Вы находитесь на странице: 1из 2

Ligazón ao vídeo https://www.youtube.com/watch?

v=wYr3DNWcFO0
Transcrición do discurso.
O meu nome é Greta Thunberg. Teño 15 anos e son de Suecia. Falo en nome de xustiza climática
agora!.
Moitas persoas din que Suecia é só un país pequeno e non importa o que facemos , mais aprendín que
nunca se é demasiado pequeno para marcar a diferencia, e se uns cantos nenos acaparan titulares en todo o
mundo só por non ir a escola, entón imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos se realmente
quixésemos. Mais para facelo temos que falar claramente, non importa o incómodo que poida ser.
Vos só falades de crecemento económico verde eterno porque tedes demasiado medo a ser
impopulares. Só falades de continuar coas mesmas malas ideas que nos meteron neste desastre, mesmo
cando a única cousa sensata é tirar do freo de emerxencia. Non sodes maduros abondo para dicir as
cousas como son, incluso nos deixades esa carga aos nenos/as.
Mais a min non me preocupa a popularidade, preocúpame a xustiza climática e un Planeta Vivo. A
nosa civilización está sendo sacrificada para que uns poucos teñan a oportunidade de seguir facendo grandes
cantidades de diñeiro. A nosa biosfera está sendo sacrificada para que as persoas ricas de países como o
meu poidan vivir con luxo. É o sufrimento de moitos o que paga os luxos duns poucos.
O ano 2078 celebrarei o meu 75 aniversario. Se teño fillos quizais pasarán ese día comigo, quizais me
pregunten sobre vos, quizais me pregunten por que non fixestes nada mentres aínda había tempo para actuar.
Dicides que amades aos vosos fillos máis que a nada, e aínda así estades roubándolles o seu futuro diante
dos seus propios ollos.
Até que que non empecedes a focalizarvos no que é preciso facer, no canto de no que é politicamente
posible, non hai ningunha esperanza. Non podemos solucionar unha crise sen tratala como crise.
Necesitamos manter os combustíbeis fósiles no subsolo e necesitamos centrarnos na equidade. E se as
solucións dentro deste sistema son tan imposíbeis de atopar, quizais teriamos que mudar o sistema mesmo.
Non viñemos aquí a suplicar aos líderes mundiais para que se preocupen. Ignoráchesnos no pasado e
volveredes ignorarnos outra vez. Acabáronsevos as escusas, e esgotóusenos o tempo. Viñemos aquí para
facervos saber que o cambio está chegando, gústevos ou non. O poder real pertence ás persoas.
Grazas.

Activismo. É a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou
político. Pode consistir en realizar múltiples accións como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en
foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos
pode asumir tácticas de guerrilla. En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode
tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Crecemento verde. Para a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos


(OCDE), o crecemento verde busca “propiciar o crecemento e o desenvolvemento económicos á vez que se
asegura que os bens naturais continúen proporcionando os recursos e os servizos ambientais dos cales
depende o noso benestar” ( OECD, 2011).

Civilización. Conxunto dos caracteres propios da vida material e cultural dun pobo ou dun período
determinado na historia da sociedade. Ese conxunto de caracteres levado a un alto grao de desenvolvemento.

Xustiza climática. 1. "A xustiza climática declara ás comunidades que son dependentes de recursos
naturais para o seu sustento e culturas con dereito a ser donas destas e manexalas dunha maneira
sustentable, de igual forma está en contra da mercantilización da natureza e os seus recursos."

—Principios de xustiza climática de Bali, artigo 18, agosto 29, 2002

2. Unha rede de organizacións e movementos de todo o mundo comprometidos coa loita pola xustiza
social, ecolóxica e de xénero.

Crise. Momento grave, situación difícil pola que atravesa momentaneamente alguén ou algo que está
en evolución, como unha empresa, un país, unha situación etc . O cambio climático, a desigualdade e a
pobreza configuran unha crise integrada e universal que require profundas transformacións nas sociedades,
economías e individuos.

Cuestións:
1. Onde está a dar o discurso Greta?
2. A quen se dirixe e en nome de quen o fai?
3. Sinalade a idea principal e as ideas secundarias do discurso de Greta Thunberg.

4. En que partes podedes dividir o discurso?

5. De que acusa aos políticos e líderes mundiais?

6. Que recursos emprega para convencer ao auditorio da urxencia dun cambio?

7. Lede a definición de crecemento verde e explicade se credes que é suficiente para atallar a crise
medioambiental. Por que di Greta que a única solución sensata é tirar do freo de man?

8. A que sistema se refire no penúltimo parágrafo? Cal é a alternativa a súa reforma?

9. Que credes que quere dicir con "o cambio está chegando" e con " o poder real pertence ás
persoas"?

10. Cal é a relación entre desigualdade socioeconómica e crise medioambiental?

11. A que retos derivados da crise medioambiental cres que se terá que enfrontar a vosa xeración?

12. Que pensades das accións de Greta e de que haxa activistas tan xoves?

Reto:

Sodes un grupo de activistas.

Elixide unha causa (relacionada coa desigualdade e os conflitos por recursos) e creade un #hastag
para dala a coñecer a través das redes sociais. A continuación, enumerade e explicade brevemente
os pasos e as accións que levariades a cabo para mobilizar a máis xente e conseguir un cambio real.

Por último, deseñade un logotipo para identificarvos.

Вам также может понравиться