Вы находитесь на странице: 1из 4

ACTIVIDADES TEMA 10 4º ESO

CORTES XEOLÓXICOS

Indica en que orde producíronse os procesos nos seguintes cortes


xeolóxicos e indica a historia xeolóxica do mesmo.

Corte xeolóxico 1

1. Pizarras.
2. Calizas.
3. Conglomerados y areniscas.
4. Margas yesíferas.

Corte xeolóxico Nº 2
Corte xeolóxico 3.

1. Calizas.
2. Pizarras.
3. Areniscas.
4. Esquistos.
5. Dique de cuarzo.
6. Depósitos aluviales

Corte xeolóxico4.

1. Calizas.

2. Margas.
3. Arcillas.
4. 5. y 6 Gravas, arenas y limos

CUESTIONARIO TEMA 10
1. A xeocronoloxía é o conxunto de técnicas que permiten medir o tempo
xeolóxico.
En que se basea o método que utilizarías para analizar a idade da Terra? É o
mesmo ca o que usarías para coñecer a idade dos restos óseos de Atapuerca?

2. Que é a datación relativa? Explica os principios da datación relativa.

3. Indica cales afirmacións son verdadeiras e cales falsas. Xustifica a resposta


neste último caso.
a) Un fósil é calquera resto dun ser vivo ou da súa actividade que queda
conservado nas rochas.
b) As pezas esqueléticas dos vertebrados non adoitan fosilizar facilmente; tras a
morte dos animais,
logo de apodrecer, quedan incorporadas no sedimento.
c) Dos peixes e dos tiburóns adoita conservarse o esqueleto óseo.
d) Unha pegada pode fosilizar se ao pouco tempo de producirse se enche de
sedimento;
posteriormente, cando queda cuberta por outras capas de materiais, debe
cementar.

4. Paleozoico abrangue 305 millóns de anos, e remata hai 245 millóns de anos.
Que sucedeu desde o punto de vista xeolóxico nesa era?

5. Mesozoico comezou hai 245 millóns de anos e rematou cunha grande


extinción.
Describe os grupos predominantes que dominaron esa era.

6. Extrae das seguintes frases os sucesos referentes ao Precámbrico e cópiaos


no recadro.
• Créase a primeira codia continental a partir do manto superior.
• Aparecen os vertebrados.
• Existen indicios de que a Terra estaba constituída por tres continentes no
hemisferio norte,
que colisionaron formando un único continente chamado Rodinia.
• A atmosfera era oxidante (con osíxeno).
• O clima era frío e húmido.
• A atmosfera era redutora (sen osíxeno).
• Fórmase unha capa de ozono.
• Os fósiles máis antigos están constituídos por restos de bacterias.
• Orixínanse as primeiras células eucariotas.
• Aparecen as primeiras plantas e animais terrestres.

7. Escribe no teu caderno unha definición do termo «fósil rodado». O contrario


a un fósil rodado é un «fósil in situ». No debuxo, que ilustra o caso en que non
poden correlacionarse os sedimentos fluviais coas outras unidades, sinala cales
son fósiles rodados e cales están in situ.

8. Subliña as características polas que un fósil se considera fósil guía.


• Que vivise un período de tempo curto. • Que fose moi abundante. • Que teña
gran dispersión xeográfica. • De fácil fosilización. • Especie que perdurou durante
millóns de anos. • Con pouca dispersión. • Podémolo atopar en diferentes tipos de
rochas.

9. Responde ás seguintes cuestións referentes á fauna do Paleozoico:


a. Cita os principais grupos de animais
invertebrados desa era:
b. Que son os trilobites? Indica as súas
características:
c. Que modificacións favoreceron a conquista
do continente por parte dos primeiros réptiles?

10. Busca información referente á era cenozoica no teu libro de texto ou nunha
enciclopedia
e responde ás seguintes cuestións:

Вам также может понравиться