Вы находитесь на странице: 1из 2

Exercicio 1. Indica a modalidade oracional de cada enunciado.

Non saiades ata que toque o timbre


Póñame tres quilos de mazás
Quizais vaia mañá ó cine
Que hora é?
Dime cantas libretas queres que traia
Está chovendo moito
Vaia día levo!
Oxalá poida ir ver esa película
Volveu xa o teu irmán de Londres?
Seica mercou coche novo
Talvez lle dea hoxe o regalo
Estuda!
Tes que volver cedo

Exercicio 2. Debes ter en conta que os diversos matices oracionais non se exclúen, polo que nunha mesma oración
pode responder a modalidades diferentes. Ex.: Estuda! (exhortativa e exclamativa). Indica agora as dúas
modalidades que observas en cada enunciado:
Cala dunha vez!
Chegarei a tempo?
Oxalá aprobé todo!
Fai o favor de vir aquí!
Queres deixar o can tranquilo?
A comer!

Exercicio 3. Transforma as oracións enunciativas positivas en negativas, cambiando todos os elementos


necesarios.
Exemplo: Queren algún día máis de vacacións: Non queren ningún día máis de vacacións.
Están buscando algún libro para ler:
Por aí pasou alguén:
Ti come e deixa comer:
Sempre vai á praia os domingos:
Mírao agora:
Helena aínda vive en Baralla:
Quéroo mercar hoxe:
Uxía xa chegou á casa:

Exercicio 4. Clasifica as seguintes oracións interrogativas en directas e indirectas, totais ou parciais.


Quixera saber canto vai custar isto
Quero saber se vén mañá Sabela
Que tal estás hoxe?
Traballaches moito esta semana?
Dime cantos anos tes
Pregúntoche se o coñeces
Cóntame o que che pasa
Onde estarán as maletas?
Preguntoulle que quería tomar
Por que lle diría iso?

Exercicio 5. Transforma estas interrogativas directas en indirectas.


Ex.: Estás aí? –preguntou Lucía Lucía preguntou se estaba aí.
A rapaza preguntou: rematastes?
Belén preguntou: farán ben os exercicios?
-Prefires o lapis ou o bolígrafo? – preguntou Roberto.
Que imos comer hoxe? - quixo saber Anxo
Onde estaba vostede esa noite? – intentou averiguar o policía
Exercicio 6. Fíxate no sentido das perífrases e complexos verbais, e indica cal sería a modalidade oracional.
É moi forte, pode levantar ese peso sen problemas
O pavillón pode ter capacidade para unhas cincocentas persoas
Xa deben de ser as oito
Debes ir xa recoller o neno ó colexio
Hai que estudar un pouco esta tarde
Tes que pintar esa parede
Aí debe haber cinco ou seis vasos
Agora mesmo, pode levar dúas horas conducindo
Podo correr unha hora máis, non estou cansa.

7. Clasifica as oracións deste texto segundo a súa modalidade.


Non trouxeches o libro que che dixen? Volve á casa a buscalo! Que tarde é! Xa non chegamos. Oxalá o autobús veña
puntual! Por que non vas máis de présa? Xa deben ser as oito ou as oito e media. Póñome tan nerviosa contigo!
Mañá, por favor, non esquezas nada. Ao mellor pídolle a meu pai que nos levo no coche. Bule!

8. Transforma as oracións enunciativas seguintes en interrogativas e exclamativas.


Saleta virame ver en xullo.
Este xersei non é de la.
Imos todos xuntos á praia.
As bases do concurso publicaranse mañá.
A exposición inaugúrase este serán.
Descubriron unha nova vacina para a gripe.

9. Detecta o SUX e o PRED nos seguintes exemplos:


- A maioría da poboación coñece o galego.
- Os primeiros berros viñan da banda do camiño.
- Os rapaces da vila non esquecen o San Xoán.
- Moita xente marchou naqueles anos.
- Miguel falou de moitas cousas.
- Chegaron de Madrid os meus curmáns.
- A casa de pedra tiña a porta pechada.
- Recibimos un aviso de Correos.
- Mariña saíu cedo da súa casa.
- Toda aquela xente miraba un punto no horizonte.
- Aquela noite o enfermo experimentou certa melloría.

Вам также может понравиться