You are on page 1of 2

Son de cores as palabras;

de cores, os sentimentos.

Coa venia do poeta,

degustamos os seus versos.

O vento ten un misterio

Tremen tolas as estrelas.

Buscan respostas na rúa.

O vento xoga con elas.

As pólas rachan silencios,

salaios de invernos fríos.

O berce está baleiro.

Os violíns, escondidos
Nunha danza de algodón,

as follas dunha arboriña

brincan ledas polo ceo

en fermosas fantasías.

Dorme a lúa no mar

nunha onda de papel.

Don Tempo na porta chama:

“Quere o mar o que non ten?”

Escribe versos salgados,

palabras de area branca.

Voz dourada, voz marela,

nas brancas sabas molladas.

Póusanse encol das flores,

milleiros de andoriñas

e as pingas dos orballos

alegran a mañanciña.

Os solpores teñen ollos,

amoriños e lembranzas.

O timbal está calado,

un merlo toca a gaita.

Alumnado de 4ºA, 4ºB e 4ºC


CEP Marcos da Portela