Вы находитесь на странице: 1из 80

1

2
ORTIGAS

3
ORTIGAS
de
Xiana Arias Rego
obtivo no ano 2006
o XIX Premio Nacional de Poesía
Xosemaría Pérez Parallé
do Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene.
O Xurado estivo composto por
María do Cebreiro, Mario Regueira
e Medos Romero

Vou na dorna mar diante


a boca
levo
salgada
e no mastro, escintilante,
a estrela do navegante
guiadeira na bogada.

XOSEMARÍA PÉREZ PARALLÉ

4
Xiana Arias Rego
ORTIGAS

ESPIRAL MAIOR
2007

5
ESPIRAL MAIOR POESÍA
Dirección literaria MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO

Ilustración da cuberta: Din Matamoro


Ilustración da cuberta: Xosé Carlos Hidalgo
Deseño gráfico: P. A. Estévez
Maquetación:
Deseño gráfico: Amparo
MAMManteiga
Deseño
Maquetación: Amparo Manteiga
Reservados todos os dereitos de reproducción:
nin a totalidade
Reservados ninosparte
todos destedelibro
dereitos reprodución:
poden reproducirse
nin a totalidade nin ou transmitirse
parte deste libropor ningún
procedemento electrónico,
poden reproducirse mecánicopor
ou transmitirse ouningún
fotográfico
sen permiso escrito
procedemento da editorial.
electrónico, mecánico ou fotográfico
sen permiso escrito da editorial.
© Lucía Novas
©© Edicións
Xiana AriasEspiral
Rego Maior, S. L.
© Edicións Espiral Maior, S. L.
EDICIÓNS ESPIRAL MAIOR, S. L.
Avda. Xeneral
EDICIÓNS Sanjurjo,MAIOR,
ESPIRAL 148, 1º –S.15006
L. A Coruña
Apartado de Correos
R/ Xoán Carlos I, 22,192
1º B– 15080 A Coruña
Teléfono
15670 – O / Fax:
BURGO (981)–17 10 78
CULLEREDO (A Coruña)
Correo
Apartadoelectrónico:
de Correos espiralmaior@cemiga.es
192 – 15080 A Coruña
Teléfono: 881 96 25 27 / Fax: 881 96 25 24
I.edicions@espiralmaior.com
S. B. N.: 84-95625-31-8
Depósito Legal:
I. S. B. N.: 84-96475-51-4
A CORUÑA
Depósito – GALIZA
Legal: C- – 2001

A CORUÑA – GALIZA – 2007

6
PRÓLOGO

7
8
Había ben tempo que non me ortigaba
Antes, naquela, moitas veces. A que máis, unha que fun bus-
car un balón que estaba antre as ortigas e caín polo valado abaixo
que era o seu territorio. Levaba enriba só un pantalón curto (ne-
gro, deses de antes con raias brancas nos lados) e unhas fanequei-
ras (sen calcetíns). Ortigueime. Nos brazos. Nas pernas. Na ba-
rriga. No verán. Aos dez anos. Na casa dos primos. En Tameiga.
Logo marchei pra a cidade, oito anos despois, e xa non me
ortiguei máis. Até hoxe. Até estes días que leo os poemas das
ortigas da Xiana.
As ortigas non son coma as silvas.
As ortigas aseméllanselles ás silvas en que van invadindo
silandeiras os sitios por onde nunca pasa ninguén. Os lugares
abandonados. Medran antre as ruínas das casas de pedra. Danse
ben alí onde houbo unha lareira, agabean pola parede que ía das
cortes ao piso alto. Da casa vella inzada de silvas e ortigas xusto
a carón da nova de ladrillo á vista.
Silvas e ortigas teñen un arquilexema: broza. Aínda outro:
maleza.
Pero as ortigas non son coma as silvas. As silvas amosan ás
claras os seus picos. Cando un/ha se mete antre as silvas xa sabe
o que lle queda: facer coma os ladróns nas pelis, antre os feixes
do láser, coller delicadamente coas puntiñas dos dedos o arbusto
e ir zafando até chegar á xoia da coroa, o balón.
Cando o balón marcha para as ortigas, vaste ortigar seguro.
A infancia e os veráns non saben de calcetíns nin pantalóns lon-
gos, e as sandalias de goma non son botas de trekking (sendei-
rismo [andar polo monte]). Esvaras. Caes a rebolos. As ortigas
acóllente no dondo colo das súas follas. Ortígaste.
Ortígaste. Doe pero gusta. Proe. Acalma. Cando xa o proí-
do vai acalmando (non é cousa de estragar aqueles primeiros
momentos de pracer), colles unhas follas de menta brava e fré-

9
galas contra os graíños da ortigada. Desaparecen. Pouco e pou-
co. Cando non lle sabiamos o nome, os nenos chamabámoslle á
menta brava herbas das ortigas.
Poemas das ortigas. Nesta altura non sei se se nota que es-
tou a falar do libro. As ortigas non aparecen explicitamente
máis ca no título. Vou ser un chisco máis explícito.
Este libro habita nos recunchos da consciencia, territorios
inzados de ortigas e de herbas das ortigas. Estes poemas medra-
ron nas estancias abandonadas da infancia dunha nena que se
fixo grande e marchou para a cidade. Coma antre as ruínas da
casa vella, estas imaxes, metáforas que se fan símbolos, foron
medrando antre os pensamentos da Xiana até viraren palabras.
Coma cando nos asalta unha idea que non aparecía dende
había quince anos, un recordo. Coma as ideas sen conexión
ningunha que loitan seguido por saír na nosa corrente de cons-
ciencia.
A nena do cámpig que tiña un oco no ollo dereito. As lau-
ras. Maxinarse correndo de par do coche nas viaxes longas. Co-
rrer os mil cincocentos metros de arredor no cinceiro en que fu-
mamos. Por que nos gustan, por exemplo, os vasos anchos e os
bocadillos de salchichón. As lauras que hai nos vidros das gale-
rías. As que corren de arredor do polideportivo. A simetría dos
cadros que hai na túa parede. A muller que ten cara de non saír
nunca de detrás dunha fiestra. Unha máquina de café coma as
dos bares no salón da casa, mellor, no dormitorio. Unha laura
que agarda pola ciencia dentro dunha barra de pan no conxelador.
Os ocos. Non hai ningún sitio que non estea cheo de si mesmo.
Somos uns estúpidos se pensamos que para non ver chega
con fechar os ollos.
Aínda que se eu vise o que ela viu, se eu o vise mentiría.
Ortiguémonos todas/os.
É a loita final.
LEO F. CAMPOS

10
ORTIGAS

11
12
Lo maté porque no pude acordarme de có-
mo se llamaba. Usted no ha sido nunca
subjefe de ceremonial, en funciones de jefe.
Y el presidente a mi lado, y aquel tipo, en
la fila, avanzando, avanzando...

MAX AUB
Crímenes ejemplares

13
SOCORRISMO laura,
e logo o que veña.
A cidade.
Cemiterios.
Non deixas de correr dentro do cinseiro
redondo,
ti dando as voltas cos ollos fixos en ti.

Douche un oco para que te gorezas


pero agarda un minuto,
tempo para que me calze
colla chaqueta e bufanda.
Ocos,
como Prim pero sen tantas voltas.
Nas túas mans,
no que separa os lentes dos ollos,
nun día de luz pasar a tarde no espazo entre o moble da cociña e
/a neveira.

14
PODE ser que importe,
non lembro o nome,
foi nas vacacións.
Había unha nena no camping
que tiña un oco no ollo dereito.
Faltáballe, e
non o escondía.
Eu gorecíame nel.

15
CANDO vou en coche miro para fóra e véxome correndo ao par,
á mesma velocidade, poñéndome carantoñas.
Teño por norma non pisar o chan.
Vou por riba dos quitamedos,
salto ao sinal,
cambio para o muro,
volta ao quitamedos e outro sinal.
Son eu e non son eu: ás veces, son un debuxo animado.

Cando na estrada teño medo agárrome a todo.


Laura non se move, mírame de esguello e como que ri.
Pensas que se perde algo?

16
NA praia a area é un sofá,
unha manta,
unha camiseta,
un vestido.

A cabeza pousada na area, como se deixase o corpo na auga, na


/casa.
A area da praia é un cruce de camiños non sinalizado: parécese
/á liberdade.

Escondidos, están os abridores de latas.

17
NAS cousas que collen mofo só porque precisan chamar a
/atención.
Ao coiro entre as mans voulle limpando o verme.
Debuxo cos dedos círculos en que agocharte.
De coscas, escondes o pescozo.

Iso é, caer redonda.

Laura está sentada nun enchufe,


cólganlle as pernas e fala con letras que non entendo,
palabras cos pés.

De cando en cando pregunta que hora é, canto hai que non


chove, ou por qué que me gustan os vasos anchos e os
bocadillos de salchichón.

18
NOS furados da pedra, nos ollos do peixe, no espertador da
/mesa de noite.
Cando non estou saen de debaixo do sofá pequenas lauras
e deambulan pola alfombra coma se fose un centro comercial.
Non tendo onde caer cando están desesperadas cofanse unhas
/ás outras.
Pelexan, cóspense.
Pouco a pouco tapan o sol, son coma militares disfrazados.

19
BEN acomodadas na súa caixiña de cartón como os pitiños na
/feira.
Os ollos ansiosos, as mans que non saben que facer túrranse
/polo pelo,
cómense unhas ás outras
as unllas e os respigos.

Á vista de todos, están os abridores de latas.

20
A PEL ENTRE OS DENTES

21
22
NAS galerías, en cada cadrado que debuxan
hai unha laura núa ofrecendo sexo a cambio de comida,
sexo por cebolas,
sexo se hai cereixas, fresas ou mangos.
Algunha móvese como xogando cun hulahó,
refregan o cu nos cristais e logo pasan a lingua.
Hai unha laura lendo no xornal a programación da televisión.

23
CORREN arredor do polideportivo municipal
con camisetas de todas as cores.
Conta cantas a levan por pel.
As verdes non teñen clítoris,
as vermellas foron violadas,
as azuis son putas,
as laranxas non saben que día é
e non almorzaron nada.
A esta, á de rosa, metéronlle unha pistola na vaxina,
unha noite nunha comisaría calquera.
As negras levan agullas cravadas no pescozo e por tras dos
/xeonllos.
Sangran polo nariz.

Non me sorrín nunca. Ás veces óese unha gargallada amarga,


a boca pegada e polo peito
parecen sairlles os ósos do corpo.

Non lles fales da simetría dos cadros que hai na túa parede,
dilles que che pesan os ollos e que non dormes ben.
Elas tampouco.

24
Por otra parte se debe comprender que la muerte
es una manufactura inoficiosa
y que los suicidas
siempre tuvieron una mortal pereza
de sufrir
ROQUE DALTON
La ventana en el rostro

25
TEN cara de non saír nunca de detrás dunha fiestra.
Dous ollos moi abertos
que miran sen moverse en calquera dirección.
Nótase que a cada minuto traga cuspe,
rénxelle a garganta.

Sei que escoita golpes no teito e nas paredes,


nenas rindo e xogando ao balón.
Pero non hai nada.
Coa orella pegada á porta agarda que chame alguén.

26
TEÑO no salón unha lámpada de pé que remata en cunca.
É máis alta ca min.
Soben polo cable e apoian un brazo no bordo, fuman un pito.
Recollo do chan lauras rotas como bonecas de porcelana.

27
Tolemia. Suicidio. Asasinato.
Acaso hai outra saída?
O inimigo, sempre fóra de alcance...
ADRIENNE RICH
Fenomenoloxía da ira

28
SENTADA na porta da casa cun coxín na barriga,
cara de poucos amigos e
así se pasou maio.
Cumpríndolle os antollos.
O médico díxolle que tiña un embarazo psicolóxico.
Aos nove meses pariu un cartón de tabaco.

29
–QUERO facerche un regalo. Algo que sempre quixeses.
–volver empezar
–iso é cousa túa
–unha máquina de café coma as dos bares
–feito

30
ENRIBA da cama, nunha repisa, todas metidas en botes en cristal.
Nun táper esquecido nalgún armario da cociña. Podres.
Dentro de barras de pan no conxelador. Á espera da ciencia.
Coa cabeza cosida e os ollos de trapo, nun baúl do faiado.

31
AS lauras retórcense cando as miras.
Agáchome.
Van camiño do cemiterio en fila de a dúas,
coas mans pegadas ao corpo e a cabeza baixa.
Rillando nos dentes e mordendo a lingua.
Cando unha para, paran todas.

32
A RAÍÑA DO UNDERGROUND

33
34
ESTOU preparada para ir bailar. Non me doen os pés hoxe. Boa
/circulación.
Estou esperta e teño un sorriso pequeno. Sorriso á fin.
Cóllote das mans e turro por ti ata a porta. Bícote. Non paro de
moverme dun lado ao outro. Cando reparo nos teus ollos
desfágome dos brazos, das pernas. Cáeme o pelo.

35
A corda cortada pódese volver anoar
volve aguantar, pero
está cortada.

Quizais volvamos tropezar, pero alí


onde me abandonaches non
me volverás atopar.
BERTOLT BRECHT
Poemas de amor

36
TESLLE medo ás vacas. Deixache a escola e agora estás no
/prado. Choras.
Mazas en ti mazas nelas mazas no prado. Non dormes polas
/noites e odias a familia.
Mañá marchas á cidade. Non queres traballar e contratáronte
nun supermercado. A túa compañeira é licenciada e riste dela.
Onte soñáchete nun piso grande roupa cara vivías cun home e
tiñas un fillo. Faicho o encargado e non quere saber de ti.
Despídente e volves á casa. Odias a familia. Turras por unha
vaca mórdela cae enriba túa e costelas rotas. Perna rota. No
hospital non paras de berrar. Insultas á médica. Pola noite
levántaste e afogas a veciña de cuarto.

37
ACHEGASE, lenta, vaise medrando. Poñendo a boca gorda:
quero ser actriz e síir na televisión. Quero ser a mala, que se me
dá mellor.
Debuxa cos dedos a pistola. Asubía a nosa canción.
Ao oído dime: vou metelas a todas nun bote e machacalas co
/batedor.
O batedor está roto.
Non importa vounas machacar igual, pero vaime levar máis
/tempo.

38
COMEN o baleiro.
Non hai ningún sitio que non estea cheo de si mesmo.
Está o tempo coma un chourizo cando rebenta.
Pero non rebenta.
Non rebenta,
teñen o baleiro no estómago e non o poden soltar.

39
ÍDEVOS.
Pero non se van.
Non abonda con querer que pase.

Ídevos.
Quedan.
Érguense e volven sentar a gargalladas.

Agárrame da orella e dime:


es unha estúpida se pensas que para non ver chega con pechar
/os ollos.

40
CULLARAPOS NA SOPA

41
42
O que temos entre as mans é pan reseso. Cocemos pan de an-
tonte. Non hai na mesa auga. Nin viño. Só unha laranxa que eu
como e o estómago de laura desaparece. Queda no calendario
marcado cun circulo vermello: o día da morte. Levaríate ao mar
aínda que turrases por ir a San Andrés de Teixido. Quero que te
vexas cando a auga deixe o corpo na area.

43
ISTO non é literatura feminina, dixo mentres escribía unha obra
de teatro para nenos. Hai un guerreiro que rescata unha muller
fermosa dos brazos dun home malvado. Ao final ela vaise, soa,
cravando as unllas dos pés no asfalto.

44
ESTABA mareada e necesitaba que me achegasen un coxín, dei-
tarme no chan, que me levantasen as pernas. Fiquei durmida
pensando no río. Tirábame das árbores, das penas, en bomba, de
cabeza, ou adrede forzaba pelexa entre a auga e o peito. Desa-
prendín como se pide perdón.

45
SENTO na mesa da cociña e chega laura cun vestido negro e os
beizos vermellos. Colle unha cadeira e apoia o cu no respaldo
quedando enfronte miña. A cabeza á mesma altura, o nariz, a
boca, as mans facendo os xestos das miñas. Mírame cinco
minutos. Logo cóspeme.

46
O café e a comida é onde nos atopamos máis cómodas, dá o
tempo xusto de falar do traballo e de lembrar algunha anécdota
curiosa, rir un pouco. Ela díxome: escapas, es coma o fume. Be-
rramos e só nos apeteceu ver que a outra acababa chorando. Eu
díxenlle: douche apertas para que digan que somos de verdade.
Pero non son sinceras, contestoume, nin humildes.

47
Bícame, Peter Pan, pero sen tanto azucre...
MARÍA DO CEBREIRO
(nós, as inadaptadas)

48
ENSÍNASME a deda grande do pé montada no índice. Teño que
entender que non? Xoguemos un tute de tres. Iso é un cabrón.
Xoguemos un cabrón.

49
50
(NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPASE)
HISTORIAS DO ARRABALDE

51
52
UNHA princesa é unha princesa porque ti lle dis así. Se ti lle dis
eh ti, convértese en eh ti. Como te chamas? Princesa. Bo, claro.
Neste caso é diferente. É como cando a algúen lle poñen Liber-
dade e logo átana cunha corda ao carriño en que levan a seu ir-
mán.

53
–IMAXINA que nunca soubeches o que é a palabra medo. Que
nunca tiveches esa sensación. –Para que?
–Está? Pois agora dá a volta, mira esa rúa e sínteo por primeira
vez.

54
A RÚA

55
56
AÍNDA dormen. Laura coa boca aberta.
Non hai cuspe.
Que secos que están xa os beizos de laura.
Está revolta,
alguén debería sacudila coma a roupa mollada.

Agardo que abra os ollos,


que con ollos de pita
me diga que ronco,
que parezo unha orquestra,
que durmiu mal,
que para que pregunto ou

–Que miras?

57
LAURA fala co chan.
Soñou con alguén que estaba afogando.
Un río, unha mañá
en que foi con alguén ao río,
alguén que caeu á auga.
Socorrismo.
Silencio.

Tento tocar coa man a punta do pé sen dobrar as pernas.

58
–COMO segue?
–eu berraba: Tara hai moita auga, e non podo facer nada.
sei que só lle podo axudar eu, pero está moi fría.
tería que tirarme desde aquí pero non atopo por onde baixar,
/sabes?

–E berraba aínda máis forte: non é tarde, non é tarde, non é tarde.

Baixou a cabeza e baixiño engadiu que aquí estou, o estómago


/ruxindo,
e as ganas todas de comezar algo. Tírate ti Tara.

59
CANDO laura chorou, souben que nunca choraba.

60
Meu amor, é que vai sorprendernos aquí a morte
sen que poidamos saír desta cidade?
NÂZIM HIKMET
Últimos poemas 1959-1960-1961

61
LAURA con forza
crava a cremalleira do pantalón
dentro da unlla do dedo pequeno.
Sangra.
Lambe o dedo, levanta a vista.
Fai caracois cos dedos no pelo,
mirando a man.

–que
–nada

62
El cementerio está cerca
de donde tu y yo dormimos
cuatro pasos, y los muertos
cuatro pasos, y los vivos
MIGUEL HERNÁNDEZ
Cancionero y romancero de ausencias

63
LAURA. Ti. Cando eras nena, un día, mentres xogabas na ala-
meda ao brilé, ou á maza, entráronche ganas de mexar. Fuche
detrás da cancela. Cando volvías para onda as amigas tropeza-
che cun home que che ofreceu mil pesetas e unha piruleta se o
volvías facer, pero diante del.

64
–UNHA noite estaba cuns amigos na alameda, bebendo algo,
vímolo pasar pola rúa de enriba, facendo eses, borracho coma
un can. Conteilles que tentara abusar de min cando era pequena.
Déronlle unha boa malleira. Nin me sentín vingada nin me sen-
tín verdugo.

65
66
VOSTEDE NON LIMPA NUNCA?

67
68
DIXECHES: escríbeme unha carta en que me contes que é para
tí o poema. Cal é a relación entre ti, a tua vida, occidente e o
poema. Non o poema en abstracto, senón o teu poema.

Resposta: xa non lles teño medo ás vacas. cando durmo rillo os


dentes. non sei se quero saber que me buscas nas caras da xente
pola tarde na rúa e espero que non leas o horóscopo no xornal.

(Se ti viras o que eu vin,


se ti o viras
mentirías.)

69
BÍCAME este ollo e este lunar que teño no peito. Dálles unha
aperta ás miñas pernas. Un lugar onde asegurarse. Lévame en
sidecar dar un paseo pola Terra Chá.
Nun día de sol, con pouco vento, pero a calor exacta. Mellor
que sexa primavera.

70
No vestíbulo sobre o oco da escaleira
miña irmá e mais eu xuntabamonos pola noite,
ollos e cabelos escuros, corpos
como xemelgos na escuridade. Non falabamos das
dúas persoas que nos levaran
ata alí, como xenerais
polas súas propias razóns. Sentabamos
camaradas, de guerra,
o seu corpo vivo como a proba do meu
corpo vivo, de costas á enorme
fenda de obús das escaleiras, que
teriamos que atravesar, sen saber nada máis
que o alí aprendido,
así que agora
cando penso na miña irmá, os furados
das xiringas
nas súas cadeiras e nas dobras dos seus cóbados,
e nas marcas das últimas malleiras do seu home
e nas cicatrices das operacións, sinto a
rabia do soldado que vela o corpo de
alguén enviado á primeira liña da fronte
sen adestramento
nin armas.
SHARON OLDS
Satán di

71
O socorrismo unha técnica un estado de ánimo
un nervio por riba do outro o boca a boca
instuasión miña membro esmagado non seccionado
pola parte contraria morte súpeta conducta a seguir
con toda a coraje supresión de garrote
tris tras protección civil o couseiro da porta
¿pódense evita-las enfermidades venéreas?
ANTÓN REIXA
Historia do rock and roll

72
“NOVOS SUPORTES
VELHAS LITERATURAS”
(nunha rúa do Porto)

73
e grazas a Ana Salgado
e Daniel Salgado
e Xose Carlos Hidalgo
ás amigas e amigos todos
coa dor de cabeza histórica

74
ÍNDICE

75
76
PRÓLOGO, Leo F. Campos,

POEMA DAS ORTIGAS


Socorrismo laura,
Pode ser que importe,
Cando vou en coche,
Na praia a area é un sofá,
Nas cousas que collen mofo,
Nos furados da pedra,
Ben acomodadas na súa caixiña de cartón,

A PEL ENTRE OS DENTES


Nas galerías,
Corren arredor do polideportivo,
Ten cara de non saír,
Teño no salón unha lámpada,
Sentada na porta da casa,
–quero facerche un regalo,
Enriba da cama,
As lauras retórcense cando as miras,

A RAÍÑA DO UNDERGROUND
Estou preparada para ir bailar,
Teslle medo ás vacas,
Achegase,
Comen o baleiro,
Ídevos,

77
CULLARAPOS NA SOPA
O que temos entre as mans é pan reseso,
Isto non é literatura feminina,
Estaba mareada,
Sento na mesa da cociña,
O café e a comida,
Ensínasme a deda grande,

(NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPASE)


HISTORIAS DO ARRABALDE
Unha princesa é unha princesa,
–Imaxina que nunca soubeches,

A RÚA
Aínda dormen,
Laura fala co chan,
–como segue?,
Cando laura chorou,
Laura con forza,
Laura,
–Unha noite estaba cuns amigos,

VOSTEDE NON LIMPA NUNCA?


Dixeches,
Bícame este ollo,

78
ORTIGAS
de Xiana Arias Rego
acabou de se imprimir o 21 de Marzo de 2007
no prelo da Imprenta San Esteban (Perlío).
Da tiraxe desta 1ª edición numeráronse 125 exemplares, do 1 ao 125,
asinados polo autor, que constitúen a edición princeps reservada
para os subscritores da colección ESPIRAL MAIOR POESÍA

SUBSCRIPTORES DE ESPIRAL MAIOR POESIA


1. Miguel Anxo Fernán-Vello | 2. Fidel Fernán | 3. Saleta Goi | 4. Xosé María Álvarez
Cáccamo | 5. Henrique Rabuñal | 6. Xúlio L. Valcárcel | 7. Perfecto A. Estévez | 8. Emilio
Xosé Ínsua | 9. Xavier Rodríguez Baixeras | 10. Xosé Manuel Beiras | 11. Luís Pérez
Rodríguez | 12. Dolores Vilavedra | 13. Marta Dacosta | 14. Marica Campo | 15. Biblioteca
Pública Miguel González Garcés | 16. Carlos Barros Regueira | 17. Manuel Rajo López |
18. María Rosario Martínez | 19. Francisca Mato Landeira | 20. Laura González Garcés |
21. A. C. O Facho | 22. Consuelo García Devesa | 23. Xosé María Dobarro | 24. Jaime
Santoro de Membiela | 25. Xosé Estévez Rodríguez | 26. Miguel Ríos Torre | 27. Hilario
González Fernández | 28. Francisco Souto | 29. Manuel R. Pereira | 30. Xosé Luís Axeitos |
31. Biblioteca Pública de Narón | 32. Luís Rei Moure | 33. François Davó | 34. Alberte
Castro Marcote | 35. Xurxo Alonso | 36. Familia Otero-Rodríguez | 37. José Estévez López
| 38. Miro Villar González | 39. Bernardino Graña | 40. Isaac Alonso Estravís | 41. Manuel
Álvarez Torneiro | 42. Ramiro Fonte | 43. Rafa Villar | 44. Marga Romero Lorenzo | 45.
Ana Romaní | 46. Biblioteca Central “Rialeda”- Concello de Oleiros | 47. Teresa López |
48. Mario F. di Felice Vázquez | 49. Andrés Pociña Pérez | 50. Museo de Pontevedra | 51.
Fernando Barros Fornos | 52. Fidel Vidal Pérez | 53. Pilar Pallarés | 54. Carme Adán | 55.
Suqui González Torre | 56. Miguel Mato Fondo | 57. Restaurante Toñi Vicente | 58.
Antonio Vázquez Tierra | 59. Carlos López Bernárdez | 60. Xosé Manuel Cairo | 61.
Manuel Rivas | 62. Antonio Domínguez Rey | 63. Ana Vázquez Estévez | 64. Xosé E.
López Pereira | 65. Xosé Manuel López Gómez | 66. Andrés Salgueiro Armada | 67.
Paulino Martínez Pereiro | 68. Familia Rábade-Villar | 69. Helena González Fernández |
70. Fundación Barrié de la Maza | 71. Xosé Manuel Otero | 72. Centro Blas Espín | 73.
Domingo Tabuyo | 74. Luís Rei Núñez | 75. Instituto da Lingua Galega | 76. María del
Carmen Covelo | 77. .......... | 78. Antom Fernández Malde | 79. Xosé Antón Gómez | 80.
María Casar | 81. .......... | 82. José Carlos Rodríguez | 83. Xabier Paz | 84. Daniel Pino | 85.
Ricardo Posada Argibay | 86. Iris Cochón | 87. Xavier Seoane | 88. Heidi Kühn-Bode | 89.
.......... | 90. Pedro M. Piñeiro Lago | 91. Biblioteca Pública Central de Vigo | 92. .......... |
93. Javier F. Graña Añón | 94. Universidade de Tréveris | 95. Xosé Leira López | 96.
Arturo Casas | 97. Luz Pozo Garza | 98. Ánxeles Penas | 99. .......... | 100. Xoan Neira
López | 101. X. C. Gómez Alfaro | 102. Miguel Anxo Seixas | 103. Emilio Vega Rodríguez
| 104. Manuel Vidal Villaverde | 105. Xosé Luís Franco Grande | 106. Mª do Carme
Kruckenberg | 107. Antón Riveiro Coello | 108. Lluís Felip i Acep | 109. Francisco X.
Fernández Naval | 110. Xosé Luís Martínez Pereiro | 111. Rubén Rodríguez | 112. .......... |
113. Xurxo Lobato | 114. Xosé Abeal | 115. Emilio Ínsua González | 116. Luís Fernández
Guitián | 117. Xosé María Barja Pérez | 118. Facultade de Ciencias da Educación-A
Coruña | 119. .......... | 120. Facultade de Filoloxía-A Coruña | 121. Cesáreo Sánchez
Iglesias | 122. Lali Gómez Besteiro | 123. Asociación Ágora Cultural | 124. Real Academia
Galega.

79
S

80

Вам также может понравиться