Вы находитесь на странице: 1из 7

O CAMIÑO DE SANTIAGO

• A Biblia di que Santiago Apóstolo predicou en España no


século I, morreu en Xerusalén, pero os seus restos mortais
foron trasladas a Galicia.
• A lenda di que, no 813, un ermitán viu unhas estrelas
que se movían ate situarse nun bosque.
• Cando chegou alí viu un sepulcro. Informou do seu
descubrimento ao Bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen
considerou que esas estrelas indicaban a tumba de
Santiago.
• O Bispo Teodomiro chamou a ese lugar “Campo das estrelas”,
que en latín é “Campus Stellae”, de onde ven o topónimo
actual “Compostela”.
• O Rei de León, Afonso II o Casto. trasladou a Sede do Bispado
alí, mandou construír unha capela e converteuno en lugar de
peregrinación para toda a cristiandade.

• O Camiño de Santiago ou Peregrinatio Compostellana (en


latín) son os camiños que transitan, desde tempos do antigo
Reino de Asturias, León e Galicia, os peregrinos cristiáns de
toda Europa ata Santiago.

• O Rei Afonso III o Magno fixo a peregrinación ni ano 872 e


repetiuna coa raíña Ximena no 874. tras estas peregrinacións.
O Rei Afonso III o Magno, ampliou a Igrexa no século IX, e
Afonso VI a finais do século XI, iniciou a a Catedral románica de
Santiago, que foi destruída por al-Mansur.
• Durante o reinado Afonso III o Magno o camiño chega ata os
Pirineos e comezan as peregrinacións desde Francia coa
chegada de xentes desde Limoges e Le Puy.

• O Bispo de Le Puy, Gotescalco, foi un dos primeiros


peregrinos dos que coñecemos con certeza o seu nome.

• A comezos do século XI, Sancho III O Maior, Rei de


Pamplona, establece o trazado definitivo do Camiño
aproveitando os trazados das antigas vías romanas. Neste
tempo convertese Santiago no terceiro centro de
peregrinación da cristiandade, tras Xerusalén e Roma.
• A partir do século XI e XII chegan peregrinos de toda
Europa, de Francia, Navarra e Aragón principalmente, por
vía terrestre, así como vía marítima, desde as Illas
Británicas, Escandinavia e Alemaña.

• Afonso VI, Rei de Castela e León, así como Sancho


Ramírez, Rei de Aragón e Pamplona, a partir do século XI
foron atendendo as necesidades das vilas do Camiño e
mandaron construír hospitais para peregrinos, pontes,
reparacións das vías, etc. Así mesmo, fixeron repoboacións
das cidades do camiño.
• A partir do século XVI, a peregrinación a Santiago comezou
o declive debido á expansión da Reforma protestante, a
partir de 1517. Deste modo, desapareceron os peregrinos
procedentes de Inglaterra, Alemaña e Holanda.

• O declive do Camiño continuou os séculos XVII e XVIII ata


case desaparecer no XIX, aínda que no ano 1884, o Papa
León XIII determinou que os restos do Apóstolo eran
auténticos, favorecendo así una pequena recuperación do
Camiño.
• Os Camiños, que teñen varios itinerarios en España e en
Francia, foron declarados en 1987 o primeiro Itinerario
Cultural Europeo por el Consello de Europa.

• O Camiño francés foi declarado pola UNESCO, Patrimonio da


Humanidade en 1993. A declaración española foi ampliada
en 2015 incluíndo o Camiño Primitivo, o Camiño Costeiro, o
Camiño vasco-rioxano e o Camiño de Liébana.

• O Camiño de Santiago é hoxe unha das rutas turísticas,


culturais e relixiosas mais importantes de Europa e atrae a
mais de 200000 peregrinos cada ano.

Вам также может понравиться