Вы находитесь на странице: 1из 4

MUSEO DO POBO GALEGO

Este caderno foi elaborado polo EDLG


Os tesouros de D. Antonio
e o Equipo de Biblioteca
Xogo de pistas
do CEIP Xesús San Luís Romero ,
cos materiais proporcionados polo Museo do Pobo
Galego, para preparar a visita do noso alumnado
Decembro de 2018

As actividades deste caderno están elaboradas polo persoal


do Museo, pensadas para que seguindo as pistas que che
proporcionan vaias percorrendo o Museo e ao mesmo tempo
coñecendo a Don Antonio Fraguas, a quen se lle dedicará o Día das
Letras Galegas do ano 2019.

Tés que utilizar o plano do caderno, e sempre nos grupos


que organizará o profesorado, ler as pistas e buscar o que che pide.
Levarás un lapis e apuntarás as respostas.

Moi importante: non temos présa, no Museo non se corre,


non se berra, reflexiónase, obsérvase, descóbrese e gózase.
1.- Atopade no claustro do Museo este busto. Sabedes de quen é?

Parabéns!

Completastes o xogo!
2.- Antonio Fraguas Fraguas foi o primeiro director do
Volvede agora ao busto de D. Antonio e repasade xunto cos
Museo que estades a piques de coñecer. Unha "Fragua" é o taller
compañeiros e coas compañeiras:
do oficio que vedes na foto, sabedes quen traballa nel? Ide
descubrilo á sala de Oficios! - Que significan os apelidos de D. Antonio?

- A que se dedicou o pai de D. Antonio?

- D. Antonio foi o 1º ou o 2º director do Museo do Pobo


Galego?

- Escribiu un libro sobre a roupa en Galicia? Verdadeiro ou


Falso?
3.- D. Antonio investigou sobre algúns dos obxectos que podedes
- Escribiu sobre a festa que se fai con castañas? Como se
ver na sala. Sobre todo do oficio que vedes nesta foto, pois seu pai
chama esa festa?
dedicouse a isto. Sabes xa que oficio é?
- Cal foi o oficio que máis lle gustou ser?

4.- Neste edificio hai unha obra feita en pedra, única no mundo,
unha escaleira con forma de hélice! Encontrádea e escribide:
cantas escaleiras hai?
5.- Fixádevos que están numeradas con números romanos (I, II e
III). Subide pola número III e entrade pola primeira porta ata
atopar esta imaxe.

Xa estades diante da imaxe? Pois debedes saber que D. Antonio


escribiu un libro sobre o traxe. Nel fálanos da peza que estades a
ver e cóntanos que serve para protexernos da choiva. Sabedes cal
é o seu nome?

6.- Outro tema sobre o que lle gustaba moito escribir eran as
festas. Por exemplo ten libros sobre estás dúas festas que vedes
nas fotos. Se queredes saber como se chaman, teredes que ir ao
andar de arriba e atopalas!
7.- Pero sabedes o que lle encantaba a D. Antonio? De todos os
traballos que fixo, o que máis lle gustaba era ser mestre!
Encontrade esta escola (está moi preto de onde estades) e
fixádevos: que cousas hai encima do pupitre?

8.- Antes de acabar o xogo hai que superar unha proba máis! Tedes
que aprender esta canción que lle cantaron a D. Antonio cando
investigou sobre costumes mariñeiras:

"Pasei pola ponte abaixo,


vin saltar unha sardiña,
mariñeiros, ide o mar,
e botádelle a traíña".

A traíña é unha rede que se usa nos barcos chamados traiñeiras.


Ide a sala do mar e descubride como se move unha traiñeira: con
velas ou con remos?

Вам также может понравиться