Академический Документы
Профессиональный Документы
Культура Документы
com/espana-mexico/politica/feminismo-explicito-la-revolucion-
francesa-como-ejemplo#_ftn2
http://www.sinpermiso.info/textos/olympe-de-gouges-historia-o-mistificacin
https://www.letraslibres.com/espana-mexico/politica/feminismo-explicito-la-revolucion-
francesa-como-ejemplo#_ftn2
https://losojosdehipatia.com.es/cultura/historia/mujer-y-revolucion-francesa/
http://cliomadrid.blogspot.com/2015/11/las-mujeres-en-la-revolucion-francesa.html
https://www.elmundo.es/especiales/2010/03/espana/dia_internacional_mujer/historia_feminis
mo/02.html
A participación feminina no París revolucionario foi moi intensa. Nos medios populares, a
muller loitou non tanto polas reivindicacións de signo feminista, como polas propias da súa
condición social. Estariamos no universo dos sans-culottes, no medio dunha situación de forte crise
económica, onde as mulleres, xunto cos seus compañeiros e familiares, debían enfrontarse á carestía
da vida. Elas ben sabían o que custaba o pan.
“Non violaron todos os homes o principio de igualdade de dereitos ao privar, con tanta irreflexión, á
metade do xénero humano de concorrer á formación de leis, é dicir, excluíndo ás mulleres do dereito de
cidadanía? Pode existir unha proba máis evidente do poder que crea o hábito mesmo preto dos homes
eruditos, que o de invocar o principio da igualdade de dereitos (…) e esquecelo con respecto a doce millóns
de mulleres?”
Olympe de Gouges é, sen dúbida, a revolucionaria máis importante e unha das precursoras
do feminismo. Foi unha prolífica escritora de obras de teatro, de novelas e de textos de contido
político. Dirixiu o xornal L’ Impatient. Fundou a Sociedade popular de mulleres. En 1791 redactou
un dos textos máis importantes da Historia, a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, en
resposta á Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán de 1789. Olympe reivindica na
Declaración a igualdade de dereitos entre o home e a muller. O primeiro artigo di así:
“Artigo I . A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos. As distincións sociais non poden
estar baseadas máis que na utilidade común.”
“As mulleres deben exercer os dereitos políticos e inmiscirse nos asuntos de goberno? Deben reunirse
en asociacións políticas? (…)
Non, porque deberían sacrificar cuestións máis importantes ás que foron chamadas pola natureza. As
funcións privadas ás que están destinadas as mulleres por natureza axudan a soster a orde social. E para a
orde social é necesaria que cada sexo ocúpese daquilo que lle estea encomendado por natureza.
Cal é o carácter propio da muller? Os costumes e a natureza sinaláronlle as súas funcións: educar aos
fillos, preparar o espírito e o corazón dos seus fillos para as tarefas públicas, elevar as súas almas, (…)
Despois do coidado das tarefas da súa casa, a muller estivo destinada a facer amar a virtude entre os seus.
É así como elas serven á patria (…).
En xeral, as mulleres son pouco capaces para as ideas elevadas e as meditacións serias….”
A culminación da represión das mulleres chegou con Napoleón no seu Código Civil, xa que
supuxo a consagración da muller como un ser supeditado ao home na vida civil durante todo o
século XIX e parte do XX en Francia e en gran parte de Europa, incluída, por suposto, España. A
muller casada debía obediencia ao seu marido, o adulterio feminino era considerado como un delito
máis grave que se era cometido polo home, a autoridade sobre os fillos recaía no pai e non de forma
conxunta coa nai, o marido tiña a obrigación de administrar os bens da súa esposa e esta necesitaba
o seu permiso para realizar calquera acto xurídico e para traballar fora do fogar.
A pesar do evidente fracaso da loita das mulleres na Revolución Francesa, a súa participación,
tanto cando fixeron reivindicacións sociais xerais como cando se embarcaron nas políticas, espertou
a conciencia feminina para o futuro.