Вы находитесь на странице: 1из 20

A lingua galega nos séculos escuros

Dende o século XVI ata o


século XVIII

Aldara Barreiro Medraño


Judit Campos González
Yasmina Fernández Parga
Cristina González Lago
Marco teórico

➔ Reinado dos Reis Católicos → Galicia perde autorregulación → dirixe audiencia → espazo económico

➔ Fidalguía → nobreza de segundo rango que emerxe no s. XVI - XVII → importante posición na Idade
Moderna; intermediaria a cal terá unha enorme importancia no mundo galego do Antigo Réxime

➔ Estabilización dos patrimonios eclesiásticos grazas a participación do campesiñado → foro

➔ Aristocracia → ausente de Galicia → convertida en cortesá e desgaleguizada

➔ Pobo → constituído por campesiños, advirte unha notoria desigualdade de situacións materiais

➔ Outros grupos menores → pescadores, artesáns, pequenos comerciantes e os proletarios iniciais


Marco teórico

➔ Galicia integrouse na coroa de Castela → imponse estrutura administrativa dividida en:


◆ Gobernador-Capitán Xeneral
◆ A real audiencia
◆ As Xuntas do Reino de Galicia

➔ Século XVIII → ilustración galega preocupada pola historia e cultura → se crearon institucións:
◆ As Sociedades Económicas de Amigos do País
◆ O Real Consulado Marítimo da Coruña
◆ A Academia de Agricultura do Reino de Galicia

➔ Ano 1713 creación da Real Academia de la Lengua Española → encargados de realizar a


gramática oficial do castelán.
A penetración do castelán en Galicia durante a
Idade Moderna

➔ Reino de Galicia → novas estruturas administrativas da monarquía absoluta → institución do castelán


como lingua única mundo cultural, civil e eclesiástico

➔ Galego → perde totalmente os seus usos formais no primeiro terzo do século XVI

➔ Lingua espontánea e cotiá da maioría da poboación galega

➔ Segunda metade do século XV → condición subalterna

➔ Castelán calou entre as clase acomodadas das cidades e vilas e entre a fidalguía rural

➔ Unificación administrativa e cultural → a través do castelán


Século XVI e XVII

➔ Imposición e aceptación lingüística da elite galega


➔ Así, o idioma que nos séculos anteriores fora utilizado como vehículo normal e habitual de comunicación en
case tódolos ámbitos e ordes da vida de Galicia deixaba entón de escribirse case por completo
➔ Cando linguas romances como o castelán, o portugués e o francés comezaban a substituír oficialmente o latín
na vida política e administrativa, o galego perdía o seu protagonismo social e quedaba practicamente
confinado ao uso oral informal
➔ Aínda que non había ningunha orde que prohibise o uso oficial do galego por iso foise impoñendo un clima
favorable á oficialización do castelán e contrario ó uso do galego nas funcións social e politicamente
prestixiosas.
➔ O castelán foi penetrando en Galicia da man das clases elevadas e poderosas, debido a la chegada de nobres
forasteiros para gobernar a nosa terra
Século XVI e XVII

➔ Nulos foron os estímulos para a galeguización que podería sentir unha nobreza foránea que
representaban unha Galicia descabezada debido a unificación política conseguida que debía ir
acompañada dunha unificación lingüística

➔ Figura do mediador: traductor galego-castelán

➔ Castelán → idioma privilexiado xunto co latín

➔ XV - XVI o castelán aura de idioma nobre e cortesán e imprescindible das elites autóctonas

➔ Monolingüismo en castelán → trazo exclusivo e distintivo da alta nobreza autóctona


A educación nos séculos escuros

➔ Escolas primarias → considerábase obra de caridade → foron asistidas por cregos ou ben rexentadas
pola Igrexa e particulares asalariados

➔ Século XVIII → comezaron os concellos a preocuparse por poñelas en marcha → estudios de


gramática → obra dos xesuítas dende o ano 1556

➔ Compañía de Xesús → fundou en Galicia seis colexios → período de desorde clausurouse a


mediados do século XIX o novo estado liberal decidiu regulalo. Norma taxativa do uso do Latín
salvo que a falta de formación dos alumnos o fixese completamente imposible

➔ Idiomas empregados eran o latín ou o castelán, aínda que parece que os colexios de xesuítas facían
unha introdución da lingua galega cando menos nalgunhas actividades extraescolares
A educación nos séculos escuros

➔ En 1716 lexislouse o uso obrigatorio do castelán nas escolas de primeiras letras e de gramática, as
consignas castelanizadoras non empezaron a impoñerse con todo o rigor e ata que na segunda metade
do século XVIII

➔ Intentouse estender a escolarización a todo o Reino de España e se dispuxo que a escolarización fose
en castelán

➔ Na Universidade de Santiago, resultaría inconcibible o uso do galego no exercicio da docencia, foi o


castelán a lingua habitualmente empregada na documentación da administración da institución. Nunca
houbo especial preocupación por que os seus docentes fosen naturais de Galicia e tivesen competencia
no idioma galego
Cultivo, defensa e reividicación do galego
durante a Idade Moderna

➔ Frei Martín Sarmiento → arqueólogo, erudito, estudoso e etimólogo

➔ Demandou que había que atender en xeral a todo o mundo na lingua que lles era propia a cada un

➔ Esixir que coñecesen os costumes do país

➔ Demandou a implantación do ensino do galego e en galego, apelando pura e simplemente a criterios de


conveniencia pedagóxica el pensaba que só despois do estudio da gramática do idioma propio lles
aproveitaría ós rapaces o do latín, sempre e cando este se fixese na lingua que aprenderan no seo da
familia e non na que antipedagóxicamente se lles impoñía na escola só despois de ben aprendido o
galego se lles debería ensinar o castelán
Cultivo, defensa e reividicación do galego
durante a Idade Moderna
➔ Propuxo:
◆ En cada vila “murada” de Galicia houbese catedráticos de latín e de lingua galega.
◆ Escribir unha gramática e un vocabulario galegos e unha gramática e vocabulario latino-galegos
◆ Mentres non se contase con todos os materiais didácticos poderíase ir traballando con impresións
Arte de Nebrija e doutros tratados gramaticais que trouxesen as explicacións en galego ou suplindo
as carencias que se fosen atopando coas gramáticas portuguesas
◆ Tradución do catecismo ao galego

➔ En 1864 editouse un compendio de gramática galego-castelán

➔ Quería que a lingua galega volvese a ser, como antano fora, un código vivo e dignificado utilizado
diariamente para todo tipo de comunicacións
Os cambios lingüísticos

➔ A lingua galega na Idade Media, durante os séculos XVI, XVII e XVIII quedan relegada a simple
lingua oral (no ámbito rural e familiar), desaparecendo da vida escrita, oficial e pública (ámbito
político, administrativo, relixioso e cultural) onde se impón o castelán

➔ O galego sufrirá un forte empobrecemento lingüístico e non terá a súa primeira gramática ata a segunda
metade do século XIX

➔ Na evolución da lingua debemos destacar que: na Idade Moderna producíronse cambios nos campos da
fonética, da morfoloxía e no léxico unha serie de transformacións que consolidaron os principais rasgos
característicos da lingua galega actual e que a afastan do portugués
O galego escrito: tipos de texto e de escrita

➔ Durante a Idade Moderna os textos sepáranse en:

◆ Textos producidos por galegos con vocación de contemporaneidade


● Textos non compostos con vontade de publicación
● Textos compostos con vontade de publicación⇒ son corrixidos

◆ Textos que son: falsificacións, vilancicos, farsas, entremeses ou obras escritas fora de Galicia

➔ O galego escrito estaba determinado pola perda literaria no momento en que a imprenta e a
universidade chegaban a Galicia podendo contar cunha posible culminación dun proceso de elaboración
lingüística
O galego escrito: tipos de texto e de escrita

➔ Non se coñecían as pautas á hora de escribir ⇒ non hai criterio de corrección ⇒ inseguridade

➔ Adóptanse medidas simplificadoras

➔ Inflúe a nova reforma ortográfica creada pola RAE

➔ Afiánzase o emprego da <nh> e <ll>

➔ Outras fórmulas: hipercorrección diferencialistas, gusto polas fórmulas populares, resistencia a


realización de diptongos decrecentes, emprego de le como CD, castelanismos, portuguesismos,
hipergalegismos, asturianismos e leonismos
O portugués como código escrito ou como referencia

➔ A discusión sobre as orixes do galego e o portugués situábase nun plano teórico desvinculado de toda
consecuencia práctica

➔ Algunhas persoas trataban de realizar un achegamento da escrita galega á portuguesa


◆ Xuízos que xustificaban a simple adopción do portugués como código para escribir en galego
◆ Practicar o seu achegamento non estaba ao alcance de todo o mundo
◆ Xuízos que xustificaban só a importancia dalgúns elementos

➔ Proposta de acentuación das vogais abertas

➔ Uso do dígrafo <lh>


O estudio do galego

➔ O noso idioma caeu na segunda metade do século XV non sendo durante moito tempo obxecto de
estudo, cando ocorría o contrario có portugués, có castelán e có italiano

➔ Ata o século XVIII non atopamos traballos lexicográficos de tres figuras illadas

➔ A primeira gramática galega:


◆ Compendio de gramática gallega-castellana

➔ Primeiro diccionario publicado


◆ Diccionario gallego-castellano
Séculos XVI e XVII: os antecedentes

➔ Primeiro traballo lexicográfico → copia de palabras galegas acompañadas da súa equivalencia castelá ou
leonesa (fundamentalmente termos labregos con forma diferente en castelán)

➔ Repertorios de refráns galegos

➔ Dúas recompilacións paremiolóxicas hispanas, inclúen: refráns casteláns, portugueses, galegos, asturianos
e cataláns

➔ Vocabulario de refranes y frases proverbiales, inclúe proverbios e refráns (aparecen erros no momento da
transcripción)
O século XVIII

➔ Padre Sarmiento

◆ Recolleita de materiais lingüísticos galegos → ordenacións por campos semánticos → estudo


etimolóxico → busca duns principios teóricos
◆ Glosario (innacabado) → estudo etimolóxico do léxico galego ⇒ cronoloxía do léxico
◆ Clasificación dos topónimos con exemplificacións máis ou menos abundantes
◆ Ideas: O portugués, para el é un producto lingüístico froito das conquistas e repoboamentos por parte
de persoas galegas

➔ Padre Sobreira

◆ Manuscrito daquilo que máis valor ten para o progreso dos estudos sobre o galego
● Fichas con voces, refráns, frases proverbiais, coplas, informacións de fenómenos lingüísticos
● Variedade dialectal galega, historia da lingua, cuestións etimolóxicas
O século XVIII

➔ José Cornide Catálogo de palabras gallegas

◆ Apuntamentos que axudaron a compoñer o diccionario galego-castelán (coplas, toponimos…)

● Catálogo de palabras gallegas: obra desigual, heteroxénea no contido, termos da historia


natural, ictioloxía, palabras comúns, topónimos, apelidos (co enxalzamento da fidalguía)

● Entradas en castelán (e en ocasións traducidas)

● Indicación de onde se recolleron

● Fontes: Librescas o documentais e populares


Referencias

Mariño,R.(1998). A prostración dos séculos XVI, XVII, XVIII. Historia da lingua galega.
(pp. 194-329). Santiago de Compostela, España: Sotelo Blanco Edicións.
Moitas grazas

Вам также может понравиться