27
de
xaneiro
día
do
holocausto
Auschwitz,
a
necesidade
de
lembrar
Biblioteca Antón Losada Diéguez
Departamento de Xeografía e Historia
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Os campos de concentración son construcións realizadas por un goberno para encerrar a
persoas que considera prexudiciais para os seus intereses, ás veces para castigalos por
motivos políticos, e outras veces por pertencer a un pobo considerado estranxeiro ou marxinal.
As persoas detidas nos campos case nunca foron xulgadas, non hai unha sentenza que
estableza o remate do confinamento, a maioría son civís arredados das súas casas e familias,
cuxa vida está sometida ao capricho dos carcereiros. Aínda que non todos os campos están
destinados ao exterminio, en todos é habitual o maltrato e a tortura, e a ameaza da morte por
enfermidade, fame ou maltrato é constante.
Os primeiros campos foron creados polo Goberno
español en Cuba, en 1895, para illar á poboación
rural dos guerrilleiros independentistas. Hoxe, na
mesma illa de Cuba, na base naval de
Guantánamo, EE UU ten recruídos a 40
prisioneiros dezasete anos despois da apertura
do campo, sen ningunha garantía legal.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
CRONOLOXÍA!
1933: Os nazis chegan ao poder en Alemaña e
crean o primeiro campo de concentración en
Dachau para presos políticos.
1939: Alemaña e a Unión Soviética invaden
Polonia. Comeza a II Guerra Mundial.
1940: Créase o campo de concentración de
Auschwitz na Polonia ocupada.
1941: Alemaña invade a URSS.
1942: Conferencia de Wannsee, onde os xerarcas
nazis deciden a 'solución final', o exterminio de
todos os xudeus de Europa. Constrúese o campo
de exterminio de Auschwitz-Birkenau.
1945: O Exército soviético libera Auschwitz o 27
de xaneiro.
1947: Inauguración do Museo de Auschwitz-
Birkenau.
1979: A Unesco declara Auschwitz Patrimonio da
Humanidade.
Día
2005: A UE e a ONU declaran o 27 de xaneiro
Internacional de Conmemoración
en Memoria das Vítimas do
Holocausto.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
O bunker, 1944, e outros debuxos de Halina Olomucka.!
Mentres estaba en Birkenau, alguén me dixo: "se vives para saír deste inferno fei
teus debuxos e cóntalle ao mundo sobre nós. Queremos permanecer entre os
vivos, polo menos no papel"
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
O Álbum de Auschwitz, 1944.!
Única evidencia visual da masacre. Consta de 193 fotografías, sacadas por dous SS,
e amosan a chegada dos xudeus húngaros a Auschwitz-Birkenau para seren
asasinados. Ao baixar do tren eran seleccionados para traballar, ou eran enviados
directamente á cámara de gas. O álbum foi atopado en Dora en 1945, a centos de
quilómetros de Auschwitz, pola sobrevivinte dos campos e das 'marchas da morte'
Lilly Jacob. En 1980 doouno ao museo Yad Vashem en Xerusalén, adicado á memoria
das vítimas xudías do Holocausto.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
A chegada!
Fóra, fóra, fóra! Estabamos
conmocionados. Non
sabiamos que pasaba nin
onde estabamos. Só vimos SS
con cans e vimos luces ao
lonxe, miles de luces. Fomos
saíndo destes vagóns e
tivemos que aliñarnos e había
xente con uniformes a raias...
Pregunteille a un deles:
"Onde estamos?" Sen
mirarme, dixo: "Auschwitz"...
"Que é Auschwitz?"
Ruth Elias, supervivente de Auschwitz
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
A selección!
Despois dunha viaxe de varios días en
vagóns totalmente abarrotados, sen auga e
sen alimento, chegaban á rampla (die
rampe). Alí, varios médicos da SS decidían
en pouco tempo a sorte dos deportados:
escravos para o traballo, vítimas de
experimentos pseudomédicos ou
directamente asasinados (o 75-80% dos
deportados). Nenos, anciáns e enfermos
eran directamente enviados ás cámaras de
gas sen nin sequera rexistralos.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Seleccionados/as para o traballo escravo!
Os deportados e deportadas que conseguían pasar a selección, enfrontábanse a
unhas condicións inhumanas que levaban a maioría a morrer no prazo de poucos
meses.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Kanada!
As súas posesións eran clasificadas por
outros prisioneiros, e depositadas en
almacéns, chamados Kanada. Moitos
destes artigos eran enviados a Alemaña.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Destinados ao crematorio!
As cámaras de gas e os crematorios non daban abasto para tantos xudíos
húngaros como chegaban a diario. Moitos tiñan que agardar no bosque próximo.
Aínda non sabían o que lles agardaba.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Os Sonderkommando!
Os Sonderkommandos, 'o crime máis demoníaco do nazismo, facendo ás vítimas tamén
culpables' segundo Primo Levi, eran os cuadrillas de presos obrigados a conducir, aos outros presos ás
cámaras de gas, incinerar os seus cadáveres e facer desaparecer os seus restos. A maioría eran
executados cada pouco tempo.
Algúns dos membros destes kommandos enterraron os seus testemuños, que foron atopados despois da
liberación. No verán de 1944 mesmo fotografaron, como pedía a Resistencia polaca, o exterminio. Son as
únicas imaxes do criminal proceso, catro fotos tiradas desde o crematorio. As dúas da esquerda reflicten
a incineración de cadáveres ao aire libre. A da dereita, abaixo en detalle, retrata a un grupo de mulleres a
piques de entrar na cámara de gas. En outubro de 1944 os Sonderkommandos dos crematorios 2 e 5
protagonizaron unha rebelión fracasada.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
A banalidade do mal: o álbum Höcker!
O álbum Höcker está formado por 116 fotografías sacadas en decembro de 1944, pertencentes ao SS
Karl Höcker, axudante do comandante do campo. Nas fotos aparecen oficiais das SS destinados en
Auschwitz, xunto a membros das Helferinnen das SS (mulleres voluntarias que realizaban labores
administrativas nos campos), gozando do tempo de lecer no lago Solahütte, a só 30 quilómetros do
campo.
Höcker fuxiu de Auschwitz antes da liberación e traballou nun banco sen ser recoñecido ata 1963. Foi
xulgado ese ano, afirmando no xuízo: "Non tiña ningunha posibilidade de influír nos feitos e non quería
que pasaran, nin participei neles. Non fixen dano a ninguén e ninguén morreu en Auschwitz
pola miña culpa". Foi condenado a sete anos de cárcere, dos que só pasou cinco encarcerado.
Morreu no 2000, aos 88 anos.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Na foto da dereita, os dous primeiros pola esquerda son o sádico Doutor Mengele, responsable de
horrorosos experimentos cos presos; e Rudolf Hoess, comandante do campo de 1940 a 1943.
Mengele fuxiu, e desapareceu en Sudamérica, onde morreu en 1979. Hoess foi executado en Auschwitz
en 1947.
"Que fora necesario ou non ese exterminio en masa dos xudíos, a min non me
correspondía cuestionalo, quedaba fóra das miñas atribucións. Se o mesmísimo Führer tiña
ordenado a solución final do problema xudío, non correspondía a un nacionalsocialista de toda a
vida coma min, e moito menos a un Führer das SS, poñelo en dúbida" (Memorias de Rudolf
Hoess)
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
As marchas da morte!
A finais de 1944, perante o avance do Exército Vermello soviético, o Reichführer-SS Heinrich
Himmler ordenou evacuar o campo e destruír as probas dos crimes alí cometidos. Os
prisioneiros que aínda estaban en condicións de camiñar (uns 60.000) foron obrigados a
marchar sen calzado nin roupa axeitada, nin comida, sesenta quilómetros, para seren
transportados en vagóns descubertos aos campos, a centos de quilómetros, cara o oeste.
Arredor de 15.000 morreron no camiño.
O autor do debuxo, David Olère, estivo preso en Birkenau de 1943 a 1945, e foi membro dun
Sonderkommando. Participou na marcha da morte en dirección a Mauthausen, onde foi
liberado.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
A liberación!
O Exército Soviético chegou aos campos de Auschwitz, abandonado polos alemáns, o 27
de xaneiro de 1945. Atopáronse con moreas de cadáveres sen enterrar, e uns 7.000
sobreviventes enfermos e famélicos. Á esquerda, un enfermo liberado sae do recinto
axudado por un compañeiro e un enfermeiro soviético. Abaixo, nenos liberados con
sanitarias soviéticas e mulleres de Oswiecim (nome polaco de Auschwitz).
Máis ao oeste, en Bergen-Belsen e outros campos de concentración, liberouse ao final da
guerra aos sobreviventes das Marchas da Morte. Non foi o caso de Ana Frank e súa irmá
Margot.
27 de xaneiro: DÍA DO HOLOCAUSTO
Españois no Holocausto!
Fotos
de
deportadas
españolas
en
Ravensbrück
Recibimento
ás
tropas
aliadas
coa
pancarta
feita
polos
españois:
'los
españoles
anFfascistas
saludan
a
las
fuerzas
liberadoras'.
Tamén
en
Prisioneiro
español
en
Mauthausen
inglés
e
ruso,
coas
bandeiras
da
URSS,
Gran
Bretaña
e
EE
UU
9.328 españois e españolas acabaron nos campos nazis, coa complicidade do franquismo. Máis da
metade morreron, 5.185 (59%). Entre eles uns 200 galegos, dos que regresaron só 62 con vida.
A maioría estiveron encerrados en Mauthausen e na súa rede de subcampos, 7.532. Destes
morreron 4.816 (64%), a maioría no campo anexo de Gusen, 'o matadoiro'. Foron clasificados co
triángulo azul de 'apátridas'.
Outro grupo de deportados estivo formado polos membros da Resistencia contra a ocupación
alemá en Francia. Foron clasificados co triángulo vermello, e entre eles houbo máis de 200
mulleres republicanas españolas. Case todas acabaron no campo de Ravensbrück.
As cifras da catástrofe!
Número
de
civís
falecidos
baixo
control
directo
de
Alemaña
(1939-‐1945)
Xudeus
(de
toda
Europa)
6
millóns
Civís
soviéEcos
(non
xudeus)
5,7
millóns
Civís
polacos
(non
xudeus)
1,8
millóns
Civís
serbios
312
mil
Persoas
con
discapacidade
250
mil
Xitanos
196-‐220
mil
Testemuñas
de
Xehová
1.900
Criminais
e
'asociais'
70
mil
Opositores
políEcos
e
acEvistas
da
Resistencia
Descoñecido
Homosexuais
Varios
miles
Republicanos
españois
5.185
Auschwitz:
prisioneiros
deportados
e
asasinados
Deportados
Asasinados
Taxa
de
Mortalidade
Xudeus
1,1
millóns
1,0
millóns
91%
Polacos
(non
xudeus)
140-‐150
mil
70-‐75
mil
50%
Xitanos
23
mil
21
mil
91%
Prsioneiros
de
guerra
soviéEcos
15
mil
15
mil
99%
Outros
25
mil
10-‐15
mil
40-‐60%
<<Pasou. En
consecuencia, pode
volver pasar. Isto é a
esencia do que
temos que dicir.
Pode ocorrer, e pode
ocorrer en calquera
lugar>>
Primo Levi, supervivente
de Auschwitz