Вы находитесь на странице: 1из 2

OS MITOS GREGOS

Con este traballo vamos a abordar os diversos mitos gregos e as súas características.
Consta de dúas partes ou actividades, polo que debes prestar moita atención.

Antes de nada, necesitaredes formar 13 grupos de 2-3 persoas. Non pode quedar
ninguén sen grupo, polo que vos deberedes organizar ben.

ACTIVIDADE 1: CONTAMOS UN MITO

Nesta primeira actividade, cada grupo terá que contar ou explicar diante da clase o mito
asignado.

Primeiro, teredes que buscar información sobre o mito (internet, libros, etc.):
personaxes, que sucede, significado ou que feito/elemento explica, etc.

A continuación, realizaredes unha presentación de Power Point onde engadir parte desa
información, para axudarvos na vosa exposición. Recordade engadir e ilustrar o mito
con imaxes, pois existen moitas obras de arte e outros recursos sobre estes mitos. Non
esquezades a bibliografía (fontes de información) ao final da presentación.

Por último, contaredes o mito ante a clase mentres proxectades o Power Point.

A exposición debe durar entre 3-4 minutos e deben falar todos os membros do grupo.

As exposicións na aula realizaranse os días: _________________________________

LISTA DE MITOS

 O rapto de Perséfone
 Príamo e Tisbe
 A caixa de Pandora
 O mito de Calisto
 O talón de Aquiles
 Prometeo, o ladrón do lume
 Apolo e Dafne
 O rapto de Europa
 Eco e Narciso
 O mito de Aracne
 Ícaro
 Faetón e o carro do sol
 O ouro do rei Midas
ACTIVIDADE 2: ESCRIBIMOS UN MITO

Unha vez que tedes coñecemento dos diversos mitos traballados por cada grupo, seredes
vos os que tedes que elaborar un. Pídese imaxinación, creatividade e ganas de facelo
ben.

No caso desta actividade, tedes a opción de facela individualmente ou en grupo. É a


vosa elección.

Debe ser un mito que sirva para explicar algún feito da natureza ou da vida, como por
exemplo a orixe da vida humana, a creación do mundo, a aparición da auga, a creación
do lume, a morte, as estacións, as cores, os elementos meteorolóxicos, o día e a noite,
algún valor, algún mal...

O mito ten que ter unha extensión mínima de 15 liñas. Pódese facer a man ou en
ordenador.

Antes de poñerte a redactar, recoméndoche seguir as seguintes pautas:

 Decidir o tema principal do mito e a función que lle queres dar, é dicir, que
significado ten, que explica?
 Elixir os deuses, semideuses e/ou heroes que protagonizarán o relato.
 Decidir que cualidades resaltaredes nas personaxes.
 Escoller o lugar onde se desenvolverá a acción.
 Idear un desenlace no que se reflicta a función que lle asignaches ao mito.

A data de entrega desta segunda actividade será o _____________________________

Вам также может понравиться