Вы находитесь на странице: 1из 2

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE A GRECIA ANTIGA ( TEMA 11)

PAX 201.
1. Que rasgos unían os antigos gregos?
Os antigos gregos habitaban o mesmo espazo físico, coñecido como Hélade. Tiñan unas raíces culturais
comúns, minoicas e micénicas. Compartían a mesma lingua, baseada nun alfabeto, a mesma tradición literaria,
a mesma relixión(politeísta) cos seus mitos e lendas,unhas festas panhelénicas e unha mesma
economía( agricultura artesanía e comercio) e formas de vida (alimentación, vestido,ocio...)
PAX. 203.
4. Observa o debuxo da polis. Describe as súas dúas partes detalladamente.
A parte alta, chamada acrópole, era onde se atopaban os edificios relixiosos máis importantes. Estaba
protexida por murallas e preto dela achábanse outros templos e teatros.
Na parte baixa, zona das vivendas e do porto comercial, atopábase a ágora, a praza principal da polis.
Estaba rodeada de edificios relixiosos , políticos e comerciais, entre os que destacaba a estoa, mercado cuberto
con soportais por diante. Na ágora mercábanse e vendíanse todo tipo de produtos, incluso escravos. Fóra da
cidade adoitaban atoparse os campos de cultivo.
7. Explica o significado actúal destes conceptos: tiranía, monarquía, aristocracia, oligarquía,
democracia. Relaciónaos eos tipos de goberno da antiga Grecia.
−Tiranía: abuso de poder. Na antiga Grecia, goberno dun home en que tomaba o poder pola forza.
− Monarquía: sistema de goberno onde un rei é o xefe do Estado. Na antiga Grecia, goberno dun só home
que accede ao poder por dereitos hereditarios.
− Aristocracia: clase social con títulos nobiliarios. Na antiga Grecia, goberno dun grupo limitado de homes.
−Oligarquía: sistema político en que o goberno está en man duns poucos privilexiados. Na antiga Grecia,
tipo de goberno exercido polos ARISTOI, grandes propietarios de terras e élite militar.
−Democracia: sistema político en que o pobo elixe os seus gobernantes. Na antiga Grecia, tipo de goberno en
que todos os varóns cidadáns da polis participaban en votacións e no goberno.
PAX 205.
1. Oue institucións gobernaban Atenas? Como participaban os cidadáns nelas?
A principal era a Ecclesia,asemblea de cidadáns que votaban as leis, a guerra.. e elexía os maxistrados: os
arcontes, que gobernaban a cidade;os estrategos, que dirixían o exército; os tesoureiros, encargados da facenda.
Entre os membros da Ecclesia, elixíase por sorteo a Helie, 6000 xuices que xulgaban os delitos. Tamén se
elixían por sorteo 500 cidadáns, que formaban a Boule, que preparaban as leis.
3. Oue grupos sociais había en Atenas? Oue porcentaxe representaban? Cales estaban excluidos
da vida política ?
Os cidadáns, fillos de pais atenienses, que podían votar e ser elixidos. Defendían a cidade en caso de
guerra. Eran o 10% da poboación.
− Os metecos, estranxeiros dedicados a artesanía e o comercio que pagaban impostos e formaban parte
do exército, pero non podían participar na vida pública. Eran o 15% da poboación.
Os escravos, que eran propiedade doutras persoas e non tiñan ningún dereito, ao seren considerados
seres inferiores. Supuñan o 35% da poboación.
− As mulleres, dedicadas á vida doméstica e sen dereito ningún. Xunto cos nenos, eran o 40% da
poboación.Os grupos excluídos da vida política eran os metecos, os escravos e as mulleres.
PAX 206-207.
1. A partir de cando e de que zonas saííron e os gregos para fundar as suí as colonias?
Os gregos emigraron a partir do século VIII a.C. dende a península Balcánica e das costas de Asia Menor
(costa da actúal Turquía) ata as costas de todo o Mediterraneo e o Mar Negro.
2.Cales foron as grandes áreas de colonización dos gregos? Nomea algunhas colonias.
− O sur de Italia e Sicilia, a chamada Magna Grecia.Destacan colonias coma Siracusa.
− As costas do Mar Negro. A colonia máis importante foi Bizancio.
−As costas do sur de Francia (Massalia) e da Península Ibérica(Emporion).
− As costas de África do Norte. Unha colonia importante foi Cirene.
3. Que razóns motivaron ós gregos a emigrar? Que medio de transporte usaron?
Había moitas razóns: O aumento da poboación das polis, a escaseza de terras de cultivo para os
campesiños, o temor de caer na escravitude por débedas, o desexo de fuxir dos gobernos tiránicos, o espírito de
aventura, o afán,no caso dos comerciantes, de ampliar os seus mercados. Viaxaban en naves comerciais,
empurradas por remeiros e velas.

1
5. Define metrópole e colonia. Oue vínculos se establecían ibas as dúas? Relaciónao co sistema
grego de organización territorial baseado nas polis.
A metrópole é a cidade orixinaria dos colonizadores. A colonia é o territorio onde se establecían.
As colonias mantiñan vínculos comerciais e culturais coas metrópoles pero eran independentes delas,
aínda que compartían rasgos comúns como lingua, orixes, cultura, relixión e costumes sociais.
PAXS 211, 213, 217.
1. Que foron as guerras médicas?
Enfrontamentos producidos no s. V. a.C. entre gregos e Persas porque estes querían conquistar Grecia.
Venceron os gregos e foron batallas famosas a de Maratón, de Salamina ou a das Termópilas.
2. Que causas provocaron as guerras do Peloponeso? Que consecuencias tiveron?
As guerras do Peloponeso foron causadas pola oposición de Esparta á hexemonía ateniense.
As consecuencias foron a derrota de Atenas e dos seus aliados, a pobreza de Grecia, guerras entre as
polis, a imposición de gobernos tiránicos, e o final da época de esplendor das polis gregas.
3. Oue diferenciaba a forma de goberno de Macedonia da de Esparta e da de Atenas? Como
conseguiu Macedonia dominar toda a Hélade?
A forma de goberno de Macedonia era unha monarquía hereditaria,é decir, gobernaba un rei, que lles
pasaba o poder os seus descendentes. Esparta era unha oligarquía, xa que estaba gobernada por unha minoría
de aristócratas. Atenas era unha democracia, xa todos os cidadáns varóns participaban na vida política.
Macedonia conseguiu dominar toda a Hélade grazas á decadencia das polis causada polas guerras do
Peloponeso e ao seu poderoso exército, organizado en falanxes polo rei Filipo IV.
4. Na antiga Grecia, os homes e as mulleres tiñan os mesmos dereitos e oportunidades? Oue
eran o xineceo e o andron nunha vivenda grega?
Na antiga Grecia, os homes tiñan máis dereitos e oportunidades que as mulleres, que tiñan que dedicarse ao
fogar e a coidar dos fillos. O xineceo era o espazo habitado polas mulleres e o andrón o espazo para os homes.
5. Quen foi Alexandre? Que nova forma de goberno instaurou en Grecia? Oue tipo de educación
recibiu? Oue obxectivos perseguía e que conseguiu?
Alexandre era o fillo de Filipo IV de Macedonia, instaurou a monarquía e acabou coa independencia das
polis. Foi educado por Aristóteles, quen lle ensinou moral e política. medicina...
Quería liberar as cidades gregas de Asia Menor, que estaban baixo o control dos persas, e o mesmo tempo
construir un gran imperio. Difundiu a civilización grega por Oriente pero respectou os costumes e as crenzas
dos pobos conquistados.
6. Oue imperio conquistou Alexandre Magno? Oue foron os reinos helenísticos?
O imperio conquistado por Alexandre Magno foi o imperio persa. Os reinos helenísticos foron os reinos en
que foi dividido o imperio de Alexandre polos seus xenerais.
2. Define conceptos clave referidos á Grecia antiga.
• Heroe: personaxe lendario, célebre polas súas fazañas, nacido da unión dun deus e un mortal.
• Mito: historia fabulosa que narra as aventuras dun heroe.
• Panhelénico: termo que fai referencia ao conxunto de todos os habitantes da Hélade, como as festas
que se celebraban en santuarios como os de Zeus en Olimpia e Apolo en Delfos.
• Santuario: templo con carácter sagrado.
• Helenismo: expansión da cultura e a civilización grega en territorios orientais grazas ás conquistas
territoriais de Alexandre Magno e á creación dos reinos helenísticos dos seus xenerais.
• Bárbaro: na antiga Grecia quen non falaba a lingua grega. Hoxe, pobo salvaxe e primitivo.
• Hoplita: soldado de a pé das polis gregas, caracterizado polo uso dun amplo escudo redondo.
• Falanxe: formación militar típica de Macedonia constituída por soldados a pé que loitaban xuntos e ían
armados con longas lanzas.
3. Identifica personaxes e lugares
• Homero: poeta grego do século VIII a.C. considerado autor da Ilíada e da Odisea.
• Solón: lexislador ateniense que introduciu reformas democráticas na cidade no século VI a.C.
• Pericles: lexislador ateniense que gobernou a cidade no seu período de máximo esplendor no V século
a.C. e que liderou a Liga de Delos, morrendo ao comezo das Guerras do Peloponeso.
• Monte Olimpo: montaña máis alta de Grecia en que, segundo os gregos, residían os deuses.
4. Establece a cronoloxía do que se di nos seguintes conceptos: Civilización minoica / Civilización
micénica / Guerras médicas século / Guerras do Peloponeso.
Civilización minoica 3000-1400 a.C. / Civilización micénica 1600 -1200 a.C. / Guerras médicas
século V a. C. / Guerras do Peloponeso. século V a. C (ultimo tercio).

Вам также может понравиться