Вы находитесь на странице: 1из 16

POESÍA E MÚSICA NO CAMIÑO

Fisterra · O Cebreiro · Carral · Lourenzá · Tui · A Guarda · Baleira · A Gudiña Ribeira


Verín · Mazaricos · Palas de Rei · Pontedeume · Guitiriz · Caldas de Reis · Laza · Baiona
Muxía · Allariz · Ribadumia · Ames · Melide · Oroso · O Pino · Rois · Redondela · Arzúa
Portomarín · Boqueixón · Pontecesures

CAMIÑO FRANCÉS | CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA | CAMIÑO INGLÉS | CAMIÑO NORTE | CAMIÑO PORTUGUÉS | VÍA DA
PRATA | CAMIÑO PRIMITIVO | CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA | CAMIÑO NORTE | RUTA MARÍTIMA-MAR DE AROUSA
Obxectivos
• Conxugar a literatura co Camiño de Santiago,
o Ano do Libro e a Lectura co Xacobeo 2010,
percorrendo os camiños dende a semana das
Letras Galegas.
• Amenizar os camiños para os peregrinos que
neses días estean a percorrer calquera das súas
versións, ao tempo que difundimos a cultura
literaria galega entre os nosos visitantes e os
habitantes dos concellos.
• Chegar coa poesía e a música a Compostela
no mes da celebración do Apóstolo.
9 camiños, 30 concellos
• Trinta eventos de animación á lectura ao
longo dos nove Camiños de Santiago.
• Recitais poético – musicais durante seis
semanas seguidas nos meses de maio e xuño
(16 de maio a 27 de xuño).
• Comezaremos a nosa andaina nos municipios
máis afastados de Compostela e iremos
percorrendo simultaneamente os nove camiños,
de xeito que a derradeira semana todos os
espectáculos confluirán no contorno da meta
do Camiño: Compostela.
Tres espectáculos, 10 artistas
• Contaremos con tres espectáculos, todos
dunha duración de 50 minutos, nos que
traballarán un total de dez artistas:
De Amor e Lúa, de Xosé Carlos Caneiro
• O programa debe o seu nome ao poemario
deste poeta Ourensán: Recital de Amor e Lúa.
• Carlos Caneiro é escritor e columnista da
Voz de Galicia.
• O seu é espectáculo intimista que xira sobre
este poemario de amor e novos versos inéditos.
• Acompáñao na guitarra (clásica e acústica)
o músico Xosé Manuel Salgado.
• Trátase dun recital músico/poético capaz
de transmitir emoción ás persoas que o escoitan,
como xa se ten amosado noutros encontros do
autor co público.
Camiño ao mar, de X.H. Rivadulla, “Corcón”
• X. H. Rivadulla Corcón, poeta, escritor e guionista
de Muxía é o autor deste poemario narrativo.
• Nel, un mariñeiro - vagabundo, atopa unha
gaivota morta en Compostela, feito que o motiva
iniciar a viaxe de regreso ao seu mundo, o mar,
coa intención de enterrar unha pluma desa gaivota
nunha praia da Costa da Morte. En realidade trátase
dunha viaxe na procura da verdade interior do
vagabundo.
• A viaxe transcorre a través do Camiño Xacobeo
de Santiago – Fisterra - Muxía.
• O músico de orixe cubana Franky Valencia
aporta a poesía musical co Fliscornio e aTrompeta,
creando un ambiente máxico e un espectáculo
diferente e novidoso.
Voces Novas nos Camiños
• Este é un espectáculo no que disfrutaremos das
voces de tres mulleres novas, pero que levan moito
tempo dedicadas á literatura: María Lado, Olaia
Cociña e María Canosa, acompañadas por música
en directo.
María Lado
• María Lado é da Costa da Morte.
• Comezou a escribir no núcleo do Batallón
Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus
primeiros textos en tres libros colectivos, Nós, Mar
por medio e Rumbo ás illas.
• Ten participado en máis volumes colectivos e
antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa
con xornais e revistas galegos e portugueses, así
coma en diversas publicacións galegas e
peninsulares.
• Na música de María está o coñecido músico
Miguel López Seoane, que adereza o espectáculo
con sons diferentes, modernos e mesmo dixitais.
Olalla Cociña
• Olalla Cociña naceu en Viveiro.
• No 2000 obtivo o premio de poesía 'O Facho‘
na Coruña, e en 2004 acadou o segundo premio
na XVIII edición do certame literario da Asociación
Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
• Ten publicado As cervicais da memoria (editorial
Fervenza, premio de poesía 'Avelina Valladares'
2004), aquí (intemperies) (colección "Poeta en
Compostela" Grupo Correo, Concello de Santiago,
AELG 2006) e Libro de Alicia, (editorial Espiral
Maior, premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2008).
Tamén participou em diversas publicacións e ten
colaborado en diversos xornais e revistas.
• O músico que acompaña e completa este Voces
Novas é Bernardo Martínez López.
María Canosa
• María Canosa naceu en Cee.
• Ten publicadas varias obras, entre elas Bramido
Maino, A pedra de seixo, Faíscas, ou Entre papoulas.
• A literatura de María complétase no seu
espectáculo coa guitarra acústica e o tres
(instrumento de corda cubano) do músico Willy
Mondeja.
Programa de eventos
Programa de eventos
A meta do Camiño: Santiago de Compostela
• Completaremos o noso percorrido poético
musical realizando un evento final en Santiago
de Compostela no que confluirán todos os
espectáculos.
• O venres 2 de xullo celebraremos o evento
final de Camiños de Amor e Lúa no cemiterio
do Parque de Bonaval.
Programa
• O espectáculo comezará coa máis veterana
das tres mulleres que compón o grupo Voces
Novas nos Camiños: María Lado.
• A continuación, veremos o recital que dá
nome ao programa, o Poemario De Amor e Lúa
de Carlos Caneiro.
• De seguido, intervirá a poeta afincada en
Compostela, Olalla Cociña, de Voces Novas nos
Camiños.
• Continuará o recital de man de X.H. Rivadulla
e Franky Valencia, con Camiño ao mar,
rematando coa actuación de María Canosa.
• A modo de broche, os dez artistas recitarán
xuntos un poema de Uxío Novoneyra, a quen se
dedica este ano o Día das Letras Galegas.
POESÍA E MÚSICA NO CAMIÑO

Fisterra · O Cebreiro · Carral · Lourenzá · Tui · A Guarda · Baleira · A Gudiña Ribeira


Verín · Mazaricos · Palas de Rei · Pontedeume · Guitiriz · Caldas de Reis · Laza · Baiona
Muxía · Allariz · Ribadumia · Ames · Melide · Oroso · O Pino · Rois · Redondela · Arzúa
Portomarín · Boqueixón · Pontecesures

CAMIÑO FRANCÉS | CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA | CAMIÑO INGLÉS | CAMIÑO NORTE | CAMIÑO PORTUGUÉS | VÍA DA
PRATA | CAMIÑO PRIMITIVO | CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA | CAMIÑO NORTE | RUTA MARÍTIMA-MAR DE AROUSA

Вам также может понравиться