directa baseado no diálogo e a procura de


consenso.

Tamén ten coma obxectivo dinamizar o máximo posible a vida da facultade


en particular, e da Universidade en xeral, promocionando e apoiando
actividades culturais, lúdicas, deportivas e didácticas.

 Dos membros da Asemblea:

Tódolos alumnos matriculados na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais


teñen dereito a asistir, falar e votar en tanto como eles estimen preciso.

Ningún alumno se enfrontará ó imperativo de acadar compromiso de calquer


índole a non ser a explícita vontade, e en ningún caso será irrevocábel.

 Das votacións:

Acórdase o asentimento como un xeito válido de procedemento se no caso de


que unha proposta non se atope con rexeitamento explícito ou alternativa.

Nas votacións teranse en conta os votos afirmativos, os negativos e


as abstencións, non serán tomados en consideración os non votos.

Só se poderán tomar decisións que esixan máis de maioría simple no caso de


que a Asemblea se atope constituída por tantos ou máis alumnos coma sexa o
número de representantes no órgano de goberno con máis presenza.

Co propósito de que as decisións sexan froito dun sistema o máis democrático


posíbel, fundamentado no diálogo e consenso, acórdanse as seguintes
maiorías necesarias:

2
- Maioría simple para asuntos de calendario, comunicación e loxística.
- Maioría de 3/5 para as decisións dentro do ámbito académico
especificadas deseguido, na primeira votación; na segunda volta
maioría absoluta; e na terceira votación maioría simple:
o Os temas de representación de alumnos en tódolos seus
estamentos, nos que a Asemblea de Estudantes de Ciencias
Políticas teña que levar una postura definida.
o Negociacións e no seu caso pactos con outras organización
nas institucións académicas.
o Cese de responsabilidades, tanto internas da Asemblea de
Estudantes de Ciencias Políticas, como de representación de
alumnos; nos casos nos que se incumpra o cometido para o
cal foi designada esa persoa.
o Fontes de financiamento.
o Formación e disolución de comisión temporais.
o Para decisión relacionadas con paros, nos que participaría a
Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas.
- Maioría de 4/5 para decisións fóra do ámbito académico, así como
para aquelas relacionadas con folgas nas que participaría a
Asemblea de Estudantes de Ciencias políticas e a modificación dos
Estatutos ou de normas funcionais da mesma índole.
Nos casos nos que se considere estritamente necesario tomar unha resolución
abondará coa maioría simple. Só se pode chegar á susodita consideración no
caso de que así o acorden os 4/5 dos votantes tralos procedementos
anteriormente estipulados.

 Da comisión organizadora:

Ó final de cada Asemblea será escollida unha comisión que se encargará


da organización da vindeira.

É responsabilidade desta comisión publicitar a Asemblea mediante a reserva


de aulas, envío de convocatorias a través dos medios de comunicación
pertinentes e a exposición de cartaces para o día e hora que se decida.

Esta comisión ten a potestade de modificar a data acordada sempre e cando se


atope xustificado por un trastorno na situación da Asemblea e/ou institucións
oportunas.

A comisión organizadora componse por:

- Moderador: Encargado de comezar e concluír a Asemblea e conducir


os puntos a tratar na orde do día, así como a dar paso á intervención
dos estudantes nun ordenado coloquio de quendas de palabra.
- Secretario de actas: Levantará acta da Asemblea, explicitando as
resolucións e decisións acadadas, así coma exposicións e comunicados
procedentes. Será o encargado de enviala ó correo electrónico antes da
vindeira Asemblea.
- Auxiliar: Suplirá a ausencia de calquera dos membros da comisión e
axudaraos para dinamizar o desenvolvemento da Asemblea.

3
A comisión tratará de levar a cabo a convocatoria e publicitación coa maior
antelación posíbel, sempre superior a corenta e oito horas.

Con carácter de urxencia esta comisión poderá convocar unha Asemblea


Extraordinaria cando o estime preciso cunha antelación nunca inferior a
vintecatro horas.

 Das comisións permanentes:

Son grupos de traballo aberto a calquer estudante que desexa asistir e


participar. Nelas deléganse tarefas acordadas na Asemblea, non teñen
capacidade decisoria máis alá das estimacións pertinentes á hora de levar a
cabo o traballo outorgado.
As propostas levadas a cabo por estas comisións, ben sexa de seu ou
recollidas de calquer estudante, serán levadas a cabo á Asemblea para a súa
toma en consideración.
Existen catro comisións permanentes: asesoría xurídica, mercadotecnia,
finanzamento e comunicación, formación e extensión cultural.
Estas comisións deben comporse na primeira Asemblea de cada ano
académico asignándolles un número estimado de responsabeis voluntarios, na
medida do posíbel. A labor destes responsabeis será informar na Asemblea do
traballo levado a cabo, acordar as datas para reunir as comisións e asistir a
elas en tanto como se poida.
Acordaranse as datas de reunión das comisións permanentes ó remate de
cada Asemblea, e deberán ser convocadas e publicitadas como esta mesma.
O finanzamento destas comisións será sufragado pola Asemblea mediante a
aprobación duns orzamentos estimativos.

- Asesoría xurídica:

1. Funcións:

a. Levar a cabo os procedementos administrativos que se lle


encomenden para seren asinados polo alumnado e deste xeito
pular polo cumprimento da lei universitaria e asesorar o
estudantado nos conflitos académicos.
b. Desenvolver calquer texto legal proposto pola Asemblea para
presentar ante órganos de goberno universitario ou institucións.
c. Elaborar calquer proposta de modificación deste Estatuto ou
normas funcionais da mesma índole.

4
2. Organización:

a. Estimase un número mínimo de tres responsabeis para esta


comisión.
b. As xuntanzas celebraranse de xeito periódico, a ser posíbel entre
cada reunión da Asemblea.
c. Tódolos textos e accións que faga esta comisión terán que
someterse previamente á toma de consideración por parte da
Asemblea.

- Delegación de extensión cultural:

1. Funcións:

É un instrumento para fomentar o achegamento e intercambio cultural a


través de medios lúdicos, didácticos, deportivos e todos aqueles que
sirvan para promover este propósito.

2. Organización:

a. Comporase por un número mínimo estimado de cinco


responsabeis.
b. En cada actividade acordaranse uns responsabeis para levar a
cabo unha determinada función, nomeadas e cesadas pola
Asemblea, o número destes responsabeis e susceptíbel de
modificacións.
c. Esta comisión disporá dunha maior flexibilidade á hora de
reunirse e traballar se así é considerado pola Asemblea debido a
unha carga de traballo densa e disposición de tempo limitado.
d. Constitúese como unha Asociación Cultural.

- Delegación de formación:
1. Función:
Pór á disposición dos estudantes, a través de diferentes mecanismos, os
recursos posibeis para complementar a súa formación académica e
persoal.

2. Procedemento:

a. Elaboración de cursos.
b. Organización de charlas e xornadas temáticas.
c. Publicacións que poidan ser de utilidade para o estudantado.
d. Foros e grupos de discusión para a formación teórica dos
estudantes en calquer ámbito.
e. Outros mecanismos que persigan este fin.

5
3. Organización:

a. Comporase por un número mínimo estimado de tres


responsabeis.
b. Constitúese como unha Asociación de Formación.

- Delegación de mercadotecnia, finanzamento e comunicación:

1. Funcións:

a. Mercadotecnia:
Elaborará cartaces, vídeos, panfletos e calquer tipo de elementos
de propaganda e divulgación reprográfica, audiovisual ou do
ámbito que se estime pertinente.
b. Comunicación:
É o instrumento de transmisión e divulgación da Asemblea a
través de cantos medios de comunicación polos que se decida
actuar.
c. Finanzamento:
Levará a cabo as partidas orzamentarias e os rexistros de contas
de tódalas actividades da Asemblea e as súas comisións, unha
vez sexan tomadas en consideración deben facerse públicas.

2. Procedemento:

a. Mercadotecnia e comunicación:
Habilitaráselle o acceso ás contas de correo, perfís en redes
sociais e demais espazos que a Asemblea teña na rede ós
responsabeis desta comisión para que vaian traballando de xeito
periódico.
Para dinamizar a comunicación dáselle flexibilidade ós
responsabeis para levar a cabo notificacións protocolarias e
habituais a través da rede sen necesidade de reunir a comisión.
Non se utilizarán espazos virtuais da Asemblea de Estudantes de
Ciencias Políticas adicados ó debate entre esta e o estudantado.
Nestes espazos a Asemblea só se atinxirá a aspectos meramente
informativos, debido a que estes espazos non fomentan o debate
senón a confrontación.
b. Finanzamento:
Pularase polo autofinanzamento a través dos beneficios
retribuídos polas actividades da Asemblea e subvencións
públicas, co fin de ser totalmente independente de calquer
asociación privada, partido político ou sindicato.
A conta de aforros da Asemblea de Estudantes de Ciencias
Políticas so poderá estar en caixas de aforro, e como titular, unha
asociación, xa que a Asemblea é aberta e para este tipo de
asuntos é obrigado un elenco de socios. Polo tanto é necesario a

6
constitución dunha Asociación Cultural e de Formación (ACF) da
Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas.

3. Organización:

a. Contará cun número mínimo estimado de catro responsabeis.

 Das comisións temporais:


Non existe prexuízo para que a Asemblea decida crear novas comisións de
traballo para abordar situacións que así o esixan.
Queda á interpretación da Asemblea a función, procedemento e organización
destas comisións, así como do tempo durante o que se escatime preciso
reunila.
En ningún caso unha comisión temporal poderá evadir as condicións que lle
son impostas ás comisións permanentes.

 Da lingua e a imaxe:
O Galego é o idioma propio e vehicular da Asemblea de Estudantes de
Ciencias Políticas e funciona como principio reitor das súas actividades,
acollendo o propósito de conservación e normalización da Universidade de
Santiago de Compostela. Pola presente calquer alumno pode empregar o
idioma que crea pertinente na Asemblea, pero tódalas manifestacións formais
desta serán exclusivamente en Galego. A grafía normativa adóptase como a
habitual.
A Asemblea de Estudantes de Ciencias Políticas non ten símbolo, logotipo ou
marca.
As cores características da Asemblea son o verde e o negro e serán as
fundamentais no apartado visual que a atinxa.

 Dos órganos de goberno:


Non existe ningún tipo de estruturación xerárquica, tanto interna como externa,
na Asemblea, só se conformará en documentos administrativos que así sexan
esixidos polas institucións pertinentes, pero sen ningún valor real en tanto a
delegación de representación ou outorgamento de poder.
A Asemblea de Estudantes competirá por acadar representación dentro dos
órganos de goberno da universidade: Xunta de Facultade e as súas Comisións,
Claustro Universitario e Departamentos.
Os representantes de alumnos da Asemblea de Estudantes só poden levar a
cabo a función de voceiros das decisións levadas a cabo nesta.
Tódalas candidaturas a calquer tipo de representación son escollidas pola
Asemblea e aceptada de xeito voluntario polo estudante nesta.

7
No caso de contravir unha decisión da Asemblea ou absterse de levala a cabo
no exercicio da súa función ocupando o seu posto de representante ou
responsábel, o infractor é susceptíbel de enfrontarse a unha moción de censura
que o leve ó cese das súas responsabilidades e/ou ó desvencellamento coa
Asemblea en tanto ó seu posto como representante de alumnos.

Вам также может понравиться