You are on page 1of 3

ACTA DO XURADO DO VI CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS

DOS CENTROS EDUCATIVOS D´A ESTRADA. DINAMIZAESTRADA. Marzo 2019

Reunidos e reunidas as representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística dos seguintes


centros educativos: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR
Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES
Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Acordan facer públicas as
seguintes consideracións:

1. O xurado valora moi positivamente o alto grao de participación en todos os centros


educativos, e en todas as categorías e modalidades da sexta edición deste certame literario.
Foron centos os traballos presentados, sendo necesaria unha preselección por centros,
resultando un total de 200 traballos finalistas.

2. O xurado destaca a calidade dos traballos finalistas, en todas as categorías e modalidades,


facendo non pouco doada a escolla dos traballos premiados. Tamén se salienta a adecuación
de todos os textos ás normas do concurso, tanto na adecuación dos mesmos ao tamaño, 100
palabras para os microrrelatos, e de 2 a 8 versos na categoría A, ou 4 a 8 versos na categoría B
e C; como no uso das palabras propostas para as dúas modalidades: SERÁN para os
micropoemas e LENDA para os microrrelatos. As palabras citadas foron escollidas polo
conxunto dos centros educativos da Estrada, en homenaxe ao escritor Antón Fraguas, a quen
se lle dedican este ano as Letras Galegas.

3. O xurado valora moi positiva a aproximación literaria dos textos presentados ás palabras
propostas, destacando a orixinalidade e calidade dos traballos premiados, que en moitos casos
acadan un alto nivel creativo e lingüístico. O xurado valora a presente edición como a mellor
das celebradas ata agora neste aspecto, tendo en conta ademais, que as palabras propostas non
estaban exentas de dificultade.

4. O xurado considera cumpridos os obxectivos do concurso, en canto á difusión e utilización


literaria da nosa lingua, e a súa valoración como feito cultural e identitario a través da creación
de textos literarios. Tamén se valora positivamente a utilización do rexistro formal do idioma,
sen prexuízo da utilización acaída de rexistros complementarios que contribúen á mellora das
creacións literarias premiadas.

5. O xurado valora de xeito relevante a realización dunha actividade que implica a colaboración
de todos os centros educativos do Concello da Estrada, durante todo o curso académico,
posibilitando a realización dun certame desta entidade, e contribuíndo a un maior
aproveitamento de recursos e potencialidades.

6. O xurado, os Equipos de Dinamización Lingüística e os Centros Educativos convocantes


comprométense á publicación dun libro que recollerá os traballos gañadores e á entrega de
premios nunha data por determinar de finais de maio ou primeiros de xuño. Para estas
iniciativas contará co apoio e colaboración do Concello da Estrada.

7. O xurado, por último, acorda outorgar os seguintes premios nas seguintes modalidades e
categorías:
MICROPOEMAS
CATEGORÍA A1 (1º e 2º Educación Primaria)
Nome Título Centro Educativo
Lara Pena Gálvez, 1º EP Porque me gustas CEIP Cabada Vázquez
Catalina Álvarez Rosende, 2º EP Bicos de paz CEIP Figueiroa
Lía Rey Gómez, 2º EP Un outono polo serán CEIP Villar Paramá
Xiana Bouzón García, 1º EP María e Manuel CEIP Plurilingüe Oca
Daniela Porto Fernández, 1º EP Diana CEIP O Foxo
Carlota Otero Rodríguez, 2º EP Aloumiños CEIP Pérez Viondi
Catuxa Temes Diéguez, 2º EP Soñiño CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A2(3º e 4º Educación Primaria)
Nome Título Centro Educativo
Germán Prado Cacheda, 4º EP Como o mel CEIP Cabada Vázquez
Julia Sinde Calviño, 4º EP Un día na Praia CEIP Figueiroa
Martín Seoane Duro, 3º EP CEIP Villar Paramá
Fabiola Valiña Sainz, 3º EP A estrela CEIP Plurilingüe Oca
Óscar Paz Pedreira, 4º EP Morreu o meu can CEIP O Foxo
Estela Riera Vázquez, 4º EP O caixón CEIP Pérez Viondi
Iria Martín Basanta, 4º EP O mellor verán CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A3 (5º e 6º Educación Primaria)
Nome Título Centro Educativo
Carla Prado Cacheda, 5º EP O serán CEIP Cabada Vázquez
Lara Rey Rosende, 5º EP O serán CEIP Figueiroa
Breixo Fernández Picallo, 5º EP Paxaros no serán CEIP Villar Paramá
Fabian Couto Caramés, 6º EP O sol dorme CEIP Plurilingüe Oca
Sara Espiño Vaamonde, 5º EP Lucecús CEIP O Foxo
Iago Durán Castro. 5º EP A arte CEIP Pérez Viondi
Celia Otero Mosquera, 5º EP O serán CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Categoría B1 (1º e 2º Secundaria)
Nome Título Centro Educativo
Natalia Fuentes Mosquera, 2º ESO Serán CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Hiba Lajouad Dyani, 1º ESO O serán da miña terra IES Nº 1
Carlota Torrado De Miranda, 2º ESO IES M. García Barros
Eva Cobas Iglesias, 2º ESO IES Pl. A. Losada Diéguez
CATEGORÍA B2 (3º e 4ºSecundaria, FPB, Ciclos Medios)
Nome Título Centro Educativo
Noel Pazos Pereira, 3º ESO Que ledicia cando polo serán CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Uxía Correa Iglesias 3º ESO IES Nº 1
IES M. García Barros
María Ribadavia Uzal, 4º ESO IES Pl. A. Losada Diéguez
CATEGORÍA C (Bacharelato e Ciclos Superiores)
Nome Título Centro Educativo
Ainoa Carracedo Flores, 1º BAC Reconstrución IES M. García Barros

Celia Astorga Herraiz, 1º BAC Bailas? IES Pl. A. Losada Diéguez


MICRORRELATOS
CATEGORÍA A1 (1º e 2º Educación Primaria)
Nome Título Centro Educativo
Mateo Troitiño Raposeiras, 1º EP A troita do Umia CEIP Cabada Vázquez
Manuel Rodríguez Rajoy, 2º EP As puntas da Catedral de Santiago CEIP Figueiroa
Marcos Souto Riveira, 1º EP O tesouro dos piratas CEIP Villar Paramá
Marta Mahía Fernández, 1º EP A nena que escribía lendas CEIP Plurilingüe Oca
Mauro Ferro Rey, 1º EP Oito CEIP O Foxo
Amara Riveira Rodríguez, 2º EP A lenda das flores CEIP Pérez Viondi
Carmen Rey Alonso, 2º EP As fadas CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A2(3º e 4º Educación Primaria)
Nome Título Centro Educativo
Samuel García Otero, 4º EP Chouriciño CEIP Cabada Vázquez
Hugo Iglesias Isla, 3º EP Unha tarde especial CEIP Figueiroa
Víctor Riveira Castro, 4º EP As sete pedras CEIP Villar Paramá
Alba Moimenta Brey. 4º EP Unha tarde de verán CEIP Plurilingüe Oca
Saúl López Muíños, 4º EP Lenda CEIP O Foxo
Marcos López López, 4º EP A vaca e o lobo CEIP Pérez Viondi
Helena Miranda Iglesias, 4º EP Un lugar máxico CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
CATEGORÍA A3 (5º e 6º Educación Primaria)
Nome Título Centro Educativo
Marco Vázquez Soto, 5º EP Os mouros CEIP Cabada Vázquez
Antón Payno Míguez, 6º EP O xigante CEIP Figueiroa
Daniel Míguez García, 6º EP A lenda do golfiño chinés CEIP Villar Paramá
Carla Otero Cabaleiro.5º EP O país dos contos CEIP Plurilingüe Oca
Adriana Orosa Fernández, 5º EP Un día pola tarde CEIP O Foxo
Carla Campos Valcárcel, 5º EP A lenda que me contou meu avó CEIP Pérez Viondi
Nicolás Moure González, 5º EP Un frío día de verán CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Categoría B1 (1º e 2º Secundaria)
Nome Título Centro Educativo
Daniela Torres Romero, 1º ESO A man raptadora CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
José Sangiao Tosar, 2º ESO Coidado con Lucifer IES Nº 1
Ángela Caeiro Canabal, 1º ESO Unha lenda de dinosauros IES M. García Barros
Alejandro Barcala Iglesias, 1º ESO A noite de San Xoán IES Pl. A. Losada Diéguez
CATEGORÍA B2 (3º e 4º Secundaria, FPB, Ciclos Medios)
Nome Título Centro Educativo
Nicolás Otero Mosquera, 3º ESO Demos detrás nosa CPR Plurilingüe N.S. de Lourdes
Rodrigo Brey Couto, 4º ESO Definitivamente é o meu ídolo... IES Nº 1
Saleta Lueiro Pereira, 3º ESO Aquel barco de vapor IES M. García Barros
Yassine Ani, 2º FPB IES Pl. A. Losada Diéguez
CATEGORÍA C (Bacharelato e Ciclos Superiores)
Nome Título Centro Educativo
Marta Pampín López, 1º BAC Lenda IES M. García Barros

Telmo Leira Loureiro, 1º BAC IES Pl. A. Losada Diéguez